domingo, 21 de febreiro de 2010

Loro

Encasillado no xugo, tallado con esmero, e deixando sitio para ser ensartado pola cabezalla.
Feito de madeira de carballo verde, cocido no forno de pedras vellas. Torneado por mans expertas en mil viravoltas imposibles tan siquera de imaxinar.
Potencia compartida coa chavella. Estribo firme, dureza solemne e laiar miúdo. Sostén férreo de fibra vexetal, que permite a escritura rectilínea en cales fecundas e sucos abrigosos.
Tope da rabela e inicio do propio arado. Ferramenta imprescindible, que sacrifica a elegancia no altar da eficacia, dotando así de eficiencia á xugada.
Poden chamarche retorto, pero todos deberían saber que o teu nome é loro.

Foto: Loro amándose coa cabezalla en presenza do xugo e a chavella.

45 comentarios:

Logio dixo...

As mans que tallaron o xugo merecerían algo máis que traballar a terra.

Maribel-bel dixo...

Quén traballa co xugo son as vacas, arrastrando gradas, cainzos, carros de herba-seca,de millo. Agora xa non están e cando estaban non os mirábamos. É o que ten esta nosa vidiña,voltar ás cousas de antes e encontrarlles esa beleza natural. E téñena. Biquiños atempestuados.

Dilaida dixo...

Vaia xugo, é unha obra de arte. Os loros que eu coñecín eran de coiro.
Bicos

paideleo dixo...

É a fermosura dunha obra sinxela e eficaz.

Aldabra dixo...

entre o teu texto e o de paideleo, lín un montón de palabras novas... vou ter que ir agora ó dicionario.

a verdade e que non me quedou claro cal é o loro, supoño que é esa especie de corda retorta ¿ou non?

o xugo é moi fermoso, con eses dibuxiños tan artísticos.

bicos viravoltos.

Kim Basinguer dixo...

¿Cal é o loro ? Eu non o vexo.

Marisa dixo...

Igual que Dilaida
na miña aldea tamén
eran de coiro.
Esta imaxe lémbrame
tempos duros de
traballo e sacrificio.

Biquiños

A nena do paraugas dixo...

Sempre tiven curiosidade por saber como se chamaba o tal loro, que na casa de meu avó era de coiro. Claro que daquela, cando aínda era máis nena, o carro que había na casa era para unha soa vaca pe ro perdíame en soños, entre a canga, os estadullos, a cabezalla e mil cousas que fun perdendo, porque un día decidín emigrar á capital. É o que teñen as capitais: moita xente polas rúas e crianzas que pensan que os vos saen da fábrica de Coren de Santa Cruz e o leite múnguese directamente dun cartón de Larsa.
Menuda "oda" ao LORO, meu. Quedouche redonda! Parabéns!

Frabisa dixo...

Mucha riqueza de vocabulario para definir a una herramienta que fue de tanta utilidad que se acerca en diseño a una escultura agrícola.

un bico

(ahora, eso sí, al loro no lo he visto :))

Carlos Sousa dixo...

Tampouco che coñecía o nome. Dende logo moi rebuscado este texto, demostra que cada peza dun conxunto é indispensable.

fonsilleda dixo...

¿Falamos de loro?, ¿non é unha casualidade?.
Mañan, xa que hoxe é tarde, tratarei de identificar unha a unha as pezas que sinalas e que vería centos de veces.
Os teus textos comezan a ser unha prosa poética das mellores.
¡E en galego!.
Fermoso
Bicos.

HADEX dixo...

Buf....a RAG debería incluír esa definicón túa tan marabillosa....Por ....ésima vez, eres un poeta CHousa.

Bicossss

Pitima dixo...

Esta ferramenta é unha obra de arte.
Preciosa. ¿E por qué se chama loro? ¿tí sábelo?

Bico labrado.

Gonzo dixo...

Reconforta ler e ver arte, arte popular, sinxelo e sincero. Este xugo da parte da Ulloa, supoño, é semellante aos recollidos por Vicente Risco na obra Terra de Melide nos anos trinta do século pasado;
http://anosahistoria.blogspot.com/2009/06/bran-lug-deuses-celtas-nas-terras-do.html
Risco recolleu varios exemplos do que debía ser unha cultura milenaria do tallar na madeira.

Mer dixo...

Moi fermoso o xugo, moi traballado.
O do loro un bo detalle.

Unha aperta

Merce dixo...

Nin idea, non tiña nin idea, recoñezo que son unha inculta total... :)

Biquiños

mariajesusparadela dixo...

Non sabía . Para min é unha fermosa novidade.
Quedo encantada de pensar que non hai loro máis feito que os galegos. E, qué ben fala das mans de quen o fixo...

susana moo dixo...

Non sabía que se chamaba loro, pero mira vou agora mesmo a falar cunha amiga con gustos sumisos, desas que gustan de ser atadas porque tal e como describes o loro, penso que vai querer unha ampla explicación sobre como facer ese "torneado por mans expertas en mil viravoltas imposibles".

Carlosm dixo...

Já que o "poeta" non o di, dígovolo eu: chamamos LORO a unha peza de madeira que se retornea para engarzalo no xugo e meter polo seu recoveco a cabezalla do carro ou do apeiro de labor que se trate (arado, cainza, etc)
Polas terras da Ulloa facíano de madeira de carballo verde, pero por outros lados era de coiro ou incluso de cordas moi fortes.
Así que non busquedes paxaros tropicais, que non os hai jeje.

Xa pagarás unha ronda polos servizos, Chousa.

Carlosm

GINEBRA dixo...

Chousa, bonito arado tallado y hecho de roble o carballo (es lo mismo) por manos expertas de artesano y que escribe recto como bonita metáfora a labrar profundamente y bien los surcos.
¿se llama loro?. No lo sabía. Este arado parece hecho exactamente igual que cualquier arado medieval, cuyo origen fue el romano.
¿es tuyo ese arado tallado y labrado con filigrana????
P.d. Cumplí mi parte del trato, si estás satisfecho, lo cerraremos cuando quieras. Besos de tarde lluviosa.

zeltia dixo...

:D fíxome rir carlosm
compréndese que a xente nova ou a da cidade non saiba o que é un loro, pero a min resúltame estraño... pode que nun primeiro pensamento non me saia o nome "dalgún chisme" "ou dalgunha parte do chisme" cando o teño diante, pero como o mencionen ilumínaseme a memoria!
no texto éste teu,
esta oda ó loro,
pasoume coa rabela, empecei a lembrar as partes do arado de pau, as do carro, e fraquéame a memoria, mecachis, vou ter que ir ó museo do pobo galego ver todos os ferranchos, apeiros e demais ferramentas.
dame pena [moita] que me foran esquecendo moitos dos nomes outrora tan familiares.
(viches chousa, que fun unha nena da aldea?)

Eu comprendo que era un modo de vida, o dos labregos, moi escraviño, e que agora coas máquinas, non teñen que partir tanto o lombo, está ben que estean nos museos, ou ben conservadiños nas casas de quen os herdaron...
pero o que non está ben e que esquezamos os seus nomes,
para qué valían,
que xa non lembremos cal era o modo de vida na nosa terra por máis de mil anos, e por iso me emocionou moito esta entrada túa... non é só un texto bonito adicado ó loro,
e un recoñecemento ós nosos ancestros,
ás nosas raices culturais,
a un xeito de vida que configurou a entidade que hoxe é Galicia.
moi ben, chousa.
gustoume moito.

por onde eu vivín de nena, os loros eran de coiro.

vintxuca dixo...

Fermoso xugo todo talhadinho! Parabéns pola entrada, sempre aprendemos cousas aqui na Chousa!
Unha aperta revolta coma o tempo!!!

Raíz_Verde dixo...

Eu tenho un na casa, pero como ben di o comentarista anterior é de coiro.

Un saúdo

Vieira Calado dixo...

Belo trabalho!

Cumprimentos.

Harmonía dixo...

Preciosa descrición. Perfecta.
Eu recordo que tiña un olor característico: unha mestura de graxa (que lle aplicaban para evitar que se endurecera, creo), o propio aroma da fibra vexetal (ou do coiro) e o roce dos animais que quedaba impregando co paso do tempo. Foi ver a foto e recordar ese olor, coma se o tivese diante.
O texto é toda unha homenaxe literaria a unha ferramenta imprescindible en tempos pasados.
Saúdos.

busto.agolada dixo...

Etnografía, prosa poética e picardía sabiamente mesturadas para recuperar a memoria do LORO (o primeiro O, pechado, para non confundir co nome castelán do paxaro que fala). Lembro que na feira de Agolada había un posto de venda e tíñaos dos dous tipos: de coiro e de carballo, como o da foto.
Apertas.

Kaplan dixo...

Tampouco eu sabía deste nome. E polo demais, que dicir que non dixera vde ou os comentaristas da precisión e meticulosidade do traballo: arar, como di vde, é escribir nunha páxina da terra.

vakastolas dixo...

Pois algo aprendín, que eu de loros non sabía. Que bonitiño aprender así e non con esas frases que empezan "parte do arado blablabla...). Graciñas por escribir (e describir) así :)

susana dixo...

Bonito arado tallado. Em Portugal se chama uma "junta de bois".
Bom trabalho!

A do outro lado da xanela dixo...

Grazas. Non o sabía :)

Eva G. Rei dixo...

Fermosísimo texto no que recupero a memoria e prometo replicar.
Non sabía o nome do loro, así que moitas grazas por aprendermo.

xenevra dixo...

Como dicían naquela peli do Tosar e Marta Etura (xa sei que a citei máis veces ;)) do que non se fala, non existe. de aí a importancia de poñerlle nome non só aos obxectos, senón a todos os entimentos que nos despertan.
E ti tes unha maneira moi xeitosa de poñerlles nome, de facelos reais, de apreixalos para nós ao redor dunha fotografía.
un saúdo

Bolboreteira dixo...

Fermoso xugo, teño visto moitos, pero tan traballado como este ningún.
O do loro non sei o que é.
Un bico para Antas.

zeltia dixo...

no, xa vexo que hai quen fala do arado, do xugo, pero segue sen saber o que é o loro...
:D
chousa, escangállaseche a oda o loro!
deixoche aquí se queres poñela, unha ligazón a unha imaxe onde ven marcado co número 4
o loro, tamén chamado (seica) "dobra" ou "timoeiro" (non e tan bonito coma o teu, feito de madeira verde de carballo, ese é un loro de coiro)

Chousa da Alcandra dixo...

Da gusto ver como esto se vai "regulando" soliño esto.
Moi agradecido a quenes ides explicando o que eu non dixen.
Que ninguén siga buscando paxaros exóticos, como xa se comentou. Desta vez non hai animais na miña foto. O único animaliño foi o autor do post; pero non sae na imaxe...

BRABIDO dixo...

¡Anda pa adiante rubio!


Saúdos

Suso Lista dixo...

Aínda hai quen fai loros?Puro Arte

Chousa da Alcandra dixo...

Agarrádevos forte, que seica se achegan ventos fortes.
E relaxade o ánimo, que nunca choveu sen que acabase por escampar.

Srta. Maquiavélica dixo...

acabo de ver un documental y extrañamente me acorde d vos¡¡¡
jeje besos guapo

Lena dixo...

Chousa,

No importan las razones, los caminos, importa llegar.

Y a mí me ha encantado que te hayas detenido, que hayas leído, que hayas comentado.

Eso ha hecho que yo pasee por acá y me encuentre con un blog bellísimo, escrito en una lengua muy dulce, que entiendo y leo pero no hablo.


(Adoro tu tierra y a los de tu tierra...a los que han partido, a los que han quedado, a los que van y vienen incansables, a los que regresan para siempre).

Gracias por tus palabras.

Perdona que te escriba en castellano...si pudiera lo haría en gallego.

Te sigo leyendo, si no te molesta.

Un abrazo fuerte,

Lena

Rocío dixo...

Os xugos nunca foron bós, nen sequera para as bestas, por moi bonitos que os pinten.

Un saudo, un-saudo, un-saudo... (en lingüaxe loríl)

Raposo dixo...

Non coñecía ese nome, por alí chámanlle temón ou temoeiro.
Apertas (de rabela).

Alodia dixo...

nunca vin un en persoa! bueno en loro ;)

é o q che ten ser unha "urbanita" :P

Chousa da Alcandra dixo...

Lembrando o paso do furacán Xyntia polo oeste da península ibérica, deixamos o xugo, o loro (coa primeira "o" ben pechada), a chavella,cabezalla e mailas piallas; para continuar esvarando polo teclado xunguindo cousas novas.

O meu agradecemento a quen pasou por aquí, e sobre todo a quen deixou constancia dese paso. Agardo terlle feito ganas de voltar (a fidelización é unha das tarefas máis complicadas da márketing; así que...)

Achégase marzo. Con él virá a primaveira. Os meus rosais queren esbourar xa. Case que teñen incontinencia. Verédelos pola Chousa.

Proida dixo...

Pois no meu pobo chamábase "lora" co o moi aberto...