sábado, 8 de decembro de 2007

Buratiños

Imaxinar un mundo sin buratos; sin resquicios polos que colarse, sin xanelas polas que asomarse, sin fendeduras polas que respirar, sin orificios para desaugar...
Un mundo plano, cego. Ainda que en ocasións así semelle ser.
Son fronteira e delimitación, son intersección e comunicación.
Bicar a través deles, inhalar os dulzores osixenantes, encher a vista co espectáculo máxico da sua simple contemplación ou deslizarse na suavidade quentura de flexibles oquedades...
Todo iso e máis: incluso nacer.

(Foto: Plano dunha chousa perto do rio do Estanco)

27 comentarios:

Alexan dixo...

Unha carcere. Un mundo de teupas. Unha vida imposible. O mundo está cheo de buratos, unhos mais fermosos que outros.
Unha aperta

tumejoramig@ dixo...

Buratiños...

Imaxineime coas tuas palabras un mundo fermoso de fiestras por onde bicar á vida...

E moi fermoso!

Bicossss

Anónimo dixo...

Qué bellas palabras e imagen. Imaginemos pues.

Anónimo dixo...

Esta Castela na que estou a vivir semella plana e descolorida polos catro costados. Busco eses espazos máxicos que describes para ter novas perspectivas.
Un saúdo.

Portarosa dixo...

(Grazas pola túa visita, Chousa. O de chousa tráeme moitas cousas á cabeza.
Só coñecín, hai tempo, a unha moza de Antas. Chamábase María e estudiaba en Ferrol. Terá trinta e bastantes.

Encantado de coñecerte. Bicos.)

marisa dixo...

Menos mal que encontré un traductor de textos gallego-->castellano para poder entenderte; lo que más me gusta de los agujeros es que según por donde mires, ves una cosa u otra, como la vida ;) bien bonito el post

Meigo, aprendiz de Druida dixo...

Noraboa benquerido amigo.
Os buratos teñen moito de maxia e misterio.
Parabens po lo teu blog, e moitas graciñas po la tua visita.
Un aperta.

pitima dixo...

Se me ha puesto la piel de gallina!!!! aisss
Un bico. El post más bonito que he leído aquí en la Chousa... non sei por qué.. jajaja

Paz Zeltia dixo...

lin o post varias voltas. Á metade vírame o senso del.
Iste post semellan dous. Un de fora e outro de adentro. Boh non me fagas caso, teño a teima de debullar as palabras.
Eu non che digo loubanzas, porque coma eu nunca sei que facer con elas, sempre me parece que vos tamén vos sentidos azorados e incomodos, pero parece que son unha dos poucos que non deixa dito qué fermoso todo, e bueno, que , eso, que a mín tamén me gusta, se non non viría buscar mais. ay mamaíña que mal se me da isto.

A Conxurada dixo...

Encántanme os buratos, de pequena tiña a leira dos meus avós chea deles, estraguei máis dun cultivo a conta de facelos en todos os lados.

Biquiños enterrados para o Chousa, jeje.(telos que vir desenterrar á miña Conxura dos Desexos...que igual che interesa facerme un encargo...)

Ángeles Mallo dixo...

Un mundo,unha vida sen buratos é complicada de maxinar as veces son unha boa salida e outras a portiña de entrada, Bicos.

Mararía dixo...

Os buratos interiores son intrínsecos a natureza do home, necesitamos dos buratos exteriores para aliviar a nosa propia existencia. É o meu pensar.

Un saúdo.

busto.agolada dixo...

Un burato tamén é un refuxio, un acubillo. Os nosos ancestros buscaron os buratos das montañas porque eran os lugares mellor gorecidos. E as fiestras son buratos das paredes por onde entra a luz e o vento e sae a nosa mirada a percorrer espazos deica o horizonte.
Chousa, tamén nos queda o burato de Nogueirós que seica comunica subterraneamente Agolada e Antas (Amarante e Farelo). Apertas.

Druid dixo...

Os buratos comunicannos directamente ca nai terra.
Moitos dan sensación de paz, outros, de desacougo.
Bonito post.

A lareira de Santiso dixo...

Que post máis sensual.. tamén máxico e feito coas cousas pequenas. Porque un burato grande xa non é un burato.
Apertas, Chousa

Antonio Olives dixo...

Espléndida composición a dos buratos, unha fórmula baseada na nada, no baleiro, é o que non ten o que lle da sentido máis que o que ten. É o que lle permite se sempre cambiabel, é o que permite que entren que salgan e que poidan conter, un buraco cheo, non é un buraco, xa non pode conter.

Anónimo dixo...

Tes razon que fariamos senon. Moitos saudiños.

BK dixo...

Bonitas comparacións, nunca me parara a pensar o importante que son os buratos nas nosas vidas.

Lapis-vermello dixo...

Estas na lista de blogs amigos, no meu blog. Moitos saudos

vermella dixo...

Os buratiños fan que a través deles vexamos distinto,son como unha visión máxica e a vez prohibida,deixan pero non deixan ver de todo.
unha aperta dende o meu burato virtual.

Suso Lista dixo...

Suscribo o de todos, ben bonita a sensación despois de leer este bonito texto.

Mararía dixo...

Vou falar cos da Axencia Tributaria e comentarlles que hai un grupo de insumisos que están a facer moito barullo: Chousa e Raposo. Que andan os dous intentando boicotear o sistema fiscal español, e que intentan non deixar rastro dos seus beneficios, e que non tedes máis que ingresos irregulares. ¡Claro, tantos buratos no sistema! que facedes fraude e decides que exercedes o dereito de opción da economía familiar.

A vos o que hai que facervos é un control exhaustivo. Xa lles darei as direccións dos blogs, xa verás como te embargan tódalas flores e arbustiños dos que gozas a diario.


Un saúdo. ;D

vermella dixo...

Acabo de ler no blog de Suso que non coñeces Corme,vexote animado pero ahi vai o meu empuxón:
Onde o mar misturase en mil cores,está Balarés.
Onde o sol sae tamén en inverno,
onde se xuntan a terra e a agua,
onde hai flores na area,
onde as ondas berran e cuspen sal,
onde o mar regala arrecendo,
alí onde os percebes dannos o sabor do mar e todos os "impresionistas" perderían o senso.
Teño sangue cormelán así que non o podes perder.
bicos,

Anónimo dixo...

Nunha bela cantiga de Leonard Cohen, se dí:
"Hai unha fenda en tódalas cousas,
que é xusto por onde entra a luz".
Por tanto, polos buratos ou impefeccións da alma é por onde chegamos a ser conscientes.
Unha aperta

Anónimo dixo...

E ti cando non escribes que fas
Quedeime sin palabras o ler o dos buratos

Chousa da Alcandra dixo...

Semella que a todos nos din algo os buratos...
Agradézovos moito os comentarios.

Elvira Carvalho dixo...

Bela imagem a destas rochas pelo contraste da força da rocha com a leveza do ar que passa pelo buraco.
Gostei.
Muito obrigada por ter aderido á blogagem colectiva sobre a Flávia.
Um abraço