venres, 4 de xuño de 2010

Estratexia

O sentido da oportunidade canaliza unha boa parte do éxito emocional, afectivo e incluso empresarial. A ninguén se lle oculta que existen colateralidades -coma o azar ou a casualidade-, que están convocadas a conquerir a materialización dos obxectivos marcados; pero as probabilidades de ser rozado polo corno da fortuna (que xa podía tocarnos co deño mamiño!) son máis ben residuais.
Queda claro, polo tanto, que se fai preciso deseñar unha estudada estratexia para circular polo vieiro atinado, multiplicando de xeito exponencial aquelas nimias posibilidades.
E unha vez tecida ésta coa seda da imaxinación e cos ganduxos do saber, non vaiamos escarallar tanto esforzo intelectual cun evidente e flagrante erro posicional!.

Foto: Estratexia atinada. Ubicación errónea

28 comentarios:

xenevra dixo...

E perder a oportunidade de ver que é o que azar nos pode traer?? Non calcular onde estará a próxima camelia, saltar sen máis, sen pensar onde pararemos, gozando en cada segundo do propio pracer do salto.
(se fose boa para os contos contaría aquel da ariña e as patas e súa xordeira. pero está claro que o meu non é iso :(( )
Libiamo polo salto da araña

fonsilleda dixo...

Es a monda. Para mostrar unha fermosa foto dunha flor, cunha cor incrible, pola que pasea inxenua e despistada unha araña verde, teciches a telaraña para non sei moi ben que estratexia debamos seguir. Es brillante.
Boa fin de semana

Anónimo dixo...

Non tema, que eu non escarallo estratexia arácnida ningunha. Coa fobia que lles teño, nin a foto podo mirar con calma.

Carlosm dixo...

Sin duda alguma a foto e genial de necesidade. E tambem estimo necesaria uma boa estrategia pra acadar o fin que se quer conseguir. Pero a aranha estache bem posta. Eu penso que se sabe fermosa e para non esconderse mimeticamente no verde, exponse co fondo floral.
Poda que seja a sua estrategia tambem.
Saudos.Carlosm

Ginebra dixo...

Mi opinión es simplificar, llegados a este punto en el que nos encontramos... me posiciono en según que cosas (en las que considero importantes) en el resto me dejo llevar (no sé si por el azar. Me gusta que me sorprendan, pero de forma positiva,claro).
Esa rosa es muy bonita. Besos de finde

Marisa dixo...

Eu diría que saber aproveitar
as oportunidades está ben,
pero cando se mesturan cos
sentimentos xa me cheira un
pouco a un braguetazo tecido
como dís tí, con fino fío de seda.
A estas alturas xa creo máis no padriño que na casualidade ou no azar.
Claro que o saber tamén terá o seu lugar, ¿ou non?

:)

Biquiños

susana moo dixo...

Eu si que querería ser rozada por ese corno da fortuna, Chousa, penetrada incluso!

Anónimo dixo...

La verdad es que después de tanto trabajo (y tan bien hecho), es una pena estropearlo con un mal cálculo de la posición. La arañita verde debería mimetizarse con el fondo que tiene al lado y dejar que la rosa atraiga a los insectos.
Una foto magnífica Chousa, como siempre nos tienes acostumbrados.
Besiños

A nena do paraugas dixo...

Alégrome de que atopases a tea axeitada para coser cos ganduxos do teu inxenio e do teu bo saber un texto con tantas lecturas coma este! Pero ten coidado, un bo cosido ha de ser sempre executado con fío forte e recio, ben retorcido, e o fío de ganduxar é máis ben feble e quebradizo.

E a fío do que dis, case en clave, eu non sei se a fortuna nos tocará máis veces das que percibimos, evitando que academos algúns dos obxectivos que nos marcamos, precisamente por seren "un evidente e flagrante erro posicional" e aínda que esteamos en posesión dese sentido da oportunidade, tan necesario "para poder canalizar unha parte do éxito emocional, afectivo e mesmo empresarial".

Biquiños, Chousa. Sen arañeiras.

Que teñas un bo fin de semana.

mariajesusparadela dixo...

Pois eu penso como Carlos. Ela está ahí moi ben posta, inda que nós non saibamos por qué. A cor das súas patas fúndese coa flor. Supoño que se quere parecer a o insecto que lle gusta ó seu depredado. Eu penso que "está ahí", non caiu por casualidade, non "pasaba por ahí". Está e agarda.
Supoño que coñecer o por qué require paciencia.
A foto e preciosa. O texto tamén.

(Véñase dar unha volta, as miñas cerdeiras están no seu punto)

Paz Zeltia dixo...

A estratexia está ben para os xogos e as guerras (as dos xenerais mailas outras) pero na vida emocional e afectiva parece unha contradicción manter o distanciamento que require tomar as decisións axeitadas en cada momento orientadas á consecución dun fin.

Esta foto é moi chamativa. E para mín o mérito máis grande está precisamente na oportunidade do teu disparo.
E da para moitas reflexións, as que tí fas e máis aínda que se lle poden sacar.
Eu penso que a casualidade e o azar teñen un papel moito máis determinante do que nos gusta pensar, (claro que,
o da arañiña é un ir berrando pola sorte! -a mala-) Seguro que a pobre é totalmente ingnorante do blanco -verde- que é, camiñando pola flor fucsia!
Cantas veces andaremos nós tamén, inocentemente, por camiños nos que perdemos a nosa protección natural -o verde- quedando totalmente nus e espostos, ignorantes da nosa vulnerabilidade -e diremos despois, "qué mala sorte teño"-
:-)

---

kaplan, non sabía eu da súa aracnofobia! parece que é ésa unha fobia moi estendida, que xa coñezo máis persoas que lles pasa. Nada, vostede a rexeitalas e eu a salvarlles a vida a canta arañiña intentan aplastar diante de min. (parece que espertan o asasino que todos levamos dentro)

Paz Zeltia dixo...

vexo que puxeches un cartel da feira do queixo! ummm, ah, qué lambóns os ulláns! que disfrutedes moito da degustación.

Merce dixo...

Oh oooh!!! e eu sen saber a onde ir hoxe!!! onte os plans para chegar as Fragas do Eume fracasaron, e agora enterome da feira do queixiño mmmmmmmm Tereino que anotar na miña axenda electronica, mais penso que o condenado Murphy encargarase de estragarme o dia facendo que me quede sen bateria e non me poida avisar...

si e que...

MartinAngelair dixo...

Eihhh!!!



Unha flor e unha araña!





Qué bonita imaxe,...


...qué respeto de palabras á vida.







Besos; Buenas tardes en tu casa Chousa.

A.C. dixo...

Lograches unha foto sublime.
Xa poderan discrepar contigo no asunto ese da estratexia da araña verde sobre o fondo fucsia ou non. Pero a foto e de concurso.
Imaxino axiña veremos algunha da feira de queixo. Xente había e seguro que o teu ollo non parou quieto.
Bicos

Anónimo dixo...

Cantas veces erramos na ubicación e tal error nos costa moito mais que o fracaso. Moi boa reflexión.
Da foto xa está todo dito: fantástica.
Un placer vir por esta chousa.
B.

Alís dixo...

Pois a mín aínda non me quedou claro canto de azar e canto de estratexia tiveche ou puxeche para sacar esta foto, pero góstame tanto ou mais co texto. ¿Ou é o revés? Non me decido.

Bicos entretecidos

Bolboreteira dixo...

Todo compre para chegar a bo porto, importante a perseverancia.
Bonita foto e fermosas verbas.
Un bico!

Carlos Sousa dixo...

Que tal compañeiro. As estratexias sonche moi importantes, pero non so fallan por un erro, sempre interveñen eses fáctores relacionados co azar, e o revés tamén. Un amigo meu sempre dí "As veces un burro da unha patada e soluciona un problema" e sen estratexia nin nada.
Unha aperta

matrioska_verde dixo...

veño decirche que sí que puxen o enlace dun dos relatos "Fin", o único que atopei en internet, os outros non os atopei.

pasarei a lerte mañá pola mañá que agora teño que preparar a cea (estaré de folga na casa; espero que sexamos moitos os que a apoiemos para decirlles os nosos políticos (non só de boquilla) que non estamos contentos).

biquiños e boas noites,

biquiños,

pitima dixo...

Na natureza hai poucos erros, e todos moi ben calculados...
Lémbrome daquela historia na que os sesudos científicos estudaban a forma hexagonal das colmeas das abellas. Segundo os seus cálculos a forma para aproveitar mellor o espazo non era o apile hexagonal....
Pero, co tempo, a maior exactitude nos cálculos corrixiu un erro mínimo pero suficiente nunha cuestión trigonométrica que facía que, efectivamente, as abellas tivesen toda a razón para opitimizar o espazo nos seus panais empregando os hexágonos..

Por suposto que a araña está onde ten que estar, e tí tamén, para sacar esa foto tan boa, os meus parabens. Se cadra algunha mosca da merda equivoca o camiño e vai cara a flor..... xa sabes... (¿Lembras aquel post meu?... eu non puiden evitar lembrarme)

Eu son fan do azar... e da selección natural.. Non che hai máis..

Bicos technicolor... ¡qué boa foto!

la cocina de frabisa dixo...

Yo no quiero ser soberbia y no desprecio la dosis de buena suerte que el azahar nos proporciona, pero en el fondo pienso que la suerte hay que currársela, no hay más.
Es obvio que no me tocará la lotería porque no juego, así que no hay suerte que valga, pero te aseguro que pongo empeño en muchas cosas que quiero y un porcentaje razonable las consigo. Por tanto ¿tengo suerte? sí, podría haberme muerto de un cáncer hace 3 años y de momento sobrevivo fenomenalmente.

biquiños, Chousa

matrioska_verde dixo...

espero que non desaparecera o outro comentario que escribín, non o teño claro.

non puiden evitar recordar este poema de Benedetti, que conocerás de sobra:

Mi táctica es
mirarte
aprender como sos
quererte como sos

mi táctica es
hablarte
y escucharte
construir con palabras
un puente indestructible

mi táctica es
quedarme en tu recuerdo
no sé cómo ni sé
con qué pretexto
pero quedarme en vos

mi táctica es
ser franco
y saber que sos franca
y que no nos vendamos
simulacros
para que entre los dos
no haya telón
ni abismos

mi estrategia es
en cambio
más profunda y más
simple
mi estrategia es
que un día cualquiera
mo sé cómo ni sé
con qué pretexto
por fin me necesites.

pitima dixo...

Teño que aclarar (senón non me sinto tranquila) que o conto que expliquei das abellas non é riguroso, pero a moralexa non cambia... Conteino como o lembraba e non era así exactamente. Digamos que nunca houbo dúbida da forma hexagonal, pero si nas medidas dos ángulos dos rombos nos que termina o prisma hexagonal de cada celda...
A historia, do século XVIII, ten ata un accidente marítimo por mor do mesmo erro que fixo que se corrixiran unhas táboas logarítmicas.
Aisss... Ata que non houbo accidente, as abellas xa fixeran bastante aproximándose tanto a solución do problema de economía de cera e máximo espazo de apile... jaja, eso dicían da discrepancia entre a realidade construida e os cálculos humanos... jaja

E hai quen aínda non lle da o mérito as abellas (azar e selección natural), senón a un Ser Supremo (a todos) que as dotou ingénitamente... Ata eses extremos chega a soberbia dalgúns humanos...

Perdoa Chousa, por este arranque evolucionista e darwiniano que me deu.. jaja

Outro bico para a pila deles..

irene dixo...

A mí no sé que me pasa, nunca llego en el momento oportuno, o demasiado pronto, o demasiado tarde, casi siempre, debo ser tonta, me queda mucho que aprender y poco tiempo, ¡vaya ánimo que tengo!, mejor me callo por hoy.
Preciosa la foto, además de oportuna.
Biquiños, Chousa.

Chousa da Alcandra dixo...

Nin de coña se me ocurriría poñer en dúbida a estratexia maxistral da araña verde. Sobre todo tendo en conta que non se trata dun arácnido calquera; senón que é de Antas (do meu xardín, para mais sinais).
Para ela case nada queda ó azar; aínda que -sen que a araña ullá o saiba- por moi ben que teza a súa rede, como non lle dea por pasar por alí unha mosquiña...vaino ter crú.

---

E hoxe, que era o 40 de maio, eu quixen quitarme o saio e non houbo xeito. Haberá que agardar uns días máis...

Alís dixo...

Qué mágoa!! Eu viña para verte sen saio, pero terei que quedar coas ganas...

Bicos abrigados

Anónimo dixo...

Chousa deixasme abraiada coas túas fotos, con todas !
É preciosa, a araña nunha rosa e a tela ao lado, noraboa porque sacas unhas fotos moi bonitas .