domingo, 9 de xaneiro de 2011

Auga

Riqueza dos pobres que fertiliza hidroxenando. Sen liortas cando chega en vertical, xa que para todos, equitativa, flúe e como amante desbocado penetra. Serrón de dirección única que tronza. Inchando ríos, invadindo prados, anegando chousas, superando pontes, arrastrando pólas, carrexando latexos...
Palpable frenesí de caricias espumosas, envites impetuosos de mimos incontibles no leito fluvial.
E, despois do seu galope acuoso e osixenante, pediranos perdón preñando todo de vida, facéndonos saber que sin ela nin siquera poderíamos disfrutar o dulcísimo arrecendo a terra mollada.

Foto: Pontepedriña coutada. Prioridade para a auga.

30 comentarios:

fonsilleda dixo...

O arrecendo a terra mollada é un dos meus, dos que me fan cheirar unha e outra vez, con pracer, sorbendo terra, auga, cores, luz...
As veces chegar a túa chousa e ler tamén é un pracer.
Mais hoxe, cun texto cheo de auga e poesía e que se pode interpretar segundo conveña.
Deixounos hoxe a auga pera ainda arrecende.
Bicos.

Trasno dixo...

E vexo como te emocionan incluso as riadas. Ti, destápate xa dunha vez, eres un romántico. "Palpable frenesí de caricias espumosas..." Aiiii, que Serrat lle poña música e temos un orgasmo múltiple todo o blogomillo :-P

Harmonía dixo...

Lin o título e, coma sempre, botei un primeiro vistazo; onde diantres estará a auga? Agora, toca ler o texto e intentar descubrir e interpretar a metáfora... -pensei.


Unha fermosísima oda á auga!!!

Chousa da Alcandra dixo...

Fonsilleda: E máis que arrecenderá. Este é unicamente o comenzo da sinfonía co adagio andante, que culminará molto vivace aló por abril. Xa verás!

Trasno: Xa non fai falla que me destape, que me destapas ti.
E, como trasno (ou trasna, que non o teño nada claro...), podías ti falar con Serrat para a musicalización da Pontepedriña, entrada de Antas.

Harmonía: Eu ben sei que en algúns casos, tanta auga no asfalto -máis que unha oda é unha foda-; pero nihil obstact para que saibamos comprender que por onde non pode correr libre, ábrese paso. Ela estaba antes...

Raposo dixo...

A auga é necesaria pero xa vai chegando. Hoxe deunos un respiro, toda unha sorte para os que devecían saír por aí a pasear ou as rebaixas.
Apertas (con sol).

pitima dixo...

Xastamos!! Mollando outra ves...

Qué vicio mi madriña.. qué vicio.

Quedouche moi ben. Case podo ulir o docísimo arrecendo a terra mollada...

Ah.. non... que era a nena.. jaja

Boeno, pois nada, a cambiar o cueiro e danzando a danza da choiva outra vez. E que non preñe tanto que logo hai que andar a desbrozar e é un sen vivir...

Bicos sen coutar. A modiño non vaias ter unha sobredose... jaja

pd. Qué ben se che da a semántica erótica... Gústacheme cando a empregas tan fluidamente.... mollando a destra e sinestra... Sí señor

Filoxera dixo...

É verdade. Às vezes queixamo-nos dela, mas é necessária.
Beijos.

A.C. dixo...

Como te pós Chousa!. Pareces Antena3 jajaja. Pone
Din que a auga pasou na Ponte Pedriña por riba da ponte o venres. Vexo que ti foche in situ para comprobalo.
Bicos

Blogboreta dixo...

É maxia, a maxia que calma a sede, a maxia que calma a ialma, a maxia de estar na casa.

Veña de onde veña a auga, sempre a amarei, dame a vida.

Biquiños de volta :* :*

A nena do paraugas dixo...

Cando a auga irrumpe nas nosas vidas, hai poucas cousas que a deteñan.

Bicos pasados por auga. Pero con paraugas.

P.D.: Por certo, un texto moi poético. Parabéns.

paideleo dixo...

Ai, a auga... E en perfecta dose ata engrandece o viño.

mariajesusparadela dixo...

Pois elle ben certo. Aburre ás ovellas, pero sin ela non poderíamos vivir.
Bendita sexa.

Merce dixo...

Verás eu andaba algo enfurruñada porque xa estaba cansa de tanta choiva, pero e que despois de leerte a ti, non podo mais que pensar nesa eclosion primaveral que vai encher (ou tratarei de que encha) de cor a miña tarxetiña :)

Que sinxelo e ver as cousas a traves do teu cristal jajajaja

De todolos xeitos que saibas que apenas puden estrenar o meu novo obxectivo e de veras que morro de ganas!!!

Bicos!!!

Sun Iou Miou dixo...

É curioso, eu o recendo à terra mollada só o sinto de verdade en Castela, antes, sobre todo antes, dunha treboada de verán. Aquí teño a sensación de que de tanto cheiralo o olfacto se habitúa.

Paz Zeltia dixo...

Empregas unhas palabras dispostas dun modo tan poético que case parece que os destrozos causados pola auga na paisaxe modificada pola ocupación das persoas fose algo fermoso.
E o cumio xa nese último parágrafo, onde grazas a ela, a terra aparecerá plena de belleza.

Mais sabes a que me recorda ese comportamento da auga que adornas con emocións humanas?
A outro comportamento moi humano que, por desgraza, se da con frecuencia en quen se sabe
necesario/a, co poder que iso da.

Gustoume moito o texto.
de facer algunha crítica quitaría a palabra hidroxenando fai redundante o de fertilizar e aparte, chirríame co resto do texto, non sei polo qué.
Se o leo sin ela, gústame moito máis.

Bicos hidroxenados

Dilaida dixo...

Vaia oda máis fermosa, a ver se temos sorte, e as nubes saben de poesía e nos deixan tranquilos uns poucos días.
Bicos

mariola dixo...

Encántame! xa che dixen máis dunha vez que estos textos tan líricos que fas gústanme moito.
Miraches o lado máis fermoso da auga, é verdade que ás veces fai destrozos, pero sempre hai que ver o lado positivo e ti ollaches éste
con arrecendos, carrexando latexos, escoitando as pingas da auga cando mollan os prados ou mesmamente a túa chousa.
Espero que nos deixe un sinfín de cores na primavera e un cheiro a lavanda e romero.
un bico perfumado.

susana moo dixo...

Molla, molla, pero con condón! Digo, con chubasqueiro,....

Alís dixo...

Influirá que aquí pasamos dos trinta grados e non aturo a calor, non digo eu que non, pero despois de lerte só podo dicir: qué ganas de mollarme!

Bicos

Marisa dixo...

Estou en todo contigo
pero que veña máis
repartidiña que así
ata se afogan os
parrulos.

Bicos e apertas

Ginebra dixo...

Me pareció un bonito homenaje a la lluvia, al agua que acaricia la tierra y de la que tanto se queja la gente... bueno, hay aguaceros hostiles, Chousa, que me lo digan a mí que se me inundó la casa en la famosa tormenta cacereña de septiembre:)
En fin, que es precioso tu post "acuático":)
Bicos pasados por agua

Bolboreteira dixo...

Iso é...hai que verlle aparte positiva todo..
Bicoss!

Anónimo dixo...

Xenerosa maneira de ver as cousas: cómpre térmola en conta cando a choiva nos amola e nos asolaga, pero claro: nunca chove a gusto de todos.

Chousa da Alcandra dixo...

I eu que pensaba poñervos a foto do Ulla atoldado...
Non desesperedes, que ten que chover máis. A fotosíntese mólanos moito, pero onde carallo imos conseguir o VERDE se non temos auga na raíz?

A seguir mollándose, damas e cabaleiros!

irene dixo...

Aunque a veces moleste, nunca me quejo de la lluvia, me gusta la lluvia, y el agua es tan necesaria...
El olor a tierra mojada es uno de los perfumes más exquisitos.
Espero que el estreno del año y de la década te haya sido favorable.
Moitos biquiños, Chousa.

matrioska_verde dixo...

O que dís está moi ben pero na súa medida, senon que lle falen de auga ós australians, pobres, da medo ver as imaxes.

biquiños mollados,
(e non hai nada ver nestes bicos)

Son Unha Xoaniña dixo...

Pois eu estou de auga ata a punta dos pelos, hoxe quedei nunha cuneta na que me metín para deixar paso ao que viña de fronte (e que as carreteiriñas son algo estreitas), e me foi imposible sair, canto mais o intentei mais se enterraba a roda no barrizal, total que me veu sacar a grúa, e todo por culpa da auga, que está todo enchoupao.
Saúdos.

MAR dixo...

Muy lindo tu Blog, es un placer conocerte.
Cariños para ti.
mar

Maribel-bel dixo...

A auga para mín é todo na escrita, reflexa a perfección todo o que sinto cercano, cambiante e fermoso. Sei que o sabes...Besiños sen formas.

Carlosm dixo...

Gracinhas por amosarme a pontepedriña. Já hai tempo que non paso por ela. Saudos.Carlosm