Esbarexer polo suco para deitarse na cal axeitada. Atopar o punto de humidade preciso para xermolar sen que te papen os grilos. Abrirse camiño pola terra. Medrar sen esquecerse de enraizar como é debido. Procurando sustento, buscando alimento; esquivando miñocas e sorteando escarabellos. Florar.
Permitir que as abellas che fagan cóxegas nos pistilos. Afroitar. Camuflarse entre o verde das follas ata ir tomando forma, eludindo os picotazos mortais de merlos famentos. Madurar.
Toda esta andaina para que un aguzado fío de metal te tronce polo medio, que che embouten con sal a ferida e, despois dunha ducha de vinagre, que te remexan nun plato cun garfo frío e punzante.
E aínda pretenden que, con este tute, me manteña túrxido ata ser esmagado por dúas próteses dentarias dun mamífero corentón.
Que dura é a vida dun tomate, carallo!
Foto: Tomatiño cachondo.
34 comentarios:
pois xa ves: que teso, pese ás fauces que o esperan para devoralo.
[hainos que non se lle perturba aquilo sexan as circunstancias que fosen. ai, xa quixera eu]
Chousa este tomate é un pouco
rariño ese apéndice erecto...
a verdade é que non tivo
moita sorte,agardando que lle fagan cóxegas e rematar entre os dentes.
Moitos bicos
Tal cal é a vida nesta tomateira, amigo Chousa. jajajaja moi bon eso de que "as abellas che toquen os pistilos"
Pois si que é dura a vida dos tomates! E que arrastrada é tamén a dos caracois!
En fin, moita prosa, moita poesía, pero ao fin...
Biquiños sen sal ni vinagre. Ao natural.
Pobre tomate!!! Con esa presentación e despois de todo o que tivo que pasar, seguro que lle gustaría moito que o acariñaran ou que o "comesen" saboreándoo, seguro que iso lle ía dar moito pracer e lle compensaría todo o que pasou antes, e o medo que pasou ao atoparse coa miñoca polo camiño.
Ai, que dura é a vida!
Bicos
¿Es "dura" la vida de un tomatillo, entonces???:)
Hay que ver que imaginación tienes, lo que has ideado delante de un plato, jjajajjaja.
Besos de buenos días!
será dura, pero como la describes, es hasta romantica.
un bicazo.
E non che digo nada cando o mesturan coa escarola, esa pendanga fachendosa da horta!!
Xa, eu nunca quisen ser tomate por iso.
Acostumo a esmagar tipo "mamímero corentón" tomates, castañas e o que me pete. Segundo sexa o día e a fame.
A foto boísima.
Bicos.
Pois xa verás o que ven despois, vas pasar dun prato de louza a outra louza non tan bonitiña.
Tomatiño, eche ciclo vital.
Bicos de bó proveito, corentón.
pd. Se o chega a saber pide bromuro en vez de fertilizantes..
jajajajaj!!!!!!!!!! Pois visto asi...perra vida a do tomate.
Esta nouvelle cuisine da a impresión de que maltrata os alimentos e tamén os estomagos. :P
Biquiños!
Uy dios mío, y lo bueno que está?
:P
Besicos
Dinlle voltas, remireina, tratei de agrandala...nunca chegaría a descubrir ahí, un tomate.
¿está seguro de que o é?
jajaja. Tes tanta imaxinación que ata un tomatinho (alterado) che desencadea un relato sobre da vida. Poden ser tomates ou pimentos.
Saludos Chousa
Florar, afroitar, madurar, moi ben descrita esta andaina do tomate, que é como a vida misma; gústame como vas explicando estas tres fases(moi visual). Todos vimos á vida cun cometido, o que hai que procurar ata que nos tronce ese aguzado fío de metal e "vivir" para logo quedarnos cun bo sabor de boca.
A presentación do tomate, espectacular,e se é da horta (como digo eu) o sabor é incomparable.
Bicos culinarios.
¿Ti pensas que un tomate ten vida? Eu penso que non. Por eso non me doen prendas cando o meto na boca con desexo porque de verdade que os tomates, sobre todo os cherry, me perden… e aliñados con limón en lugar de vinagre aínda mais. Xa teño ganas de comer en eles… ¡uhmmmmmm!, menos mal que sempre teño na casa. Hoxe nada mais cegar terei que facer ensalada. Xa sabes. Biquiños.
Dans le blog de Auroraines, ce n'est pas le poème Voeu de Victor Hugo mais Os Votos de Sergio Jockymann :
"Os Votos": Desejo... de Sérgio Jockymann
à ne pas confondre avec
"Vœu" de Victor Hugo
Yo suscribo el comentario de Concha, jajajjajajajaj, me mondo.
Soy tomatera y recientemente me he comprado un artilugio que los pela sin ninguna dificultad y estoy súper contenta.
biquiños e bo finde
Inxusto é o tal tomate cando ignora adrede o longo camiño evolutivo que nós, mamíferos corentóns, iniciamos descendendo das árbores africanas detrás de Lucy só para que miles de anos máis tarde nos sirva de sustento, ínclito, túrxido e eréctil.
Ingratitude é iso.
Caseque parecia a descripcion perfecta da vindeira primavera, ata chegar ao fio de metal... pero e que a vida dun tomate ou dun pementiño de Padrón sonche asi, eu penso que ata deberian estar agradecidos de ser sazonados tan delicadamente e terminar a sua existencia nun reino tan... escollido jajajajaja
Bicos!!!
Se lle custa medrar a un tomatiño, qué dicir de cada un de nós? ;-)
Nada é doado e hai que ser forte :-)
Unha aperta.
Antón.
Penita me da, tanto esfuerzo para terminar así, ¡qué dura es la vida!, la de los tomates me refiero, en fin, que les quiten lo "bailao".
Biquiños, Chousa.
Jejeje. Vaia tomatiño que foches atopar precisamente ti.
A vida en general e dura, tanto para os tomates como para as fresas. Escribíchelo mui ben. Bicos de frambuesa
Eu tamén son moito de ilustracións, coma tí (anda que..jaja), aínda que tamén me obrigo a ler, que contigo unha sempre sabe que se perde algo se non te le, e que aínda lendo... podes perder algo... jajaja, tal é a riqueza semántica dos teus posts..., metafóricos ou non, sempre poéticos, sempre fiando polo miudo..., que hai que andar ben esperta para non perder punto nen coma... aisss
E pregúntoche sobre este medio tomatiño erecto da foto:
¿Sacáchelo da ensalada para ó prato do café? ¿era o postre?. E o máis importante: ¿e vinagre balsámico de módena eso que lle da a cor tostada ó aliño?, e que sólo de pensalo se me poñen os dentes largos...
E dígoche tamén:
peor mo pos cos froitos das árbores, que ás veces hai que esperar varias tempadas antes de ter algo para comer. Os tomates aínda se dan rápido e ben....
O que eu daría por ter un aguacatero (¿augacateiro?) que me dera.... Aisss
Eu non teño mágoa ningunha por eles, porque mira, fágolles unha boa homenaxe póstuma, ós tomates, ás mazás, ó que se tercie jajaja... e mordo polo san sen nengún outro miramento (salvo algunha fotiño que tamén lles podo facer, así de recordo.. jaja)
Bico con dentes, limados, do bon uso, eso sí, de mamífera case corentona que lle gusta a carne pouco feita...
Veño disipar dúbidas sobre a orixe do tomatiño.
O luns teño cita na Notaría na que se dará testemuña de que, por moi "cherri" que se apelide, non deixa de ser un tomate. Aliñado con vinagre de módena e así de emperiquetado sen outro aditivo que o cloruro sódico no que foi embadurnado.
Engadirei (esto non vai constar en acta, pero consta en blog) que estaba igual de bo que o resto da manada. Iso si, algo máis de pelexo notei...
NOTA: calquera parecido coa vida humana é pura casualidade
A min pasoume igual que a mariajesusparadela, costoume un pouco ver o tomate... Moi orixinal a foto!
O tomatiño, despois da súa dura andaina, regalou toda a súa beleza e o seu mellor sabor. Aplauso!!!
Dirás más bien que la vida es parecida, así sean humanos, animales, vegetales.
Me ha gustado tu sentido del humor.
Y gracias por la visita.
Un abrazo
(tuve un abuelo gallego, algo me queda, espero)
Como andades pola Chousa meu, que hasta os tomates empínanseche!
Besos cherry
Ben, donas e cabaleiros. Chegados a esta hora e día, vou considerar que a imaxe deste post é a máis idónea que podería escoller para a data do 14 de febreiro.
Dádelle a volta ó pizarrillo do tomatiño, tirade de imaxinación ou...mirádelle unicamente a cor. O certo é que é moi acaída para o evento, de xeito e maneira que dende a Chousa verde queda testemuña vermella do día morado.
:-)
pois algo ó corazón dunha vaca si que se parece... (é que eu só vin os dos Simpson)
Nunca volveré a ver a un tomate como hasta ahora. Has cambiado mi visión...Buen texto y la fotografía me ha encantado.
Lo que daría por poder exxpresarme como tú lo haces
jajajajajajajaja... Chousa da Alcandra siempre me sonó a "chica". Ha sido una sorpresa verte donde Blogboreta reivindicando sentimientos bajo la firma de un hombre. ¡¡Guay!!
¡¡En el mimar está el gusto!!
Un beso de nice to meet you,
Mira que ben che resultou o tomate colorado,
que tanto serviu para un roto como para un rachado.
En verdade o tomatinho foi ben curioso, eu nom sei se seria boa ideia comelo. Deberas permitirlhe quedar na horta vigilando as tomateiras.
Saudos. Carlosm
ducha de vinagre
sssssss..
Publicar un comentario