xoves, 19 de xuño de 2008

Estímulos

Millóns de conexións neuronais transmiten centos de impulsos que o noso cerebro asimila cada milésima de segundo e que obteñen unha resposta que non sempre resulta perceptible ao individuo, quedando en meros impulsos ou simples respostas reflexas.
Cada estímulo, xa sexa sensorial ou nun plano que comporta aditamentos máis emocionais, desencadea unha serie de reaccións químicas que supoñen un considerable consumo enerxético da masa cerebral.
Ainda con esas, a mente humana é capaz de interpretar unha cantidade inxente de información de xeito simultáneo, permitindo afirmar que somos multitarea. (Din algunhas mulleres que os varóns temos esa capacidade menos desenvolvida, pero eu penso que o din con coña...).
Pero, claro; como son tantísimas e tan variadas as mensaxes que recibimos a cotío, non sempre somos quén de procesalas todas coa idoneidade axeitada. Así hai veces que non nos percatamos da tonalidade cromática do semáforo da nosa vida e...saltámolo en vermello!

Imaxe: Escaneado de pétalos de Antas. (Resío virtual da noite de S. Xoán)

32 comentarios:

Lapis-vermello dixo...

Gçustame a imaxe. Con tanto colorido... Si, si gústame. Saúdos.

milonga dixo...

non sei cuan positivo sexa prestar atención a demasiadas cousas.

eu creo que xa nos custa apreciar o que temos, o que nos acontece, o que lles acontece os demáis como para tentar prestar atención a todo.

observadores si que debemos ser, pero tamén cuantificadores, non me estou expresando ben, pero...

Chousa da Alcandra dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Chousa da Alcandra dixo...

Ás mil marabillas te expresas, milonga. Son eu quen seguramente non transmitín con claridade a idea que tentaba plasmar. Estábame a referir a todos aqueles estímulos que nos rodean sin máis. Independentemente de que "queiramos" ou non prestarlles atención. Eses que poden saturarte sin que sexa preciso atendelos, que non sabes que están pero amolan; e acaban por ocupar un sitio no disco duro, un espacio que era moi útil para cuestións máis relevantes...

Anónimo dixo...

Tendo en conta ese cromatismo do que falas como termo musical, é doado pensar que cicais , inconcientemente saltemos en vermello, non porque no nos percatemos da tonalidade, senón porque a composición de calqueira melodía precisa de tódalas notas.

LM dixo...

ainda que amolem se fiam por algo é...ao melhor dentro duma década ou dúas saberás porque tam ocupando lugar no disco duro (esta é uma nova visom do cerébro masculino, o de disco duro, pode-se saber onde tá o botom de reset?). beijos

Ego dixo...

La capacidad sensorial no es un bien común. Quizás los suecos hagan un estudio sobre ello.
Un (b)eso!

Anónimo dixo...

jajaja gustoume eso de que somos multitarefa. ainda que as mulheres o questionen jajaja.
a composi´cion da imaxe resulta moi cretiva. parabens

ana

pitima dixo...

Pobres flores.. aí aplastadas.. aisssss...
Todo sexa polo arte...

A capacidade de adicarlle tempo e sentidos as cousas importantes apartando dos miolos aquelas que non o son é unha virtude da que poucos, moi poucos disfrutan...
Así parece que canto máis multitarea sexas máis gañas, pero quizais deberiamos centrarnos en perfeccionar a capacidade de discernir o importante do que non o é... jejejejeje.
Polo demais, parece tamén que ás veces precisamos "oxixenar" as neuronas, non vacialas, pero sí enchelas con cousas superfluas a modo de descanso...
Menos mal que a maioría das cousas facémolas en Stand By, porque se non poderíamos ter un cortocircuíto..
Ai, amigo Chousa, xa sabes que a mín estos temas me apasionan.. jejeje.
Corto e cambio.
Bico voluntario, que non reflexo...

Unknown dixo...

Si somos multitarefa.
Quizais as mulleres teñamos ese don máis desenvolvido que os homes, eu son das que cren iso.

Por ese motivo somos tamén máis tendentes á depresión e á neurose, supoño.

Pero manternos ocupadas fainos sentir vivas. É parte da nosa raíz.

Fermosas flores para a auga de San Xoan a clarexar baixo a lúa, con malva, fiuncho, setestalos e lavanda.

Beijosmil.

Pau dixo...

Eso de multitarea considero eu que non está ao alcalce de todos

Elvira Carvalho dixo...

Passei. Deixo um abraço e votos de bom fim de semana

Raposo dixo...

E o malo é cando non damos freado a tempo e levamos alguén por diante.

Anónimo dixo...

estame a facer reflexionar esta entrada túa (non é novedade eso lendo os teus post, pero hoxe pode que mais, polo das cores. E ainda pode ser que todo o que te dis non o vexa eu, senon outra cousa, -que dame que son medio daltónica-)

vermella dixo...

Apaixonante reflexión,por certo eu son das que opino de certo que aos varóns cústalles un pouco maís a multitarefa pero todo se andará.
A cantidade de información que reciben as nosas neuronas queda almacenada para ser asimilada unhas veces máis tarde e outras de inmediato,esta entrada túa é unha boa proba delo.
as rosiñas que amosas son fermosas para a auguiña de San xoán, eu non tereí pétalos de Antas pero sí de irmáns súas oleirenses.
bicos agradecidos.

d´Agolada dixo...

Non me fales de estímulos, que estou de estudialos en bioloxía ata os ...... Un saúdo

CriS dixo...

Complicado esto de poner cada estímulo en el lugar correcto, hacerles pasar de uno en uno o colocados en fila india, en orden ... a veces cierto forman verdaderos atascos en nosotros mismos... De ahí giros indebidos, maniobras peligrosas, atajos innecesarios, que no sepamos donde nos hemos dejado algo aparcado o demos vueltas por un parking.. buscando el sitio ideal. Aun así, de vez en cuando saltarse un semáforo en rojo no está mal.. a veces hay que arriesgar un poco...
besos

CriS dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Anónimo dixo...

Esta palabra proven do latin "stimulus", que quere dicir "aguillón"
Polo tanto estimular implica un pinchazo, unha reacción ante un cambio. Dito cambio, dende logo, ten que ser percibido como tal para poder reaccionar ante él.
Importa polo tanto percibir a maior cantidade de estimulos posible, ainda que as veces te equivoques..... ¡xa acertarás!.
Pobre do que nunca se sinte estimulado por nada.
Saudos Chousa

Cuspedepita dixo...

Si, eu coñezo a un home que di que non pode mascar chicle e cruzar a rúa ao mesmo tempo ;-)e parece que hai estudos que demostran que as mulleres temos máis capacidade para a multitarefa, pero, meu neniño, a min cada día me resulta máis irritante ter que atender varios estímulos á vez, asi que cada día son máis monotarefa e, a estas alturas do ano, máis minitarefa tamén ;-)
Ahhhh, e ollo con saltar semáforos en vermello que despois pasa o que pasa, lembra o aramio ;-)

Cuspedepita dixo...

Ahhh, a foto xenial, ¡que argalleiro es! ¡ Mira que escanear flores !

Chuchiños para ti e a túa xente.

Anónimo dixo...

Claro q hai q fixarse nas tonalidades, xa q estas q pos van do rosa paliducho ata o vermello...

chimeneaverde dixo...

Muy buena imagen! no sé donde leí que el estímulo es aquél componente más pequeño en el que se disgrega la motivación humana, los estímulos hacen que decidamos y en consecuencia actuemos (o no).

Anónimo dixo...

que destino mais romantico lles tocou a esas rosas tuas!. ser esmagadas nun escaner para logo ofrecerse como augua de san xoan. grazas polo ofrecemento. eu este ano lavareime con rosas (virtuais) de antas de ulla grazas a ti

xurxo latas

busto.agolada dixo...

Interesante reflexión. Eu poucas paro a reparar na información qaue constantemente estamos recibindo. Pero creo que son multitarefa e que hai moitas cousas que me estimulan. O sábado detívenme a descansar uns minutos despois dun paseo en bici e percibín o silencio agreste do entorno adornado de grilos, o cacarexo dunhas pitas, uns ladridos lonxanos, o bruar dunha vaca e a frescura morna da brisa estival. Os ollos empapáronse de cores e texturas. E todo iso tamén mentres pedaleas, vas pensando en mil cousas e construíndo un itinerario.
O mundo é un estímulo maiúsculo, pero hai veces que cruzamos ese semáforo vermello porque un estímulo superior tapou a outro máis intranscendente.
Unha aperta.

paideleo dixo...

Din que os homes teñen máis problemas co daltonismo que as mulleres e así non sabemos combinar cores.
A verdade é que se atendes a unha cousa non podes estar noutra. E así saltaremos tantos semáforos.

Suso Lista dixo...

Os colores son ilusións visuais, o que pra min é vermeñllo, pra outros ollos pode ser negro. Apertas

Son Unha Xoaniña dixo...

Non é que teñades esa capacidade menos desenvolvida, é que procesades de distinta maneira.
Bicos.

Fini Calviño dixo...

Buenísima reflexión

Anónimo dixo...

Despois de ler as verbas de busto.agolada, creo que as sensacións que percibiu nese día de verán son fermosas, mais coido que para alguén sexan unha perda de tempo.
Os estímulos están á orde do día, mais quen prioriza é cada un (na medida das súas posibilidades, claro)

Un saúdo dende o inverno.

Antón de Muros.

Chousa da Alcandra dixo...

Alédame moito "verte" por aquí Antón. E, se me apuras un pouco, o feito de que navegues por entradas de meses pasados ainda me aleda mais.
Anímate a construir a tua horta virtual. Seguriño que che habían medrar ben o que nela plantases; e será todo un pracer ir a visitala.

Unha aperta dende unha tarde de verán que queima.

Anónimo dixo...

Ola, Chousa, moitas grazas polas túas palabras :-)

A verdade que polo de agora non teño azos para ter a miña propia "horta virtual" mais semento algunhas cousiñas en Cuspe de Pita, onde estou como no meu propio fogar.

Unha aperta dende o outro mundo.

Antón de Muros.