Un país enteiro desbordado pola insistencia informativa dunha desgracia que non da máis de sí. Unha morea de cánidos famentos devorando un anaco de carniza. Un fato de corvos arrincando vermes no medio do esterco.E os políticos todos conformando "comisións investigadoras" e bandadas de responsables sociais entonando cánticos que claman "depuración de responsabilidades..."
E qué carallo badúan se os responsables son eles mesmos por incompetentes e por criar un estatus no que prima a inoperancia e o absurdo máis kafkiano? (que nin Kafka imaxinou siquera).
Mentras tanto a única esnanfrada contra o muro da culpa é unha moza co título de enfermeira ainda empatenado á que non houbo quen lle axudase a conquerir a graduación que somente da a experiencia.
Non propoño que lle dean unha medalla, pero tampouco que a empareden deste xeito quenes a meteron no burato para salvar os seus propios cus de incompetentes absurdos burócratas.
Foto: Porta aberta á comprensión























