Non todo está nos libros. Nin as mil maneiras de fritir un ovo, nin a realidade constatable de que un ovo so é posible fritilo dunha maneira...
Algún libro xa da conta de como non todo o colacao é soluble no leite, pero escápaselle que por iso, precisamente, algúns somos do nesquik...
Os libros axudan moito. Amósannos experiencias e ideas que outros tiveron antes, delimitando así a derrega dos pensamentos para evitarnos plaxios mentais. Por moito que as ideas non teñan volume, sí que teñen propietario/a, e para deslindalas faise preciso o rexistro escrito como proba irrefutable da súa etérea consistencia e testemuña perenne da súa existencia.
O factor común que vencella a lectores e a quen escribe, radica precisamente nunha das marabillas que (seica) temos en total exclusiva os humáns: a capacidade para argallar.
Foto: "A cabeza non para"
49 comentarios:
Despois de asistir á presentación, onte pola tardiña, do libro do meu amigo Xosé Luis Sucasas no Museo Aller de Lalín, "Outra vaca no millo"; a esta hora xa estou en condicións de aseverar que teño un autor ó que lle lin todo!.
Agora xa sabedes unha das fontes nas que bebo.
Ler é vivir,escribir é vivir, argallar é vivir... temos tantos mundos neste por descubrir, e todiños nas nosas cacholiñas.
Bendita a miña cabeciña brincadeira que cada día me trae centos de cadros que me fan a vida de tantos cores inimaxinabeis.
Un biquiño argallante.
pd. ¡¡ Viva o Nesquik!!!! Morte os "jrumos"
Esa xente que atopas nas rúas facendo esas cousas (as de a imaxen), sempre me deixan chea de pasmo.
Gústame a xente que argalla ben e con algún bo fin. Os que argallan pra enganar, por interese, pra especular ou facer mal, eses...
O malo é que hai moitos
Na nosa casa son de colacao. Síntocho ben.
Bicos ben argallados e con lazo.
Pois tí debes ser moi humano, porque capacidade de argallar tes abondo!
Jajajaja claro que un ovo unicamente se pode fritir dunha maneira. O que existen son moitas maneiras de freir ovos.
Xogas coas palabras que da gusto. Supoño que ese arte atoparialo en tantos libros como dis que devoras. Preguntome de onde sacas tanta labia e tan sorprendentes imaxenes.
Un bico pra o argalleiro maior.
É muller, non parece, pero é muller que oín dicir que nós, as mais das veces, somos invisibles.
(Tamén oín dicir que a todos, algunha vez, váisenos a cabeciña)
Das catro acepcións que nos aporta o DRAG, esta é a que máis me convence:
[argallar, planear. 4. Organizar ou levar a cabo [algo] sobre a marcha, cos medios de que se dispón no momento.]
Gústame argallar. E, polo regular, as persoas que sempre están argallando (planeando), non se aburren nin aburren, nin enferman!! :-))
quedeime de pedra cando lín que eres de nescuik, non o podo crer... ¡vaia desilusión, Chousa!, dígocho como o sinto...
e que donde se poña un colacao que se quiten de diante os demais polvos.
¡canto argallan as nosas cabeciñas!
biquiños,
Hai máis dunha maneira de fritir os ovos, pódelos facer con puntilla ou sen puntilla e isto tamén vén nos libros, porque os libros conteñen todo o necesario e importante que necesita coñecer unha persoa, teñen todo tipo de utilidades e funcións, ata poden servir de cuña cando coxea unha mesa.
Eu coñecín unha parella de namorados que apoiaban o somier da súa cama nunhas patas feitas con libros.
Bicos
Ti non sei de onde sacas materia para argallar tanto. A tua cabesiña non paaaaaara jajajaja.
E xa dirás onde se pode mercar esa fonte na que bebes, que non conhezo eu a ningún Sucasas escribidor.
Sem dúbida vosté é um filósofo. Gostei do que vi por esta Chousa de ideias volumétricas (e magnífica images bem casadas con aquelas).Um prazer
Comunicámosche que se esgotou a lotería do folkAntas, de xeito e maneira que che quedan as participacións que che quedan a ti. Xa sabes cal era o trato: as que no deas colocado no mercado, suscríbelas ti.
Pide, por favor, a quen che mercou algunha que o día 23 non se agolpen todos para ir cobrar, que senón vannos protestar na Caixa e non queremos líos con eles.
AGASALLO
Nun arrinque de xenerosidade, e xa que anuncia a organización do Festival FolkAntas que as participacións de lotería de Nadal 2010 están esgotadas; comparto unha das miñas con todas aquelas persoas que, contando cun blog aberto, fagan ou teñan feito xa un comentario neste posteo que leva por título "Argallar" antes das 00:00 horas do día 20-12-2010
No caso de resultar agraciados (eles din que si) algún dos dous números que se indican na participación, o premio será repartido a partes iguais entre todos/as as/os comentaristas.
O administrador da Chousa (e depositario da participación número 240), argallará o xeito de facerlles chegar a cada un dos agraciados a contía que lles corresponda, contando -loxicamente- coa súa colaboración (argalleiro si, mago non).
Asinado: Inocencio Xeneroso Chousa Alcandra
Ay, meu Deus... mira que se despóis de 36 anos e medio vou ser por fin agraciada!!!!!!!
Mi madriña!!! Meu marido vaicho agradecer moitísimo :) :)
Agraciada na parte alícuota que che corresponda. (Dille ó teu marido que non hai de qué)
Matizo tamén que será unha parte por cada persoa, non por cada comentario jajaja.
Xa ves o guiadiña que son, ti disme que veña e eu veño. O que non argalles ti......e como sei que che gusta moito o Nadal, non podo deixar pasar a oportunidade de enviarche un carro de felicidade, diversión, bla bla bla, nestas datas. Un bico dente Betanzos ao Centro Xeográfico de Galicia.
O amigo invisible!!!
¿E os rasca da ONCE? jaja
Considérome entón agraciada tamén. Espero que toque algo, que se vexa! jaja Ou que se mire!! que din por aquí.. jeje
Demasiado soluble non ten incentivo... Ó meu neno gústalle que queden grumiños frotando no leite, como á súa nai. Claro que agora voltei o café mañaneiro...
Boeenoo, que sí, que argallar é un verbo ben bonito, da primeira conxugación, coma casi todos os verbos da creación... Que hai que ser creativos, para seren humanos case divinos.
Bicos á vista..
Non será unha argallada? Que argallar ten máis acepcións..
Non todo está nos libros, como ben dis, antes está en nós, sempre.
Gústame a túa maneira de argallar, e espero que esta cualidade que temos os humáns non no la quiten nunca,porque aí está o verdadeiro pracer, en buscar, mirar, remirar, indagar, planear, imaxinar, coller, quitar, facer... argallar un bó texto.
un biquiño.
Pd- grazas polo agasallo da lotería, será que o espírito da navidade xa anda argallando a voa vontade?
outro bico.
Pero pero pero ¿unha participación para todos nos? a re-par-tiiiir?
anos de fidelidade á lotería folk-antas para agora ter unha porcentaxe...
a ver, a ver, xa me botarás as contas de canto me pode tocar ainda que tocara o gordecho.
Claro que, ben mirado... é JRATIS
:D :D
Eu creo que a persoa invisible da foto é unha muller, ten o pé pequeno ;-)
e nada, por voltas que lle dou á foto ampliaándoa ao máximo, non lle consigo ver alambriños ningúns ao sombreiro e as gafas...
cal é a túa teoría?
A capacidade de argallar sen fin, pero tamén a incapacidade de estarmos conformes co que hai e como está. Afortunadamente, alguén unha vez achegou comida ao lume e desde aquela o mundo da gastronomía foi outro. E así imos viaxando polos séculos.
(vaia, eu sonlle de colacao)
Ti ves?, este e o xeito de argallar que a min mais me gosta: a que ten na sua finalidade algún proveito pra esta que son eu.
Xa me puseches nerviosa. Endexamais fun agraciada (a faciana téñoa ben e bonita) e xa va sendo hora..., non si?.
Bicos de pre-festas
Vaia argallada que se che ocorreu.
Sabes que che digo ?. Que ogallá nos toque.
A tua cabesiña non paaaaara hahahaha.
Debe ser coma a dese (ou desa) maniquí estática que tan ben ajeitada e acaida nos aportas.
Sigue lendo livros. Os que ti queiras, pero non deixes de escribir. Que nos justa. Saudos. Carlosm
Note: Tamto tem o da minha participaçom. Já sabes que eu tenho algunha na carteira
Muchas cosas las tenemos en la vida, pero en los libros es dónde está ordenado jajajajajajajja
Besicos
Certamente a cabeciña non nos para!
E debatendo sobre se será home ou muller o persoaxe da foto, eu teño que dicir que tamén me pareceu muller polo aceno que fixo cando lle botei unha moeda no bote, e tamén pola posición das pernas...; pero mentras algunha anda na busca do alambre que suxeita gafas e pucho, eu ando buscando onde raio tería (logo) as t-tiñas??
E sigue sin pararnos a cabeza! jajaja
¿Muller?, estes homes...
Si está ben clariño que é o home invisible.
Jajajajajajaja.
Non para un carallo a cabeza :D ahhaah
Leer é un dos grandes praceres da vida para min..E admiro moito a quenes son capaces de argallar fermosas historias que nos fan usar a imaxinación con tanto inxenio.
Biquiños!!
Para argallar o agasallo ao xeito convén tantear a argalla -tamén chamada argalleira-, que se agarra -sen garra pero con gana-, pola argolla -tamén chamada golla ou gollola-.
(mellor sen gorra, pero fan falta agallas)
Menos mal que argallando dei coa forma de non traballar para o 2011,como seguirá a crisi eiche de mandar unhos cantos comentarios e acórdate de pajar eh. Besiño na orella esquerda.
Mira que levo un bo anaco mirando a fotografia e... que non lle vexo nin pes nin cabeza, bueno, os pes si que os vexo, pero o da cabeza eu non sei, o que ai por dentro da chaqueta está moi ben "argallado" para dar o pego :)
Unha curiosa argallada :)
Biquiños
Chousaaaaaa, ese mimo lo he visto yo, pero noooooooo recuerdo en qué lugar.
En cuanto al libro de tu amigo, ojalá que venda mucho ¿escribe bien? y además ¿entretiene lo que dice? ambas cosas son importantes, por lo menos que su libro tenga una de las dos cosas.
un biquiño
Debo ser unha muller moi capacitada, porque argallar argallo dabondo. Outra cousa é que sexa capaz de plasmalo como corresponde.
-Tema foto: Penso que é muller, polas pernas (non a posición, que tamén, senón a forma). As tetiñas deben de estar debaixo da súa cabeza, que para nós é o seu peito
-Tema chocolate: Eu tamén era de Nesquik, precisamente porque o Colacao non é ben solubre, aínda que o de agora sí. Ademáis, o Nesquik ten mellor sabor ao tomalo a cucharadas.
-Tema lotería: Espero que sexa o número do gordo, por iso de que me toque alguén aínda que sexa o gordo
Chuuu, isto parecía un examen
Bicos ben argallados
Sen gorra seica (téñenme dito) é cousa de arroutados, aínda que mellor é...
Gústanme moito os bicos na orella esquerda, tanto coma na dereita!
Non resulta doado cachar o segredo da moza (eu aposto que é unha muller). Eu, que me acheguei a menos dun metro... non llo dei pillado; pero algún alame había.
Non sei onde puido ser observada esta "mima", eu fotografeina en Roma!
Xa imos con 24 que xogan á Lotería do folkAntas. Se toca no gordo son 75.000 eurazos a repartir
ostras!!!
non me fixara eu no da loteria
vale que comente toda a miña familia???
e os finados???
(a eses traios no autobus jajajaja)
Se é en Roma, o/a da foto será un de tantos descerebrados que votan polo Berlusconi, outro con moita capacidade de argallar. E é que no de argallar, à diferenza do de estrelar ovos, hai mil e unha maneiras (ou máis).
E mentras contabilizaba coláronse Alís, que é das miñas co Nesquik e pide que lle toque un gordo; e Sun Iou Miou, que considera posible votante de Berlusconi ó/á mim@ (unha boa razón para agochar a cabeza.
Pódense traer familia e achegados, sempre que teñan blog activo, Merce.
jajajaja non querido Chousa non :)
non ia ser tan parva como para repartir entre tantos, asi se me toca a min voume de vacacions eu soliña, ademais penso que na miña familia a unica tola que ten blog solo son eu ;)
biquiños e moita saude!!!
Un gordo ou un fraco, que non lle fago ascos a ningún mentres toque ben.
E falando de tocar, si saímos agraciados ¿mandas o premio ou hai que ir a recolle-lo aí?
Borges imaxinou o paraiso como unha biblioteca inmensa ou infinita. Poida que non andivera descamiñado, aínda que eu tamén podo imaxinar outros tipos de paraisos.
E que conste que eu son de Nesquik e que ti eres un argallante de carallo.
Argallar, argallar, argallar, argallar, argallar, argallar....moito me gusta este verbo, tanto polo que significa como por como soa, escoita: argallar, argallar, argallar, argallar, argallar, argallar, argallar....
Agora terei que argallar o xeito de enviarche este bico grande que teño para ti.
Sería un magnífico pretexto para vir a Antas, Alís (a ver se chega para a viaxe).
Dame o corpo que o paraíso que ti imaxinas seméllase moito ó meu, Raposo (como somos de Nesquik...)
Non deixes de conxugar, Conxurada. Argalla canto poidas, que esa intención non se debe perder.
Jajaja, pues ahora no pienso, sólo comento, y pregunto ¿por fín qué es? ¿chico o chica?
Es más cómodo el nesquik.
Suerte a Xosé Luis con el libro, me hubiese gustado escribir alguno, es la única cosa que me falta de las tres que dicen que hay que hacer en la vida.
Biquiños, Chousa.
Ben, os números seica xa están no bombo. Incluidos estes dous nos que -de tocar o primeiro premio nun deles e o segundo no outro- serían 100.000 euros a repartir entre os 29 comentaristas con blog identificado. Solo son 3.448,28 euriños para cada un (eu non entro no reparto, que xa teño algunha outra participación).
Esa cantidade hai que vir a Antas para cobrala; así que ide botando gasolina nas bicicletas para vir!
Saúde!
Bueno, teño que facer a maleta ou non? Mira que estou moi lonxe e si hai que ir a cobrar teño que sabelo con tempo...
Bicos cheos de saúde (que non falte)
Non me digades que non andivemos atinados!. Demos coas últimas cifras do primeiro e do segundo.
Pero estes de "Loterías del Estado" son uns tiquis-miquis e din que coa puntiña solo seica non vale...Tiña que avisar carallo!
Boeno, o conto é que ese número "feo" ten o reintegro; así que xa podedes vir a Antas para cobrar. Vou mercar unha boa tixeira para recortar o billetiño de 5 euros en 29 anacos para térvolo preparado.
Tamén estiven pensando en convidarvos co premio a unha boa mariscada, pero como non nos imos dar posto de acordo os 30 ía ser un cristo.
Outra idea (apúntanme xa algúns ludópatas recalcitrantes) é o de reinvestir o obtido na de Reis; é dicir: tirar a casa pola ventana coma sempre...
Como bó demócrata que son, xa verei como fago. O certo é que agora a Chousa ten 29 "accionistas". Iso sí, sen dereitos políticos!!!.
Continuaremos informando sobre o particular.
Ah, iso si: Saúde para tod@s, por favor!
pois mira ti, que eu non me dira nin conta de que compartías con nós lotería e aínda por riba tocounos... esto sí que é sorte.
polo que a mín respecta, o que ti faga ben feito está, confío en ti plenamente, téñote por un home de peso, e non che estou a chamar Gordo, non señas mal pensado, xa sabes o que quero decir.
Moitos biquiños e moitíííísimas gracias.
E.
Veño para deixar constancia de que os 29 comentaristas xogan 5 euriños no número 28723 para o sorteo do 6 de xaneiro de 2011.
Desta vai!
Publicar un comentario