mércores, 13 de outubro de 2010

Escenografía

Despois de desfiles con cabras lexionarias e ovellas zapadoras, hai quen empeza a preguntarse se o feito de soltar pombas brancas (ou negras) nos actos castrenses non ven a ser o mesmo que agasallar preservativos ó cura da parroquia polo día do patrón (ou da patroa).
Nun acto no que a noticia son as bandeiras ausentes , as broncas e  mailos abucheos a certos tribunos, fai que me pregunte se non viría ben revisar o calendario e maila escenografía decimonónica dunha exaltación que ninguén sinte e que mesmo acaba semellando unha gran cagada (ou mexada).

Foto: Participante no desfile alixeirando a carga.

31 comentarios:

Dilaida dixo...

Eu diría que é unha gran cagada e mexada á vez.
Que se celebra?. Non hai cartos, non hai traballo, por non haber xa non hai nin vergoña.
Gastan os cartos en desfiles e despois criticamos aos coreanos e a única diferencia é que alí había máis soldados e os que mandan estaban no balcón, faltaban tamén os berros, pero é que alí todos están contentos e de acordo, non teñen porque protestar.
Bicos

Raposo dixo...

Nunca me gustou ver moitos militares xuntos; son un perigo e a historia me remito.

Carlosm dixo...

O dos chuvasqueiros do pito para o crego non ten desperdicio hahaha, pero andas a meterte moito coa igrexa e vante canear. Co santinho que ti vinhas sendo. Saudos. Carlosm

fonsilleda dixo...

Aínda que non vin o último, confésome humana (ou pomba) chea de contradicións: odio o que significan os uniformes e as armas e gústanme estas en canto a aparellos, así como os desfiles militares, sen pararme a discernir que bandeira ondea
Que lle vou facer!

irene dixo...

Eso digo yo, esto no se lleva ya ni en el mango de los paraguas y además aburre hasta a las ovejas (zapadoras) y a las otras, pero como es una tradición..., y yo me paro a pensar ¿cuánto costará ese montaje?, en fin, es mejor no pensar.
Me encanta esa participante aligerando la carga, jajajaja.
Bicos, Chousa.

Mer dixo...

Ademáis de estar totalmente dacordo coa túa reflexión sobre esta celebración, gustaríame añadir que cando un país está en crise hai que priorizar en qué gastar os recursos. Isto no creo que sexa prioritario.
Aínda que digan que aforrar nisto non supón nada... un pouco daquí e outro pouco dacolá xa veríamos se significaba algo ou non.
Agora mesmo España é un fogar onde están a piques de cortar a luz, e en vez de gardar os cartos para os suministros, andamos a mercar cortinas novas e figuriñas para o salón.

Ginebra dixo...

En realidad los abucheos, el griterío, los insultos y demás sobran siempre, Chousa, en desfiles o en algo más íntimo...
Yo creo que hay otras formas de quejarse menos "decimonónicas" y más funcionales...
Besos de tarde

Alís dixo...

O das palomas será unha decisión tomada polo departamento de "intelixencia militar", digo eu

Bicos

A Conxurada dixo...

Moi sabio, coma sempre.

beijos de xoves pola tarde.

Marisa dixo...

Douche tódala razón
non casan as pombas con
fusiles nin carros de
combate.

Biquiños

paideleo dixo...

Que bonita é a escenografía pero máis falsa ca un euro de pau.

la cocina de frabisa dixo...

Para mí lo único interesante que tiene el 12 de octubre es que no trabajo. Lo demás, siento que no va conmigo, no me gustan los teatros ni esas parafernalias que montan sin saber bien el motivo.

Uffffffff, cada día me asquea más la política, pero procuro estar atenta para vigilarles de cerca.

biquiños

mariajesusparadela dixo...

Aplausos. Mais aplausos. pido unha repetición. Novos aplausos.

xenevra dixo...

Creo que ese día non se celebra nada. Simplemente é unha ostentación indecente de instrumentos deseñados para matar e persoas instruídas en utilizalos.
Aos cregos non lles viría mal empezar usar o preservativo; aforrarían moitos problemas a quen ten que sofrelos, por exemplo, neses países que os outros ansían conquistar.
Non hai bico porque estes temas póñenme rosmona
;)

Paz Zeltia dixo...

non me gustan as pombas (malia ser o símbolo da paz), danme un noxo!, e por riba, esa, cagando! [disculpa que non amplie a foto para vela mellor]
pero a escolla acaelle moi ben ao texto, [a ironía da simboloxía -como cagada e como paloma-].

non sempre comparto os eloxios superlativos cos que te gaban algunhas comentaristas, pero neste posteo de hoxe, co rexeitamento que me produce todo o que cheire a exércitos e armas,
quero ser eu quen che diga o eloxio que mais che encha o peito...
[tes un diccionario de xerais, -a edición completa- por aí?]

A.C. dixo...

Mira que poñer unha pomba cagando para simbolizar o dia patrio, anda que non es metafórito ti nin nada jajaja...Estou observandote moi transgresor ultimamente. Cada vez que veño verte non deixas de sorprenderme.
Bicos para ti e saudos para don Luis, que o has ter contento jajaja

MartinAngelair dixo...

Dentro de calendario,...pero sin razón aparente,...


...a finales deste mes, coa familia, vivireí o Centro Máxico, (pero ca licencia permitida do meu amplio radio xeográfico,... :)




Na próxima visita, pisaremos con agrado Antas.




Un bico e que sexa boa noite para todos.

pitima dixo...

Son ratas de cidade con ás...
Boeno, son animaliños de Deus tamén..

Se cadra habería que traballar xuntos como irmáns, membros dunha igrexa... jajaja e así conseguer un sentimento patrio que nos reúna a todos os españois... Pero... xa costa traballo arrexuntar a toda a familia da comunidade (que digo da comunidade, ¡a mesma familia carnal xa non se leva!! jaja) como para reunir a estatal.... Non parece moi factible. A catedral cae, porque a argamasa, efectivamente, xa está viciada, antiga, consumida...

Aínda así, eu teño que celebrar algo moi importante o 12 de outubro, e venme de perlas que sexa festivo, dos grandes, ¡dos nacionais!
Qué disparen os cañóns!!! que tal día como ese, ás 9:40 da noite, no ano 2005, naceu o meu reisiño..

Viva a miña casa!
...
Viva o rei!
...

As bandeiras que faltan e os abucheos quédanme lonxe... Nin os sinto, nin os oio, nin os teño presentes...

Ó mellor son demasiado nacionalista, egoista, sempre psnsando no benestar da monarquía do meu íntimo fogar... ¿tí qué cres?



Habería que cambiar moito a escenografía, tes ración... e che sobra pienso.. jaja, demasiado rancio, así que o público ameniza daquela maneira (a xente aburrida e ociosa é moi susceptible ás tentacións do diaño...)

Bico sen respeto... (donde hai confianza..)

susana moo dixo...

jajaja
qué bo!
ainda rin.
Qué fea é. E que cara de mala.

Piteira dixo...

Alguén dixo que non casan as pombas cos fusiles, e ten razón. E ti dis que podería ser coma darlle fundiñas o clero. E digo eu que non poden voar pombas co trono dos canons…mais non lle ía ir mal algún chuvasqueiro paro os curas, os da parroquia e os de mais aló.
E máis, penso que tes moita razón, esta e unha festa moi trasnoitada…”Día da hispanidade”, pero…Que hispanidade?
Vaia cagada!

Espérame en Siberia dixo...

¡Gracias por tu visita!

Bolboreteira dixo...

Levas toda a razón, creo que este tipo de actos son do máis casposo e por riba non lles importan a ninguén.Ademáis hai tanta hipocresía..
Biquiños!

Sun Iou Miou dixo...

Haxa paz. Primeiro soltan as pombas e logo mátanas aos tiros porque cagan moito.

O resto e o de acabar cos exércitos ou cos apupos (os de terra, non os de mar, please) son utopías. E as utopías están ben para ir soportando este mundo tan contradictorio: porque por feo que sexa cagar non é senón a expresión dun corpo, peor ou mellor, alimentado. E de que se alimentan as pombas? Da merda que a nós, lindos humanos, nos vai sobrando.

Anónimo dixo...

Totalmente de acordo, pero en primeiro lugar suprimiría os desfiles e escoltas a figuras relixiosas na semana santa e outras festividades católicas. Que a Igrexa airee as imaxes polas rúas é unha cousa fastidiosa, pero a fin de contas a rúa é de todos; outra cousa é que vaia o exército que pagamos todos só por ser unha tradición franquista e decimonónica.
Unha anécdota que vin aquí na semana santa pasada e que esquecín comentar no blogue: sabe que ían cantando os aguerridos soldados de artillaría que escoltaban o Nazareno nunha das procesións?
Pois... tú me has mirado a los ojos, sonriendo has dicho mi nombre, en la arena he dejado mi barca, etc.
Unha mariconada, na miña opinión politicamente pouco correcta.

Blogboreta dixo...

A mín as pombas danme moitísimo noxo... non vexo nada paradóxico que as solten nun desfile distos... bechos entre máis bechos. Puaj.

Mariló dixo...

As pombas tamén alixeiran a carga cagando e mexando todo a un tempo jajaja. Fermosisima apoloxia da festividade hispanica que xa ninguen sinte. Vai ser que non hai españois, oes.
Bicos

Trasno dixo...

Jajaja. Esta debía ser a galiña que campeaba no anterior escudo imperial. O que non se via ben era se estaba cagando ou non.
Dende logo Chousa, es de todo menos previsible jajaja

Unknown dixo...

Veño tarde,non?

Gustanme os desfiles militares, o meu pai foi militar, e sempre me gustaron (acormeime de poner ó pronome antes, vou mellorando na clase de galego,jejeje) os desfiles, a xura de bandeira, e todo os festexos.

Todo esto non quita, que non estamos coma para tirar ós cartos.

Bicos

Chousa da Alcandra dixo...

Xa esquecida e rematada a xornada de ensalzamento (!) patrio; quédome daquela semana que hoxe remata coa excelente noticia que veu de Chile cos seus 33 mineiros recuperados.
Ogallá houbese máis noticias positivas coma esta.
Ogallá non a acaben escarallando fozando en intimidades mentras lles amosan faixos de billetes. Ogallá.

Debo dicir que a pomba é picholeira, e non sabía nada de desfiles. Como moito o único que fixo foi escoitar os acordes de Sabina no Sar, que a noite anterior estivo a reboSAR!

Deixo bicos para todas (para eles saúdos fraternos), e continuamos a bingo cunha nova experiencia.

Kim Basinguer dixo...

Bandeiras que celebran unha hispanidade mentres se busca a forma de que os estranxeiros se vaian.
Nada que celebrar, a non ser a Virxe do Piar.

Anónimo dixo...

Se desaparecera non había faltar nada. Certo. E se ninguén dixera nada, mesmo pasaba a cousa coma un día de nubes altas, temperaturas medias e nulas novidades.
Pero como te atrevas a explicitar a suxerencia, non che vexo futuro, meu.
E na Lexión, moito menos !!

PD: A min déixanme ainda máis estupefacto as procesións, qué queres que che diga. Cando están os lexionarios chego ao curuto da éxtase. Flipo, vaia, pra que me entendas.