luns, 23 de agosto de 2010

Buratos

En fotografía sempre se ten moi en conta a distancia focal, os encadres, a apertura do diafragma...
Pois nunha boa parte das cuestións vitais que nos rodean tamén resultaría moi axeitado ter en conta este tipo de parámetros para ser conscentes de que, según o ángulo de enfoque, lograremos percibir con máis ou menos intensidade o mal e o ben que nos salpica e aloumiña a cotío.
Alonxando ou achegándonos iremos percibindo con máis nitidez as lampreadas e as marabillas, as ledicias e os pesares, os praceres e as rabias. Iso sí, sempre tendo en conta que na realidade tamén miramos a través de buratos! . E non é cuestión de volverse unha topia; senón de manexar axeitadamente a telemetría.

Foto: Burato desencadrado. Vista parcial.

30 comentarios:

Ginebra dixo...

Supongo que es así, que según enfoquemos veremos la realidad de una forma u otra. El caso es que unas veces manejamos nosotros la cámara, otras son los demás quienes la manejan y en enfoque cambia...
Acertar con el manejo de las cosas es importante e incluso se nos admite fallar, siempre que el error sea asumido...
Besos, Chousa.
p.d. has hecho bien en ponernos una canción, estos chicos son cañeros!

Paz Zeltia dixo...

Tendo eu algo de astigmatismo non me é doado enfocar ben... así que sempre me achego de máis, levo lampreadas, pero tamén os aloumiños saben mellor de perto ca de lonxe.

Dos buratos que fala Ruxe-Ruxe, os peores son os da alma.

e, ainda que non vexo moi ben, xuraría que iso non é Antas!

Trasno dixo...

Buf dito asi parece mui faciliño pero eu viña sen libreto de instruccións e non sei onde teño o obturador hahahaha.
A foto moi bonita, si. Onde a enfocaches?

Marisa dixo...

Fixeche un estupendo encadre
pero é ben certo que nunca
miramos todo por ese burato
telemétrico.

Biquiños achegados.

X dixo...

Gústame a foto, gústame que se vexa o burato.

fonsilleda dixo...

Volvinme tola e non conseguín atopar "topia" e, a pesares dos meus lentes, penso que non miro a través de buratos. Polo menos de cotío.
De tódolos xeitos, ti sabes moito mais ca min de fotografía.
Biquiños

pitima dixo...

Os buratos axúdannos a mirar ben, a enfocar... E ademáis, vivimos ahí, nos buratos.
Boeno, tí xa sabes a teima que teño eu cos buratos.. jaja. Son do máis fotoxénico.
Ademáis temos medo a diluirnos no infinito, necesitamos buratos onde resguardarnos, onde parapetarnos. Túneles por onde é fácil camiñar cara a luz...

Dende o canal do parto ata o burato onde nos enterran.... Haiche moitos e moi importantes buratos. O noso planeta Terra é tamén un burato gravitario no Universo. Hainos más grandes, pero poucos tan acolledores...

Un bico che mando por este burato da pantalla.. jaja

Dilaida dixo...

Gústoume o que din Ruxe ruxe "Fagamos camiños facendo memoria".
E sobre o tema do enfoque, a camara, o ángulo, os parámetros mellor deixámolo ata setembro non vaia ser...
Bicos

Alís dixo...

Trátase de aprender a mirar para ver mellor. E supoño que saber de fotografía axuda na teoría. Na práctica axudan máis os golpes.

Bicos enfocados

Chousa da Alcandra dixo...

Fonsilleda: Referíame á toupa (animal insectívoro semellante ó rato, con fuciño alongado que escaralla os xardíns fozando!!!). Foi unha licencia gramatical que me permitín, xa que por estes lares chamámoslle desa guisa.
En todo caso mólame facerte traballar a esgalla jajaja

Dilaida: E que os de Ruxe son uns filósofos.
E vale, deixámolo para setembro logo, pero non te despistes que a folla do calendario está a volta de almanaque!

Pitima: Sei o da túa teima cos buratos. De feito, cando escribín o post pensei en qué dirías ti.
Pois xa ves que o burato da imaxe tamén tirou polos meus ollos aquel día. (E xa teñen tirado polos meus ollos outros buratiños tamén jajaja)

X: E que hai buratos que están feitos para ser admirados, mirados e...; ou non? ;-)

Marisa: E que non sempre temos o angular axeitado para encadrar a imaxe e conxugala coa nitidez necesaria. En todo caso, fotos hai que facelas!

Trasno: Enfoqueina na praia de Antas; non se nota ou qué?.
(Se non traías instruccións, calquera te manexa a ti!!)

Zeltia: Pois xa lle dixen ó Trasno que era de Antas. O que pasa é que entre o burato e Antas interpoñíanse as vacacións :-)

Ginebra: Sempre se ten que admitir poder fallar (incluso variando a fonética jaja). O día que tal cousa se proscriba...qué será de nós??
Alédame que che guste a caña de Ruxe.

Chousa da Alcandra dixo...

Alís: Xa sabes que a distancia que vai dende a teoría ata a realidade é similar á que vai dende freir un ovo a salpicarse co aceite. Non ten moito que ver, pero pode servir; á que si? ;-)

susana moo dixo...

Non lle deas tanta reviravolta que para achegarse ao BURATO non fai falla telemetría ningunha.

Anónimo dixo...

Ai, Chousa: se aplicásemos o da telemetría á vida diaria que outro galo nos cantaba!

mariajesusparadela dixo...

Marabilloso encuadre. Eses teus ollos xeniais...

A nena do paraugas dixo...

Ás veces é mellor desenfocar, desencadrar ou pechar o diafragma, porque se ve cada cousa que mete medo!

O que si, segundo o enfoque, a percepción e interpretación son diferentes, pero para manexar axeitadamente a telemetría cómpre ter moi bo pulso e moita escola!

Bicos con enfoque (co axeitado).

Merce dixo...

Puufffff querido amigo meu, o meu maior pesadelo chamase "hiperfocal"...

Manexar ben a telemetria no momento axeitado non che e doado, pero bueno, faise o que se pode. Normalmente eu trato de levar sempre ben axustado o parámetro do meu mellor sorriso, (as veces costa axustalo ben, non te creas...) :)

Biquiños :)

Mer dixo...

como aquelo que di "todo depende do cristal a través do cal se mira" ¿ non? e cada un de nós tén o seu cristaliño subxetivo e único, ás veces incluso máis de un, pero a realidade é a realidade, pódese ser máis ou menos optimista, máis ou menos pesimista, pero as cousas son como son, o caso é tomalas con humor

matrioska_verde dixo...

¡canta razón tés!, ai que encontrar a medida xusta para non ver nin de moi cerca nin de moi lonxe... non é doado pero pódese facer; a proba, as imaxes que ti captas a cotío.

bicos,

A nena do paraugas dixo...

Por certo, Susana Moo acertou de pleno co comentario. A verdade é que o burato se atopa ben ata indo ás agachadas, sen tan sequera precisar luz... E diría máis, canta máis escuridade, máis pronto se atopa.

Moi aguda, Susana. Abofé que si. Tomo nota.

Biquiños... ás apalpadelas (son que mellor saben),

A.C. dixo...

Véxote tan comedido, profundo e filosófico nos razonamentos que paréceme que andas tramando algo. Xa se verá.
A foto de Antas non e, pero o sitio e ben bonito.
Bicos

Chousa da Alcandra dixo...

Susana Moo: Levas razón; pero non me negarás que -unha vez atopado o BURATO- é importante achegarse e alonxarse con vehemente reiteración...

Kaplan: Perto da miña casa leva unha temporadiña que canta sempre o mesmo galo. E o moi cabrón faino tamén os sábados e domingosssss!!!. Viríame ben poñer distancia entre o seu galiñeiro e mais a miña casa!.

Mariajesusparadela: Marabillosos son os teus, que me miran así de ben!.

Nena do Paraugas: Claro que ás veces convén desenfocar algo para ver con máis nitidez jajaja.
E na oscuridade todos parece un burato jajaja.

Merce: Con ese recurso que dis estou seguro de que non hai "motivo" que che se poida resistir. A sonrisa (dende a miña óptica, con máis énfase a sonrisa femenina)é unha das armas máis demoledoras da "cámara"...

Mer: Pois levas razón; o caso é ter o cristaliño axeitado sempre. Que se poña algo oscuriño cando hai exceso de luz e que busque luminosidade cando escasea. Difícil si, imposible non. :-)

Aldabra: As imaxes está ceibas polo ar. Algunhas pílloas, pero quedan moitísimas "circulando" aínda.
(Ti tamén tés fotos caralludas. Non fai moito vin unha nun blog amigo que me gustou moito ;-)))

A.C.: Pero logo ti non sabes que eu, fora da canteira, son un filósofo?.
(Confeso que ás veces, entre martillazo e martillazo, tamén filosofo; pero para dentro ;-))

Harmonía dixo...

Gústame a foto. Gústame axexar polos buratos, sobre todo, coa cámara. Ben pola música dos Ruxe Ruxe!
Unha aperta dezá.

Raposo dixo...

Oes, hoxe non dou atopado o burato, debe ser que teño un problema de desenfoque na visión. O luns paso pola óptica sen falta!

Carlosm dixo...

Sóame moito esas vistas da image. Ou será que tenho información privilegiada? hahaha.
Saúdos filósofo. Carlosm

Chousa da Alcandra dixo...

Harmonía: A min tamén me "tiran" moito os buratos. E penso que a todos nos ten provocado a idea de poder axexar certos acontecementos por algún buratiño...

Raposo: Ten que ser moi perigoso para un raposo non dar atopado o burato...Boeno...agora que o penso, non so para un raposo!!! ;-)

Carlosm: O coñecemento previo das informacións mediatiza moito as interpretacións, Carliños jajaja.

busto.agolada dixo...

Ollar a través dun burato (axexar,espiar, observar, contemplar...) é sempre un privilexio. Facúltanos para ver sen ser vistos, para captar sen miramentos, para gozar de paisaxes espléndidas sen sufrir os rigores do ventimperio, para ollar o mundo sen pecar de indiscrecións. Son moitas as vantaxes. "Dádeme o burato axeitado e contemplarei o mundo" parafraseando a Arquímedes.
Apertas desde este burato cibernético.

Chousa da Alcandra dixo...

Busto Agolada: Tal cal, meu amigo. Este polo que nos comunicamos, non deixa de ser outro burato (magnífica ferramenta, oes!).
E claro que se move o mundo coa palanca ben acoplada no burato axeitado...
Apertas!

---

Vaise agosto, e a min non me pediu permiso. Na Chousa síntense as duras temperaturas deste verán seco e intenso, pero o verdor cinguido dos carballos e castiñeiros albíscase a chegada dos gromos novos que farán un outono pródigo en froitos e vitalidade.
Imos cara setembro, festas en Antas!

irene dixo...

Muy sabio eso que dices, hay muchos ángulos para ver las cosas, y muchos ojos para mirarlas, a veces lo vemos todo negro, todo nos parece mal, el mundo entero, pero esto tampoco es real, hay bellos colores por todas partes.
Moitos biquiños, Chousa.

Chousa da Alcandra dixo...

Irene: La teoría, también a mi -que soy de Antas!!!- me resulta más facil jajaja.

Anónimo dixo...

Dicen que venimos al mundo por un BURATO (que hermosa palabra). Es posible que por ello nos sintamos tan atraídos por ellos. No lo crees así?
Bonito tu espacio, Chousa da Alcandra.
Mentxu