Foi o vento que tantas cousas dicía,
preguntándolle á terra se lle gustaba como a lambía.
Foi o mar cuspindo pingas de fantasía,
bicándose cos cantís en perenne algarabía.
Foi unha árbore que xa non vivía
a que enmarcaba canto alí acontecía.
Pero non foi ata que ti miraches o que eu vía,
cando a lúa deixou de ser astro para tornarse poesía.
Foto: Estaca de Bares. Poesía visual.
17 comentarios:
cousa bonita....
Bico poético-emocionado
:)
Nom posso dizer que <> fermoso o que venho de ler e ver, pois agora mesmo todavía É.
Achei a Chousa moi bem coidada neste meu retorno.Gostei. Saudos
Pefecto marco encadrando a mellor das paisaxes; perfectas palabras para unha poesía.
Bks.
Fermoso todo o conxunto. A ver se te recupero, meu, que levo unha tempada de desgustos co blog que pa que!
Ooooohh, que fermosa marabilla. Palabras lindas todas: lamber,bicar e poetizar.
Bicos liricos
Cando era nena (no pasados milenio e século) , estudiando aquelo de Estaca de Bares, eu coidaba que era un pau que tiñan para escorrentar ós bébedos.
Cousa fermosa e linda para empezar o luns. Grazas por tal agasallo
Que bonitooo!!!!!
Abraiada estou. Non porque dubide da túa capacidade poética, que non o fago, porque os teus textos están cheos de poesía, pero hoxe atópoa en estado puro. E gústame.
E xa falo de máis, tendo en conta que o que me apetecía era ficar calada e disfrutando.
Bicoss
agora, ademáis de rosiñas e imaxes poéticas, méteslle rima aos teus posts!
esto vai direitiño!
Releo. A min o poema recórdame As Cantigas Medievais...
Sublime!
Tiempo sin pasar pero nunca es tarde cuando la visita es buena, y también es muy agradable pasar y leer lo bien que dices las cosas.
Un abrazo.
Hai poesía na foto, e que dicir das túas verbas...
Abraiado estou!!!
Non vou falar da poesía que xa cha gabaron abondo pero si da foto.
Esa foto resúltame coñecida. Non a poñerías anos ha ?.
Moito me gustan os piropos, carallo! (Aínda que ben sei que non os merezo todos, e que me mirades/ledes con bós ollos).
Cando me concedan a Laureada de San Fernando compartirei con todos vós esa distinción!
Zenquiuverimach por darme tantos mimos.
E non é repe a imaxe, Paideleo. Tomeina en abril na miña primeira visita a Bares e tiñaa gardada para unha ocasión que xurdiu con ese intento poético do outro día. Con todo estiven pensando a cal che lembraría, e pensei se sería este posteo do 2009: http://www.chousadaalcandra.blogspot.com.es/2009/04/vertical.html
Pero qué fermoso,chousa.
Non sei se tes moita poesía gardada , pero é unha mágoa que non nos deleites más veces con versos como estes.
Encántame como o vento lle pregunta á terra se lle gusta como a lambe.
A foto ben preciosa tamén.
un bico.
Me gustó mucho esta entrada, supongo que me la había perdido, pero la encontré.
La naturaleza ya es poesía, pero admite que la adornemos con palabras, como has hecho tú.
Besos
Publicar un comentario