domingo, 17 de outubro de 2010

Perspicacia

Tendemos a pensar que existe unha única perspectiva para visualizar as situacións. Esas ideas preconcebidas inciden no xeito en que percibimos a realidade, autolimitándonos en sucesivas progresións xeométricas canto mais imos profundizando na materia da que se trate.
Tales prexuizos acaban por reducir a capacidade de análise; limitando así as conclusións ás que podíamos ter chegado.
Por iso deberíamos ter máis claro que, antes de deixarnos levar por habitualidades rutinarias, viría moi ben ampliar espectros  e redimensionar enfoques, explorando novos criterios e visualizar con agudeza dende ángulos diferentes. Ese levísimo esforzo de sagacidade enriquecerá o coñecemento, alimentará a intelixencia e, de paso, dotará de mellor cintura o músculo da perspicacia.

Foto: Pose fotográfica innovadora. Perspicacia para mirarlles as pantorrillas.

35 comentarios:

Blogboreta dixo...

Volta, volta e reviravolta.... sempre.

bicazos.

Eastriver dixo...

Me gustan las perspectivas espontáneas, no las preparadas, no las perspectivas tramposas, no las que esconden engaños...

Mar dixo...

vamos que lo que te interedaban eran sus piernas...ah pilluco!!, ajajaja.

Bueno, me costó un poco entender el texto, pero creo que pillé el sentido ... al final todo se reduce a que no es lo mismo mirar que saber ver.

Suena tan dulce el gallego...

Besos desde un faro en mitad del mar.

Mar ( ... La vendedora de humo)

PD: Gracias por pasearte por mis humildes letras.

Bolboreteira dixo...

Doulle un 10 a este post, non poderia estar máis dacordo no que se dí palabra por palabra. :)
A foto moi ilustrativa como sempre.
Bicos!!

Concha L. F. dixo...

Non só unha vez, senón mil veces é necesario redimensionar ese ángulo de análise para non emitir xuízos errados do qu nos entra polos ollos. E polos oídos. O malo é que hai demasiado o costume de deixarse levar por iso que chamas habitualidades e ao final, sempre se acaba facendo o chiste fácil de canto parece diferente e así nos vai.

Moi perspicaz, si. Es moi perscpicaz.

Bicos.

Faune dixo...

Me ha gustado este blog! e a sensualidade vexetal! ;) Me pasaré por aquí de cuando en cuando, no falo galego, pero todos hablamos un latín más o menos parecido. Biquiños!

Kim Basinguer dixo...

Non hai dúbida que o esforzo valdria a pena, pero "abrir o horizonte" para moita xente non é posible, fáltalles a comprension cara ao outro, ou a intelixencia para mirar máis lonxe que do seu circulo.

A.C. dixo...

Si si, moita literatura e palabriñas ben escritas pero en realidade o que ti querias era unha excusa para mirarlles a traseira as rapazas jajaja. Un perigo andante e o que ti es Chousa.
Por certo que parece como se a de negro lle estivese abrindo a cremallera a do vestido de cadros.
Bicos ampliando horizontes

fonsilleda dixo...

Partindo da imaxen que nos regalas, chegar ao teu pensamento, moitas veces resulta ben traballoso e, así e todo, moi pándego (gustome o termo que non coñecía ou non lembraba, que tamén pode ser).
Hoxe tes moita razón os prexuizos acurtan a nosa mirada e limitan o entendemento. De acordo.
Biquiños sen rabia nengunha.

Belén dixo...

Qué razón tienes, hay siempre que vivir mucho para poder conocer cosas... y de ahí, al cielo!

Besicos

Vemarlu dixo...

Muy bueno. Qué casualidad. Yo también hoy estuve pensando en prejuicios, inteligencia... Me gustó mucho leerte...
Marlu

São dixo...

Sem dúvida, os preconceitos limitam-nos e encurtam o nosso leque de possíveis análises sobre as situações que temos defronte.

Apertas.

Alís dixo...

Sí, tendemos a pensar que a nosa é a única perspectiva que hai...
Andaba eu a romperme a cabeza pensando en todo o que estaba lendo ata que chego a enterarme que todo isto era para mirar unhas pantorrillas... ;-)
É un moi bo exercicio o de buscar excusas.

Bicos (de espaldas)

pitima dixo...

Eu sempre practiquei moito a cintura, a da perspicacia e máis a da perspectiva. As veces as historias parecen outras moi distintas según esas perspectivas novas.
Ortega y Gasset. Agora mira Ortega, agora mira Gasset.. jajaja

Pero tamén che digo unha cousa: se levasen un pouco de tacón esas pantorrillas ían lucir moitísimo máis...

Que sepas que me doe un poco que toques o tema da cintura nestes momentos tan delicados para mín... Tí que sempre estás en todo mostráchesme pouca delicadeza... jaja

¿E qué queres? Egocéntricos que somos que sempre queremos que pensen en nós e miren as cousas coma nós... Co bonito que é confeccionar unha paisaxe con moitos ollos... Mira internet.. Ou esas imaxes tan espectaculares de Matrix, cando esquivan as balas, montadas cos fotogramas de moitas cámaras rulando á vez.

Pois iso. Que sí ho.. que tes razón.

Bico disparado sen posibilidade de esquivar. Nin o intentes que rompes o lombo e logo a ver como vas ir traballar a esa canteira...

Dilaida dixo...

Pois ten vostede toda razón, a perspectiva visual ás veces é tan limitada que confunde a nosa visión.
Bicos

la cocina de frabisa dixo...

Claro, Chousa, eso que dices está muy requetebien, pero exige esfuerzo y estoy "casi" segura que después de leerte, muchos (yo me comprometo a ello) pasaremos unos días recordando lo importante de la prudencia y de la reflexión antes de echarnos encima de la primer toma falsa.

Biquiños

A do outro lado da xanela dixo...

Un "ctrl+àlt+supr" é máis que necesario de vez en cando. Se non, a forza de acumular archivos innecesarios, os miolos déixannos de responder como deberan.

Bico non-preconcebido!

matrioska_verde dixo...

ti tamén falas de rutina, só que de outro xeito.

non hai como perder a perspectiva da nosa rutina para votala a faltar.

non hai como abrir os ollos cara ó exterior para ver como existen outras vidas tan válidad como diferentes ás nosas.

paréceme unha imaxen tenra, na que para mín non hai nada escabroso... dúas amigas, dúas rapazas que se queren, ¿a quén lle importa agás a elas mismas?

biquiños,

susana moo dixo...

Pois mira ti que o outro día lía que o arte surde cando se vira o xeito de ver a realidades, un xiro de perspectiva.
Es un artista Chousa!

(é na Quintana, non é?)

paideleo dixo...

Esta volta atinaches na perspectiva que me gusta.

Merce dixo...

Cazadas entre dous obxectivos!!!

Penso que nada mais se percatou da tua maniobra a señora dos pantalons vermellos e o home que esta ao seu carón. Do resto, todos andan cada un pola sua rama...

E asi, en cada rama andan aqueles que non fan uso dese levisimo esforzo...

Bicos

Marisa dixo...

Doume conta que tes
grandes coñecementos para
sacar unha boa fotografía
sabes redimensionar enfoques,
visualizas ángulos diferentes
e cunha boa perspectiva
e moita perspicacia consegues
mirarlle as pantorrillas.

Moi agudo :)

Mira que horas, marcho
a durmir cun sorriso.

Bicos

Raposo dixo...

Resumindo: hai que mirar as cousas desde tódolos ángulos posibles, incluso (ou sobretodo) por detrás.

Anna Mora dixo...

Pel darrera ...una vista diferent !! molt bona !
Petons de Catalunya .

Ginebra dixo...

Generalmente somos cortos de miras ( y algun@s, también de entendederas) de tal forma que no vemos las cosas desde diferentes puntos de vista para acercarnos a ellas, en general nos limitamos a uno: el nuestro y punto... Los demás siempre están equivocados.... o casi siempre, Chousa, porque tu objetivo, en este caso concreto, fue directo al "asunto":)))
¿te he dicho alguna vez que me encanta tu sentido del humor????
Besos

Anónimo dixo...

Ten toda a razón, claro que si, pero recoñézame que dá preguiza.

Carlosm dixo...

Un home de recursos coma ti demostra estas cousas perspicaces asim de bem com imagem ajeitada, si senhor. Pero dime se de certo mirabas para as pantorrilhas ou para algo mais arriba. Saudos. Carlosm

Zeltia dixo...

bueno, para ter en conta outros puntos de vista, moitos deberían empezar por saber QUE EXISTEN.
[cousa que, a maioría das veces, nin se plantexa]

refírome agora ao coment que deixaches no meu blog, oiches, Alcandra: seica melancolía e aburrimento son sinónimos, ló?

Lucrecia Borgia dixo...

Las perspectivas espontáneas, sin preconceptos, son las verdaderas...

Besos

(P.D: Gracias por tu visita :-))

xenevra dixo...

Os prexuízos o que conlevan é a anulación do xuízo. Obnubílase toda capacidade de razonamento e ficamos illados na estreitez dunha cintura, sen saber esquivala, sen saber aferrala, sen saber que podiamos tela rodeado, abrazado, amado, apalpado... ou simplemente apreciado dende todas as súas perspectivas para construír a historia duns ollos.

Chousa da Alcandra dixo...

Dende a Quintana é doado pensar en diferentes, contundentes e sempre fermosísimas perspectivas!.

Unknown dixo...

No podría estar más de acuerdo con su propuesta.

Anónimo dixo...

Oye y si yo fuese la chica del vestido negro, a que ventanilla tendría que ir para cobrar por los derechos de pantorrillas?
(Es usted muy ingenioso señor Chousa. Ya se que en realidad miraba más arriba, pero es consciente de que esa mirada le saldría menos barata jajaja)
Un saludo de la del vestido negro

Chousa da Alcandra dixo...

Pois, dado o caso, terías que preguntar na Oficina de Blogueiros sin Fronteiras. Se alí non che dan resposta, proba na Vicaría Diocesana de Catequistas...

(Levas razón. Tamén mirei máis arriba, pero e que xa que un mira...pois mellor abarcar o conxunto. Por aquelo de poder ampliar perspectivas!).

irene dixo...

Ya te digo, si siempre tuviésemos esa sagacidad y esa capacidad de miras, cuántos errores nos evitaríamos, hay que saber mirar, ver, escudriñar..., y no quedarse sólo en el "a simple vista...", aunque a veces es muy difícil, vivimos tan rápido...
Biquiños, perspicaz Chosa.