Nunca os trienios foron garantía de fortaleza para pontes e camiños; nin as marxes aceiradas evitaron intencións suicidas, nin as acotacións ben definidas aseguran o seu cumprimento.
O río marca o seu ritmo e hoxe vai revolto. Non podemos argumentar que estamos en veda, así que compre aceptar que haberá pescadores que saquen tallada. Con todo, non é tempo de facer tostas para embalsar protestas; antes ó contrario sería boa idea abrir novos caneiros que enxauguen esta voracidade dos mercados troiteiros.
Despois xa decidiremos se facemos os peitorís ou requisamos o dereito á simple contemplación da paisaxe...que valerá cartos!
Despois xa decidiremos se facemos os peitorís ou requisamos o dereito á simple contemplación da paisaxe...que valerá cartos!
Foto: Tensións de liquidez no Corgo (Antas de Ulla).
29 comentarios:
Pero que cordo e axuizado es. As túas paixases agora húmidas zumegan bo sentido.
É certo que haberá quen saque tallada do rio revolto.
Bicos cumpridiños
Hai demasiada auga. Demasiado revolta. Vou ensinar aos meus cans a que lle traben o cu os pescadores (non van dar feito). Os condenados non van con cana, xa levan rede.
En bonanza saiuche moito afluente e craro, agora temos todos a auga o pescozo.
Bicos troiteiros.
pd. ¡¡ O couto ten unha medida cuase excelente!!!!
Vaya, Chousa, no tengo opinión de este tema. Bueno lo que dices parece que tiene sentido, así que me subo al carro de tu pensamiento :)))
Eso sí, as troitas gustanme moito.
bicos acotados
O teu post levará unha carga retranqueira quenindiola, pero como eu vivo nunha especie de limbo
(que seica xa non existe),
non me entero de nada.
Quédome coa paisaxe da túa preciosa foto,
-que espero que tarden moito en cobrar por disfrutala, que todo chegará-.
De momento ampliar a foto e imaxinar que ando por ese camiño escoitando o burbullo do río, non ten prezo.
Nota:
Buscando en google onde era Corgo (pido perdón pola miña ignorancia), atopei unha páxina dun que seica é dalí,
que propón un slogan:
Para comer, Lugo; para follar, Corgo
aludindo á gran cantidade e calidade de puticlubs que hai nese pobo.
(Eu non che vou preguntar que facías tí en Corgo, que son moi discreta)
Eu estou por passar a acçom directa e exprópriar directamente :D Sem mancar a ninguem mas exprópriar...
a cousa está que arde, da medo, en verdade.
biquipos,
Río revolto, a xogo ca situación xeral.
Manda carallo, que todo se pega (non fai falta a fermosura, témola por doquier)
Bico!
Paréceme ben que se fagan cotos e que se vixile as medidas, depende de nós que a natureza non se resinta como a economía, tampouco é tan difícil, só se trata de vixiar ós que non fan caso de rien de rien. Biquiños
Bueno, polo menos sabemos que a talla está garantizada en 17 cms por moitos recortes que nos sobreveñan ainda podemos ir aguantado un chisquiño...
:p
uy!
:)
Un levísimo inciso para matizar que o lugar do Corgo que aparece na foto está ubicado no Concello de Antas de Ulla, na comarca da Ulloa. Nada que ver co Concello de O Corgo.
Claro que, coas medidas ás que alude o cartel (que parece que teñen certo aprezo), e espesura vexetal atraínte e agradable, pode ser un excelente lugar para practicar unha morea de actividades lúdico-festivas, entre as que se poden engadir a comida...
Eu voto polos novos caneiros!!! Morrerei se me privan dos espazos abertos...
Cando te pos en plan analista pareces un contertulio serio das canles televisivas. E véjote chamando a calma moito. Empezas a valer para uma incursion politica.Tem coidadinho que logo che van facer propostas. E por ese lado son sempre deshonestas.
Saudos.Carlosm
Vostede ben fala, pero, quen llelo explica aos que xa están coa saliva na boca pensando que as ocasións as pintan calvas.
Bicos
Eu creo que son outros os que levan a auga emáis opeixe e cobran por mirarmos dende a varanda.
Actividade lúdico-festiva a engadir: xogar ao teto.
Y no solo eso, es que contra la naturaleza no se puede pelear...
Besicos
Posso asinar contigo?
Bicos.
Aínda que non o pareza, as augas turvas sempre acaban pasando.
Naturalmente, o río revolto sempre é ganancia de pescadores; non hai máis que ler as páxinas de economía de calquera xornal.
Tiveron neve por Antas?
Cando te pos serio pareces mui serio. Non entendo de bolsa nin de economia nin das normas que dis, pero gústame moito ese lugar que sale na foto. Paréceme un sitio moi axeitado para os trasnos. Dirás a ruta para poñer no GPS?
ai, enganeime de localización?, xa dicia eu que se desviaba un pouco o teu rio Ulla!
boa noite, [que non neve por tí, e teñas o corazón quentiño]
Amigo Chousa, coma sempre, moi agudo. Claro que andamos fastiadiados con estes pescadores de río avolto! Pouco podemos facer por contelos. Gustaríame ter eses cans que cita Mª Jesús Paradela para trabalos e escorrentalos. Pero dubido que haxa os cans axeitados.
Por outra banda, o teu discurso vai gañando cada día en abstracción e imaxes.
Fermosa a paisaxe dese lugar do Ulla, cuxos muíños e aseradoiro quero ir algún día visitar. Estivo simpática a aportación de Zeltia e atúa conseguinte aclaración, non vai ser!
Moitas apertas
Sabías que crise en chinés é sinónimo de oportunidade?
Pois iso.
A nó que nos dean a oportunidade de disfrutar deses 17 cm.
Veño tarde,mais o importante é que cheguei,jeje
De cotos non teño puñetera idea, polo que te deixo un bico.
Zeltia é moito Zéltia, que bon o dos puticlubs, que facías ti en Corgo? jajajaja
O muiño do corgo e un lugar ben bonito e dende logo moito menos estresante que a bolsa de Madrid.
Hai moito mensaxe nesta entrada, así que eu voume polas ramas e quedome cos 17 centimetros tamen hahaha (supoño que se poden pescar de mais medida, o que esta prohibido e collelas mais pezqueñinas, non é?
Bicos
Moi ben fiadiño o relato , aínda que tiven que lelo varias veces, porque non é unha materia que domine nin moito menos. Claro que haberá pescadores que lle quiten tallada, pero penso que despois dunha riada o río volverá o seu cauce- iso espero-
Quédome como lugar,con ese verde que tanto me enche.
No meu pobo tamén hai paisaxes así de fermosas.
Que pases unha boa ponte. bicos.
Se non me esquece, traerei unha imaxe deste magnífico recanto ullán na explosión da primaVera. Xa veredes como cotizan os verdes intensos misturados coa floración imperante.
Para elo, manteremos a río no seu cauce e deixaremos que a ponte se molle unicamente coa auga da choiva.
(E que disfrute da ponte vacacional quen a teña. Aínda que sexa controlador-a!)
Dicen que a río revuelto, ganancia de pescadores, y los ríos andan ahora todos muy revueltos.
Me encanta la foto, y el lugar.
Bicos, Chousa.
Diormío! Dezasete centímetros? Espero que non sexa o tamaño mínimo da miñoca!
Non, Sun: é o tamaño da cana!
Publicar un comentario