Ninguén quere (falo de xente co xuizo san) voltar á situación de fai 35 anos; pero tamén é certo que, sabendo que as silveiras non ían dar figos nin brevas as toxeiras, tiñamos a esperanza de que as colleitas de amoras fosen abundantes e os alecríns tivesen mellores bríos, cando o único que percibimos son as aguzadas espiñas de silvas e toxos...
Neste tempo prosperou a nova raza dos políticos e as súas máquinas de poder: os partidos.
Axiña aprendemos que éstes poden fodernos de xeito recurrente e, por moito que pretendan facernos ver, os únicos que acadan o clímax son eles!.
Esta ninfomanía do poder partidario está abocando á sociedade a unha perigosa frixidez democrática que nos ubicará na pendente do desencanto abstencionista. E o mais jodido é que neste caso non hai autoestimulación posible, xa que a masturbación do voto en branco pode acabar por magnificar o orgasmo dos que menos desexabas...
Foto: Figos en novembro. En que partido se metería este raio de figueira?
32 comentarios:
Así de granada está a miña figueira neste mes de novembro. Nin unha folla, pero esta segunda tanda de figuiños tenme anonadado.
Por iso penso que a tivo que fichar algún partido político sen que eu o saiba. Indagarei e mantereivos informados. Poda que sexa a maneira que eu teña de acadar fama. Ser dono dunha figueira política ten que dar réditos mediáticos similares a casarse cun toureiro!. Figúrome eu...
Jajaja pareciame ben raro que Chousa non tocase o tema dos orgasmos das elecciósn catalanas. E fixéchelo con analisis sobre a politica e lembrando que fai 35 anos que morreu o dictador. Coseches tres temas con bastante xeito. Ti dis que es canteiro, pero eu ben sei que es un xastre de palabras jajaja
Bicos e saludos a figueira (vaste facer rico con ela)
jajajaja ela si que acadou un fantastico orgasmo ;)
bicos castos e puros :)
Pero, vanche tardar. "De figos a brevas" (é o refrán e fai referencia a que os figos que quedan na figueira no inverno, dan a primeira colleita de brevas na primavera. Si esa figueira da, como así parece, non é de ningún partido, que os dos partidos sempre piden, pero non dan).
(Estoy vendo na sexta a manifestación para pedir sanidade pública).
O mellor xa é unha alternativa libertaria, comunas llo carallo. a destrucción dos partidos como tal esta ao caer, volvemos ao feudalismo.
A verdade que o paralelismo que trazas é moi certo.
A xente de a pé "perde as gañas", verdade? e os acomodados de turno aproveitan...
Unha aperta, Chousa.
Antón.
Pois isto debe ser un andazo, porque á miña bevereira quédanlle catro follas máis ou menos, pero está chea de béveras e algunha delas aínda serven para comer, a pesar da choiva.
Se ficharon por un partido, mellor será que comungue coas miñas ideas e eu coas del, e nada de vídeos porno nin de xogos de guerra, ou non volvo falar con ela, e a ver como se arranxa para regarse no verán.
Bicos
E eses figos de novembro... probáchelos? poida que teñan o coiro duro.- eu non me fiaría desa figueira [figúrate!]
Xa sabes o que din, Chousa, que a democracia non consiste en elixir gobernos, se non en botalos.
Pero cando pensamos que o novo non vai ser mellor e cando o desencanto leva á indiferencia, ao escepticismo.
Moitas persoas ven nese escepticismo tamén unha maneira de expresarse. Unha protesta. Unha maneira de dicir: "ide tomar polo cú". E éo, eu tamén o penso. O que pasa é que se queremos ver un cambio, protestando coa indiferencia tampouco imos lograr moito. Non podemos esperar que os problemas se resolvan sós.
Dáme que vas comer ben poucos figos, Chousa! Antes de chegar á túa boca haos de comer a xeada.
Desconfía dos figos a destempo e dos que non votan cando hai moito en xogo.O voto en branco cómpre medilo moito e administralo (póñocho difícil)demasiado ben; do contrario, faslle un favor aos que menos che interesan.
Son moito máis favorable sempre á participación activa, facendo no canto de deixar de facer.
Que a figueira che bote moitos figos no seu tempo!
E ti cres que eses figos xa a finais de novembro madurarán? Polo Deza, os figos de outono, permanecen colaradiños e moradiños ata que chegan as xeadas ou as nevaradas de decembro e os fan caer. Nin os paxariños se deciden a picalos!
Ogallá que teñas máis sorte no ámbito político e maduren (ou prosperen) as negociacións partidistas coa túa querida figueira...A ver se somos capaces de recuperar a ilusión democrática!
A lembranza do que acomtecia antes do 20-N do ano 75 deberianos fortalecer na conviccion democrática.
Fizo vostede um malabarismo entre politica e sexo, tal e como parece que fan nas eleccions catalanas. Esta vostede moi o dia sempre. Espero que sigas facendo-nos disfrutar asim de bem.Saudos.Carlosm
35 anos despois pasamos da completa frixidez a ter o panorama coma o coño da Beranarda.
Nin máis nin menos. E por riba estamos quedando sen gañas e co cú demasiado exposto.
Bicos de 20 DEN.
A nosa, moito mais pequena, ten ainda figos tamén. Xa me dirás.
De outra banda, é ben difícil para min casar orgasmo con políticos. Non atopo xeito, nin que me aseguraras que con eles tería climax a reo.
Farei como fixen ata o de agora: nada de frixidez. Faltaría mais.
Bicos con figos.
Dan unhas ganas de volverse ameba e facerse asexual...
Bicos!
bah, finxen. Todas elas finxen, e eles tamén!Nós ao noso, a traballar na canteira que é como se saca o pais adiante!
Xa pasan de fodernos a violarnos.
Solución: castración !.E dámoslle unha figa !.
A túa creatividade non ten limites fíxate por onde te
levou a figueira e os seus
figuiños serodios.
Estou contigo de que estamos abocados aunha frixidez democrática.
Moitos bicos
Lagarto, lagarto, hacia atrás ni para coger impulso.
Déjame, por un momento, ser optimista ¿o ilusa?, a la fuerza tendrán que venir los que me hagan no pensar en la abstención o el voto en blanco, y deseo de todo corazón que sean zurdos.
¡Déjame soñar!
Biquiños, Chousa.
Umha interesantíssima reflexom, a que engadiria que levamos demasiado tempo chorando polos caminhos e que hora de activismo, organizaçom e construçom de alternativas à encrucilhada histórica a que estes orgasmos nos conduzem: "socialismo ou barbárie", e barbárie só se temos sorte e nom ficam aqui só cascudas que se alimentem da nosa porcaria.
é importante o desencanto que hai coa clase política..que ata o de agora so fixo rirse de nos e fodernos como ti dis, e nos contentos...Nisto hai una parte boa e outra mala...a boa é que hai un despertar da xente e xa non se comulga con rodas de miuño, como antes, a mala...que nos decatamos de que é pouco o que podemos facer poñamos como nos poñamos estamos seguiremos fodidos..
Necesitamos unha revolución social!!!!!!!!!!
Bicos!
Las próximas elecciones hay que votar a las putas, porque votar a los hijos no dió resultado!... ;-)
Un beso en blanco
Tes moita razón ...!!!
Expresado dun xeito ven creativo.
Un bico
"esta ninfomanía do poder partidario está abocando á sociedade a unha perigosa frixidez democrática..."
"...a masturbación do voto en branco pode acabar por magnificar o orgasmo dos que menos desexabas..."
Estás que te saes.
E tendo unha figueira que da figos sin follas, que vou engadir. Para cando un libro recopilatorio?
Bicos
Cando vin o título do post deume medo entrar a lelo, porque xa imaxinaba que non ía do que é obvio, e este tema é máis feo.
Temos que aprender dunha vez que a democracia non é só un dereito que temos, senón tamén un deber, un traballo noso. Para elexir, para esixir, para botar ós que non valen. Os políticos son os nosos empregados, pero aínda non nos decatamos. E, o que é pior, eles tampouco (cren que nós traballamos para eles).
Tamén é certo que a falta de alternativas desesperanza a calquera, pero hai que persistir ata que apareza algún que o faga ben.
Bicos
PD. Están bos eses figos?
E por que non puxeron a un home, en lugar de poñer a unha muller?
Isto chámase SEXISMO POLÍTICO, con maiúsculas.
Dá noxo!
O teu post, moi acertado, coma sempre.
Coma sempre, ironicamente case que se olvida unha do punto G ou do P, bueno, dos puntos destacados. Creativo, claro. Viva a revolución dos sentidos, sen papeletas en branco. Un saúdo
Considérmoe xente con xuizo san, así que me recoñezo por tanto, como unha perigosa fríxida democrática. Penso que é grave e non sei si se me pasará pronto. O orgasmo seméllaseme lexos e difícil de acadar. Esto é unha merda!, resumindo. Biquiños.
P.d.: Un texto magistral, polas palabras, pola gracia con que contas, por todo.
Olliño coa masturbación que, salvo que o Benedicto diga outra cousa, aínda é pecado!
Achéganse xeadas e incluso din que virá a neve. Mentras os figos invernais da miña figueira resisten engorromellándose canto poden, despois de quedar destapados sen as follas protectoras.
De xeito semellante debemos "engorromellar" as nosas ideas democráticas para que se salven da queima dos posibles desencantos. Xa o dixo aquel inglés do puro: Seguramente non é o mellor, pero sí que é o menos malo dos sistemas políticos.
Conclusión: é mellor masturbarse (politicamente falando) que unha abstinencia obstinada (e seguimos pensando en clave política). Todo elo, aínda que sexa pecado.
Sin que sexa políticamente falando, tamén é mellor masturbarse que unha abstinencia obstinada. Vamos, penso eu.
Acéptase a enmenda!
bueno, pois se ides falar de sexo, avisade, que veño!
Publicar un comentario