sábado, 6 de novembro de 2010

Evento

Unha escolta de trinta mil formigas en terra e cincoenta enxamios controlando as alturas.
Alumean o camiño, amenizado por trece corais de grilos, cen ducias de vermes carpinteiros. O chan  branco está engalanado polas ás de oito mil bolboretas e salpicado de xoaniñas costureiras.
Elixires de dous millóns de follas recén caidas e musgo mollado embriagando o ar. Todo está quedo, silente, preparado para o evento: vai falar o saltón debaixo da sombrilla dun sapo.

Foto: Outono engalanado.

31 comentarios:

Deambulando con Artabria dixo...

Non sei por qué, pero estaba convencida de que non perderías oportunidade de falar do evento, jejeje. Qué tal vao o outono polo centro xeográfico de Galicia?

dENi dixo...

No entiendo ni jota, pero la foto me ha gustado mucho y el blog en general tambien. Una pena que no publiqués en español.

Unknown dixo...

Supoño que falas do evento papal, non? Biquiños

paideleo dixo...

Boa alegoría do macroevento.
Ceos, que mágoa me deu compartir magosto e loaira cuns amigos hoxe !.

A.C. dixo...

Jajajaja miña mai tamen lles chama "sombrillas dos sapos" as setas. Fixechesme rir con esta historia de BICHOS.
BICOS

MartinAngelair dixo...

Salpicado de vida.




Muy bonito.





Bicos.
B.N.C.Ch.

Anónimo dixo...

Ten cuidado con las setas, Chousa. Algunas son altamente tóxicas jajaja

Parece que la visita del Sumo Pontífice te impactó, que le has dedicado dos entradas. Personalmente me ha gustado un pelín mas esta (aunque lo de pastor alemán estuvo muy divertido).
Un beso
E.

Paz Zeltia dixo...

Non sei se sería éste o post que máis me gustou de todos cantos tes, tanto pola foto coma polo texto [bueno, igual me estou pasando]

fonsilleda dixo...

E logo de que evento falas?. Porque as follas aínda que non fan ruido o caer si que o fan se as pisas. E, silente?, quedo? onde foi tal?
Chousiña, estás a te trabucar.
Ainda que ben me gustaría ver un sapo que o falar xuntara corais de grilos, os vermes a ducias, as bolboretas de todo o orbe, xunto as xoaniñas...
!O maxín ao poder!..., e ti dende logo.
O evento xa foi e todos con el
Bicos

Chus dixo...

En un atardecer de otoño, se levanta el telón y suena la música y cual conejillos ebrios , entran saltando y se acurrucan sobre el mojado y putrefacto follaje, y a lo lejos y en las alturas contemplan a los insensibles leones sentados en sus tronos de suaves y mullidas hojas hojas. Y son felices porque hoy no les servirán de aperitivo, pues ya se ha pagado la bula, los gordos seguirán llenándose la panza y los flacos muriéndose de hambre, ciertamente ¿ a quien le preocupa que vivamos en un país para pobres?

Blogboreta dixo...

Haite moito becho PaPanatas...

Bicos acogumelados :*

Trasno dixo...

Chousaaaaaaaaaaa, esa seta é á miña casaaaa.
Como me mola que atopases o meu zerrotiño e o saques en imaxes para o mundo enteiro. Joer Chousa, pareces a TVG jajaja
Bico desde a cima da sombrilla do sapo!

Harmonía dixo...

E o saltón ía vestido de branco... para tal evento...
Que bonita a foto!!!

Desde a gaiola dixo...

Non sei se son imaxinacións miñas, contaminada polas persistentes novas de "ilustres visitantes" a estas terras, ou é que realmente o que leo é un paralelismo entre as sutilezas que o outono nos regala e esa viaxe dun tal "ilustre visitante" (depende de para quen), co desplegue fastuoso e gasto sen taxa para que o tal se sentise acomodado na agreste natureza galega.
Non sei. As cousas non sempre son o que semellan ser e por iso pregunto, aínda que coñecendo a túa retranca...
O do sapo quedouche redondo, oes!

Biquiños.

Pilar dixo...

Hola Cousa :)

Te devuelvo la visita y aprovecho para hacerte una pregunta. Eres aficionada a la micología? Porque me hace falta asesoramiento :)

Merce dixo...

jajajaja inxenioso, moi inxenioso... ;)

Teñoche un amigo que o quere canonizar :)

biquiños

susana moo dixo...

waw, qué velenoso andas!
Trabúcome ou esa da foto é unha amanita muscaria? Toxicidade a tope! Pero qué bonita é, e a foto de hoxe encántame, imaxínote polo monte á caza da mellor imaxe para regalárnola. Grazas, qué ganas de pasear polo otoñal monte de Antas.

Kim Basinguer dixo...

Jajajaja ¿Non será unha amanita muscaria?

auga nos labios dixo...

Moi ben, exelente poética. Top 10.

Carlosm dixo...

E o saltom deu um brimco e foise para Catalunya. Ficamos igoal ca estavamos. Saudos.Carlosm

Chousa da Alcandra dixo...

Coidado!
Que non todo é para comer, raio. Algunhas cousiñas son para disfrutar con outros sentidos!!

Dilaida dixo...

E como falou... e disfrutou... o saltón.
Bicos

Anónimo dixo...

E chegou o Chousa e mandou parar :D

mariajesusparadela dixo...

A seta é, efecticamente unha "amanita muscaria" e eu quedei moi muscariada...había algo, non sei onde que dicía: "habló el buey y dijo mu".
¿e , quén nos devolve os cartos?

Bolboreteira dixo...

Moi boa forma de falar do dichoso evento de marras..
Un bico grande!

Alís dixo...

Pois como de tan lonxe non me afectou para nada a visita do Pontífice a España, vou pasa-la por alto e interpretar o teu texto como quero: como a gran festa do outono, sin máis sentidos, porque xa non son poucos.
Por certo, precioso o texto. A foto tamén.

Bicos primaverais e lonxanos

mariola dixo...

Nn sei de que evento falas, aínda que o supoño polos comentarios, pero a mín non me fai falta sabelo, porque a beleza do texto chégame moita máis así, é realmente bonito, sabes mirar moi ben a natureza, neste texto nótase moita sensibilidade, noraboa.
A fotografía moi boa, por suposto.
Por certo, ales son a xoaiñas costureiras? bicos.

matrioska_verde dixo...

Encántame este texto que mais ben semella un contiño de nenos, tamén para maiores. Disfruto coa imaxe de tantos animais desfilando cara o evento que para mín non é outro que a chegada dese novo cogumelo.

(Este é o meu comentario inicial e agora que leo os comentarios dos mais dígome: "pero que parviña que eres muller" pero asumo a miña cortedade para según que cousas porque eu non son nada retorcida nin de moita retranca así que non me dín de conta do que de verdade falaba o texto, non me da vergoña recoñecelo... deixote que te rías de mín pero só un pouco.

Biquiños,

irene dixo...

A mí lo que realmente me gusta es el otoño, y esa foto tuya que es muy bonita, de los insectos y demás, paso bastante.
Bicos, Chousa.

Filoxera dixo...

Lindo: texto e imagem.
Beijos.

xenevra dixo...

E sumados as formigas, o senxamios, as corais, os vermes, as bolboretas, as follas... en canto saíu o conto??