Algunha vez xa me teño posto colorado por ter que tragar algún marrón. Fiquei branco como a cera por algunha noticia mala ou sorprendente. E deixarme negro determinadas situacións.
Tamén debo recoñecer que houbo ocasións nas que me puxen morado e quedei coma unha rosa...
Supoño que non fai falla que manifeste a miña galeguidade lembrando que a bandeira que ondea no mástil dos meus sentimentos leva unha diagonal azul.
Supoño que non fai falla que manifeste a miña galeguidade lembrando que a bandeira que ondea no mástil dos meus sentimentos leva unha diagonal azul.
Recoñecendo que entre o branco e o negro hai unha variada escala de grises, vou concluir por definirme como policromático.
Foto: Van de verde (e non son holandeses!)
39 comentarios:
O pé de foto é certo, xa que falei con eles e un dixo que era de Boimorto e o outro tiña acento de Cangas.
Pois eu, Chousa, cada vez que te leo, póñome verde de envexa.(O blanco da miña pureza, onde il vai)
Bueno, más que polícromo, lo que pareces es un camaleón que se mimetiza en el entorno cambiando de color con el mismo:)))
Lo bueno es que tu sentido del humor sigue intacto, a pesar de "tanto cambio":)))
Besos y bicos
Pois eu lembreime das pelis en branco e negro... mira tí...
Que sempre que penso no pasado, no pasado máis lonxano, de antes de nacer eu... imaxínoo así, en blanco e negro, como nas fotos antigas e as pelis.
Pero tamén teñen un tinte especial, technicolor, aquelas primeiras pelis policromáticas...
Bicos, con presa, que me chora a nena!!!
Xa, somos un arco da vella,cada momento ten a súa cor. Non falaste do verde da envexa,o vermello paixon,o amarelo da fame e non sigo que hai dabondo!
O verde ese da foto non me gusta nadiña, home, falo dos monigotes que están no coche.
Eh, va mellorando o meu galego, non digas que non!
Bicos
¡¡¡ O arco da vella é meu!!!! :p
pd. Xa que non te vexo pola nosa esquiña, dicirche que coma vidente non vales nadiña. Os comments da miña páxina van coma os cangarexos, patrás" xDDDDDDD
Bicos irisados.
Resígnese e pague: estas cousas pasan e ninguén vai pensar que vde é un tolo da estrada ou un mal condutor; eu mesmo xa teño no blogue unha etiqueta adicada ás multas.
jajaja esta vez voume prodigar en eloxios eu tamén, si, si, non te quedes a cuadros!
[e non te afagas],
estou amarilla de envidia
:)
e, ainda fodendome contribuir a expandir as túas plumas [de cores] de pavo real,
:P
teño que admitir que estás que te sales de ocurrente... encantoume o da garda civil [que bucólicos, aí no prado... que raio facían aí agochados? ...mmmmm... que sospeitoso -miraches se "a parella de gardas" eran ademáis home e muller?-]
Xa sabía eu que non tiñas nada de home gris. Por que ti es un arco do trono andante ( e viaxeiro en autobús )!.
Ten cuidado co eses homes anque neste caso semella que están vixiando os coellos que non corran muito.
Por aquí hai muitos de verde que vixían que non rouben nos bares.
Jajajajajaja. Eres bo, fasme rir sempre e eu que son agradecida por demais, pos iso, que cho agradezo.
Eses verdes está claro que non son holandeses, ainda que agoro, no outono e posible que algún deles mude de cor.
Como che pasa a ti que ficas branco, morado ou rubio, dependendo.
Os verdes da foto, si trocan, será culpa do outono, porque as bandeiras...
Biquiños, hoxe azuis
Van de verde, e non son caimáns!
Andan de camuflaxe, seica :)
Bico daltónico!
MariaJesusParadela: Se sei que ía evocar a pureza, igual escribo con máis dureza! :-). (Que saibas que me mola a túa sonrisa)
Ginebra: Pensei en titular o post como cama-león; pero pensei que sería tachado de verderolo; de xeito que retomei a idea e aínda así non escapei da "queima"...
Pitima: Eu pensei que se non falo do verde botaríasmo en cara ti!; así que reserveino para o final. (Cóidame da afilladiña, pordiossss)
Ana: Gústame ver que xa sabes empregar o galego para utilizar substantivos axeitados para verdes camuflados. Progresas axeitadamente; sigue co entrenamento, por favor!
Blogboreta: Ti sí que eres vidente: tiña previsto falar do arco da vella neste post!!!.
Kaplan: Cacháchesme, igualiño queme cacharon eles.
O deles amáñase con cartos; pero a perda do creto blogueiro...non sei eu como a vou reparar :-). Pensarei en abrir unha etiqueta baixo ese epígrafe.
Zeltia: Falei con eles (sin que souperan da foto previa), e a que tiña acento de Cangas era sumamente femenina!. Non me atrevín a preguntar que facían alí. A miña curiosidade unicamente é superada polo meu recato...
Paideleo: Pois fixéchesme lembrar aquela viaxe (magnífica) en autobús.
Vaia trote que vos destes co Leo pequerrecho subindo polo sobeiral!.
Fonsilleda: Agradezo o teu agradecemento. Saberte rindo cando viches a miña confesión policromática...faime volver rir outra vez. Debe ser vírico esto da risa!
A do outro lado da xanela: Van ser can-codrilos.
-Camuflaxe era outro dos títulos previstos para o post. Cachádesmos todos!-
Sempre están onde menos se espera. Igual só estaban a pasar unha tarde idílica no campo.
Bicos
Por isso se camuflam tão bem estes holandeses, já a min mo parecia...
Um saúdo!
OOOH! Canto colorido! Consegiches "pintar" o texto con harmonía de cores... hahaha!
Non é por levarlle a contraria a Zeltia, pero pareceríame máis bucólica a paisaxe sen ese coche, a pesar de que vai camuflado de verde.
e cando os de verde te paran caseque te pos de mil cores jejejeje
biquiños multicolor ;)
Irán de verde, pero yo creo que están negros y que en ocasiones, se ponen morados.
ES verdad que utilizamos mucho los colores para definir situaciones o estados de ánimo, mira por donde me lo has hecho ver, no había caídooooooooo, plas, esnafrada, ahora ya caí.
biquiños e bo finde
Moi colorista te vejo, mais já via eu que faltaba o verde que non podía faltar numa boa narraçom descritiva de Chousa. E iso de que Van de Verde sen serem holandeses estuvo moi ocurrente. Saudos. Carlosm
Dilaida: Incluso poderíamos dicir que -en ocasións- están onde menos deberían...Pola tarde era, no campo estaban; pero dame o corpo que máis que idílica, a intención era escaqueadora :-)
Raiz Verde: E tan camufladiños que estaban, que de non ser pola emisora que laiou un nonseiqué, nin tan siquera me decataría da súa presencia. Verdade que vistos así, estarricados, semellan inofensivos?
Aura: Así, coma quen non quere a cousa, plaxieiche íntegro o nome do teu blog. Espero que non nos vexamos no Xulgado!. E si, a imaxe era moitísimo máis bucólica sin a patrulla que aquela tardiña estaba agochada en Antas de Ulla!
Merce: Cando te paran mesmo semella que, ademais de darlle o alto ó coche, tamén llo dan ó corazón. Está demostrado que son moi nocivos para a carteira; pero empezo a pensar que tamén van ser un perigo cardíaco jaja
Isabel: Boeno, si, ultimamente todo o funcionariado andades algo descoloridos; pero tede calma que é por unha boa causa (seica).
[Doulle saúdos de benvida a Isabel, mentras envío un bico para Frabisa]
Carlosm: Home de pouca fe!; como ía esquecer eu o verde?.
A quen se lle ocurre imaxinar a Chousa sin a súa cor principal...
Son un pouco vermella como a sangue que me mantén con vida, outro pouco púrpura, como as digitalis, e un pouco branca, como a nubes, como o algodón, como a pel da miña filla.
Biquiños de todos as cores,
Ti es policromático. Está á vista.
Eles (e elas, no seu caso) van de verde variado, pero agóchanse tralo verde e o branco, cun matiz azul escintilante (cando queren que pares, por algo). Capa de tres cores con tricornio negro de charol.
Si, o branco e o azul son os máis limpos!
En fin... case debía definirme tricor: negro, branco e gris, se non fose que a miña enseña tamén leva banda azul e fascínanme o verde e o amarelo dalgunhas rosas!
Que indefinición! Serei tamén polícroma?
Bicos irisados.
Hai que recoñecer que bonitos se lles miraba ahí agochados, outra cousa son as intencións.
Eu eu pregunto: despois da multa, lles pediches se lles podías tirar unha foto ou foi sen eles saberen?
Ver el mundo de color rosa.
Se pone verde de envidia.
El que de amarillo se viste, en su hermosura confía.
Fruta que madura verde, se pone amarga y se pierde.
Cuando el sol se pone rojo, es que tiene agua en el ojo.
El que quiera azul celeste, que se acueste.
La naranja por la mañana es oro, por la tarde plata y por la noche veneno que mata.
un beso celeste
Jajajaja por unha vez cacháchelos ti a eles.
O pe de foto non ten desperdicio jajaja. Bicos de colores.
Aldabra: Véxote vermella e tamén branca. Non me resulta complicado imaxinarte así de policromática; pero -carallo!- o de púrpura...seica eres membra da Conferencia Espiscopal?? jajaja
Nena do Paraugas: Claro que tamén eres polícroma, por máis que queiras xogar cos grises entre o branco e o negro. Como ías renunciar ó azul da bandeira ou ó verde da terra nosa?
Susana Moo: Si, tés razón; míraselles inofensivos mentras sonecan debaixo dunha sombra. Igualiño que os leóns antes do ataque. Despois amosan os dentes e dun zarpazo arríncanche a pel para que che dean puntos...; ou era ó reves...?
(Eu non lles pedín permiso para fotografialos, xa que eles tampouco mo pediron para foderme!. Quid pro quo)
Lucrecia Borgia: Tés razónnnn. Deitado pode verse o azul celeste; pero haberá que que agardar a que pase esta borrasca de friaxe.
O da laranxa é un refrán internacional. Miña nai sempre mo lembraba!
A.C.: Nunca te fíes dunha imaxe inmóbil. Nestes casos nunca se sabe quen é o predado nin o predador.
O pé de foto é bo, si; pero se viras o "pé de multa" que escribiu o picoleto...Eu seica tiven unha falta, pero el cometeu dúas!!! (de ortografía)
Espero que cuando pasen muchos, muchos, muchos, muchos años, no termines siendo un viejo verde, jajajaja, perdón, perdón, es broma, se me ocurrió siguiendo con el cromatismo, pero veo que eso está cubierto, ya tienes tu arbolito verde en un paisaje verde.
Moitos biquiños, Chousa.
Vexo que eres home de
moitas cores aínda que,
coma mín, ondea no corazón
unha banda azul.
Supoño que cando lle botaches o ollo a eses dous de verde
camuflados entre os ramallos,
víchelo bastante negro.
¿Apostaranse ahí para pedirlle o carnet de conducir a Amarela?
:)
Apertas ecolóxicas.
Penso que todos somos policromáticos, as nosas vidas están cheas de cores.Non teño ningunha en particular, ou sí, as brancas como as calas brancas, as azuis como as hortensias, o vermello apaixoado, a amarelo cándido, a dozura rosa dun recén,
o espazo violeta da miña inspiración...
bicos verdes.
Irene: Ser un vello verde é unha posibilidade que hoxe, como son un pipioliño, semella rexeitable; pero cando pasen moitos, moitos, moitos anos...igual me mola e todo! :-)
Marisa: Apostados estaban eles, e mira ti que ben estaban que nin se decataron do "click" da miña cámara. E que todo quisque ten un momento "en branco" jajaja
Mariola: Eu tamén o penso, pero hai veces nas que o monocromo parece que impera arredor e compre ter as lentes necesarias para ver toda a variedade cromática que pulula por todas partes.
(Gústame esa inspiración violeta túa).
Eu téñome posto morada, pero recoñezo que cada vez menos.
E colorada aínda me poño, máis do que quixera, pero vou aprendendo a pasar.
Bicos
Pero que raio fai a parella de tráfico no medio do mato? Camuflarse no verde? Espero que polo menos non deixasen os panos de papel ciscados e as "camisetas".
Entre os de verde de agora, os grises doutros tempos, os camisas azuis da falange, e as sotanas negras, non sei con que cor quedarme.
jajaajaaj! Pois se nos poñemos así..eu tamén son policromática e orgullosa delo.
Un bico!
Unha foto de premio esta hai que gardala moi ben para sacarlle as cores a eles que sempre din que non fan iso pero... ben pensado e agora que me dou conta... ¡claro! Camúflanse porque están de caza e coas presas hai que ser astuto.
Un abrazo amigo. Avoa Cris
Chousa estou pasando un bo intre lendo todas as túas últimas entradas, divertida a de San Pedro dando explicacións á señora tes un repertorio moi ameno, pero a de (Evento, do 6 de Novembro Outono engalanado) é maxistral paréceme, é para min a referencia ao outono máis bonita que lin na miña vida, danme ganas de roubar todas as túas palabras ¡felicidades!
Un abrazo. Avoa Cris
Alís: Seica empeza o tempo de incrementar a calidade do morado para mermar a cantidade cromática?. Boeno... aínda cos demos!
Sun Iou Miou: Estaban mimetizándose coa paisaxe. Iso asegúrocho. Pero hai que verlle o lado positivo: mentras estiveron alí, non fixeron mal a ninguén...
Raposo: Certamente, tamén hai unha cor para as etapas históricas. Quen me ía dicir que eu corrín diante dos grises para poñerme morado ó carón dunha rubia...(poñamos por caso)
Bolboreteira: E así hai que se poñer. I eso que estes días témolo todo branco de neve!!!!
abueloscrisytoño: Alédame moito que disfrutedes no circo da Chousa. Cando me dis que vos rides, venme un sorriso ós meus ollos.
---
E entre a neve e mailo mes do Nadal que xa chega, ímonos arrincar outa folla ó 2010 Xacobeo que nos fuxe das mans.
Deixarémolo ir, que prometeu moito e trouxo abondo...
Con todo, non deixaremos de saborer o turrón que nos agarda.
Ui, o tempo de primar a calidade frente a cantidade comezou hai moito. Non sei si tiven sorte ou non, pero a esa conclusión cheguei bastante pronto. Sigo pensando así, aínda que si pudera ser das dúas cousas...
Ai, non me tires da lengua.
Falando así de ben...a ver a quen non lle apetece tirarche un pouquiño por ela... ;-)
E não o somos todos?
Beijos.
Publicar un comentario