E veñen ventos do norte, que fenden polo medio das isobaras os intentos de formación anticiclónica.
Pensabamos que era pleno verán e non da chegado a primaveira.
Estalan disparos de recortes e tocan trompetas de conxelacións salariais.
Viñamos moi afeitos a meter a quinta -ou case avanzar en punto morto- e agora costa moito ir a ceacú.
Absolutamente convencidos de que o noso sangue era de cánidos con pedigree; e, de socato, -cando iamos coa chulería que empezaba a caracterizarnos- decatámonos que somos meros cans de palleiro. Que dura é a pedra deste trono, carallo!
Pensabamos que era pleno verán e non da chegado a primaveira.
Estalan disparos de recortes e tocan trompetas de conxelacións salariais.
Viñamos moi afeitos a meter a quinta -ou case avanzar en punto morto- e agora costa moito ir a ceacú.
Absolutamente convencidos de que o noso sangue era de cánidos con pedigree; e, de socato, -cando iamos coa chulería que empezaba a caracterizarnos- decatámonos que somos meros cans de palleiro. Que dura é a pedra deste trono, carallo!
Foto: Pedigree sempre: en Chanel ou diante do Cemar
39 comentarios:
Nos engaña la primavera, nos engañan los políticos, cada vez peor, la crisis va en aumento, me voy a quedar sin cintura de tanto apretarme el cinturón, y seguro que algunos, los de siempre, ni se enteran, estoy que trino.
Pobre perrito, él no tiene la culpa, aunque le hayan puesto tan cursi. ¿Qué diantres haces para encontrar estas fotos?
Biquiños, Chousa.
si ho sí, veñen ventos do norte reais e metafóricos! (qué frio vai) e o toque de trompetas eche a rebaixa salarial, (5%) manda truco!,
máis parecen os sete anxos do apocalipsis,
coas súas sete trompetas,
e a punto están de tocar xa a séptima!
as cadeliñas coma min xa nos podemos despedir de laciños no pelo, camisetas e vaqueros de temporada! (ainda mira qué pena tan grande me da ese canciño... ¿non será iso denunciable ante a sociedade protectora de animais?)
tí, coma sempre, ó quite da actualidade e cunha foto que lle acaia para armarlle un traxiño co texto! ;-)
Bicos, sen un can!
Paso de comentar das isobaras porque ese canciño dame moitísima pena e case me dan ganas de chorar, con eses olliños tristes, facendo o papán co laciño neses catro pelos. E eses pantalóns caidos, qué magoa! meu reisiño! cómo lle fará para mexar, coitadiño.
o problema é cando pensar ser unha cousa e non aceptas non sela. Sempre vivín moi agusto sendo o can de palleiro que son, por moito que moitos caniches e cans máis "pros" engurren o fuciño e me miren por riba do ombreiro.
Estouche como dios así. Ademáis, as "pulgas" píncannos a todos por igual :)
Bico!
Cans de palleiro, adaptados ao medio sempre. Moito mellor. ;)
Eu antes de verme así de redicula, coma ese canciño prefiro ser cadela de palleiro, e a moita honra.
As medidas estarían ben se fosen para todos, pero está claro que sempre pagan os mesmos "os cans de palleiro".
Bicos
O vento do norte sempre trae recendo da terra, quizais ciclónica, pero terra; sen máis adubío que a súa propia esencia. Porque ben che saben/sabemos os do norte que "o hábito non fai o fraile". Iso si, esta cuza debe estar pensando que por que demo lle tocou a ela ese hábito!!!
E o que nos espera, xa verás...
Pobre cadela! Coincido con Zeltia: non se poderá denunciar?
Chéganme rumores de que por ahí a cousa estase poñendo fea, máis fea, baixándose eses fumes elevados artificialmente... dos que quixeron deixar de ser can palleiro e pasaron a ser perrito pajero.
Lástima que sempre paguen os mesmos...
Bicos sin pedigree ficticio
Divina de la muerte, pero a Boni nunca vestirá galas semellantes. Non sei a ela, pero a min daríame vergoña levala ao lado pola rúa
Mirándolle para a faciana
dese canciño, de ser can
quixera ser de palleiro
sen cadeas.
Que amainen ventos do norte.
Biquiños
Coincides plenamente cos recortes(hoxe en prensa escrita) que parece que é máis real. A foto, paréceme un atentado a beleza, onde esté un can(ou cadela) en libertade que se quiten todas estas obscenas figuriñas de Chanel ou do que queiras chamarlle. Un bico(restando un cinco por cen).
Prefiro, eu tamén ser cadela de palleiro con palabra que dicir digo onde antonte dixen diego. Tiña razón maritere cando dixo que non nos ían conxelar o soldo. Non era conxelar, era rebaixar e non o cinco por cento senón, "como mínimo o cinco por cento" pode ser o seis, sete, oito... (ogallá fora o 15, que sería sinal de que andaba por alá arriba...)
E, así: feitos consumados. Agora xa foi, Marica non chores.
Candaseu con seu, din na miña casa, o can de palleiro non pode finxir ser ter pedegree, senón son asi como veñen os problemas.
E polos ventos heche boa verdad carallo, ven un frío que manda demo.
Saúdos
Uns dicen que e demasiado tarde outros que van a folga porque opinan que inxusto.
Eu vou seguir sulfatando pa coller viño po ano que ven,sempre e cando o señor medico non mo recorte.
saúdos sin mildeu
Menos mal que existe o funcionariado para salvar a España da crise económica!
Pregúntome que vai facer unha familia na que o único soldo que entra é o dun funcionario ou funcionaria de grupo C ou D, a quen, se lle sacan do que cobra o 5%, non creo que lle quede para moito máis que para comprar panos de celulosa. Levamos moitos anos cunha conxelación salarial encuberta (incrementousenos o soldo no 1%, mentres os prezos se incrementaban, ás veces por enriba do 2,5 ou o 3%).
Pero sempre foi así: somos a envexa das traballadoras e traballadores de todo o estado. Traballamos pouco e cobramos moito; a nosa empresa seica é a máis potente (xa se nota) e o da conxelación xa ven de vello: primeiro foi Felipe González, logo Aznar e agora ZP. Para conseguir un achegamento a unha cláusula de revisión salarial automática tivemos que queimar moitas horas de protestas, cos descontos correspondentes nos haberes. E mirade para que nos serviu! E loitar contra a opinión pública quen, lonxe de ver a situación obxectivamente, cargou sempre as tintas contra unha clase traballadora na que hai xente que deixa o cu no traballo. Tamén haberá quen no a rasque, pero iso pasa en tódolos sectores laborais.
E despois quererán que traballemos a gusto!
O dito: menos mal que existe un funcionariado público xeneroso. Que llo conten agora a quen, sendo funcionario/a, con 25 anos de servizo, segue sendo mileurista! A ver quen lle mantén a familia! Supoño que o farán Obama e a Comunidade Europea. Digo eu. Que menos! Ao final, o desastre de Grecia, xa se ve quen o vai pagar. Coma sempre.
Que paren o mundo, por favor, que eu báixome!
Querido Chousa, con pedigree los sigue habiendo (que haberlas hailas, como las meigas) y éstos "elegidos" siguen cobrando sueldos astronómicos y desorbitados y no tienen ni congelaciones ni bajadas salariales.
Te envío un beso sin pedigree (ni falta que me hace:))))
P.d. me alegro que sigas visitándome a pesar de ser un 5% (hoy se habla que quizás un 10%) más pobre... a este paso no me quedará más remedio que atracar un banco o una caja de ahorros, que quizás sea algo más fácil. Muaaaaaa
Anda todo patas arriba!!! A ver se aguantamos a tormenta...o final so se trata diso.
Pobre canciño! Qué mania de vestilos....
Bicos!
Pero que culpa terá a cadeliña, mira pra ela que cariña de fame e de pena.
Chousa, cans de palleiro sempre fomos e sempre seremos.
A nosa principal característica e a resistencia, e neso estamos.
Eu estou pensando en facer un comando para liquidar o FMI, o Banco mundial, a Reserva Federal, e os programas de xente millonaria mostrando os seus armarios.
Bicos dende a trincheira.
Juro que mandei mensagem se non o sonhei. Per este cadelo palleiran vestido de pedigri chamou a minha atençom cando o vim.
Corren tempos revirados tamen por estes lares. Apretaremos o cu pero faremos igoal ca ti: sempre sem perder o senso do humor. Saudos.Carlosm
:-)))
Beijos.
Non hai nada que nos sorprenda. Demasiados anos arrastrando chapuzas.
Moito can de palleiro con aires de grandeza, trougueronnos a onde agora estamos.
(Pois a min gustame a cadeliña, moito mais que a dona hahahaha)
Bicos Chousa
plas plas plás para a nena do paraugas!
Los políticos actuales no son mas que funcionarios de permiso (creo que lo llaman excedencia).
Un colectivo al que todos tienen miedo ya que suman mas de dos millones de llorones mimados. Si ellos nos trajeron hasta aqui que aora nos saquen.
Saludos de un Autonomo cabreado
Tú, anónimo, autónomo cabreado, si tan maravilloso te parece ser funcionario, ya sabes, prepara una oposición, preséntate y aprueba!, como puede hacer cualquier ciudadano.
pero qué coño crees tú que son los funcionarios? no son más que trabajadores como los demás, sólo que les pagan la Administración. Es un porcentaje pequeño de altos funcionarios, la mayoría somos mileuristas, que lo sepas. Durante la época de bonanza económica, cuando en el sector privado muchos empresarios ganaban dinero a espuertas, y los trabajadores capacitados conseguían unos sueldos suculentos, los funcionarios teníamos el sueldo congelado, y luego nos subían la mitad del IPC.
Probablemente al mismo tiempo, algunos empresarios cabreados, "omitían" emitir facturas con IVA, muy orgullosos de su doble contabilidad...
Y no generalices, que la clase política proviene tanto del sector privado como del público.
Hoxe flipei un pouco vendo na tele a festa de San Isidro. A Gran Vía madrileña, 1,5 km., cuberta por unha alfombra azul en época de crise.
Pódese afirmar que con ese gasto non empobrecemos un país, é verdade, o gran problema é que xa non sabemos prescindir deste tipo de cousas, que ao fin e ao cabo son chorradas que todas xuntas sí axudan a incrementar o déficit.
Seica vimos dunha costa abaixo, Mer; e semella que a inercia segue empurrando a gastar sen moita tasa.
Por iso flipamos, como moi ben dis.
Conviría, de paso que estreitan o cinto de moita xente, que as medidas de austeridade tivesen tamén repercursión non so nos salarios e nos servizos públicos.
A ver se o carro recibe a enerxía de xeito que faga andar as rodas, e non que tente tumbalo, esmagalo ou romperlle as troitoiras. E nesta tarefa é necesaria a forza de todos: goberno, oposición e cidadanía -empregados [da cousa pública e da cousa privada], autónomos, empresarios e canto bicho canta neste escenario-. Se cada vaca tira para un lado...ou rompe a chavella ou esgaza o xugo; pero dende logo o carro non vai andar.
Digo eu.
Anda que non te coñezo, prégote que pases polo meu blog que hoxe escribin na nosa lingua co gallo do día das Letras Galegas.
Unha aperta e grazas
PObre canciño!!! Non hai dereito, tío!!!
En canto a como están as cousas....dan asco. Aquí os únicos que importan son os acaudalados. Dóenme especialmente os recortes dos pensionistas e da axuda ao desenrolo.....Acabo de escoitar no radio que con menos do que se aportou para o rescate de Grecia, arranxaríanse os problemas de auga en TODO o mundo....
O can (ou cadela?) é de Antas?.
Espero que non sexades tan "dirrículos" como dicía un paisano meu.
No dos tempos, os que temos uns anos xa, os que xa pasamos por outra crise, estamos afeitos e veíamos que tiña que chegar.
É certo. Iamos chulos de mais e somos cans de palleiro, ainda que agora sexa unha raza recoñecida.
Bicos
La primavera este año, se hace desear, quizás esté esperando venir en una mejor ocasión...cuando recuperemos la cordura.
Bueeeeno, yo no pensaba que estaba en pleno verano, sabía que había tormenta y grandes nubarrones negros, aunque de repente, me cayó un rayo en toda la nariz y estoy cabreada.
La foto, una delicia de simpática, los vaqueros y el lazito rojo no puede ser más pijirili.
fdo. /una funcionaria recortada
A situación é certamente preocupante. Eu nunca tal acordo. E claro que custa moito ir cara atrás. Alguén tivo que facer as cousas mal para chegarmos a este punto. Hai metas nesta sociedade que é preciso redefinir para termos futuro e darlles futuro ás xeracións de mozos que están na procura dun traballo.
Eu procurarei cumprir coa miña parte e arrimar o ombreiro onde se precise, pero gustaríame saber que os que nos gobernan, gobernasen con sentidiño.
Apertas e bo Día das Letras
Todos cremos que somos intocables ata que nos dan de cheo: con pedigree ou sen el ( coma no meu caso ).
Feliz día das Letras !.
Todos e todas temos que poñerlle o "rabo ás cereixas". Ben sei que foron outros os que nos trouxeron a este deserto; pero seguramente primeiro hai que sair del e despois xa miraremos se os botamos ós pés dos camellos. Non vosparece?
Non fago copia-pega, pero subscribo todo, todiño, o que dixo a nena do paraugas!!! (aturuxo abouxador!!!)
ay!!! pero que lle fixeron a ese pobre canciño???
uuffff igual e que tamen lle regalaron o traxe jijijijiji
e si, si, haberia que pensar en esas pagas vitalicias de moitos que xa non son ninguen e costan moitos cartos que saen dos nosos petos. Si e que, mira que nos custa alimentalos a todos eh? os que entran, os que se quedan e os que saen e non marchan...
biquiños
O "tijeretazo" metíallo eu o disfraz desa cadeliña!
Bicos... os xustos ;)
Publicar un comentario