venres, 12 de setembro de 2008

Mesura

Agora todo o mundo recoñece que o ciclo económico nos está levando pola senda do retroceso e das dificultades.
Antonte todo eran chamadas a consumir, incluso por riba das propias posibilidades; onte falaban de moderación e cautela e hoxe aluden claramente á necesidade de controlar os gastos, incluso os necesarios.
Semella que estabamos nunha festa con xoldra e algarabía e metémonos nun sepelio de córpore in sepulto
Ultimamente parece que non hai termo medio.
Unha verdadeira mágoa, pois se sachamos un chisco no nabal da nosa memoria, axiña lembraremos que a mesura debía presidir cada unha das nosas accións.
Por iso hai que ter tino coas solucións, para que éstas non acaben por ser o problema.

Foto: Xa non temos ratos!

32 comentarios:

Anónimo dixo...

Socialismo, Capitalismo, esqueerdas, dereitas, comunismo, ou anarquismo......Fuxe dos ismos....extremismos, fanatismos, fundamentalismos....HUMANISMO.
O home sen dubida esta perdido no gran bazar desta aldea global que querennos vender...
Magoa desta terrible vida urxente.

BK dixo...

Nin ratos hai sequera, eso sí que é un problema.

Antón de Muros dixo...

O problema non é que non hai ratos, o tema é que os "gatos máis fortes" fican con eles...

Os pobriños cidadáns do montón temos que loitar moito para coller un...

Non é sinxela a vida do século vinteun, non...

Algunha vez foi doada?, pregunto eu...

Saúdos dende o sur (aquí os ratos voan e é moi dificil acadalos)

Antón

Paz Zeltia dixo...

para min o misterio este da economía, os vaivés que se producen, iso de que tamén coma a naturaleza sexa cíclico... e mais dificil de entender co misterio dos tres que son un, pero son tres, pero veñen sendo un outra ves...

e agora cambiando para a foto
-
que sempre che digo que tes un ollo acertado para capturar esceas, momentos; ver o especial no desapercibido ¿ou non cho digo? ;)
-
e que tal se xogamos con ela, hale, sen voltar mirar, nunha primeira impresión, por intuición ¿cantos gatos diriades vos que hai na foto?
eu conteinos xa, eh, pero non o digo para non joder o xogo. (case acerto,se non fose por un, que se me agochou)

boa finde!
:D

HADEX dixo...

A min a xente que insiste en vivir por encima das súas posibilidades non me da pena, por suposto....hai que ter cabeciña suficiente.....danme pena os inmigrantes que soñaron con mellorara as súas vidas ou os traballadores de a pé....

Druid dixo...

Eu recordo cando dunha lata de piña en almibar se facia un semilleiro, ou cando dun vello somier, se facia unha cancela. Recordo cando se facia de tablons un banco de carpinteiro, que vai xa para 30 años. Recordo como unha plancha duraba desde que tiñas uso de memoria.
Agora, teño catro aparatos de Dvd na casa, xa que duran menos que un chicle, en nadie os repara, sae mais barato mercar un novo.... dá que pensar.
Apertas.

pitima dixo...

O consumismo desaforado non nos trae máis que desgusto. Lin onte nun libro escrito por un catedrático en estructura económica, e que escrebe moi ben (José Luis Sampedro), que segundo un biosociólogo de prestixio, para manter o nivel de consumo dos estadounidenses farían falta 4 planetas Terra. O desarrollo sostenible non é tal... Cómpre a mesura, tes moitísima razón, e ademáis cómpre pór límite as desiguadades do planeta, porque para que uns consuman catro veces máis, os outros teñen que pasar catro veces máis necesidades... e a cousa acabará malamente, o pronóstico non é bó para nada..

Gatos haberá uns dez??
jajaja...

Medio bico, que hay que aforrar...

Chousa da Alcandra dixo...

Hai máis de dez, Pitima. Sigue contando

Elvira Carvalho dixo...

Cá estamos na mesma. A vida está cada vez mais difícil.
Um abraço e bom fim de semana.

Antón de Muros dixo...

uuuuffff qué medo!
Sorte que non son 13 os felinos! ;-)

Saúdos

Antón.

PD: gustoume o xogo que propuxo Zeltia :-)

vermella dixo...

A culpa de todo está nos "futuribles",concordo contigo en ter tino cas solucions para que non acaben sendo un problema.....
bico de fin de semana.

Unknown dixo...

sabes qué pasa, chousa? que como eu vivo en crise económica dende sempre non estoy a notar esta, jajajaja

CriS dixo...

¿Sabes lo que veo bueno de esto? que nos hace reaccionar y pensar en lo que realmente nos hace falta o no en nuestro día a día. Que quizá tenemos demasiado cuando con menos de la mitad, y mas imaginacion y razonar, nos apañaríamos estupendamente y seriamos mas libres y estaríamos menos atados a tantas cosas.

Por aqui eu non teño nin unha ratita, os gatos son mais fortes que elas e non deixaron nin unha... Que aínda seguen preferindo cazar e as cousas de verdade, que a comida que lles baixamos os humanos... por algo será...

bicos pensativos

CriS dixo...

A ver... Fixen os meus deberes e contei 14 gatitos....
son eses?

miau

pitima dixo...

O xogo era adiviñar sen voltar a mirar!! Así non se vale!!
Eu xa fixen a miña aposta e perdín.. ¡que lle imos facer!
Pero non había premio ningún ¿non?..
Como o precio justo.. imos ver quen se aproxima máis ¡sen pasarse! jajajaja.
Non vou ser eu que poña as reglas..
Víñache dar o outro medio bico, que non sei que me daba poñerme a aforrar en cariños..

Markesa Merteuil dixo...

Nin sequera nos tempos da desmesura disfrutabamos como vía eu disfrutar ós mozos de outrora, que festexaban o fin da dictadura... Tal vez o que precisemos non é aforrar ou gastar a mans cheas... Tal vez o que precisemos é lembrar o afortunados que somos por ter liberdades. Algo, eso si, que non nos dará de comer...

Anónimo dixo...

juer que manada de gatos!!!!. Io me apunto al konkurso. Veo 13
Kien dijo que eran +?

ArEnItA

LM dixo...

pois nós vamos incrementar o gasto... precisamos um gato porque entraron os ratos na casa e as últimas cacerías foram de bastante ridículo (ganhou o rato). beijos.

Anónimo dixo...

jejeje buen consejo, aunque a juzgar por como van las cosas en el pais mucho me temo que no se hizo mucho eso de ser previsor

un saludo de un gallego en madrid

busto.agolada dixo...

Pintan malos tempos despois do despilfarro a esgalla. Sabia receita a da mesura, antes, agora e despois. Mesura, equilibrio, termos medios, "nin tanto nin tan calvo" como di o refrán, que por antigo pode ser ben sabio.
Dos políticos e dos economistas cómpre fiarse a medias, xa ves como nos embarcaron: hipotecas regaladas por encima do 120% do valor da finca para agora restrinxilas ao máximo. -Dedíquense os labregos ao leite e non á carne e logo tiran os prezos do leite e pechan as explotacións agrarias. Concentracións parcelarias en aldeas onde despois emigra a xente e quedan os leiros ermos. Un dispendio e un sensentido.
Por certo, andei hai poucos por Alvidrón, supoño que moi preto da Chousa da Alcandra, iso si, con mesura para non caer da bici e non rebentar as pernas.
Unha aperta.

Cuspedepita dixo...

Si, supoño que os que nos estamos facendo vellos non temos que escarbar moito para lembrar os tempos en que era precisa moita mesura para sair adiante.
Tratamos por iso de criar aos fillos nunha atmósfera de certa austeridade para que, se chegaba o caso, non lles custase tanto adaptarse a vivir con menos ou con pouco.
Imos ver se serviu de algo...

Chuchiños

Kim Basinguer dixo...

Las soluciones las tienen ellos mismos en las manos,si robaran todos menos, esto no sucederia.

Chousa da Alcandra dixo...

Boeno, supoño que despois deste post quedaravos clariño que en Antas non hai gato encerrado!

Recoñecer que, efectivamente, no anaco de foto que se ve hai 14 marruxos, ainda que na enteira que fixen (e na que sae o dono do zoo) hai máis de vinte!!!!.
O premio para os atinadores e atinadoras será un convite a un cafe cando veñades pola capital do Centro Xeográfico de Galicia.

Apertas

Unknown dixo...

Contemos con que o ciclo sexa máis curto que os que precederon a este ao longo da historia económica.

Non pidamos máis que iso.
E que os que teñen os cartos se deixen de parvadas.

E os que non os temos, que saibamos seguir disfrutando do sinxelo, sen máis pretensións.

Beijo

Elvira Carvalho dixo...

Passei. Deixo um abraço e votos de bom fim de semana

CriS dixo...

Ehhhh OLE OLE OLE... mas que la alegría de haber acertado (era facil... casi se me escapa una pequeña cabecita escondida...) me da alegría esa invitación, je je
Por supuesto que si voy, que espero no tener tan mala suerte de no poder ir, ja ja, te acepto ese café (descafeinado por favor, que ya estoy yo lo suficiente acelerada)

Besos y ronroneos.
Buen fin de semana!!

Anónimo dixo...

A min o único que me consume é o paso do tempo e que, á vez, eu sinto que fago un mal consumo del.

Por certo, vinte gatos paréceme unha desmesura.

Paz Zeltia dixo...

non é doado contar os 14 mininos!!!

logo, se vou a antas terería que invitar eu?

Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia, dispoño de fondos reservados para os casos dos que non atinastes. En Antas convido eu, que somos república independente e temos moeda propia.

(E ponte as gafas de ver e non as de que te vexan para contar os marruxiños; verás como están os que di Cris)

Anónimo dixo...

Solo se me ocurre una palabra para este post:

MIAU!

Anonimous

pitima dixo...

Pos vale.

Chousa da Alcandra dixo...

Pos café de balde tamén para ti, Pitima. Pero xa sabes: hai que pasar por Antas