xoves, 1 de outubro de 2009

Escándalo

A sociedade está en plena voráxine fervescente polos acontecementos económicos que nos cuspen con periodicidade enfermiza en cada noticiario, xornal ou informativo de televisión.
Semella que os medios están unicamente pendurados do tendedeiro das miradas para aportar noticias malas, nefastas ou tráxicas. Depende da liña editorial de cada quen.
Agora racha a monotonía a multimillonaria prexubilación dun banqueiro que onte andaba pedindo coa pucha rachada nas portas do Banco de España...
E todo isto acontece, mentras nas silveiras de Antas pérdense as amoras sin que ninguén as apañe. Un escándalo.

Foto: Amor_as de Antas. Se gustades...hai self services ben distribuidos.

37 comentarios:

matrioska_verde dixo...

¿moras ou amoras?

de pequeña as collía polas silveiras... pero agora xa son maior e dame medo... hai moito bicho solto agochado polas silvas e polos toxos.

biquiños,

Antón de Muros dixo...

Hai que ter coidado.
Non quixera ficar esfurricado ;-)

Unha aperta.

Antón.

Elvira Carvalho dixo...

E eu que gosto tanto de amoras. Quanto às notícias, realmente são cada dia pior. Mas sabe de uma coisa. Não são os jornalistas que têm mau gosto. Eles escrevem aquilo que vende.
Infelizmente o povo não gosta de histórias felizes. Ou pelo menos não paga por elas. Ensinamos isso aos nossos filhos de pequeninos. Já reparou nas histórias infantis? Branca de neve só é história enquanto a menina é vitima da maldade da rainha. Quando o príncipe vem o que acontece.
Casam e vivem felizes para sempre.
E não há mais história. O mesmo acontece com todas as outras.
Ninguém quer saber de felicidade.
Um abraço

Dilaida dixo...

Que boas que están as moras!!! Pero agora ninguén as quere e sabes por qué?.
Eu penso que temos moita variedade "de froita" e ademais non temos fame.
Ai, se fose hai 40 anos!
Bicos

maruxiña dixo...

Con amoras faciamos os raparigos unhas tartas ben ricas fai anos, pero agora co diaño do pesticida hai que andar con ollo, tamén coas noticias hai que andar con ollo, tenche o mesmo veleno unha cousa ca outra, ains...


Biquiños rapaz!!!

Lili dixo...

A verdá, non che ai como ir polo monte e atopar unha silveira e comer unhas poucas desas que xa están maduras... mmm!

O demais, en fin... Prefiro pensar nas moras que alegran o dia ;)

HADEX dixo...

A min xa me da a risa vendo, lendo e escoitando algunhas noticias...pero unha risa amarga...

Pois hei de levar aos meus animaliños a Antas para apañar as moras logo....O burriño e a cabra devecen por elas, hehehe....e ao can grande, Buxo, acostumámolo dende pequeno a collelas, tes que ver con que xeito as apaña....O can pequeno é demasiado fino, non se pincha....saliume de clase alta como o prexubilado ese....


Bicossss

paideleo dixo...

Todos a falar de cartos e deixan apodrecer as moras das silveiras que non hai cartos que as paguen.

Unknown dixo...

As moras recordanme cando era pequeñina, na casa da minha aboa sempre ibamos a collerlas e logo enchiamos os tazóns co elas e con azúcar.Que ricas estaban!

Dende os meus 12 o 13 años, nos as voltei a probar...

Bicos

susana moo dixo...

E lo a que andades a pensar os de Antas?
Eu xa apañei cantas atopei, que por aquí tamén hainas, e papeinas e quedoume a barriga contenta e a lingua de tan vermella case negra.

Eu quero un deses self services, ben distribuido.

Paz Zeltia dixo...

hai uns meses que decidín non ver telediarios nin ás horas de comer, nen as noticias da mañan (mentres ando a bulir pola casa porque chego tarde a traballar). O outro día quebrantei esa regra (hai que quebrantar incluso as que un se pon a sí mesmo, ou esas ainda máis que as outras), ¡e moito me arrepentín! 15 minutos de desgracias seguidas e malas noticias, a razón de 30 seg. por desgracia!
recordei enseguida por qué non quería oir as noticias.
para enterarme un pouco do que pasa por o mundo, aproveito os momentos nos que me atopo un pouquiño forte e vou ler directamente aquilo que me interesa especialmente, ou do que anda a falar todo o mundo nas barras dos bares, que é o mintideiro que leva o termómetro social...
en canto ás moras, sairianme un pouco caras se fose collelas a Antas, compre mirar polo planeta e non gastar 20 euros de gasolina para unha mandiña de amoras!
pero heinas coller polos arredores da Coruña, e xa che contarei se me prestaron!
bo proveito!

Carmen Graña Barreiro dixo...

Sen dúbida que é un escándalo!! Que ninguén apañe esas amoras tan boas non ten perdón de Deus, nin de min, que xa me quixera botar ao monte a por elas.
Bicos

Bolboreteira dixo...

mmmmmmmmmmmmmm!! amoras!!!
Qué ricas!! Unha grande pena que se perdad, como poda este fin de semana bótome os camiños a apañar unhas pouquiñas.
Bicos!

fonsilleda dixo...

Asegúroche que cando vexo unha silveira con mouras, eu as apaño.
Si é un total escándalo. Pobriño o banqueiro e coa súa "liquidación" non sei que vai facer como poderá vivir.
Na foto, as amoriñas están ben lucidas.
Bicos.

pitima dixo...

Mira tí.. unha paisaxe doce e xugosa... ;P
Eu xa sabía que tiña que caer unha fotiño con amoras por estes lares.

Tampouco deixo pasar silveira con amoras sen apañar. Polo menos se se pode, pero xa vexo que ahí en Antas nadades na abundancia e deixades podrecer os frutos... un escándalo, sí...
E as boas novas hainas, o que pasa e que a maioría non lles da importancia, fíxate que lles parecen cousas normales. As cousas boas, as que nos fan felices, como que parecen cursis cando as contas... xavestí... jaja
Tamén hai quen toma como mala nova a felicidade allea, tamén...
Haiche de todo no Viñedo do Señor ese dos ricos.
Un bico activo, aínda sen xubilar...
(Por certo, eu non me enterei, claro que tampouco son asidua dos telexornais..)

Xosé de Belfasís dixo...

Dende hai tempo paréceme que o Goberno está producindo (aproveitando que había moito millo vello no hórreo, cando se acabe xa veremos ) unha sociedade de “come sopaboba”, e que nos sae moi cara aos que aínda traballamos. Para manter o graneiro de votos están espremendo ao cidadán , aos autónomos, labregos, pequenos empresarios e traballadores asalariados, namentras lle enchen ben o bandullo aos banqueiros, protexen aos especuladores e beneficias aos grandes patrimonios.
O das amoras e outro cantar… Lembro de neno ir ás escondidas ao chinero, coller uns sobres de azucre sen que se decatara miña nai, e ir con algún amigo ao monte, coller amoras, esmagalas riba dunha laxe co azucre e papalas… ¡Eso si que era luxo e non as xubilacións do BBVA!

pitima dixo...

E claro, agora que o penso, por iso mesmo as malas novas teñen máis éxito: porque fan as nosas vidas mellores ó comparar... jajaja. Alívianos pensar que hai quen está moito peor que nos... e claro que os hai...

Boeno, e que somos malos, vai ser eso..

Avelaíña dixo...

Ao ver a foto veume un recordo: a banda do parque (así nos chamábamos ou facíamos chamar de críos)pedaleando na bicicleta, unha tarde de setembro calquera, en busca de moras que apañar. á volta algún volvía con rabuñazos na cara e unha indixestión de narices.
Amora ao revés: aroma.

Chousa da Alcandra dixo...

Aldabra: Aquí decímoslles amoras. Será por lembrar que o amor tamén pode andar polas silveiras jajaja. Algúen me di máis abaixo que AMORA do revés é AROMA...Lembras o arrecendo das amoras?

Antón de Muros: Hai que comer as maduras e deixarlles tempo ás verdes. Así non hai perigo de esfurricadura!

Elvira Carvalho: Bo exemplo o que citas coa historia de Brancaneves e doutros contos infantís. So logran manter o interese mentras hai perigos. Cando son felices e comen perdices...xa non manten a atención dos lectores...

Dilaida: Fai 40 anos estarían apañadas e ben apañadas. Hoxe fan pingar as silvas ata o chan co peso da froita silvestre que son. Eu, como son un neno, ainda as como. Esas que faltan na foto...forman parte deste escrito de hoxe jajaja

Maruxiña: Certamente que hai venenos herbicidas e outros que son tan malignos como aqueles.
Non hai amoras por Chantada?. Volve facer esa tarta un día. Verás como che trae lembranzas a través do padal.

Alodia: Mellor quedar coas amoras e o seu sabor, si. O regusto das noticias non é nada agradable. Mesmo semellan as espiñas que arrodean o froito da silveira...

Hadex: Pois sí que tés ti uns animaliños ben espabilados!!!. Así poden papar froita sin ir á froitería. Mira ti que aforradores.
E se os traes por Antas terán onde reparar un bo anaco. Silveiras tamén hai.

Paideleo: Esa era a idea. Manda carallo, á que si? Toneladas de amoras apodrecendo diante dos nosos ollos e nós...sacudindo outras froitas. Así somos.

Ana: Pois se queres fago un envío rápido a Vigo para que volvas degustalas. Por Antas pasa a liña de buses Lugo-Vigo; así que...so hai que facer o pedido e xastá jajaja

Susana Moo: Non che podo revelar en que andamos a pensar os de Antas, que é materia reservada. En todo caso sí che podo dar ideas de como chegar a ter un self service destes no teu xardín para que poidas poñerte morada coas amoras...

Zeltia: Si oh, que vas ti comparar as amoras dos arredores da Coruña coas de Antas!!!. Non ves que as da Coru ata deben falar castelán cando as comes?. Quita quita. Non me sexas tan tacaña e fai un pedido express que tamén as mando á cidade herculina!

Carmen: Botémonos todos ó monte!. Fagamos un chamamento público para apañar amoras!!. E despois todos quedaremos coa lingua negra como Susana i esa será a nosa marca (en plan Rolling Stones da morería)

Bolboreteira: Eso, eso; todos a retomar o polvo dos camiños (ollo, e non confundir o polvo dos camiños cos camiños do polvo!).
Todo aquel que apañe amoras esta fin de semana, a relatar os seus sabores!

Fonsilleda: Ao banqueiro prexubilado e ricachón había que alimentalo con amoras verdes durante quince días. A ver se así se esfurricaba, como di Antón.

Pitima: Adiviñáchesme a imaxe eh. Boeno, xa tocaba. Axiña virán as castañas tamén...
Reitero o convite de ir ó polvo dos camiños (por esa orde, que xastamos outra vez pensando mal!!!) para apañar e comer amoriñas estes días de outono.

Xosé de Belfasís: A sopa boba é a que nos dan ás veces, pero sae a prezo de caldo de repolo con touciño e chourizo!.
Espero que, alomenos, teña algún fideo polo medio e un pouco de avecrem na auguiña.

DiarioDunhaEscritora: Os rabuñazos non doen cando son feitos con gusto. E as indixestións tampouco fan doer o estómago cando queda o cosquilleo de telo pasado ben.
(Moi sutil a escritora captando ese palíndromo no que, debo confesar, non tiña reparado).

Markesa Merteuil dixo...

Non sei se montar un banquiño ou algo.

Paz Zeltia dixo...

viches como todos os anos me pasa o mesmo?

pois xa que as de aquí son tan malas, según tí, non sexas tacaño e regaláme logho unha cestiña desas magníficas, espléndidas, espectaculares, asombrosas, especiales e únicas amoras de antas!

:-)

Chousa da Alcandra dixo...

Markesa Merteuil: E non pensaches que tamén podía ser alguén ;-)

(Ahhhhh, que ti estabas a pensar na pensión do tipo ese de apelido impronunciable. Joder!, en que estaría pensando eu...)

Chousa da Alcandra dixo...

Vale, Zeltia. Mañán apáñoas e xa as envío polo furgón virtual coa seguinte nota:
Para entregar a Zeltia en A Coruña.
Chegaranche?

Paz Zeltia dixo...

pois claro!, ¿e non ían chegar, se a min coñéceme todo o mundo!
hasta un día,
ía eu con Brad Pitt dando un paseo pola rua,
e toda a xente se volvía a mirar cara a nós,
e preguntaban:

¿quen será ese mozo tan guapo que vai con Zeltia?

Raposo dixo...

A primeira noticia paréceme do mais normaliño nos tempos que corren.
Agora ben, o das amoras eso si que non ten perdón de deus.

Deambulando con Artabria dixo...

Que ninguén as recolles??? Alá voooooooooooouuuuuuuuuuuuuuu!!!

~pi dixo...

? todos usamos

agora

branquea-dor-)den-tal ]

am oras

cheir am

pint am

pic am

suj am os dedos

adoça m

? am ar-am or(as,

colhê-las ainda

assim

na língua escura

,dos dedos

pálidos,





~

abueloscrisytoño dixo...

As amouras, se as pesco eu non che dá tempo nin a facer a foto e se as pesca unha das miñas fillas faiche unha torta que te chupas os dedos. Estes de o diñeiro só chupan os dedos para contalo
En canto ao da miña foto é certo son igualita cos rizos e todo e iso que para Novembro xa cumpro 60 Os nenos de agora non teñen fotos coloreadas. Un saudo
A.Cris

Kim Basinguer dixo...

Ninguen, non que eu xa apañei unhas cantas este verán.
Son unha namorada dás mouras e seria un escandalo deixalas.
Zeltiña... ¿cando vas a Coruña con ese mozo para tomar un café?

Noa dixo...

non sempr o urxente é o importante. as de Salcedo tamén se perden, e nin xiquera eu son quen de collelas para facer licor (que mira que gusta...)

Barreira dixo...

Tes toda a razón. Onde imos parar. A culpa é do Arguiñano non facer platos con amor_as.
Saudos

paidovento dixo...

Os medios de comunicación (des)informan sobre o que lles convén, hai que andar coa peneira lista para non deixarse convencer. Canto ás amoras, hoxe abundan máis ca nunca polo abandono do rural. Unha mágoa.

LM dixo...

pois eu devo ser do lado pobre da parroquia porque já levamos umas quantas tortas e mermeladas de moras... e bem ricas que estam!

beijos

abueloscrisytoño dixo...

Pasei para saudar esas amouras tiveron éxito ¡cantos comentarios!
Un saudo.
A.cris

Markesa Merteuil dixo...

Tanto monta, monta tanto... :D

Chousa da Alcandra dixo...

Marquesa Merteuil: Isabel como Fernando!. Debían pasalo ben na Corte eses dous, si...

Abueloscrisytoño: Un acio de amoras de Antas como ese, tiña que dar para uns cantos comentarios!!!. Estaban boísimas, incluso as verdes!

LM: Apúntame no teu barrio da parroquia pobre; que eu tamén zampei unhas cantas présas delas.

Paidovento: Certo que hai que ter a peneira sempre disposta para cimbreala a fin de saber separar o farelo da fariña!

Barreira: Pois sí señor!, había que mandarlle ó Arguiñano unha proposta con amoras de Antas. Deixámoslle aquí o recado...

Noa: Hai importancias urxentes e urxencias importantes. Jajajaja. Hai de todo!

Kim Bassinger: Ala carallo, ti o que querías é convidar ó Brad Pitt a comer amoras eh,pillabana?

~pi : A lingua escura de dedos pálidos. Que fermosa composición!. Ten dedos a lingua?. Carallo, vaia elemento máis completiño que temos...

Artabria: Estiven mirando e non te vin apañando nelas eh.

Raposo: Verdade que é de xulgado de garda?

Zeltia: Non é de estrañar. Quén carallo é ese Pit?

vermella dixo...

Eu tamén quero amoras,acordeime cando de nena íamos a apañalas miña nai dicía:as negras á faldriqueira e as vermellas na silveira.....
bico.