xoves, 22 de xaneiro de 2009

Ataduras

A estas alturas da competición xa temos visto gañar medallas na modalidade de brilé a atletas moi afortunados, e tamén a entrenadísimos deportistas de billarda marchar para a casa de baleiro.
Horas e horas de adicación, física e mental, para que despois -nun minuto desafortunado- pises a raia e acabes descalificado por un xuiz a sueldo da organización.
Así se cocen as cousas na olimpiada de cada día; na que, ainda por riba, ás veces hai que facer os cen metros vallas á perna lanqueta por mor de ataduras impostas e sabendo de antemán que corres sen opción de podio.

Foto: A Xata, en vixilancia penitenciaria.

28 comentarios:

Lúa dixo...

oes, pobre vaquiña!!! quitádelle iso!!!! bicos....

LM dixo...

tem a solta muito curta, e isso? é brava?
beijos

Gretel dixo...

os ventos destes días deixaron unha pegada de pesimismo no universo blogger.

Andan as fadas tolas.

Bicos!
(por certo, creo que houben arrolar da risa co comentario q deixaxhes no post da choiva)

vermella dixo...

Non será para tanto,íncluso despois da derrota a un quédalle o recordo da participación,nos cen metros lisos da vida sempre hai algún rugoso .....os virus deixaronte baixo de defensas así que eu douche un xarope reconstituinte de sonrisas e bicos.

Carlos Sousa dixo...

Home, a vida ponnos trabas, pero temos que saber superalas e entón a satisfacción sera millor.
Que hai xuices inxustos? Pois haberá, pero "case sempre" hai outra oportunidade.

Por outro lado, se a Xata está en vixilancia, por algo será, digo eu.

Cuspedepita dixo...

Eu ao brilé o premio mellor que conseguín foi o tabique nasal torto, e á billarda non sei xogar, pero xa sabes que nos cen metros vallas á pata coxa gaño todos os campionatos... ¿ou non ? ;-)É que estou mooooi entrenada.

Chuchos reconstituíntes cunha pizquiña de neve, coma a do boneco churrusqueiro, para acabar de curar o catarro ;-)

insomniorizar dixo...

jaja, cuspe de pita, pois eu a brilé, no que era bastante maliña, como en case todolos deportes , o mais que conseguín, nun acto de valentía e deixarme ver coma a salvadora do meu equipo, foi rascarme toda a cariña do lado esquerdo, e polo tanto salir non moi favorecida nas fotos da primeira comunión. Jejjeje

insomniorizar dixo...

jejje que simpaticos o chousa e o chousiña de neve, jejje, por aquí non houbo tanta, pero haber houbo!

vintxuca dixo...

cando eu era pequena, cuns catro anos, pisaba mal ó camiñar e o médico mandoume usar zocos de madeira, con cordóns é todo... o caso e que fixeron unha carreira na que participaba todo o cole, grandes e pequenos e quedei de penúltima...os deportes nunca foron o meu, pero o caso e que me gustan e intento xogar a todo aínda que con resultados catastróficos.
Por iso penso que os obstaculos que atopo no día a día non poden ser peores que aquela carreira.
Recupérate que os catarros mal curados son unha leria.

paideleo dixo...

O importante é participar e non romper nada.
Dicho un que non chegou nin á segunda posición en nada.

A lareira de Santiso dixo...

O caso é saber escoller as competicións que interesan, que se facemos caso competimos ata por respirar máis.. Ti ó xeito, Chousiña.
Apertas

Anónimo dixo...

Non haberia que organizar unha olympiada para a Xata.....?

Chousa da Alcandra dixo...

LÚA:
Tés razón, que da peniña vela así de coutada; pero a saber as razón que levaron ao dono a sometela a tal castigo. Eso sí, a mirada altiva non hai quen lla quite!.

LM:
En Antas somos algo bravos todos, si. Pero así e todo inofensivos. Non matamos se non é por fame jajaja.

GALEGUIÑA:
Semella que efectivamente houbo uns días un chisco tormentosos. Pero semella que a auga volve ao seu cauce. Alédame que te rías; seica é bo para a circulación!!! Jajaja

VERMELLA:
Agradézoche moitísimo o teu xarope de bicos. Se me mimas así, penso que vou a seguir baixo de defensas outra temporadiña máis…

CARLOS SOUSA:
Da gusto ver como cada quén interpreta o que un pretende escribir ó seu xeito. Esto do blogomillo é unha marabilla!. Tés razó, Carlos; ainda que non ganemos unha partida de brilé, a vida é cojonuda!!!

CUSPEDEPITA:
Oes, pois a min o brilé molábame moitísimo. O que pasa é que estaba mal visto que os machotiños xogáramos; pero ti sabes as oportunidades de andar coas nenas permitía o xoguiño? ;-)

BAGOAS INSOMNES:
A min dos xogos, o que máis me molaba era sempre a oportunidade de relación que proporcionaban. Así me foi, que despois non brillaba en nadiña; pero eso si, amistades a moreas!!. Alédame que che gustase o noso boneco. Tamén nos levou tres horas e pico facelos!!!!

VINTXUCA:
Unha magnífica conclusión a que sacaches da tua infancia. Sempre aprendemos das fuciñadas e case nunca dos éxitos… Somos así de rariños os humanos. Alédame moito terte pola Chousa.

PAIDELEO:
Sí señor. Concordo contigo nun 101%. En realidade hai cousas nas que o único que importa precisamente…é participar!!!! Jajaja

A LAREIRA DE SANTISO:
Canta razón tés, cajonatós. Agora semella que queren meternos “espíritu competitivo” ata comendo no caldo. Pero ti ben sabes que eu son un neno de aldea que so disfruta cando vai amodiño, que é como se saborea ben o caldo…e maila sopiña tamén!!!

AOPEDOFARELO:
Preguntáronlle un día a un home como estaba mellor a vaca, se asada ou en estofado. O home, despois de moito meditar, acabou por concluir que “a vaca como mellor está é co toro!!!”. Por iso eu penso que a Xata pouca gana che ten de ir á olimpiada…jajaja

Son Unha Xoaniña dixo...

Eu tamén son das que pensa que o importante é participar, pero se algunha vez se gaña pois moito mellor.
Ti por iso non deixes de participar que algo sempre se gaña.
Bicos.

Chousa da Alcandra dixo...

MENCÍA:
Claro que si!!!. Que non vaia ser o demo que reneguemos das victorias, as cales -de cando en vez- sentan que nin diola.


---

E agora mesmo (son as nove menos dez do venres), estase a levantar un airazo por Antas que non sei se me deixará encender o lume na lareira. Teño un churrasquiño para facer; así que vou aló para ir facendo o braseiro.
Se gustades...

Deambulando con Artabria dixo...

Que faría a pobre vaca para recibir un castigo así?

Vamos, eu non entendo de gandeiría, pero hai algunha razón para isto?? Porque, con perdón da especie animal, isto é unha animalada.

HADEX dixo...

Eu non soporto ver estas cousas....como os cabalos monstrencos....cando vexo eses paus que lles atan nas patas...danme ganas de chamar a garda civil.....


Bicos

CriS dixo...

Vaya, no se que tan mala fue la vaca para tener atados sus cuernos a su pata, quizá es una vaca soñadora que miraba demasiado al cielo y nada al suelo? ummm interesante...
Nosotros también estamos atados muchas veces a nuestras patas, a nuestros pasos diarios, a nuestro suelo, y no vemos lo que cruza por encima de nosotros, volando, que son nuestros sueños.

Aparte, nos esmeramos muchas veces en un objetivo, una meta final, un podio, y nos perdemos todos los premios y regalos que nos ofrece el camino. Muchas veces mucho mas rico que la meta en sí.

Bicofletes ganadores!!

Anónimo dixo...

Como se din nestes casos... "o importante é ter participado", non?
Pero non todas as olimpiadas teñen como finalidade gañar, ás veces iso non é o que máis importa.
Un saúdo.

LM dixo...

os elefentes hindúes som tam mansinhos como vemos na tele porque quando som crias atam-lhe uma pata com um cordelinho e chegam a acostumar-se de tal forma que de maiores nem sequer tentando rompe-lo ainda que com a sua forza nom tardariam nem meio segundo... as soltas das vacas na minha casa eram utilizadas com as bravas para que se acostumassem... nada mais... é o mesmo do que nós quando nos acostumam a ir pelas beirarrúas para que nom nos atropelem... pelo de agora nom sei se haverá alguém que conseguisse razonar com as vacas e explicar-lhes os perigos da vida com boas palavras mas sim sei que pus alguma solta que evitou um golpe de tractor ou alguma pata quebrada.
beijos desanoados

LM dixo...

deixei-lhe um meme lá no blogue, senhor chousa.

Elvira Carvalho dixo...

E cada dia a nossa vida é uma competição mais difícil.
Um abraço e bom Domingo

À margem: A frágil saúde de meus pais, ele internado no hospital e ela em casa, mas totalmente dependente, não me teem deixado tempo para visitas.

~pi dixo...

detesto ver animais presos1

de tes to, grande

crueldade!!




~

Chousa da Alcandra dixo...

ARTABRIA:
Pode parecer unha crueldade; pero é un xeito de que o animal poida pacer sin que ande dun lado a outro do pasto pisando a herba que debería ser o seu alimento. A dona da vaca xurou e perxurou que era polo seu propio ben; creémola, ou pensamos que fala coma todos os represores?

HADEX:
Ademáis das razóns que me aduciu a dona da Xata para tela trabada desa guisa, e que xa lle comentaba a Artabria antes, seica tamén ten o vicio de embestir á xente!!!!. Claro, esto contoumo desque xa me metera eu no prado e lle fixera a foto. Fíxate ti que riscos corremos os blogueiros…

CRIS:
Espero que nin a ti nin a mi nos teñan que atar os nosos propios cornos a ningunha parte do corpo! Jajajaja. En todo caso fixeches unha boa reflexión posterior; no senso de que ás veces imos coa cabeza en demasía erguida, sen decatarnos da beleza que queda por baixo das nosas “patas”…

SoO*
Levas razón, si señorita. Que hai veces que con solo ir alí, facer o desfile de inauguración, dar uns brinquiños despois polo estadio e percibir como che aplauden, á vez que ves como a propia pista tamén corre contigo…xa da tanto gustiño que…para qué medallas!!!! ;-)

LM:
Certo, certo. Que cando te afás a vivir co tirelo atado na orella, se cho quitan xa non sabes se o que che falta é o tirelo ou a propia orella. Tamén podíamos buscar a “El hombre/La mujer que hablaba a las vacas”. Se xa houbo quen falaba cos cabalos…
E xa cumplín o encargo!!!

ELVIRA CARVALHO:
Fago votos para que a calma e a ausencia de dor volvan para teus pais. Entendo perfectamente a situación; e como filla ben sei que sufres tanto por velos así de dependentes; pero é lei de vida e non queda outra. Envíoche moita calma e toda a enerxía para continuar o camiño.

~PI:
Eu tamén detesto as crueldades. Ainda que recoñezo que as hai ben piores. Xa viches as razóns dadas pola dona da Xata para tela como a ten…

Lúa dixo...

boa sorte e que gañe o millor, HA HA HA HA!!!!!
(bicos)

Anónimo dixo...

Eu teño visto como lle traban unha perna de diante e unha detrás, trascanteadas. Eso ainda debe amolar mais

Pois a min nunca me encomendaron un meme jejejeje

caracol dixo...

QUÉ bonitos los monos de nieve de Chousa y Chousiña!!

Barreira dixo...

Eu non estou cabreado nin reclamo nada. Eu teño unha pregunta.
-Pois pregunta logo -dirás ti
Pois esta é a pregunta, digo eu, ¿que carallo é un meme, de que vai isto?, ¿celebrase nunha fecha determinada, porque estes dias todo dios anda con isto?.
Pregunta de iniciado, saudos de iniciado.
P.D.: Outra pregunta, ¿como vai a gripe?, con este tempo debería ir ben.