luns, 4 de abril de 2011

Ceacú

E seica non chega o tempo a nada, que hai que andar a todo correr para non ir a ningures. Que de tanta celeridade imos pillarnos a nos mesmos sin ter aínda nacido. 
E nesa olimpiada da tolemia, hai veces nas que semella que o cumio da velocidade unicamente se  pode acadar indo a ceacú, sempre que haxa  -iso sí- posibilidade de adiantamento.

Foto: Entradas á namela con posibilidade de adiantar pola cancela.

25 comentarios:

Trasno dixo...

Non podo ocultar que en cada posteo logras sorprenderme. Es unha fonte inesgotable de recursos Chousa. Tanto coas imaxes (de onde as sacas?), como cos textos que salen (e non a ceacú) de esa cabeza que non che para jajaja. Parabenízome de frecuentar o teu espazo.

Dilaida dixo...

Recuar a min non lle me gusta nada, todo o que sexa andar para adiante, está ben; ir ceacú, nadiña, nadiña, prefiro ver ben os obstáculos para poder evitalos ou polo menos intentalo.

Carlosm dixo...

Con tanta velocida bem podería ser que já no actual estenhamos avanzando a ceacú e ponhendolhe cancelas o campo. Boa foto. Saudos. Carlosm

mariajesusparadela dixo...

pois parece que quererá dicir algo, pero eu non o entendo moito.
¿fan carreiras de tractores?

matrioska_verde dixo...

¿o da sinal é unha montaxe o xa estaba posta ahí? porque sí é o segundo ten delito... ¡mi madriña!...

biquiños,

Anónimo dixo...

Eu sigo asumindo o dos 110 km por hora; o asombroso é que, saíndo á mesma hora e teimando non pasar do límite, agora chego 10 minutos antes. Até o xornal reviso antes de entrar na aula. Inexplicable.

mfc dixo...

Este corre corre.... é de doidos!

Chousa da Alcandra dixo...

Aseguro que a imaxe é tal cal a realidade. Ben é certo que pola esquerda cimbrea unha estrada para a que "fala" o sinal. Simplemente o utilicei para falar doutra cousa que María Jesús non me entende...(son eu, que ando ás présas e exprésome mal)

mariola dixo...

Ay que pena, é que non sabemos avanzar dereitiño, coido que nin ás presas, nin amodo.
Iso de ir a ceacú non me gusta nadiña, aínda que ás veces hai que recuar para logo avanzar, non si?
un bico cara Antas.

mariola dixo...

Faltoume dicir unha cousa:
Gústame a foto, e esas dúas árbores quedaron chulísimas.
bicos.

paideleo dixo...

Creo que para avanzar teremos que volver ao de antes.

Concha L. F. dixo...

Eu tamén son das de tirar cara adiante, pois indo a ceacú córrese o risco de tropezar e partir a testa... E nada feito!
Para adiante, pero a modo!

Bicos.

la cocina de frabisa dixo...

Ayyyyyyy, Chousa, pareces que tu post hubiese sido escrito para mí.

Necesito frenar y tranquilidad, porqué nos meteremos en tantos rollos que después no somos capaces a atender a todo...

biquiños tranquilos

A.C. dixo...

Moita prisa moita prisa, pero hai quen ten tempo para poñerlle cancelas ó campo jajajaja.
Tanto es3 non pode ser bo. Hai que andar con calma. Xa seña a ceacú ou cara diante.
Bicos

Anónimo dixo...

había tempo que non escoitaba a palabra CEACÚ.Realmente un nome moito mais fermoso que o pijo marinedaciti do centro comercial coruñes.Tiñas que adicarlle un posteo dos teus ben cargado de retranka.
p.

susana moo dixo...

E pra min, Isabel, e pra min tamén escribiu o Chousa. O valor de ir amodiño!

Non coñecía a expresión a "ceacú". Encántame, pero non sabería moi ben cando empreala,...

Paz Zeltia dixo...

ben sei que o sinal de tráfico aí será o que lle da o seu aquel á foto, peroo eu non podo deixar de reparar no prado verde, no manto da chorima ao fondo, nas pedras do valado e o seu liquen... ese que é de cor laranxa sempre me encantou. Igual é malísimo para a pedra!...

No que dis das presas e o incongruente do asunto, xa o dixeches tí tan ben... que non teño nada que engadir. Relaxémonos e disfrutemos da paisaxe, que no tocante á de Antas non esaxeras cando a ensalzas.

susana moo dixo...

Esquecín che dicir que eu prefiro entrar pola cancela, mais espaciosa.

Harmonía dixo...

Pois esta imaxe convida á quietude!

Chousa da Alcandra dixo...

Da gusto recuperar expresións, á que si?. E dan gusto as imaxes que inspiran relaxación e permisividade para adiantar. Tamén da gusto pensar que se pode entrar polas cancelas do campo a reboladas!! jajaja

Bolboreteira dixo...

Non coñecia a palabra cecaú:anótoma..algo novo que aprendín hoxe.
Bicoss!

Blogboreta dixo...

E eu con ista parálise vital... ¡¡ merda!!!!

Un biquiño, tiven visita da terra, marcharon hoxe, deixaronme coma sempre a ialma magoada e a ansiedade esperta. Xa estou de volta. Bicos repousados.

Raposo dixo...

E a ser posible costa abaixo, que xa se sabe que entón tódolos santos axudan!

Marisa dixo...

Paréceme unha tolemia tratar de poñerlle portas ó campo.
Tes razón imos para tras, en vez
de abrirnos ó mundo péchámonos.

Bicos e apertas

Chousa da Alcandra dixo...

Andar amodo non vai cos tempos. Todo é a meter presión para que todo se faga antes, para ter mais tempo coa finalidade de poder facer máis cousas, que facéndoas moi axiña, van permitir complementalas con outras...

Compren semáforos en vermello para a vida diaria. E temos que poñer cada cal o seu. E por suposto, hai que respetalo.

E xa vale de sermón.
Bicos para elas, saúdos afectuosos para eles.