As estratexias do galope empezan cunha boa caldeirada de fariña e rematan por ter a besta ben ferrada.
A maiores diso hai que contemplar unha morea de variables. Que a albarda vaia ben firme, que as cabezadas sexan axeitadas, que o xinete non se pase coa espuela nin coa fusta...
Todo elo sen esquecer nunca que os outros cabalos non están no hipódromo co obxectivo de amolarnos a nos, senón coa intención de cruzar primeiros a meta.
Foto: Parada en boxes no Campo da Antas
34 comentarios:
Sempre tes a Fórmula axeitada....
¿ Imos ó trote???
Bicos galopantes.
E mira que polainas mais ben feitiñas...eu, con sela vaqueira, que non sei montar ben e así teño a onde me agarrar. E, amodo, sen fusta sequera (como moito, un sonido de rama na orella do Cuco, que é un cagarrán e pensa que vai moito vento)
Se che digo de certo, case me alegro que os do cavalino rampante se amolasen. Son uns prepotentes e veulles moi bem caer entre dous touros roxos. Tas en todo oes. Saudos. Carlosm
Mellor empezamos triscando para ir quentando os neumáticos Blogboreta...
A estratexia do vento, se funciona co Cuco, tamén é válida MariaJesusParadela
Os canteiros temos que ter amplos coñecementos. Alonso debería ter un no seu equipo Carlosm
Un foto moi fermosa, gustanme moito os cabalos, sobre todo velos cando andan sueltos polo monte, unha aperta
Ás veces, as cousas saen mal, a pesar do noso esmero nos preparativos, pero tampouco é a fin do mundo, haberá outras ocasións
Bicos
esta vez non lle collo a segunda ao post... según vexo polo que che di carlosm poderíaste referir ás carreiras de coches [eu non adoito ver ningún tipo de transmisión deortiva pola tele, ainda que estea aburrida e desanimada coma hoxe]
así que,
para non seguir ocupando o caixonciño dos comentarios con palabras baleiras,
aproveito para darche un agarimoso bico de boas noites.
Me encantan los caballos, y odio a los jinetes que se pasan con la espuela y con la fusta.
Biquiños, Chousa.
Ceibos polo monte tamén me gustan, sempre que non accedan ás estradas libremente Chus
Ou, simplemente, saíronlles mellor ós outros. En calquera caso, certamente, haberá máis ocasións Dilaida
Pois a segunda posición foi a que lle amolou ó asturiano hoxe o día Zeltia
Espuela e fusta so deberían ser parte do vestiario Irene
Os "deportes" de motor non os dou entendido. Pareceme unha chuminada e unha perda de cartos tremenda.
O cabalo da foto e fermoso e co pouco que se ve o cabaleiro tamen parece moi xeitoso.
Bicos
A pesar de todo, o piloto asturiano (seica lle saíu todo ao revés), sente satisfacción por ter intentado loitar polo título un ano máis. Ante todo, que non decaia o ánimo!!
Todas as estratexias empezan coa planificación dun obxectivo e coa escolma dos materiais axeitados e das accións adecuadas para executalas. O único que hai que ir facendo logo é actuar e ir avaliando a actución, segundo o obxectivo estea máis lonxe ou máis cerca de ser acadado.
Claro que nisto do galope non che sei. Nunca tiven un cabalo, pero non ha de ser moi diferente a calaquera cousa das que se emprendan na vida, pois esta non deixa de ser unha carreira, ás veces non moi limpa, para acadar o éxito. E da limpeza da carreira claro que non teñen culpa os cabalos.
¿Cóntoche do meu pai?.
Non tiña hipódromo pero viaxaba ¿as carreiras? d´O Carballiño a sua casa, preto de Lalín, a cabalo. E, tamén ferraba. E fixo o servicio militar por cabalería...
E era un dos homes mais intelixentes que coñecín.
As lembranzas hoxe...
Bicos.
O seu encargo queda feito, roubeille unha foto para ilustrar. (agardo que lle guste)
Nin che se ocurra pensar que foi cousa dos trasnos (nin das fadas siquera). Foi que elexiron a estratexia equivocada, a albarda menos indicada e penso que picaron espuelas cando non debian.
O cabalo moi bonito. O xinete non se ve ben.
Biquiños
Pois a min pásame como a Zeltia, que non collín a mensaxe do post e só intuín algo polos comentarios. E como cando pensei en galopar fóiseme a cabeza por outros percorridos, mellor quedo caladiña.
Bicos a-ferrados.
O mundo está tan cheo de chuminadiñas que unha máis xa case non importa A.C.
Unha lectura altamente positiva dunha situación que non o é. Comparto ese óptica Harmonía
Efectivamente os cabalos son case sempre limpos correndo, pacendo e relinchando Nena do Paraugas
Alédame que, aínda sen pretendelo, che fixera lembrar ó cabaleiro Fonsilleda
E como non me vai gustar, se ata o teclado se me derrete debaixo dos dedos, Conxurada!
A próxima vez mudarei a perspectiva e sacarei a juapura do xinete Trasno
A saber en que galopes te me foches ti coa idea..., boeno o importante é incitar Alís
Unha bóa leción que ben pode servir para aplicarse a calquera actividade da vida, digo eu. Véuseme á testa a carreira de onte de Alonso. As variables, sempre son infinitas, incluído o factor sorte.
Biquiños.
Eres increíble xogando co 'alfabeto'.
Oxalá escribas para agrandar o espacio dos que te lean.
Mellor así Chousa, que interesarse primeiro por as 'formas' dunha factura, cando primeiro nos deberíamos preocupar en leer contos para todos os nenos, no idioma que sexa.
Espero que non o tomes a mal.
Eu son a primeira que non lles lee contos a eses nenos.
Un bico e boas noites, por favor.
Píllalas voando e con moito xeito e donaire. Así da gusto Aldabra
Eu leo na miña lingua. E gústame que me lean (o que teño que pagar) tamén nela Martin Angelair
O que teño que pagar...
...cómo pagan eses nenos Chousa?
Insisto, por favor, que non o tomes a mal.
Parécesme unha boa persona 'que sabe pagar nesta vida'.
Un bico de corazón.
B.N.
Non entro en polémicas que contrapoñan a fame do mundo contra a lingua galega. Non ten sentido, Martin Angelair.
Eu tamén envío bicos de corazón. En galego, por suposto.
Vale,...:)
B.
Creo que son raro que non me gustan as carreiras nin de coches nin de cabalos ( curioso,non ?; non son carreiras de pilotos nin de xenetes ).
Non hai que ir de prepotente
porque sempre pode haber
quen empregue mellores
estratexias e teña mellor
cabalo para saborea-las
meles do triunfo.
Bicos e apertas
Por moi preparado que teñas algo sempre pode fallar algún detalle.
Adoro os cabalos, son uns animais ben fermoso. Este cabaleiro non ten mala pinta e a foto é fermosa.
Todo me piace.
Bicos!
Pamplinas Chousa, para un bo galope o que fai falla é ganas de galopar. O demais non son mais que superfluos adobíos.
Agora lin que a cousa vai de coches, bueno, pois sigo nas miñas, para galopar ben, convén ter ganas.
Bicos (con lingua) gelega.
Levas moita razón no senso de que nas carreiras que comentas non son nin os xinetes nin os pilotos os que corren Paideleo
Quilicuá Marisa
Sobre todo hai que contar sempre coas estratexias dos outros competidores Bolboreteira
Teño a completa seguridade de que tés todiña a razón no que dis; pero convirás comigo que algúns adobíos tamén fan o galope incluso máis "veloz", Susana Moo
Direille que non montei nunca outro cabalo que os de madeira do carrusel do sanfroilán.
Por contra, montei en burro e en dromedario.
Iso si, sempre a trote piano piano.
Pufff, se eu lle contase o que me queda por montar...Kaplan
Si de galope se fala, uns consellos de Jhon Wayne non virían mal!
Nunca andiven dacabalo, sí en burra desde que era moi pequecho que meu avó tiña unha (coma todas supoño) que comía papeis, plásticos, etc. Moitos paseos dei nela.
Máis como vostede dí, aínda nos queda moito moito por montar :DDD
Unha aperta
E seguro que nos ilustrarían moi axeitadamente, aínda que as caballerías de hoxe xa non son o qu eeran Raposo
Pois dar o paso da burra ó cabalo ten o seu intríngulis; de xeito que mellor dalo con seguridade Raíz Verde
Publicar un comentario