martes, 9 de novembro de 2010

Ciberactúa


ProLingua, plataforma pola defensa e promoción da lingua galega, comeza unha campaña, baixo o epígrafe de ProLingua Ciberactúa. A cousa consiste no envío masivo de cartas ou mails a institucións ou empresas que discriminan claramente o galego. Neste caso comezaremos por Gas Natural que, sendo unha empresa que absorbeu á galega FENOSA, ofrece a súa web en castelán, catalán e inglés, pero non en galego.
Envía cartas ou mails ou ben chámaos por teléfono esixindo que a lingua galega tamén sexa idioma de interlocución entre a empresa e os seus clientes galegos.
  • Formas de contacto con GAS NATURAL FENOSA:
Enderezo postal: Gas Natural SDG, S.A., 2008
Plaça del Gas, 1   08003 Barcelona

Páxina web de atención ao cliente en liña

 
Enderezo electrónico gasNatural

 
Moitas grazas pola túa actuación a prol da nosa lingua!

28 comentarios:

Anónimo dixo...

A demostración palpable de que o capital non ten nacionalidade. Mesmo o capital "galego" nunca foi tal.

la cocina de frabisa dixo...

Ahhh, mira, gracias por la información, no había caído en ello.

Claro que voy a escribir, faltaría más, aquí o jugamos todos o rompemos la baraja, tonterías las justas.

biquiños e bo día

Alís dixo...

Si a páxina só estivera en castelán, ata podería parecerme normal. Pero si tamén está en catalán e en inglés, paréceme ofensivo este "olvido".
Está claro, o que non chora, non mama. Pero xa cansa ter que andar detrás deles.
Apoio a campaña, claro.

Bicos, sempre en galego

fonsilleda dixo...

Na web non fun quen de chegar de calquer xeito a unha protesta. Voy enviare mail.
Bicos.

A nena do paraugas dixo...

Era visto. España remata na Canda e en Pedrafita. Pero só para o que convén.
E logo que nos veñan vendendo que coa visita do Papa Galiza está no mundo! Estar está, pero para iso, para o que convén.

Bicos. En galego, de novo e sempre.

Raposo dixo...

Pois alá vou, reinvindicar a nosa lingua e poñerlles as peras a cuarto.
Apertas.

Chousa da Alcandra dixo...

O primeiro dos links (Páxina web de atención ao cliente) so permite o envío de correos-e previo rexistro como usuario e sendo cliente da empresa.
Non virá mal esa xestión por esa vía; pero no caso de non clientes ou non querendo pasar o tempo co rexistro, mellor empregar o segundo enlace (Enderezo electrónico).

Graciñas por participar.

mariajesusparadela dixo...

Alá vou

Eastriver dixo...

Estoy con vosotros totalmente. Es uan vergüenza. Os hablo en castellano, porque no sé gallego, pero mi respeto por vuestra lengua es absoluto. Y comparto también vuestra necesidad de lucha.

Aquí en Catalunya tenemos la amenaza constante. En Galicia la amenaza se ha convertido en triste realidad. Sacudiros el yugo y acordaros de Llach: "Si estirem tots, l'estaca caurà, i molt de temps no pot durar, segur que tomba, toma, tomba, i us podreu alliberar". Es mi deseo.

Anónimo dixo...

Vou alá

Paz Zeltia dixo...

Mira, coa manía que lles teño, faría calquera cousa que me desafogara da impotencia que me producen -hai pouco tiven un altercado por teléfono no que rematei chorando de rabia e de impotencia-
pero sendo pola razón que é, non dubides que o farei encantada!

mira tí que afeitos estamos, que a min nin me chocaba

fonsilleda dixo...

De todos os xeitos, esta noite eu vin na televisión un anuncio en galego.
¿Será verdade que teñen oídos?
Se non lembro mal era Julia Otero a que falaba.

Anónimo dixo...

Xa teñan outro correíño. Todo suma !!

Apertas.

irene dixo...

Me parece muy bien, si está en catalán, ¿por qué no en gallego?, a mí me encanta el gallego y hacéis muy bien en reivindicar todos vuestros derechos, igual sólo ha sido un olvido así que intentaré enviarles un mail para recordárselo.
Moitos biquiños, Chousa.

paideleo dixo...

E non miraches o anuncio ?.
http://bretemas.blogaliza.org/2010/10/27/gas-natural-fenosa-fala-catala-e-castelan-agalegado/

Lucrecia Borgia dixo...

El idioma galego está ligado con el portugués, con el que formó una unidad lingüística (galaicoportugués) durante la Edad Media. Es una variedad diatópica del diasistema lingüístico gallego-luso-africano-brasileño.
Se habla en Galicia y en dos provincias portuguesas.
Por eso se habrá confundido la empresa Gas Natural Fenosa...

un beso

Harmonía dixo...

Xa que nos cobran dabondo, polo menos, que nos atendan en galego. Estou de acordo.

Bolboreteira dixo...

Poreime con elo...a ver se saco un hoquiño!
Paréceme unha boa iniciativa.
Bicos!!!

Marisa dixo...

Tamén eu poñerei o meu gran de area en pro da nosa Lingua.

Biquiños

Maribel-bel dixo...

Espero ter sorte, porque a informática tenme manía. Un bico

Ginebra dixo...

Me gusta la gente combativa. Veo justa esta campaña, lástima que no sepa galego para apoyarla:)))
Suerteeee. Besos

Carlosm dixo...

Nom tenhen vergonha.
Vou protestar e darei continuidade entre os meus contactos deste agravio.Saudos.Carlosm

Chousa da Alcandra dixo...

Agradecería que me fixérades saber se recibistes algún tipo de resposta de gasNatural á vosa ciberprotesta.
Podedes facelo aquí, nun comentario, ou ben á caixa de correo que hai no blog.

A accción non rematou.

xenevra dixo...

Anotado. Informarei dos resultados ;)

A.C. dixo...

Ahora mismo vou a protestar por este agravio e xa che direi se me contestan por alguna das vias que dis.
Pareceme moi boa iniciativa. E moi necesaria, que parce que moitas empresas arrinconan o galego, pero tamen moitas veces e debido a que galegos e galegas nos deixamos arrinconar.
Bicos

susana moo dixo...

Tes toda a razón de protestar, e xa postos a criticar empresas, vou aproveitar o tono deste post para desafogarme eu con El Corte Inglés ¿fixáchedesvos que sempre atenden unha cuadrilla de mulleres, e cando ten que vir o encargado sempre é un home? Cantosísimo. Xa alí falar galego tampouco nunca oín, pero claro, como son ingleses ...

Mer dixo...

Boa idea, alá vou enviar xa a miña protesta-suxerencia.

Saudiños.

Chousa da Alcandra dixo...

Obrigado pola axuda e tamén polas respostas recibidas. Pero a batalla sigue en pé. Non o esquezades.