xoves, 6 de xaneiro de 2011

Seguridade

A través das institucións mundiais, participamos cos nosos cartiños na protección antimisís da galaxia, destinamos fondos para operacións Atalanta, cubrímonos os lombos mediante exércitos comunitarios.
Temos batallóns de gardas civís e policías estatais, autonómicas e locais e non imos contar a seguridade privada que vixía o garaxe dos apeiros do tractor.
Dotamos a porta con chave de sete estalos e quince puntos de penetración. Conexión a central de seguridade 24 horas...
E todo iste esforzo na seguridade vai ó carallo na noite do 5 de xaneiro, permitindo o acceso ós nosos fogares a uns tipos con perruca textil, capa barateira e coroa de cartón pintado, que aluden á maxia para  xustificar a súa omnipresencia.
Como nos foda un, a ver que raio argumentamos no atestado!

Foto: Individuo visto por Antas de Ulla o día 5 a iso das 19:00 horas

25 comentarios:

Dilaida dixo...

É que contra estes non se pode loitar, son magos e entran polo buraco da chave.
Bicos

pitima dixo...

Di o reisiño que teñen xemelgos para poder estar en todas as cabalgatas de todas as cidades...
Así que deben ser todo un exército.... Coma un ano decidan levar en vez de traer... estamos apañados...

Pero hai que crer na maxia home. Mira ti que non me parecías tan desconfiado... pensando no atestado...

E a ti qué te trouxeron??
Ou seica fuches malo??

Bicos con coroa auténtica.

Trasno dixo...

E din que veñen de Oriente (a de contactos raros que terán), rodeados de camellos (sin comentarios) e hai un de color con acento moi extraño. A verdade e que non sei como relaxamos tanto a seguridade, non.
Eu tamen pregunto, que che trouxeron a ti, Chousa.
Eu deixoche bicos

Son Unha Xoaniña dixo...

Pois na miña casa entraron e debaixo da árbore estaban os xoguetes para o neto e como durmiu na nosa casa levou moita alegría ao ver os paquetes pero cando lle dixemos que os trouxeran os reis que el vira onte na casa da cultura enfadouse porque dixo que aqueles reises eran mui feos, e todo o tempo repetía o mesmo. rimonos moitísimo e pasámolo moi ben, agora viñeron os pais a buscalo e dixo que o coche o deixaba aquí pero o "denadó a casa mia".
pero eu deixei a porta aberta e non puxen a alarma jajaja.

Harmonía dixo...

Menos mal que aínda nos queda a maxia!
(Sen despreciar aos demais), moito me gustou este comentario de "Son unha Xoaniña"!
[Que volveu tocar a lorería? Comenzamos o ano con sorte!]

Apertas de 2011.

Concha L. F. dixo...

Na miña gaiola hai tempo que teñen a porta pechada, agás que no seu peto traigan agarimos. E abofé que esta Nadal trouxeron moitos! Sen perruca textil nin coroas de cartón! Apareceron a cara descuberta! Síntome afortunada. Sen lotaría... A iso no adoito xogar, non creo moito no azar.

Bicos agochados na rosca dos Reis.

Carlosm dixo...

Ti debes ter privilegios polas Antas de Ulla para poder fotografar a todo un Rei pola espalda. Nom todos podem façer tal coisa.
Nom pregunto que che trouxeron, que me da o corpo que non o vas dicir, asi que deijo saúdos namais. Carlosm

mariajesusparadela dixo...

Pois vas ter que me perdoar, pero eu hai moito que sei que os reis nos están fodendo a todos.

Marisa dixo...

Chousa,Chousa sempre
conto contigo
para sacarme un sorriso
de vez en cando, non sabes
cómo cho agradezo.

Os reis deixáronme
para tí un abrazo moi grande.
Bicos tamén.

Alís dixo...

Pois eu non teño tantos puntos de penetración. Bueno, a miña porta, claro. Será por iso que xa nin entraron na miña casa e, polo tanto, non deixaron nada. Supoño que teño que alegrarme, porque tampouco levaron nada.
Súmome a esta enquisa popular: qué che trouxeron?

Bicos

Paz Zeltia dixo...

En que países haberá a tracición esta dos reis magos?
digo con esta parafernalia do misterio e os agasallos e tal
igual só aquí!
pois está ben manter e fomentar esta tradición.
O outro día rinme moito co meu fillo que dicia que coma ian medrar nenos normais nunha socieade onde hai unha conspiración xeral para facerlle crer ós rapaces todos que existen uns reis que traen xoguetes, que son inxustos -ós ricos deixanlle máis- que teñen o don da ubicuidade. Que como van confiar despois en que os pais din a verdade. Que como non imos ver cousa corriente que os políticos mintan. Se a sociedade enteira se pon de acordo para mentirlle a todos os nenos do país.

fonsilleda dixo...

Ó mellor e seu traballo: fodernos ben pra que non piemos.
Ese que viches por Antas, andivo por aquí tamén; de fixo que era o mesmiño e o vin trepar por os balcons silandeiro.
Calei por si deixaba algo na miña fiestra.
Bicos.

Belén dixo...

Pero estos extraños que entran a tu casa no te quitan nada hombre, al contrario, que te ponen!!!

Besicos

pitima dixo...

Cánta razón ten o fillo de Zeltia...
Éche unha risa ¿sí?.. Tamén da un pouco de medo ¿non?

Pero é que pasa como na relixión... A algúns e algunhas fainos falta crer... nas mentiras.

Hai algo que non sexa mentira??

Estámosche ben... Ataque supino de nihilismo esta mañán.
E como todo é mentira... xa non perdemos o tempo buscando a verdade... ¡qué pereza!

E qué saberemos nós... Só existe a casualidade.

A.C. dixo...

Esa relaxación na seguridade da que falas a min paréceme ademais unha falta de consideración cos nenos e un insulto a sua intelixencia. Nin son Reis, nin Magos nin traen regalos. Canta mentira xunta.
Ejem, e a ti que che trouxeron logo? ;-)
Bicos

Maribel-bel dixo...

Iso que non reparas que agora a garda civil non presta atención a isas cousas, só a se temos o pitillo na man, co cal estás indefenso contra o resto dos males. Teñen que contar ata os metros ata o parque, imos ter o pais máis libre de fumes do mundo aínda que se tome cocaína, haxa roubos, maltratos..e de política nin falar. Viva o anarquismo revolucionario!

Anónimo dixo...

Yo soy republicana y por eso dejo entrar a Papá Noël en mi casa. Los reyes son un rollo que ralla.
Salutaciones.
Miriam

mariola dixo...

Á verdade é que deixamos pasar os reis magos as nosas casas sen preguntar nada, pero qué ilusión máis bonita! ademáis sempre veñen con algún regaliño; mira a ti de momento xa che deixaron un, as verbas para escribir un relato sobre eles.
un bico con maxia.

Lucrecia Borgia dixo...

No puede existir sistema de seguridad para los Reyes Magos. Los pobres vienen desde Oriente cansados y exhaustos. ¿Y a los pobres camellos, quién les da el agua?
¿Y la ilusión de los niños esperando los regalos? Los Reyes Magos tienen que transitar libremente por todos lados... ;-)

Paz Zeltia dixo...

Oiches: venme comentar ó meu último post, Chousa, que faltas tí só!
[¿tes por probable cumplir o doble de anos dos que tes agora?. se a resposta e non, é que vas vello.
Ou onde sitúas tí esa liña?. Alí todo dios me di que ainda non vou vella, ainda que hai alguén que me aconsella ir ás Burgas para ter unha libido de estrea,
e outro que vaia ligar a un local que se chama a Luna que seica queda perto de Pontevedra.
Te necesito, Ruper]


Os reises si que van vellos!!Por certo...
¿que che trouxeron?
:P

Ginebra dixo...

Bueno, buenoooo, creo que además de músico , también es usted actor, querido Chousa, quizá su papel estelar más reciente haya sido el de monarca...
Es curioso que hasta los republicanos amamos a sus majestades:)
Besos

Anónimo dixo...

Eu creio que é um conto todo pa foder-lhe a gente o jamom e os chouriços das palheiras, aínda muitos a secar a esta altura :D

Umha aperta e vigia bem nom vaia ser!

Chousa da Alcandra dixo...

E quen dixo que os reis eran só para nenos?. Acaso os parques unicamente son para os infantes?. Se nos acarroulásemos máis e fixéramos máis equilibrios nas cordas dos carroulís, seguro que teríamos mellor cintura para esquivar outras cuestións vitais.
Acarroulémonos!!!

Blogboreta dixo...

A min caenme ben, sempre deixan cousas lindas no zapatiño e non fan ruido ningún. Seica me lembran de cando pequecha, cando me subían nos seus xeonllos pra que lles contase o que máis quería.

Se fose tan doado acadar outras cousas...

Bicos cheos de maxia.

matrioska_verde dixo...

tes toda a razón, Chousa, é que os humans somos moi incongruentes... claro como o dos reis é algo máxico...

¿deixáronche carbón ou regaliños?

biquiños.,