domingo, 27 de setembro de 2009

Fiscalidade

Seica andivemos moito de festa e agora toca recoller a mesa, lavar a louza, gardar os cubiertos e facer contas. Unha carallada!
E disque imos ter que pagar a escote (ocúrreseme mellor acepción para admirar esta palabra...), así que ide afloxando todos as carteiras.
Parece lóxico que teñamos que poñer todos; pero nós, que sempre fomos algo formiguiñas e convencéronnos de que había que ser cigarras, agora veñen coa tocata de que hai que voltar a ser formigas. E o que máis me amola é pensar que tal vez catro pillabáns sigan sendo cigarras á conta de todo o formigueiro...

Foto: Cigarra de Antas nos primeiros de outono. O verán rematou

54 comentarios:

Carlosm dixo...

A metamorfose de formiga a cigarra foi doada de facer. Agora já veremos se somos igual de valentes para a viceversa.
E logo en cales pillabáns estás a pensar, ou non o qués dicir?

Carlosm dixo...

Agrandei a foto e fixeime nos ollos da cigarra. Joder, seméllaseme a alguén conhecido e non lembro a quen...

fonsilleda dixo...

¡Ai Chousiña! (no meu pobo había un Chousiño, que era un lugar, non un home como ti), as caralladas case nunca saen ben, salvo as que son entre amigos. O triste é que algunhos notabamos, sabiamos que algo tiña que suceder: demasiada alegría, demasiadas cigarras contentas sen motivo.
Esas cigarras que seguen e que agora son máis cigarras aínda, volverán pedir "escote" e elas libraranse. Coma sempre
Bicos.

P.D. Elia, Seixo, Xalundes é a miña filla e ¡que vou dicir!, gústame o seu ollo e a súa mirada.

Cuspedepita dixo...

Ten conta da chicharra que non patique moito no asfalto, que como se faga un bache... ¡vannos pedir escote para tapalo e a miña carteira xa non da máis de sí!

Chuchos (IVA icluído, anque sexa do 18%)

Barreira dixo...

Acaban dicindo que temos que ser formigas cando xa non queda outra. Mentres tanto afirman que seguiremos sendo cigarras por sempre xamais e que as antigas cigarras (as que son de verdade) van ser formigas. E todo isto temporalmente.
Pois nin temporalmente nin rabo de galo. As formigas seguen sendo formigas e as cigarras seguen sendo cigarras. Eso sí, agora as formigas van que ter que traballar moito mais para que as cigarras non perdan o seu estatus.
Saudos.

Markesa Merteuil dixo...

Sabes? Moitos foron incapaces de ser cigarras e, malia que continuaron sendo formigas, agora pídeselles un esforzo máis.

A.C. dixo...

Si, agora todos a pagar a desfeita das cigarras, cantando durante veráns sabáticos continuos.
Seguro que tes razón: vaiche seguir habendo cigarrons que vivan á nosa costa. Mal que nos pese.
(A saber en que escotes andarás ti pensando)

Bicos

Zeltia dixo...

que raio! eu non fun formiga na vida! nunca aforrei un peso. cando hai que pasar necesidade pásase. e hale.
...agora que, desa clase de cigarras que falades non debo ser tampouco...

chousa e como fixeches para que o bicho se estivese quieto para quitarlle a foto tan cerquiña?

Carlosm: a saber qué xente coñecerás tí, con eses ollos!

Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia: Pois hai que aforrar, nena. Seica nunca oiches falar de ter "millo vello" no hórreo?. Pois eso mesmo pasoulles aos banqueiros do mundo mundial e agora témblanlles as pernas como xuncos.
E para fotografiar á cigarra de tan perto...pero ti non sabes que un encantador de serpes ten moitos recursos aplicables a outras especies?
A Carlosm con eso dos ollos xa lle pregunto eu tamén jajaja

A.C.: Claro que estivemos de veráns sabáticos ininterrumpidos e agora toca cambio de tercio. E veñen coas banderillas. E o que virá despois...
Dos escotes non che digo nada, que despois sábese todo.

Markesa Merteuil: Seino seino. E por iso me sinto na obriga de convertirme nunha formiga (pódese dicir formigo?) moito máis laboriosa. Aportarei todo o que me toque; pero...gustoume tanto ser cigarra...que, cando se poida...que me avisen para volver coller o traxe cigarrón!

Barreira: Ti sabes moito do catecismo como para ir postulándote como sancristán. Déixate de landainas e colle a alba e maila casulla que imos dicir misa!
Manda tocar a campá, que eu concelebro contigo.

Cuspedepita: Nese punto o asfalto é duro de roer para as patas da cigarriña. A pobre sentíase indefensa entre cuneta e cuneta; pero ainda así tivo que facer dous descansos para poder atravesar a carretera.
Chuchos co 18% incluido tamén.

Fonsilleda: A Chousa da Alcandra tamén é un lugar. Un sitio que ten moitas lembranzas de cando era neno (e menos neno). Tomeino prestado para darlle nome a este recunchiño de confidencias e algarabías.
Dalle parabéns a esa tua filla que tan bo ollo ten para a fotografía (e seguro que para outras lerias tamén...).

Carlosm: Pois o do tipo ese ó que che se semellan os ollos da cigarra vas ter que decirmo ti. A min so me lembra películas de terror.
E falando de metamorfoses, aquí quen pregunta son eu carallo; que para iso son o "dono" do blog; así que eses pillabáns que digo son os que todos pensamos. Ou?

Dilaida dixo...

Home case que tes razón co que dis pero a min a da foto non me parece unha chicharra máis ben paréceme unha barbantesa ou parraguesa, sabes... aquela que a femia merenda ao macho.
Bicos

Doutora Seymour dixo...

Iso pasa por que nos convenceron de que os bos dos contos sempre gañaban. Co atractivos que eran (son) os malos, non hai máis que ver esa cigarra, ese ollar, esas pernas musculadas, e comparala cunha formiga. Non hai color.

HADEX dixo...

A min a cigarra da foto (insisto, a da foto) paréceme moi fermosa....Ademais ten un traxe de camuflaxe absolutamente caralludo...

Só direi que a ausencia de esquerda neste país é absolutamente demoledora.
(Sabes que Quintana fichou como tertuliano da COPE?)

Bicossssss.

abueloscrisytoño dixo...

Moitas grazas Chousa, tipos como ti merecen o noso respecto e admiración. Desexámosche o mellor. Un abrazo. A.Cris

maruxiña dixo...

Eu xa me cheiraba que nos ía tocar pagar os que menos fixemos para chegar a esta situación, pero como boa galega direi "éche o que hai"

Biquiños rapaz!!!

~pi dixo...

sou e serei cigarra

] e não desejo

mutações,

nem curto ilusões

nem puxo

cestinhos-de-comida

para glutões

gosto de verde,

de saltar,

de dançar

e de comer al-faces e

agri-ões :)




~

Moraima dixo...

Tocanos pringar ós que menos temos... Chegan ó poder coas arcas cheas... e agora de repente... non hai nada... e quenes pagan?? esas persoas as que lles custa chegar a fin de mes..

E digo eu... ós ricos (xogadores de fútbol, cantantes etc...) afectaralles en algo??

Bicos dende terras Morracenses!

Anónimo dixo...

Buena reflexión y muy aguda comparación del cuento de la cigarra y la hormiga.

Un saludo de una gallega en Madrid que le gusta venir a refrescarse a la Chousa con las bonitas imágenes que nos regalas y que me hacen recordar tanto a esa querida tierra. Muchas gracias por acercarnosla así, con esa gracia y retranca que le pones.
Biquiños

Carmen B.

Bolboreteira dixo...

Pois si!
Se formiga era formiga me quedei. Sen ánimos de ser victimista..pero.. sempre nos toca os mesmos chincharnos.Xa deberiamos estar acostumbrados.
Bicos.

Chousa da Alcandra dixo...

Hai cousas que nunca dan feito callo. Nunca nos poderemos afacer a que primeiro brinquen cos nosos cartos cando os gastamos e despois teñamos que volver pagar a conta cando os gastan eles. Hai que joderse co telexornal-noite!

Xosé dixo...

A min persoalmente non me gusta a imaxe da cigarra que provén da fábula de Samaniego e que a describe como un arquetipo de vagancia e ociosidade. Prefiro a de Platón, que as describe coma a metamorfose dunha primitiva linaxe de homes que morreron por esquecer comer ante a alegría de ter inventado o canto. Así a formiga pode transportar o seu peso unhas cantas veces, pero a cigarra aliméntase de resío e o seu canto e divino. Segundo o diccionario o nome axeitado non sería cigarra ,senón parásito ( vive ocioso e a conta dos demais).

pitima dixo...

Alguén nos ten que entreter co seu espectáculo. A cigarra é unha artista..
Eu querería ser cigarra, pero coido que me falta talento...
Formiga tampouco son...
Os cartos non sei quén os ten, coido que o banco, coma sempre...
Eso sí... a mi que non me digan o que teño que ser que entón a fastidiamos eh!
Boa foto!!

Deambulando con Artabria dixo...

Din por ahí, expertos economistas, que non había outra solución. Eu dende logo non teño moitos ingresos, así que preferiría que lle subiran os impostos os de poder adquisitivo alto.

Dende logo, ZP xa non ten máis o meu voto. Cambiareime para Izquierda Unida, logo.

Chousa da Alcandra dixo...

Pitima: E logo cando asignaban papeis para a obra de teatro da escola...qué?. Pois agora ven sendo o mesmo, solo que o director de reparto é o que se queda coa pasta da taquilla.
E con respecto ó teu talento...todo che é poñerse. Podes ensaiar un par de días na nave espacial esa que tes na casa e despois lanzarte direitamente ó estrelato!. Bicos espectaculares logo

Xosé: Ti ben sabes que as versións platónicas da vida acaban por ficar niso precisamente. Claro que finalmente o diccionario pon ó bicho verde no sei sitio; ainda que non hai que negarlle que pasar pásao que nin diola mentras lle dura a cousa.

Bolboreteira: Pois ti, co bonito voar que tés, non me digas que non podes observar dende esa posición privilexiada se hai outras alternativas diferentes a ter que andar carrexando pesadas cargas cara o formigueiro que despois outros virán espoliar...Anda, alíate con nós e avísanos...

Carmen B.: Pois é todo un pracer saber da tua lectura e do agrado que che causa. Non fago máis que divertirme con esta ferramentiña tan xenial que permite pensar en alto de cando en vez; e dicir algunha parvadiña de vez en cando. Bicos frescos do país tamén para ti.

Moraima: O gran capital nunca se resinte dos males que sofren os estratos inferiores. So ten pequenos meneiños cando presinte que vai gañar algo menos e por iso da coletazos.
Eu pregúntome se non poderíamos ser unha combinación de "formigarra" para poder cantar algo despois da faena...

~pi : Pois así me gusta!. Unha cigarra con decisión, alevosía e diurna (supoño que de noite tamén o serás).
Eu, cando medre, tamén quero ser cigarra (femia, xa que din que ós machos que os papan despois da festa do amor...)

Maruxiña: A resignación pode ser unha boa terapia neste caso, xa que agora non queda moito máis camiño que si ou si.
Moito me gusta cando me saúdas decíndome "rapaz". E que me identifico tan ben co nome que mesmo me parece que sae da pantalla a chamada...Bicos de Antas!

abueloscrisytoño: O respeto e admiración merecédelo vos, polo voso amor desinteresado e pola xenial traballo que estades a realizar.
Cada un de nós so poñemos un granciño de formiga nese grande formigueiro de solidariedade que vós estades tecendo. Parabéns e moita sorte na iniciativa!

Hadex: E madia leva a gustarche a cigarra da foto. Non ves que é unha Cigarra de Antas????.
E claro que vin a fichaxe de Quintana pola Cope...que che vou contar que non teñas pensado xa!!.

Doutora Seymour: Puxo vostede o dedo na mancadura: os malos somos os bos!. Já; logo podemos concluir que os bós son os malos?. Ou viña vostede a concluir que os malos molan?
Sexa como fose, dende o seu comentario xa lle vexo eu un novo sexapil ó bicho verde este que fotografiei antonte camiño de Vilapoupre (vaia muslámen que ten...)

Dilaida: Eso de comer ó macho despois da cópula debe ser unha das demostracións de amor máis frenéticas e intensas que hai. Penso que a femia, levada dunha paixón irrefrenable, non pode evitar facelo seu de xeito absoluto.
(O certo é que ser "cigarro" ten que ser jodido. Ou morres queimado ou comido!)

Chousa da Alcandra dixo...

Artabria: Pero muller, ti non ves que a subida da carga impositiva vainos incentivar para traballar máis coa fin de obter máis ingresos e así poder gastar máis?. O goberno solo pensa no nóso ben cobrándonos máis polo mesmo.
Míralle o lado positivo. Alomenos a subida impositiva non te vai pillar sin casa!

in_side dixo...

no caso, sou cigarra quase vegetariana, praticamente
incapaz de carni-vorar,

[ hum...

a não ser que a carne seja verde!!

jajajaja





*

Lili dixo...

Éche totalmente asi, e que raiba máis grande, oes. Pero bueno, eu prefiro pensar que cómpren para que todos teñamos unha serie de recursos. Si, son ilusa, pero é que senón... ardia troia :P

Ra dixo...

De fábula, señor mío :)

Carmen Graña Barreiro dixo...

Á conta das laboriosas formigas moitos pillabáns, cigarras ou cigarróns, comen e divírtense. Semella que iso é inevitable.
Un bico

zeltia dixo...

bueno, unha coña é unha coña, pero agora en serio, eu non vexo tan mal a subida do I.V.E, así e todo aquí estamos pagando un 16% e áínda coa subida estaremos por debaixo do que se paga nos outros países de europa.
o que non pensaredes e que vai haber cartos no peto común, se non metemos nel!
os productos de primeira necesidad non se incrementan, e eu o que vería positivo e que se graven outros productos que consumen preferentemente os que teñen poder adquisitivo alto.

Anónimo dixo...

Boa defensa ZPeltia!!
E no fondo levas razón, o que pasa é que incrementar impostos sempre foi impopular. E quen pense que un goberno de dereitas ía facer cotizar + ás fortunas grandes está ben engañadiño.

O Ministro Virtual

Chusa dixo...

da mesma forma que cando unha plaga de insectos que invade a nosa casiña, empleamos un producto desos mata bichos... habería que propoñer a figura dun fumigador que aniquile ós políticos incompetentes... un tipo cunha capa e un antifaz que aniquile a todo cristo que non sexa mínimamente resolutivo... o problema é que reducir dun jolpe a todo o goberno mundial, e tres cuartos da poboación... nunca foi boa idea.
bicosssssssssssss

susana moo dixo...

Se hai que ser formiga, me pido ser a raiña!

susana moo dixo...

Se hai que ser formiga, me pido ser a raíña!

Chousa da Alcandra dixo...

Susana Moo: Tomo nota da tua petición, no caso de que me toque a min repartir os papeis do formigueiro.
Ainda que tamén teño escoitado dicir que as princesas tamén o pasan ben eh...

Chusa: Pois non che é mala idea. E seguro que unha desinfectación dese tipo viríanos moi ben. Eso sí, se hai que poñer os calzoncillos por riba do pantalón..comigo non contes!

Ministro Virtual: Non te me metas con Zeltia, que leva razón.

Zeltia: Acaba de chamarme agora mesmo ZP para preguntarme como pode contactar contigo. Seica chegas moi doadamente á poboación. Paseille verbalmente o link do teu blog.

Carmen: Eso viña sendo aquelo de que mexaban por nós e había que abrir o paraugas, non si?.

Ra: Os fabulistas sempre foron os meus preferidos. Agora non podo evitar tentar emular o seu xeito de contar as cousas...

Alodia: En ocasións é mellor facerse un chisquiño ilusos, si. Ainda que sexa para que os bombeiros de Troia non teñan que volver arrincar coas sereas a toda caña.

In_Side: Pois eu carni-voro de boa gana eh. Claro que tampouco lle fago noxos a unha leituga ou tomatiño polo medio. Son de bo dente.

paideleo dixo...

Hai grandes verdades: o que ten o ouro fai as leis e os pobres viven do seu traballo e os ricos do traballo dos pobres.
Creo que nos toca chincharnos ( e non e novidade ).

zeltia dixo...

hummm, chousa, tómasme o pelo!
...conste que eu estou a favor dos impostos directos que paguen máis os que mais teñen.
pero que paguen. non que teñan contas en paraísos fiscais, ou fundacións e miles de cousas coas que desgravar e escaquearse das contas do fisco.
e que estou moi moi a favor dos impostos. (dos indirectos menos, e só para os artículos que non son unha necesidade),
pero e que estou a favor da sanidade pública gratuíta,
da enseñanza pública gratuíta, etc. etc.
pode que non estea igual de acordo de como se xestionan eses recursos,
pero esa é outra historia.

A Conxurada dixo...

Miña avoa soía dicir que hai xente que nace con estrela e outra estrelada, aínda que nunca lle din a razón...cos anos comezo a plantexarmo.

beijos con sabor a uvas.

Marisa dixo...

Tocaranos os de sempre a
apertar os cintos,iremos
tirando do carro como
poidamos ata ver se de tanto
cinchar non rompa.

Biquiños

fgul dixo...

Vaites; pois eu sempre gostei, e moito... das chicharras!!

Xosé de Belfasís dixo...

Hoxe contáronme un chiste moi bo sobre o culpable de que moitos sexamos formigas que encima temos qeu pagar as ociosidades das cigarras ( coma esa do BBVA que se xubila cunha mísera pensión de 3 millóns de €. Pois ahí vai:

ZP sobrevoa España en helicóptero coa súa familia. En certo punto, decide tirar un billete de 5 euros dicindo:- Así farei felices a 5 persoas.A súa muller, Sonsoles, intervén dicindo:- Tira mellor un de 10 euros, que así farás feliz a 10 persoas.Ao que a menor das súas fillas dille entusiasmada:- Papá, papá!! Tira mellor un de 50 euros, así farás feliz a 50 persoas.Nese momento, vólvese o piloto do helicóptero e di encarado a ZP:- E por que cona non se tira vostede, e así fai feliz a toda España

busto.agolada dixo...

Eses pillabáns dos que falas, os que se aproveitan das debilidades dos demais, sempre chos houbo. Os cartos non desaparecen, cambian de peto. E tamén oirías o refrán de que sempre hai quen pesque en río revolto. Eu por máis voltas que lle dou, creo que non nos queda máis remedio que achantar ata as vindeiras eleccións e reflexionar ben para acertar na dirección do voto.
O que si comparto é que cando hai dificultades todos debemos arrimar o ombreiro, pero máis os que máis poden. Iso sería o xusto.
Apertas.

Chousa da Alcandra dixo...

Paideleo: Ti eres un filósofo!. Claro que o de chincharnos temos que buscarlle algo de contrapartida. E seguro que lla atopamos; senón vaise facer moi duro.
De feito eu estou vendo que por estes lares as festas seguen contando coas mellores orquestras, e ceiban foguetes que deben costar unha pasta gansa.

Zeltia: Non te me poñas tan seria, que eu estou en consonancia co que dis.
Temos que poñer todos na caixa común para poder coller dela para os servizos que despois nos devolven. Claro que as arroladuras que a esa caixa común lle dan...ás veces podemos discrepar un pouco. Reitero a miña adhesión ás tuas verbas tan sentidas.

A Conxurada: O paso do tempo non somente nos vai dando confianzas, aportanto experiencias e tinguindo de canas; senón tamén que nos vai facendo decatar que aquelo que nos dicían cando eramos nenos...tiña e ten sentido.
Alédame moito o teu regreso polo Blogomillo e, por ende, pola Chousa.

Marisa: Vale, vale; apretaremos o cinto; pero por anaquiños deixémolo tamén desabotonar...ainda que so sexa para "respirar" mellor...

Manuel L. Rodrigues: Eu, de feito, son un cigarrón frustrado.
Ti sabes como ten que molar andar pegando pinchos polo prado, vestido cun traxe macanudo e cantaricando agarrado a un garabullo?.

Xosé de Belfasís: O chiste cae a colación, si. O carallo é que se se esnafra ZP outro virá que bo o fará

Busto Agolada: O asunto tenche o seu intríngulis. E que, ademáis, resulta que a solución para a situación témola os consumidores!. Decir tal cousa -non por ser incerta- é tanto como brindarlle un grolo ó aire do norte.
Volverá a auga ó seu cauce e volverán tamén as anduriñas colgar os niños dos balcóns. Eso sí; nós temos que poñer da nosa parte tamén.

Srta. Maquiavélica dixo...

es chapulin o grillo??
jeje besos

Chousa da Alcandra dixo...

Srta. Maquiavélica: Seguro que es un chapulín, aunque no sea "colorao", como dice la canción.

Anónimo dixo...

aínda que, eu preferiría que subisen os impostos directos, e que a carga fose proporcional coas rendas... un soño, verdade?

non é que me poña seria, e que son seria

:-)

Zeltia.

Anónimo dixo...

ay, que isto xa o dixera...
ando tonta, non me acordaba!

esta vez non puiden borrar o comentario, porque non me entra a conta google e foi coma anónimo
;-)
teño que rachar a tradición


zeltia.

Chousa da Alcandra dixo...

Pero non sempre estarás ou?. Ás veces poñeraste ;-)

matrioska_verde dixo...

eu non son nin formiga, nin cegarra, nin andiven de festa, nin de carallada...

son unha pánfila porque non entendo nada... ¿ou sí?

só quedoume medianamente claro o que nos van aumentar este ano a nós, disque un 0.03 por cento ou algo así, e dígome eu: ¿dónde vou con eso?

pero estou contenta porque os hai que están peor que min.

e hai que ser solidario, así que o que me van aumentar a mín que llo den a outro, que tanto me ten.

biquiños,

Kim Basinguer dixo...

jajajaja, tienes razón, quedan muchas cigarras por el mundo...

LM dixo...

ti deixa que se confie... deixa deixa... que as formiguinhas também aprendem a morder... viste alguma vez uma cigarra no meio dum formigueiro? nom quedam nem as antenas...

beijos

Carlos Sousa dixo...

Bufff! Canto comentario, case que non os vou a ler, xa que me obrigan a ser formiguiña, non me podo parar nestes luxos e praceres.

Só catro seguirán a ser cigarras?

Chousa da Alcandra dixo...

Carlos Sousa: Pois deberías ler cada un deles. Asegúroche que os hai ben máis interesantes que o post queos suscitou. (Seguramente ha de haber máis de 4 cigarras, tés razón)

LM:Si que vin cigarras no formigueiro, e non lles foi nada ben. Por iso eu cando sexa cigarra cantarei alonxada de formigas picadoras!!!

Kim Basinguer: Quedan, quedan. Sempre as houbo e sempre as vai haber. Espero que, alomenos, canten ben.

Aldabra: O teu arranque de solidariedade é noble. Ogallá poidéramos e soupéramos todos ser tan comprometidos...

vintxuca dixo...

sempre me fas pensar....e iso é bo ...xa que ultimamente estou moi acomodada (tal cal cigarra) así que grazas formiguiña!!!!!

Chousa da Alcandra dixo...

Vintxuca: Pois date por estimulada logo, cigarriña. E xa que estamos...cántanos algo!. Un bico dende o formigueiro