martes, 15 de febreiro de 2011

Fachenda

Disparei unicamente dúas fotos. Estremeceuse  un chisco só coa primeira.
Erguinme e marchei. Ela miañou, con acento de Lugo, suaviño, harmonioso e ben miañado.
Volvín a vista atrás e percibín a fachenda que transmitía por miañar como miañaba. E pensei na mágoa que sinto por quen renega, ignorante, da lingua que no seu entorno se fala. Enriquecida con seseo ou con gheada; sempre con dignidade, elegancia e fermosura expresada.

Foto: Gatiña con acento. Subidón felino.

37 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Ben sei que esa rapaza concursante de Gran Hermano é unha víctima; pero aínda sabéndoo, non podo obviar ó ridículo tan grande que fixo co seu desafortunado discurso antigalego.
Nese programa outros participantes teñen enseñado o xenio, o cu, as tetas ou a pirola; pero esta mulleriña ensinou algo que xa non poderá nunca levar tapado: a súa ignorancia.
Pobriña. (Algúns dos responsables educativos estarán orgullosos do "producto" obtido).

Dilaida dixo...

Exactamente, nunca mellor dito, a pobre rapaza só é o produto da mala educación que recibiu.

Ao longo da súa nenez e adolescencia, non tivo a sorte de topar cunha persoa que amase de verdade a lingua e que fose quen de transmitirllo a ela.

Sempre pensei que o importante non é o que o profesor saiba, o que importa é conseguir que os alumnos aprendan a amar a materia e que desexen coñecer máis, despois os conceptos xa se encargaran eles de buscalos.

Bicos

Harmonía dixo...

Así se fala, Chousa, así se fala!!!

[e a rapaza xa non é tan pequena para desculpala; a súa é ignorancia con maiúsculas!! Existe o espíritu crítico e a capacidade de discernir (a pesar do que che ensinaron/mal ensinaron) entre o que se debe aprender-gravar-aplicar e o que se debe des-aprender, seguindo o seu propio criterio e non repetir coma ovelliñas o que se escoita por aí. Cando escoitei a conversa no vídeo, non podía crelo!! Pensei que sería unha broma de mal gusto.]

A túa gatiña, ademais de fermosa, é lista e séntese orgullosa do seu "miau".
Dos animais deberíamos aprender, si.
Unha aperta dezá.

pitima dixo...

A min dáme moita pena...

Tristura e incomprensión, e algo de impotencia tamén. Paréceme todo tan absurdo. ¿Cómo pode vivirse como unha imposición a propia língua, a túa cultura, a túa identidade?
De onde sae toda esa vergonza que non se da erradicado... Porque non podemos todos miañar fachendosos como é o natural...
Non o entendo...

Pois como protesta eu de agora en diante vou miañar en inglés, que se vexa que sei idiomas:

meaw (eso sí, non penso disimular o acento...)
Non che mando o bico porque me raspa a língua... jaja

Carlosm dixo...

Deume noxo, furia, e tamben moito enfado ver como esa rapaza botaba sapos pola boca un tras do outro sin que o sentidinho lle volvese por un momento. Non tem disculpa. Nim ela nim o sistema que a "educou" nesa ignorancia e nese desprezo polo jeito de mianhar do seu país. Saúdos.Carlosm

Concha L. F. dixo...

Moitas veces o produto non responde aos esforzos feitos por conseguir o de mellor calidade. E no tocante á lingua, pódesme crer que ás veces é coma quen dá cabezadas contra unha parede.

Tamén eu sinto mágoa por quen renega da súa lingua e da súa cultura. E non soamente mágoa, pero vou parar niso, pois non quero entrar no xogo de poñer cualificativos a quen ignora a riqueza de todas as variantes do idioma galego. Pódese ser castelán falante e pensante dentro de Galiza, pero, como ben dis, hai unha cousa que se chama dignidade e polo que se ve, polo mundo hai moi pouca.

E deixo aquí o discurso, pois o espazo é teu e a entrada magnífica. Fermosísima, coma a gatiña que miaña en galego de Lugo, suaviño, harmonioso e ben miañado.

Outra vez, bicos con lingua, en lingua galega.

Ginebra dixo...

Lo que no me cuadra es que tú seas seguidor de Gran Hermano, con todos mis respetos, Chosua, ¿se puede aprender algo de ese zoológico con cámaras????.
Bueno, las lenguas son siempre una riqueza cultural y el símbolo de un pueblo, las hay más duras al oído y dulces como el galego o el portugués, hermosísimas, como hermosa es al foto del minino que has hecho.
¡Me encanta ese gatito!.
Besos

Anónimo dixo...

"la ignorancia es la más atrevida", y en este caso causa tristeza, porque JAMÁS, JAMÁS, se debe dar la espalda a la cultura. Qué triste!

fonsilleda dixo...

Que dis?. Non me enterei. Magoa pola súa ignorancia e por ela.
Xusto agora que lle diron uns cantos "Goyas" a unha peli non falada en castelán...
Ben miañado por a da foto. É fachendosa?, pois aplausos.
Bicos.

Bolboreteira dixo...

Aínda non vin as imaxes donde se produce o descalabro..pero algo me contaron.
Pobre dela cando saia...
De tódolos xeitos é parte dunha realidad que se vive nesta a nosa terra, ainda hai moita xente que pensa deste xeito.Está moza é o botón de mostra.
Bicosss!!

Paz Zeltia dixo...

Oes, ao ler a túa entrada tamén me deu a mín un subidón de gheada quenindiola!
[sáeme aí a patria que levo na lingua e fago, en ocasións coma esta, propósitos de enmenda de non me deixar envurullar polo castelán que me envolve a cotío: no traballo, na familia, nos amigos, na rúa; e seguir orghullosa do meu.]

mariola dixo...

Non sei quen é esa concursante da que falas, pero a igorancia eche ben atrevida e aínda por riba seguro que está toda fachendosa.

En canto ó texto gustoume moito, cando dis "ela miañou con acento de lugo, suaviño, armonioso e ben miañado" prodúceme moita dozura.
Eu tamén miañei(con acento fenés) ó ver a foto tan fermosa.
Coido que ninguén é quen de renegar da súa lingua, sobre todo da nosa, coa riqueza de linguaxe dialectal que temos.Non seríamos nos sen ela.
un bico ghalego.

Trasno dixo...

Teño que facer verdadeiros esforzos para sentir mágoa por esa persoa. A miña mente trasna non pode entender como se pode ser tan pánfila de cuspir cara o vento. Que fale no que queira, pero eu a xente coma esa queroa mellor fora da miña casa.
Bonita foto da miañadora de Lugo.

Chousa da Alcandra dixo...

Que non se me alporicen @s docentes, que cando aludo a "responsables educativos", estou apuntando cara San Caetano...

E aínda que non é nada recomendable ver ornear tanto tempo a unha burriña con acento da galaxia perdida; pero como no posteo omitín calquer redireccionamento, pois velaquí un tratado de como meterse en camisas de once varas, mentras mexas (ou cuspes) contra o vento:
O video da vergoña

Anónimo dixo...

Non se preocupe, que non me alporizo. E canto á señorita esa de GH, é evidente que, se quen vai a ese lixo ten que ter por forza poucas neuronas, á vista do que ela dixo tenas ademais bastante deterioradas.
Eu diría dela que é simplemente unha estúpida acomplexada, pero igual pensan que a insulto e o señor Chousa non me publica o comentario.
Lástima que non vexo o GH para deixar de velo en protesta.

la cocina de frabisa dixo...

Chousa, que lo he leído hoy en La Voz, no me había enterado. Pero para colmo parece que ella misma es gallega o lo es su padre. Tienes razón, la ignorancia es muy atrevida.
Aún así, no digo que esté indignada porque a mí no me indigna cualquiera, hasta para eso requiero una persona de cierto nivel para que consiga tocarme lospies, pero me molesta.

El gato te ha quedado bárbaro, no sé que tienen los gatos (a mí no me gustan nada) que son súper fotogénicos, yo hago gatos también (si se ponen a tiro, claro)

bicos galegos

pitima dixo...

Eu sí que vexo GH. Non é moi boa representación, nin das galegas, nin tampouco das mulleres.... Ela considérase, polo seu sentir, como un home, é ademáis, polo visto, extranxeiro.
Pero ó mellor só é un postureo para ghastar pista nos pubs da capital...

O Iago (será Yago... non sei) non lle fai falla, que é modelo e pode ligarse a Yola Berrocal, unha muller de talla, como xa se sabe...

Así que, boeno, que non cunda o pánico, que esta rapaza, como os outros concursantes de GH, non senta cátedra...

matrioska_verde dixo...

Esta edición non vín nadiña de GH pero lín o da rapaza na prensa. Xa ten colgado o san Benito por tempo e seguro que con razón polo que se dí. Biquiños,

busto.agolada dixo...

Magoante o escarnio desta moza para coa lingua de Galicia. Dóeme saber que existe xente con estas opinións e por desgraza existen máis das que desexariamos. Non son só produto dun sistema político-educativo, hai tamén moita xenreira alimentada por un incomprensible desprezo do rural desde algúns ámbitos "urbanitas". Existen "galegos" que renegan da aldea e de todo o que de ela proveña. Poida que pensen que na aldea todo é incultura e barbarie. E así pintamos! E así nos vai!
Repito: Magoante!
Moitas apertas Chousa. Vou miañar un pouco cara o Farelo.

Blogboreta dixo...

Ista rapaza non che é moi distinta do que ultimamente pulula pola caixa tonta... pinturas, cabelo, modeliño e ximnasios.

No miolo, ben pouco, non sei de que será producto, pero cando un ten unha idade ten conciencia e capacidade de elección. Xa non é tanto culpa dos mestres, coma da poca capacidade de pensamento ceibe do alumno.

Cando un se avergoña do seu, do que lle precede, da sua cultura, avergoñase de sí mesmo, e velaí anda a criatura, cun acento máis acento que ningún, e moi paleto, porque nin é acento galego nin nada, eche un acento matizado por ínfulas pijeriles, por un querer e non poder de pasarela de cidade, meniña, ainda que a cadela se vista de pedigree de Mango, segue sendo cadela de palleiro mal que lle pese. Ten mais clase un de lugo, ca tí, o teu non é clase, e clasismo e iso sí que é pra botar a correr se che se ve vir de lonxe.

Bicos afumeados.

Belén dixo...

Bueno, no hay que hacer caso a una chica que no había leído ni un solo libro en sis 25 años de vida...

El gallego es un idioma que está amparada por la constitución española, y a quien no le guste, que mire a otro lado, carallo!

Besicos aragoneses

Filoxera dixo...

Como qualquer felino que se preze...
Beijos.

Magdalena Malungo dixo...

De seguro esta gatiña sería quen de rabuñala!! Pero non nos poñamos agresivo/as! Miaaauuuuu!!!

Markesa Merteuil dixo...

Non fire quen quere, senón quen pode, e a mín o que digan algunhas como que me da exactamente o mesmo. Dame peniña por ela, porque ela mesma é a que se define, pero... algúnn día medrará, non?

Deambulando con Artabria dixo...

Ben dito!!

mariajesusparadela dixo...

Miña pobre...
Pero, eu tamén, ás veces, podía falar un poco mais.

Marisa dixo...

Non sei moito do que falades
pero polo que vexo esa gatiña
avergóñase da nosa lingua, pois sexa de Lugo,a Coruña,Ourense ou Pontevedra, con seseo ou con
gheada,non hai falar
máis agarimoso.

Moitos bicos

Maribel-bel dixo...

Chousa, non dei rematado o video, algo me enfadaba, me excitaba e non sexualmente. A incultura dos galegos é isto, asociar o idioma coa xente torpe, aldeana, sen interés. Debo de facerme maior(eu penso o contrario) estudei en castelán, son galego-falante e trato de cada vez escribilo mellor. Non sei que dicir, só que me poño triste. Biquiños

susana moo dixo...

Boh, a calquera que abre o pico para falar se lle fai caso. Non nos ten que importar, se a jatiña prefiere un jato que lle miañe con acento camuflado, alá ela, mais nos toca as outras.

Manolo Blog dixo...

Descoñezo a orixe da polémica, pero en todo caso prefiro as línguas que (se) unen... e non as que separan...

paideleo dixo...

Pouco andei poloa interrede estes días pero si que mirei ese vídeo que reflexa o que pensa demasiada xente ( esa é a diferenza: muita xente pensa iso pero non o di e menos na tele ).
Iso si, eu trato o asunto como se fose unha opinión persoal que lle interesa a quen lle interesa.

Anónimo dixo...

Perdónala CHOUSA, no sabe lo que hace.
No ves que es una concursante de gran hermano?????

Noa dixo...

O mesmo sistema que a educou a ela, educounos ó resto tamén. Pero a min algo de lástima si que me dá...

A Conxurada dixo...

Son malos tempos para a lingua, pero algo poderemos facer, non si?

este fin de semana vou a lugo, queres que lle de saúdos á gatiña bonita?

Anónimo dixo...

Algun dia esa rapaza tera que sentir vergonza do que dixo. Eu xa sentin vergonza allea cando escotei o video

irene dixo...

La gata demuestras más inteligencia que algunas personas, no obstante, pienso que la "ragaciña" no supo expresarse bien.
Preciosa foto, me encantan los gatos.

xenevra dixo...

Ghústamecheme ben esa ghatiña.

A rapaza do GH fixo unha perfecta compilación de todos os prtexuízos dos que nos vemos arrodeados, uns máis evidente ca outros. Non sei porque sistema educativo pasaría, xa que a obrigaba a estudar literatura en galego pero ela compraba o libro en castelán (tendo en conta que as dúas literaturas son obrigatorias e cadansúa ligua e non se pode conseguir ningún dos manuais noutro idioma). Quizais as palabras desta menina sirvan para darnos de conta de que non se andou tanto coma algúns pretendían; só houbera un lavado de cara. Agora ni iso.