martes, 12 de maio de 2009

Marca

Inapropiados hábitos gastronómicos, conductas vitais seguramente pouco axeitadas e compoñentes esóxenos que se misturan con ineludibles predisposicións xenéticas ; van perfilando o que vai ser o noso camiño por esta cúpula vexetal que sostén o noso texto.
A cotío tentamos regatear males e agresións, disparos semánticos e sodomías cerebrais; coa finalidade única de proseguir naquel camiñar, tentanto fagocitar -se fose preciso- os atrancos que se van poñendo diante do propio vieiro.
Pero, por macabro que poida semellar, con toda probabilidade levamos na frente a marca que porá o punto final da nosa liña e que tronzará de súpeto o nexo que nos une á terra. So hai que saber interpretala.

Foto: Metro de Antas. Tramo Antas-Alvidrón (Antas de Ulla)

36 comentarios:

HADEX dixo...

Eu aínda me lembro de cando husqvarna comenzou a inundar as nosas casas, as nosas árbores....dalgo que chegou a ser un icono das camisetas xuvenís (!)....O que hai que ver, eh Chousa?

Bicos, artista.

Zeltia dixo...

Home, arruináchesme o disfrute desa carretera rural tan bonita, tan verde, co tunel de sombra e luz; co abrazo das árbores ós lados.
Agora só podo pensar na ironía cruel que supón anunciar pendurada dunha árbore a marca dunha motoserra...
:-(

Chousa da Alcandra dixo...

Hadex: Si que si, Hadex; certo que foi icono camiseteiro esa marca de motoserras.
Por un momento pensei que non íades lembrar nin recoñecer ese cartel; pero vexo que estades en todo. Así da gusto!

E ainda por riba mándasme bicos con piropos...Unha marabilla!!!

Zeltia: Pero xa descentrei o cartel para un lado adrede, de xeito e maneira que poidas mirar cara a dereita (que é de onde veñen os ventos por Galiza ultimamente), sin ter en conta a esquerda (por moi presente que esté na imaxe)...jajajaja.
Á que é unha cúpula xenial?

eli dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
LM dixo...

homem de deus!!! espero que a marca do final nom seja uma motoserra!!! nom falavam de uma luz branca e essas coisas? ou isso era entre pantasmas...?
nom fagocites nada, cuspe os atrancos que dos restos também se faz bom estrume para a próxima colheita.
beijos

Cris dixo...

ufff que van 3 veces que borro el comentario porque me extiendo demasiado, se me ocurre demasiado que comentar y no quiero ocupar demasiado aquí. Sólo... que en mi frente sólo veo aparecer alguna pequeña arruga y que espero caminar mucho mas, sin regateos, no por calzadas marcadas. Bueno... hoy si, hoy me voy con una gallegiña de paseo por otros lares, esos son los caminos que quiero para hoy y para mañana.

bicfletes sin marcas.

Cris dixo...

ummm he escrito 3 veces casi seguidas la palabra "demasiado", ¡me lo haré mirar! ja ja

coña, la palabra de verificación ahora es: un fin! uuummm mejor ni lo pienso!

Albino dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
A Ulloa en fotos dixo...

Faime gracia. Eu coñezo a unha persoa que cando chegou a Ulloa, asombrada de ver o logo de Husq en tantos sitios, preguntou onde estaba o hotel ise que se anunciaba polos camiños.

Saúdos

A lareira de Santiso dixo...

Pois ti ten tino, que sendo como es unha chousa....

Carlos Sousa dixo...

Por aquí xa quedan poucas estradas con árbores nos dous lados, mesmo parecían túneles. E maldita manía de usalos como taboleiros de anuncios. Se non é Husqvarna, había de ser unha inmobiliaria ou unha discoteca... O caso é que estan cheos de cravos.

Bo título o da foto, Metro de Antas, que modernos.

mencía dixo...

Tiven que mirar ben a foto porque semellaba a entrada da miña aldea "San Martiño Do Bolo", é tal cual, sen o anuncio da motoserra, pero témome o pior, sonche capaces de tirar as arbores todas e sin problema ningún.
Bicos.

Barreira dixo...

Saber interpretar a marca que levamos na frente e que porá o punto final???. Pois eu, onde ti dis "so" eu digo "nada mais e nada menos" xa que non é nada fácil. I e que se non fose dificil facer esa interpretación non estariamos inmersos, por exemplo, nesta crise atroz que nos desangra.
No sinal da foto, a próxima estación: "Chousa da alcandra".
Saudos

Pitima dixo...

Eu tamén penseu nun hotel cando vin o sinal... jajaja. Boa foto e metáfora, coma sempre...
Así que pensas que xa temos o punto final esperándonos, que está escrito nalgures... ¿e só iso?
¿qué me dis dos fillos que imos ter? ¿serán nenos ou nenas? ¿o camiño tamén está decidido ou podemos escoller? ¿levan todos os camiños o mesmo final?
Hai cousas que non podemos cambiar... seica... ¿ou sí que podemos?
¡O caso é acertar??!

Chousa da Alcandra dixo...

LM: Boeno, na miña foto hai motoserra e luz branca ao final do "túnel", non si?.
E...boeno, con respecto a fagocitar, hai veces que dan ganas irrefrenables de facelo. E vou poñer un exemplo para que os navegantes non se me alporicen: hoxe tiña un queixiño fresco feito da mañán que era inevitable non FAGOCITALO con pan de Antas!!!

Cris: Rectificar é de sabios (e de sabias). Ata trinta veces tres se é preciso. Todos cometemos erros. E na actualidade xa non hai castigos con latigazos nas prazas públicas para quen os comete, así que ti tranquila.
Disfruta dese paseo coa galeguiña!

A Ulloa en fotos: Escoitei falar desa anécdota que dis; pero sempre pensei que era unha lenda rural (o de "leyenda urbana" por estes lares non cualla).
Poda que fose certo, xa que aparentemente non ten moito sentido que publiciten tanto a marca deste xeito. En todo caso sorprende que a competencia non se apunte ao sistema. A mais férrea sería a "Maculló"?

A Lareira de Santiso: Xa ando con pes de plomo. Cada vez que escoito un motor bruando xa me tremen as pólas e axítanseme as follas. Pouco máis podo facer.
En todo caso coido que ten que estar legalmente protexido non arrasar unha Chousa enteira. Digo eu...

Carlos Sousa: O progreso "es lo que tiene"; que arrasa veredas e camiños para suplantalos polo asfalto. Neste caso que amoso na foto case é o verdor o que invade totalmente o chapapote. E da un gustazo respirar por este tunel vexetal...

Mencía: O nóso país é tan semellante de norte a Sur, que ás veces hai que poñer os pagüelos para non trabucarse de aldea. Alédame que o camiño de Alvidrón (moi pertiño do de San Martiño de Vilapoupre), teña esa semellanza co irmán de O Bolo en Ourense.

Barreira: Fíxate ben na boca do metro. Se o fas ata te podes decatar que a dirección da marcha e a contraria. Precisamente o "tren" ven da zona da Alcandra e vai cara a bifurcación de Vilapoupre.
Apertas sin sinalizar, colega!

Pitima: Algo de sino haiche eh; ainda que queiramos pensar outra cousa.
Os fillos...teñen o seu propio camiño, inicialmente marcado por nos (como marcaron os nosos primeiros pasiños os nosos pais con nós). Podemos escoller, si; pero dentro dunha serie de itinerarios prefixados xa...
E...a vosa vai ser nena!!!. Que cho digo eu, que son medio meigo (Meigo é algo menos que Druida; pero algo máis que bruxo jajaja).
Pero, como dis ti, o importante é sempre acertar. Ainda que sexan os 6 números da Primitiva!!!!

susanamoo dixo...

salió

Rocío dixo...

Boas! cheguei aquí por outro blog en común e púxenme a curiosear... en canto as marcas dicir que deberíamos prestar máis atención as que imos atopando no noso Camiño da Vida, só así encontraríamos facilmente explicación a algunhas situacións que máis tarde temos que afrontar... (pensativa). Vaia! parece que este camiño verde en forma de túnel faime sentir filosófica nesta madrugada.

Un saúdo de pingüina!
Cousiñas de Ro

Doutora Seymour dixo...

Aínda coa marca da nosa frente en relevo, brillando cun vermello iridiscente, camiñamos coma se o camiño non tivese fin. Cada quen interpreta e re-interpreta segun mellor se lle axeite ao carreiro que maxina de seu.

Cuspedepita dixo...

¡Vaia! Curiosas as marcas dos castiñeiros que tedes os de Antas! :-)
Aquí facémolas a navalla e sen cores azuis, máis sinxeliñas e menos rechamantes, pero molan máis ;-) jajaja
Graciñas pola axuda!! E...
... bicooossss.

Chousa da Alcandra dixo...

Susanamoo: Que pasou?. Cortóuchese o leite antes de mazalo, Susana?.
Xa nos contarás que foi o que "salió"; ou querías chamarme "salío" ti tamén?

Rocío: A verdade é que o treito é para filosofar e non parar, sentado á beira do camiño/estrada; tanto que sexa de madrugada como á hora da merenda.
Sexa vostede benvida por estes lares, e non deixe de visitarnos, para filosofar ou non, cada vez que guste.

Doutora Seymour: E que hai que camiñar, que se quedamos parados cóllenos o resío da tardiña e despois...resfriado que te criou!.
Axiña chegarán as calores do verán que han facer do tunel vexetal un alivio; pero agora ainda se percibe a friaxe.
Sigamos, pois, camiñando. Parécelle?

Cuspedepita: Si, si; aquí tamén empregamos como estilográfica a navalla e como papiro o tóro dos carballos para deixar testemuñas de amor eterno a base de corazonciños atravesados por nomes jajaja. Poda que sexa cursi, pero queda moito mellor que o pedazo de lata da Husqvarna!.
De nada... ;-)

Pau dixo...

I estes de husqvarna non poideren colgar o seu carteliño nun calipto?

susanamoo dixo...

jajaja!
Non, non foi iso o que eu escribín, ... non sei que puido pasar.

Che dicía, nese comentario que desapareceu, que cando escoito falar de Tánatos, entrame a necesidade imperiosa de convocar a Eros e con el festexar a vida, breve, que temos.

Hermaco dixo...

Os/as aquí presentes levan na fronte a penas unha estrela e no bico a penas un cantar. E non é pouco.

Eis a marca que nos imprimiu o poeta de por vida.

A Ulloa en fotos dixo...

Ei, de lenda rural nada de nada, de feito ti coñeces a unha das protagonistas da historia. Preguntoume a min ó do hotel e eu non sabía a que se refería ata que un día vimos o cartel e díxome que ese era ó hotel. Como podes imaxinar estiven rindo un bo anaco.

Paquito de Penas dixo...

Meu deus, isto é moi profundo. Voume colgar a roupa e xa che contarei :-)

vakastolas dixo...

E cando se tronza o nexo que nos une á terra... suponse que imos ao ceo?

Cris dixo...

El paseo con mi querida galleguiña (y su chico) fue genial, otro de esos momentos que Sí dejan marca, que dejan huella y conforman nuestros caminos.
Bfletes caminantes!

Artabria dixo...

A galleguiña son eu,jejeje.

Gracias Cris, por esas bonitas palabras. SEguro que nuestros caminos se volverán a encontrar, solo espero que no con Husqvarna de testigo, jajaja.

Por cierto, que estos están en todos lados, te podría enviar decenas de árboles y de casas que por esta zona promocionan la susodicha marca.

Perdoa o cambio de idioma, pero dame pereza borrar e escribir de novo, jajja

Cris dixo...

JA JA Artabria, menos mal que no he puesto por ningún lado nada malo que si no me pillas fijo, ja ja.
La próxima vez que nos veamos espero que sea por tus tierras ;)

CHousiña...ola a ti también, que ocupé esto para responder a la galleguiña en cuestión. MUA

Aldabra dixo...

eu levo na frente algo escrito, non sei si é esa marca que dis ti o e un letreiro que dí: INOCENTE.

biquiños,

p.d.: por certo ese letreiro de Husquarna está por todas partes ¿non é así?

Artabria dixo...

Perdona Chousa, pero esto va para Cris, jajaja: claro que nos veremos por estas tierras, tienes una visita pendiente...........incluso podemos llegar al centro geográfico de Galicia, jajaja

Cris dixo...

Ja ja sí, tengo una visita pendiente y muchas ganas de ir! Chousa ¿que tal la galleguiña y la madrillega en el centro geográfico de Galicia? ¿Hay hueco para nosotras y nuestras cámaras de fotos??

Besos!!!

A zanfonista dixo...

Si, é verdade eu cando vou polo rural sempre acabo por atopar carteis deses. Saúdos.

Chousa da Alcandra dixo...

Pau: Jajaja, véxoche a idea; e ata a comparto. Pero vai resultar que "estes da Husqvarna" pégano en cada tóro de madeira que se erga do chan.
Non deixa de ser chocante que se anuncie enriba dunha árbore a arma que a vai matar.

Susanamoo: Xa me parecía a min que a palabra entrecortada non tiña sentido (xa que non había xemido nin nada). E levas razón; calquera deducción é boa para convocar a Eros. Chámao ti, que coido que tés liña directa con él; non si?

Hermaco: Espero que o cantar que levamos no bico non sexa o mallar do motor de dous tempos da motoserra (e agora estou a pensar como chousa que son e como carballos e castiñeiros que me poboan).
Sempre serás benvido por estes lares.

A Ulloa en fotos: E non é para menos que para rir un anaco.
Eu non acabo de caer en quen foi o que tal cousa pensou. Xa me contarás...

Paquito Penas: Pois cólgaa ben (a roupa), para que se deloire como é debido.
E tampouco andamos en moita profundidade eh; que non levei o sacho para cavar no asfalto jajaja

Vakastolas: E a ti paréceche que hai ceo despois de atravesarte unha cadea metálica engrasada en aceite petroleado e segarche as veniñas todas?. Cando nos tronzan imos ó carallo (ou ponlle o lado femenino, que tamén vale) e punto.

Cris e Artabria: Xa vexo que andivestes xuntas e remexidas. Alédame que o disfrutarades e vos deixara marca desa ledicia.
E hai sitio para camiñANTAS no Centro Xeográfico de Galicia. Nin o dudedes!

Aldabra: Esa marca tamén a levo eu!!!. Mercaríamola na mesma tenda?.
E decirlles a aqueles que non no la vexan ben, que regradúen a vista, raio!!!.
Cando che pareza convinte fundamos unha asociación de inocentes. Podemos facelo un día destes ou agardar a que chegue o 28 de decembro, que tamén pode ser bo día.

Zanfonista: Pois mira ti que curioso; eu esta fin de semana andiven polo "urbano", e tamén vin os mesmos letreiros!!!.

O Garcia do Outeiro dixo...

Interpretemo-la entom colectivamente como povo, desde o Courel a Compostela por terras libertadas como dizia o Novoneira.

Chousa da Alcandra dixo...

O García do Outeiro: Unha boa visión tamén, García.
Toma asento pola Chousa e acomódate.