sábado, 28 de novembro de 2009

Maloserá

Non foi por azar que este país se desenvolvese como ten acontecido nos últimos anos.
A entorna que nos rodea ten moito que ver, certamente; pero sin duda o traballo cotiá de cada unha das persoas que compoñen o entramado social de Galicia foi o que permitiu estar -cos matices que se queiran- na punta de lanza do chamado primeiro mundo.
Porén non acabo eu de encaixar doadamente ese último eslogan publicitario de Gadis. Como aqueloutros que incitan a pensar que o deixamos todo nas mans da ventura, da sorte ou da resignación (éche o que hai, vaiche boa, tarde piaches...).
Entendo que, de ter sido así, hoxe andaríamos agarrados á rabela do arado romano e mallando na aira como fai 40 anos. Considero que entregarse cos ollos pechados cara un futuro ó berro de maloserá, simple e claramente, será malo.

Foto: Malla en Mancegar, 1961. (Non me busquedes, eu non mallei aquel día)

42 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Quería que fose por diante o meu recoñecemento á firma de Betanzos pola liña publicitaria que pon de relevo a excelencia de ser e vivir como galegos. Logrou romper moldes e impactar dentro de fora do país; pero nihil obstat que nesta ocasión me coste dar dixerido a palabra elexida.

A imaxe que hoxe levo nesta entrada, obviamente, non a fixen eu. Pero púxenlle o meu selo xa que pertence ó meu album familiar e, ademais, quédalle que nin diola a Chousa no curuto da meda

Carlosm dixo...

Pois a min o que nom me gusta nada e o tipo medio despelotado que antes puxeron tocando a gaita subido a un taxi amarelo ne New York e agora con coiros e cadeas no peito lampinho no Obradoiro. Som galego e nom me identifico con ele.
Alíás concordo contigo na apreciazón de que o anuncio non deixa indiferente a ninguem. Objetivo da publicidade, non si?

Que esclavas eran as malhas, meu. Polvo e palla por doquier.

Carlosm

paideleo dixo...

A ver se lembro o que escribira.
Supoño que no anuncio xogan coa retranca galega que afronta grandes problemas cun "maloserá" que minimiza calquera adversaria que se lle poña diante.
De todas formas estamos acostumados a luitar a diario e esta crise imos pasala.
Adiante sempre !.

Merce dixo...

Eu tamen penso, ou quero pensar que ten mais que ver coa retranca galega, ainda que... dame vergoña dicilo, pero ainda non vin o anuncio completo, a miña vida sumese no traballo de tal xeito que caseque non sei o que hai na tele, a non ser o "padre casares" que me trae tola :)

Os galegos somos de boa estirpe, ti cando pisas un toxo verdade que se ergue? ou ainda de seco teslle o seu aquel por se te clava :) nembargantes a sua flor foi dotada de fermosura e fraxilidade. Os galegos somos asi, sans e fortes, non ocultamos o que temos, e loitamos con nobreza. Cando un galego di que abre as portas da casa, de seguro que o seu corazon tamen ficará aberto.

Moreas de bicos :)

Anónimo dixo...

Teño un amigo que chama a iso do Ghadis nacionalismo de mortadela, e non lle tiro razón.
Que ben nos iría a todos se, ademais, todo o que se fai, se escribe e se papelea no Ghadis día a día fose tamén en galego, non só o que sae pola tele.
En fin, é unha opinión. Saúdos.

Zeltia dixo...

ainda veño ca cabeza cheiña de imaxes coma a da túa foto, e case dei un respingo cando se abre a chousa da alcandra e vexo a esa xente que mira cara a nós, facendo o palleiro!

... e que veño de volta dunha viaxe pola galicia dos anos 20. xa vexo que a túa foto é posterior, pero nese labor que están a facer, pouquiña cousa cambiara!
pois esa viaxe no tempo púdena facer a través de 400 fotografías de Ruth M. Anderson, que están nas sas da fundación caixa galicia.
por elas puden mirarlle ós ollos a leiteiras, pescadeiras, mariñeiros, tratantes de gando, vendedoras de queixos, mulleres con paxes, rapaces descalzos, nenas que van buscar auga á fonte, homes levando o carro de bois ou de vacas...
puiden ver xogar ós rapaces á buxaina, andar cos zancos, mirando os dulces do nadal nas confitarias...
asistir a esceas da vida cotiá na cociña, lavando a roupa, nas festas, nas procesións, arreglando as viñas, cocendo o pan, ferrando unha vaca, subindo persoas e cousas á cima do coche de línea vigo-santiago...
as fotos están clasificadas por apartados, como feiras e mercados, os traballos de mariñeiros e os do interior; oficios xa perdidos como as leiteiras (o augador!); costumes, vestidos...

paro, que estou lanzada. e que estou entusiasmada! vinte folios non me chegarían!
mais non é plan de extenderme. só dicir que estas fotos son todo un documento sociolóxico.
canta galicia querida!. daquelas xentes que vin, moitas con nomes e apelidos, veñen nosos pais, e vimos nós.
e algo non tan lonxano no tempo, pero a nósa vida canto mellorou... e que, miras aquelas xentes, e parece coma se miraramos agora algunhas aldeas perdidas esquecidas da civilización, ailladas nun mundo de seu.

e agora falamos dun anuncio dunha firma comercial que utiliza un malo será tan noso, que seguimos a dicilo.
eu non lle atopo esa connotación que dis tí,
para mín é todo o contrario:
un "malo será" implica un optimismo e confianza positiva en que as cousas han sair ben, malia que pinten mal...
e... malo será, ou?

por certo que cando nos escoitan esa expresión os de fora, pensan que "esperamos que sea malo o que pase", case coma que o afirmamos. e que é dificil deducir da frase "malo será", que significa precisamente o contrario

Zeltia dixo...

vaia! e digo eu no meu "escueto" comentario que non é plan de extenderme!
:-/

Deambulando con Artabria dixo...

Pois eu estou con Zeltia, eu utilizo esa expresión case a cotián, gustame e outro día cando vin o vídeo non puiden reprimir unha sorisa.....

Eu, cando a utilizo, non é por ser negativa, todo o contrario......esperamos que vaia todo ben, aínda que sexa no último momento (como un gol no minuto 90)

P.D. Por certo, xa que sabes onde vivo, direiche que non sei moi ben o que pasa na empresa, pero hai pintadas por todos lados que reclaman "Gadis en folga".

Deambulando con Artabria dixo...

por certo,

VIVAMOS COMO GALEGOS!!! :P

mariajesusparadela dixo...

Tamén eu estou a favor do "Malo será". E levo toda a vida loitando sen agardar que ninguén traballe por min. Pero ninguén me vai quitar ser optimista, que é o xeito máis intelixente de lle poñer cara á vida. Había unha pintada na rúa concello de Ourense que dicía "No te lamentes, enseña los dientes"; estoy aburrida de laios: loita, forza e "malo será" e que se afunda o carrefour...

Marisa dixo...

A imaxe tráeme algunhas
lembranzas das mallas
aínda que eu xa non as
vivín miña avoa contábame
que a seu pai chamábanno
para ir a canta-las
mallas. Golpe a golpe
como dí Serrat.

Os galegos sempre fomos
traballadores e fortes
coma buxos.

Biquiños.

fonsilleda dixo...

Aínda non ví o slogan de Gadis ¿tería que avergoñarme?, coido que non.
Aínda que moitas voces digan que "no hai enfermidades senón enfermos", esa maneira un poco nosa de vivir e deixar facelo e esa retranca, as veces gustanme moito.
As primeiras veces que saín de Galicia, moi nova, que orgullosa regresei ao comprobar que, polo menos as mulleres, estábamos moi por diante de as de moitísimos lugares.
Prestarei atención ao anuncio.
Bicos.

Ginebra dixo...

Me encanta leer el gallego y cuando lo oigo me gusta más. En la Raya se habla chapurrao, una mezcla de gallego , portugués y extremeño, es bien interesante. Data del siglo XII del galaico-portugués...
En fín, lo del eslogan no lo entendí.
El arado romano todavía es útil, pero nuestra agricultura ha cambiado ¿verdad?
Entrañable foto. Besitos

Markesa Merteuil dixo...

A mín gústame, porque precisamente se por algo destacamos os galegos e por ser emprendedores, por ser pioneiros, e malia que moitos din que nos acobardamos, é todo o contrario: cando alguén intenta poñernos os peros, sempre hai alguén ou nos mesmos que nos dice aquel: Malo será. E tiramos para adiante, e creamos, e apostamos por un futuro, porque cando cremos nalgo, malo será que non logremos os nosos obxectivos, porque sabemos como logralos, como poñerlles gañas e como conquistar metas.

Bicos.

Chousa da Alcandra dixo...

Para quen ainda non tivo ocasión de ver o spot na TV, pode botarlle un ollo aquí:

http://www.youtube.com/watch?v=w99iCf0ovk0

(Non hai duda que ten un sentido optimista da vida; pero eu sigo erre que erre con ese coa miña teima desta vez)

Maribel-bel dixo...

Non me atrevo a comentar. Gústanme as fotos, posta en escea, escrita...todo. Pero non quero que un comentario irónico(pola pegada no meu blog) sexa motivo de escándalo de troitas e "non troitas". Bicos, sempre dende a humildade, na chousa, no río e nos balos.

~pi dixo...

maloserá!!?

de facto não vou muito além das castanhas,

das estações e dalgumas tentativas de

vôo ra-so

de lugares, seus passados e

futuros,

pouco sei, muito calo e menos creio,

[ sim, ignorante, e ainda por cima,
não acredito em nenhuma
estatística,

bem,

e, como se não bastasse,

sou her

eje de todo,

,o meu nome sendo apenas uma sobremesa ( dessert

transmontana-bem-claramente-terra de-grannnnnnnnnde riqueza

local-izada :)






~

A.C. dixo...

Pois a min gústame o anuncio, que queres que che diga. Concordo contigo en que tal vez houbo outros mellores; pero sigo mirándoo e gústame. E o tipo en peito no Obradoiro está juapo juapo.

A foto da malla é xenial. Eu non tuven ocasión de vivilas, pero tal e como mas contou miña avoa, así a imaxinaba eu.
Un bico Chousa

HADEX dixo...

Estou dacordo. Sen embargo, a idiosincrasia do galego é máis complexa...penso que somos realmente difíciles de definir. Hai un texto de Reverte que lles poño moito aos meus alumnos. Non sei se o coñeces: Gallegos

Biocsss

Anónimo dixo...

Hola, soy hijo de gallegos que residimos fuera de Galicia desde mi más corta infancia. Visito tu blog con cierta frecuencia aunque nunca me atreví a participar en los comentarios. Entre otras razones debido a que no se escribir en gallego y ello me apena y me averguenza un poco. Pero esta vez, con esta foto que has puesto me hiciste transportarme a mi niñez en casa de mis abuelos. Recuerdo esas fotos en blanco y negro de duros trabajos agrícolas y...me has puesto melancólico. Gracias por escribir este blog. Gracias por acercarnos la Galicia de hoy y también la de ayer, con esa delicadeza, cariño y también retranca que le pones.
Del spot tengo que decirte que acabo de verlo ahora el youtube que pusiste. No tengo todavía una opinión formada.
Te reitero mi gratitud por esta aportación.
Un abrazo desde Valencia
Familia Lourenzo Ares

Anónimo dixo...

¡Vivan os trolls!

BRABIDO dixo...

O importante e vender e vender.

BRABIDO dixo...

Pido perdon pola miña ignorancia non sabia que cambiaras o sistema,maloserá que non mo poñas.

Sigo opinando o mesmo "vender e vender" e non mirar como.

Algo asi compañeiro.

Regaloche unha aperta

pitima dixo...

É certo que na idiosincrasia do galego hai resignación, pero non porque se deixe todo nas mans da ventura, non... Aquí se traballou e se traballa moito, moito...
O que pasa é que ás veces non hai nada que facer para cambiar as cousas, ou ó mellor non se protesta como se tería que facer, e esperamos "a ver qué pasa" e "malo será" que pase o peor...
Deberiamos ser máis guerrilleiros e defender máis o noso, eso é o criticable dos galegos, penso eu. E me meto no saco eh!
Vaiche boa gústame.. jaja. Estámosche ben tamén se di moito, moito, no meu entorno... jajaja
Gústanme as fotos antigas
e os ditos galegos
e o anuncio tamén me gusta
Me gusta todo, e así sempre estou contenta... ¿ves? jajaja

Moitos bicos, e maloserá que non te chegue algún...

matrioska_verde dixo...

pois a verdade é que tes razón no que argumentas no post pero o anuncio a mín gústame, é moi noso, alomenos por aquí díxe bastante, eu mesma o digo moito: "malo será", que non quere decir que se deixen as cousas ó azar , para nada, quere decir que nos non temos a derradeira verba.

podemos facer o que queramos porque ó final pasará o que teña que pasar.

eu creo totalmente no destino, mira ti.

e ademáis o rapaz do anuncio é moi guapiño, dígocho eu que o vin desfilar nunha pasarela, xa que gañou o título de Miss Odeón 2009, o centro comercial que está preto da miña casa, e ademáis é xa pra rematar nese concurso estaba tamén a miña filla (cousas da idade)... ela non gañou nada, e que os xuices non teñen ollos na cara je je je (paixón de nai).

biquiños e que teñas unha boa semana, que saques moitas fotos e eu que as vexa.

p.d.: ó respecto de ler esos libros que dís non hai problema, cando queiras... La Odisea non a leín, pero sí leín La Ilíada e La Eneida... hai tantos anos que casi nin me lembro de nada... e que fixen o BUP e o COU por letras puras

susana moo dixo...

Hoxe vou ser troita boiña: o gaiteiro subido a un taxi amarelo en New York desenrolou en min un agarimo á Galiza e mailos galegos moi entrañable, e agora con coiros e cadeas no peito lampinho no Obradoiro unha morriña de visitar a Catedral que non vexas.

Dilaida dixo...

"Maloserá" gústame, e non considero que sexa unha expresión pesimista senón todo o contrario, é optimista e vén dar a entender que os galegos somos capaces de todo se no lo propoñemos.
Bicos

maruxiña dixo...

eu coma case sempre veño a levarche a contraria rapaz (tantos defectos non sei se me serán perdoados nen sendo de Chantada... maloserá jijijiji). a mín gustoume o spot e vinme reflexada nel, de feito sen darme conta uso moito esa fórmula. Supoño que todo dependerá de como se miren as cousas.

Biquiños rapaz!!!

Bolboreteira dixo...

Pois a min o spot gústame.O anterior a este tamén me gustou,A finalidade é vender , por suposto, pero creo que o fan dunha forma bastante intelixente e iso é de valorar.
O de malo será, non o vexo como deixadez ou confianza no azar, vexo máis como un signo de optimismo o que leva a poñer empeño a facer cousas para conseguir obxectivo.Pero eu son algo flower power..
Un bico grande.

fonsilleda dixo...

Chousa, grazas por poñer o anuncio porque aínda non tiven oportunidade de velo e, que queres, non me parece tan mal
É un xeito como calquera outra de facer propaganda usando ¿topicos?, bo si, pero tampouco é tan malo.
E, hai algunhas escenas estupendas.
¡Ánimo home!, ¡malo será que non escampe!

vermella dixo...

Ao anuncio en sí hai que recoñecerlle a súa gracia,pero non deixa de ser iso un anuncio,porque nos supermercados en questión non se fomentan os productos galegos a non ser nas campañas propias,é maís doado atopar patacas valencianas que de aquí e cando as teñen véndenas cunha marxe de beneficio que non ve o colleiteiro...
por outro lado o gaiteiro cas cadeiñas non é para tanto, o día da grabación eu estaba en Santiago e sin fotoshop non vale un peso...

Maloserá que cas ganacias que lle proporcionen as vendas do Nadal non poidan facer frente a revisión salarial que demandan os sindicatos e os seus empregados que galegos si pero non viven nun anuncio.
bico.

Cuspedepita dixo...

Boh, pois eu escoitei ese anuncio algunha vez, mentres facía outra cousa, e pareceume que xa se repiten algo máis da conta na fórmula.
E, xa que puxeche o enlace, vou ver como está logo o rapaz das cadeas ;-), porque escoiteino, pero non o vin. De cando facía de gaiteiro non teño maior lembranza (vese que non me impresionou moito).

Chuchiños (e miles de gracias por certo comentario que deixaches en certo post sobre Marín ;-))

Chousa da Alcandra dixo...

Observo que maioritariamente o spot de Gadis ten o voso beneplácito. Acepto a derrota, pero teño a sensación de seguir en posesión da razón (seica son Leo, e iso marca moito).

Con todo, se tal anuncio fai despertar un atisbo de país, unha sensación de pobo, unha unidade arredor da lingua, unha conciencia de que somos xente loitadora, forte, unha estirpe de vencedores...Entón este país noso ten futuro. Malo será!

-------

E como quen non quere a cousa, xa podedes ir arrincando outra folla ó almanaque. E parece que foi antonte cando iamos de entroido...

An dixo...

A min Gadis paréceme que se aproveita do galego para facerse promoción, logo ves os seus andeis e nin unha verba en galego...Saúdos e apertas.

matrioska_verde dixo...

és teimudo, Chousa.. gústame a xente que ten fortes conviccóns... creo que e algo bó.

eu tamén son moi moi teumida, son unha cabra (Capricornio).

biquiños,

Merce dixo...

Graciñas polo enlace ao youtube :)

Encantoume o debate ;)

Bicos

Chousa da Alcandra dixo...

An: Algo diso hai tamén, si. Ainda que, boeno, se a liña publicitaria tira do carro do país/lingua...benvida sexa; non é?

Aldabra: Unha cabra e un león. Mimá, que boa parella faríamos!. Ou pensas que te paparía moi axiña? jajaja

Merce: A min tamén me gustou o debate; ainda que, entre o outono que me está deixando sen follas e os comentaristas que me acribillaron cos seus argumentos a favor do maloserá, quedei medio desplumado. Pero heime recuperar eh; malo será, carallo!!!!

matrioska_verde dixo...

Perdoa, rapaz, pero non poderías collerme, antes de que me colleras tiraríame a rolo polas penas abaixo... je je je.

biquiños e boas noites.

p.d.: nin conta me dín do título da canción, mais tes razón en que o título se presta a "verdes" interpretaciós.

An dixo...

Ccoido que o anuncio ese non supon un beneficio pra Galiza, ée máis, creo que redunda en tópicos que fan que os demáis nos vexa como bechos raros, e si, temos as nosas peculiaridades, pero non abusamos delas, somos unha cultura moito máis rrica que catro "coletillas" Saúdos.

xenevra dixo...

aínda que xa está case todo dito deixo pegada do paso:
creo que a expresión é máis retranqueira ca outra cousa (por certo, ninguén dixo que a retranca sexa algo negativo, todo o contrario). estamos afeitos a facer o que temos que facer sen axudas, por nós mesmos, e saírmos sempre das situacións máis coutantes. de aí o "malo será". Cando nos poñen o mundo moi neghro, moi neghro, nós tiramos cara diante cun sorriso e un "malo será, nunca choveu que non escampase".

é certo que os da cadea de supermercados podían ter feito moito máis, pero... qué sería deste país se os dirixentes fosen quen de elaborar campañas deste tipo para tirarnos o pano dos ollos e non tibios Entre nós, en galego que ninguén recorda, que ninguén ve, e do que ninguén comenta.

A foto: unha pasada

A Ulloa en fotos dixo...

Vaia, estiven a mirar a foto por si era a máquina de mallar do meu avó pero non debe ser porque non é el o que está na máquina.

¿De quen era esa máquina?

Chousa da Alcandra dixo...

Xa preguntarei de quen era a máquina. A ver se miña tía sabe a resposta...