martes, 1 de febreiro de 2011

Baduadores

A sua estratexia baséase na elevación da voz, misturando estridencias con alevosa reiteración. Como falan de todo sen saber de nada, agóchanse nunha contínua tronada gutural de decibelios insípidos.
Nese poleiro de confusión van consolidando (seica) a terceira forza política do estado; o que di pouco dos electores, pero moi pouquiño dos ata agora elexidos...
A este fato de baduadores, comunicadores sen licencia, asasinos da gramática e donos do mal gusto; convén lembrarlles que se lles nota ás leguas a incapacidade que teñen para discernir entre duas puntas e dous puntos.

Foto: Duas puntas.
 (Carballo pu(n)teado na Cervela -Antas de Ulla-)

26 comentarios:

Blogboreta dixo...

E logo o carballo... ¿ polo seu carballiño mata???

Ou pilleino mal? ...

Bicos sen punta.

Dilaida dixo...

Pois é moi normal que teñan tanto éxito, estamos no país dos frikis, non hai máis que ver os programas que triunfan e a cultura que teñen os que conducen eses programas.
Non podemos esquecer que os políticos son un reflexo da sociedade.
O outro día, vin nun programa da TV a unha tal "María la Piedra" actriz porno, que se vai presentar para alcaldesa de Barcelona e ao seu carón tamén estaba un tal "Carmen de Mairena" que tamén se presentaba, porque nas anteriores eleccións catalás tiveron moitos votos. Unha das propostas que facían era subvencionar "casas de citas".
Non me estraña nada que lles voten, iso aínda non se lle ocorrera a ningún político, é unha boa obra social, unha das que máis necesitamos, a ver se nos liberamos da tensión e os malos modos.
Bicos

fonsilleda dixo...

Que cousas nos contas Chousiña, que cousas nos contas.
É ben certo que as estridencias e os berros, que de cotío oes en calquer lugar son para finxir o total, ou case, descoñecemento de case todo.
Pero eu na foto vexo ben clariño duas puntas no carballo.
Os demais que arreen
Bicos

A.C. dixo...

Poñenme enferma os programas de cotilleo polo barullo que fan e polo PÉSIMO GUSTO dos "baduadores" que os conforman. Non entendo como poden ter tanto éxito.
Esa fauna claro que poden confundir os puntos con puntas e cousas peores inda.
Bicos e saludos para o carballo furado.

Anónimo dixo...

Me llama la atención tu capacidad para sacarle punta (nunca mejor dicho) a todo. No pierdes la ocasión para matizar tu texto con las siempre adecuadas imágenes. Y la coletilla del pie de foto no tiene desperdicio. Enhorabuena por el blog, señor Chousa

Un visitante sin blog

susana moo dixo...

Sí, canto molesta a xente gritona, e se ainda por riba se cre en poder da razón mais, e se ten poder, ainda mais, pero se comete grallas gramaticais xa a cousa muda e da risa.

matrioska_verde dixo...

Moi ben dito. Póñome dos nervos cando os escoito repetindo esas palabras sin contenido, só as xuntan porque quedan ben. E eses xestos tan estudiados como para querernos convencer do que non pode ser.
Biquiños,

Paz Zeltia dixo...

pois o pobre carballo sabe nas súas propias madeiras o que son as puntas...
que ainda está vivo, que non é un moble! [moita pena me está dando]

e de baduar... non digo nada. Todos somos algo baduadores, non si? [hoxe estou xenerosa cos vicios alleos para poder estar tamén cos propios]

A do outro lado da xanela dixo...

Comunicadores? Debates?

Coñe, eu pensaba que se trababa de ver quen berraba máis...

Bico!

paideleo dixo...

Cren que vencendo pola voz convencen e non deixan de dicir perogrulladas e falabaratismos pero din o que quere oír amaioría da xente e xa se sabe que o que o que di a maioría vai a misa.

Trasno dixo...

Da peniña mirar a televisión e ver que certos programas permanecen na parrilla. Os baduadores que estan de moda acaban por crer que son deuses sin saber facer a O cun canuto.
Así que xa sabes, Chousiña: cómete el pollo, coño! jeje

vermella dixo...

De acordo pero hai que reflexionar da importancia dos laretas nesta sociedade na que precisamente non triunfan nin a dedicación nin o esforzo,como alguén di por aquí pan e circo....
bico.

A nena do paraugas dixo...

Digamos que nestes tempos importa máis o volume no que se fala ca o que se di. Por iso se badúa tanto, cada vez máis alto, pero sen dicir nada. Ou ao mellor non se berra, pero sí se asasina a linguaxe. A boa e rica linguaxe. Por iso despois temos que andar a voltas con normativas de convivencia.

Un saúdo señor Chousa
sen puntos
nin puntas

Marisa dixo...

Tes razón no do poleiro gutural
da terceira forza política,
pero non sei por qué diaño
teñen que pu(n)tear o carballo.

Bicos e apertas

pitima dixo...

O perigo é que estamos tan afeitos ós berros que cando fala alguén que non levanta a voz para dicir algo importante cheo de razón xa non o escoitamos....

Entón qué...
Calamos ou berramos??

Ás veces toca cantar e berrar algunhas verdades, porque cho pide o corpo...

Outras impoñer un bo silencio sorte maior efecto...

E somos tantos... que hai para todos. E pórse dacordo vai ser complicado mentres nos perdamos nas dialécticas e políticas baleiras...

Bicos un pouco calados....
E o debido respeto para o carballo torturado. Faime o favor de sacarlle esas puntas... ó pobre..

Merce dixo...

A curiosidade estame mortificando...

;)

Ainda vou ir ata as Antas a pé!!!

Bolboreteira dixo...

É incómodO escoitalos, maís ven oeselles porque escoitar o que dín...eu xa fai tempo que desconecto..non me interesan.
Biquiños

mariajesusparadela dixo...

Vostede, sácalle punta a todo. Pero ainda me chamou máis a atención o outro día un comentarista nun blog , que non estaba dacordo co post, e, para facerse oir, facía todo o comentario en maiúsculas.
Tamén eso é berrar ¿ou non?

Paz Zeltia dixo...

Vouche deixar aquí unhas reflexións feitas en modo lírico
[podremia de poetas!]
por Anxo Angueira, que fala dun carballo.
a min gustoume non só polo sentir, se non por esa maneira de falar tan tan tan de como falan na aldea, dando reviravoltas e retomando o fío...
bueno, vai; copio para tí, chousiña, e para todas as túas lectoras.
A ver se vos gusta:

zapateara a miña nai
polas mans do guindastre do tractor do Cardoño
que en paz o pobre estea
alí por tras da casa nova do Outeiriño
un carballo ben grande e vello tamén
unha pois desas boas caracochas
sen ponlas e torada ata os dentes da cachopa
acollín o regalo de mal gusto
agradecía o xesto e a madeira
a casa quere lume
pero doíame nalgures que fose a custe
de tamaña e de tan insigne morte
mentres fendía ás horas coa machada do aire
aquel retorto pau de ferro
a mente íaseme ós anos todos
que lle fixeran falta ó innocente
pra lograrse e chegar a vello vello
na revolta ou na leira onde medrara
da que eu non sabía nome nin quixen saber ren
e aínda cavilaba nas cornudas
que che é así ben sei que mal e imprecisamente
como nós lle decemos á vacaloura ó escornabois
que aquelas podres cavidades me evocaban
evocaban igual se fai fino e poético de máis
pro quen fala non é Darío Xohán Cabana
tardei semanas meses en fendelo
o que ten o carballo é que quenta tamén
e moito e varias veces
antes de ir pró lume da lareira
gardei as achas no que fora un tempo
casoupa do avó do Reboiriñas
e as máis delas aínda as alí están
hai unha ducia xa ben boa de anos
que lume prendo pouco
e pra gastar prefiro o que vou chapodando
na poda do castaño e mais da lata
o caso é que
alí onde miña nai zapateara e eu fendera
como dixen por tras da casa nova do Outeiriño
prendeu un carballiño novo e feito
agora veloaí o tes vai alto e repoludo
e dá ben boas landras
e sombra non coñezo como a súa
a miña nai nunca llo dixen
nin lembra nin fai caso destas cousas
sen dúbida unha landra viñera silandeira
nin vacaloura nin escornabois
nas podres cavidades naquel ventre
disposta a pervivir.


[o texto non ten puntuación, non é que sexa eu tan preguiceira]

Boa finde soleada!

Carlosm dixo...

Cando faltan razóns empreganse decibelios. E se tamen falta cultura já non hai maneira de paralos.Que os aguante quem queira. Eu nom. Saudos.Carlosm

Ginebra dixo...

La crítica siempre es positiva, Chousa, y más cuando se elige como imagen ese tronco vetusto y fuerte.
Besos

Chousa da Alcandra dixo...

O animaliño (ou animaliña) que clavou as dúas puntas no carballo para soster un anaco de papel que anunciaba unha subasta pública de tres leiras, fai igualiño cos baduadores: sobredimensionar o irrelevante.

Aproveitade o soliño desta fin de semana, que volverán pingueiras de choiva as vosas guedellas mollar...

Lou dixo...

Bueno, existen habladores porque hay escuchadores.

deberiamos tomar ejemplo del silencio y del estar de los arboles.

PD. agradecerte tus coments, te había leído algunas veces pero sin comentarte, ya tocaba, así que aquí te dejo registro.

enhorabuena por tu blog y un beso.

mariola dixo...

Coido que non fai falta recordarlles os baduadores nada, porqe eles saben moi ben o que queren, enaltecer o ego e a riqueza persoal.
Póñome mala só con velos, non podo...
un bico sen estridencias.

Harmonía dixo...

A imaxe fala, chora, sangra... por si soa.
Baduadores, mellor título non puideches escoller!!

Anónimo dixo...

Terceira??? Es un optimista, Chousa.
Ben, non imos polemizar agora por un postiño máis ou menos, pero pra min que teñen ampla representación na segunda que din que vai ser primeira e non sei se algún que outro quintacolumnista na primeira que vai ser segunda.

Ando a rolos polos pesimismo embaixo. Non o contes...