luns, 1 de febreiro de 2010

Micrófonos

En política é lícito levarse mal coa oposición. Incluso moi mal. De feito case sempre hai reciprocidade no sentimento, así que as liortas entre o executivo e o resto de membros do lexislativo mesmo semella que son tan naturais coma as ganas de comer (ou doutras cousas desexables!).
O que parece que rabuña nas conciencias é o enfurruñamento entre membros da mesma corda, chegando a semellar unha especie de antropofaxia noxenta as pelexas entre iguais.
O certo é que este tipo de fauna ten que alimentarse; e cando teñen fame (léase ansia de poder), tanto lles ten pita coma capón.
Eso sí, alomenos deberían ser algo máis espabilados e, antes de emitir os graznidos propios da inxesta do bolo alimenticio, cerciorarse de que o son propio da deglutición non vai ser recollido pola microfonía circundante. Que os peidos non se expelen unicamente polo remate do intestino gordo...

Foto: Cabárceno. Aguerrido paxaro grande observando a outro gallardo compañeiro.
( Calquer parecido coa ficción é pura realidade)

43 comentarios:

A do outro lado da xanela dixo...

Encántame a fauna do noso país...

aaaaaaaaaaain, que será de nós...

Bico!

Maribel-bel dixo...

A política agora(non sei se antes) é un patio de veciños(sen graznidos) pero con moito ruído. Cansamos de tentar entender os que non entendemos e cansamos de non entender os que entendíamos. En Xeral, cansamos de ver galopar sempre a mesma pomba. Apertiñas centrais

xenevra dixo...

Levarse mal coa oposición, ás veces, é cuestión de pose. Non hai un grande conflito de intereses, só diferenza de opinións á hora de deseñar o mundo (e dixen só??). Cos do propio partido o conflito é cruento; loitas polo mesmo espazo, no mesmo tempo e, ás veces, lugar. Como solucionalo? (Feijoo ditaría un decreto de tridirixismo)

Algunhas persoas utilizan o smedios de comunicación con grande habilidade, ata nos fan crer que son os medios os que os están manipulando ao sacalos de contexto. Seguro que son tan torpes cos micros? Eles que saben inglés seguro que entenden ON/OFF.

En fin...
eu só pasaba por aquí para dicir que, a primeira vez que vin uns voitres, foi en monfragüe. nunca antes pensara que me podían inspirar tanta tenrura.

camiños andaredes!!

A nena do paraugas dixo...

Ninguén chega a unha cadeira de mando político sen dar patadas por baixo da mesa, mentres obsequia un enorme sorriso por enriba. Son as cousas desa antropofaxia noxenta. Pero ás veces, por baixo da mesa, hai algunha crianza agochada, xogando a marcianos e, velaí o que pasa!

Se houbese un pouco máis de honestidade... igual non existía a política. Ou si. Non o sei. De todas formas, de vez en cando, ben cómpre se espallen ao aire os cheiros deste personal. Aínda que teñamos que tapar o nariz... É outra maneira de desfacer falsos mitos da cultura patria. Digo eu...

HADEX dixo...

Os políticos son tan cortiños de mente que aínda non se decataron de que diante dun micrófono non se debe dicir nada que non se deba oir, aínda que este teña o cable cortado.....En fin....que lles den.

POr outra banda, cando fomos a Cabárceno,anos ha, aínda coa cámara analóxica, o presuposto da viaxe fórase en carretes e revelados, hehehhe....imaxíte. Pero esa foto túa lémbrame o fascinada que me sentín cando vin aos voitres tan de perto!!! Son alucinantes!!!! Sabes que non hai moito Dani viunos aquí cerca de Lugo???

Ana dixo...

Non podo ver a esa muller, e repugnante. Alegrome que a pillaran con micro. Mais temome, que non farán nada os do partido, os acojona demasiado.
Con un pouquiño de fe, a ver si danle xa unha patadano cu.

Bicos

Dilaida dixo...

Non sei que me pasa que xa vai de dúas veces que comento e perdo o comentario, debe ser cousa de meigas.
A ver se lembro algo do que puña; eu dicía que cando as liortas teñen lugar na entorna dos contrincantes son máis salvaxes porque coñécense moi ben e ata cren coñecer a profesión das nais, claro que non é o mesmo "fillo de ..." que "ser...". Hai un dito en castelán que di: "Mira, habla de las putas la polvillos"
Vai ti saber se o fan a mantenta e saben cando soltar eses "peidos", ao mellor teñen todo controlado, hai mentes tan retortas...

Carlos Sousa dixo...

Aínda por riba sonche medio papoucos, da noxo ver como se destripan. Xa bastante temos coa situación que estamos a pasar, para que eles nos den esas clases de "bo comportamento".

Non os podes comparar cos buitres, este animal nunca chegaría a este grado.

zeltia dixo...

ay que pe-na me da,
Esperanza pordiós,
tan gracio-sapero noeres bueeeena
ay que pe-na me da,
Esperan-zapordios
sólo sa-besbailar cha, cha, cha.

que antigua eu, bueh case coma ela!

(pois agora di que "elhijodeputa" ó que se refería non era gallardón,
se non outro hijodeputa do que agora non lembraba o seu nome).

:-)

Merce dixo...

Ah! pero os politicos pelexanse?? uy non me decatara... :p

Penso eu que todo che ten o seu intre, e se non o solta igual reventa, imaxina a desfeita!!!

Bicos

mariajesusparadela dixo...

Iso que vostede dí, ten no meu "culobulario" o nome de "pedemia" e é propio de políticos de todolos bandos e de xente afeita ó poder. E, cheira.
Tanto ten que se fale da alcaldesa como dos representantes do partido pola banda de Ourense.
Cheira que apesta.

fonsilleda dixo...

Semella un conto e tristemente é a máis pura das realidades
A min o que me desespera é que non senten a máis mínima vergoña.
Bicos

fonsilleda dixo...

Fermosos bicho e imaxe.

Carmen dixo...

O que pasa é que estas aves de rapina aliméntanse moito e mal, entón o que expelen non pode ter aroma a rosas precisamente.
Aplaudo de pé esta entrada de tan exquisita retranca.
Bicos perfumados

Bolboreteira dixo...

Vergonzoso..pero realmente non se espera outra cousa deles, eu polo menos, en política parece que todo vale menos ter principios.

Bicos Chousa.

Anna Mora dixo...

Magnifica foto para tu comentario !!
Saludos des de Catalunya . Anna

Kaplan dixo...

Cale por Deus, que dan noxo!

Frabisa dixo...

Será la erótica del poder ¿no? Lo que se ve es que entran en la política como personas normales y se van transformando en verdaderos áliens.

Creo que incluso (y he visto unos cuantos de cerca) van perdiendo su vida personal y todas sus ilusiones y ambiciones se centran en su nuevo mundo y con ello arrastran sus peores instintos.
Me dan miedo y me horroriza que manejen países.

un bico

Chousa da Alcandra dixo...

A do outro lado da xanela: Dependerá de nós. Créeme!

Maribel-bel: Un día temos que rebelarnos contra ese cansanzo xeneralizado.

xenevra: Posiblemente teñas razón. Son capaces de rizar rizos.

A nena do paraugas: Dis ben. Que peideen e despois que se vaian. Xa cansan sempre os mesmos.

Hadex: Teño que pedir perdón a eses paxaros pola comparanza. Fasme de mediadora ti?

Ana: Eu presto o meu pé para o patadón. Pós ti o ímpetu?

Dilaida: Poda que peideen según queiran; total para o que teñen que facer...

Carlos Sousa: Verdade que semella que merecemos unha clase política de máis altura, e non estes peideiros?

Zeltia: Para chamarse Esperanza ten moi pouca memoria. Que podemos esperar dela?

Merce: Estoupan cada día. Pobres dos que teñen que estar ó seu redor. Dan pena, pero viven como marqueses (á nosa conta)

mariajesusparadela: Pois parece que siguen os afeitos ó poder por ese lado. Se precisas pinzas para o nariz avisa...

Fonsilleda: Perderíana ou xa viñan sen ela de serie? (e que de serios non teñen nada)

Carmen: Boa falta fai o perfume, que con esta xente sempre fede!.

Bolboreteira: A este paso o que parece que non teñen tampouco é final!!

Anna Mora: La foto es buena, pero no pedí permiso al pobre buitre...

Kaplan: Noxo dan, pero non lle poñen remedio. Teremos que facelo nós. Non din que somos os soberáns?

Frabisa: Seguramente metamorfosean; pero polo que se ve...moi a peor.

----
Un día vin unha foto dunha manifestación en América Latina (non lembro o país), presidida por unha pancarta na que se podía ler:
"QUEREMOS QUE NOS GOBIERNEN LAS PUTAS; PUÉS ESTAMOS HARTOS DE QUE LO HAGAN SUS HIJOS".
Non precisa comentario engadido.

Aldabra dixo...

unha ave carroñera para un texto sobre política: a escolla non podería ser mais acertada.

para algúns "todo vale" e NON VALE TODO, aínda que algúns non se enteraran.

biquiños aguerridos,
¿coñécelos?

Mar e Lúa dixo...

jajajajajaja! como botaba de menos esta retranca túa, Chousa!!!

Unha aperta forte!

Carlosm dixo...

Contan que temos a clase politica que nos merecemos. Se realmente e asi, eu vou renegar de pertencer a esta sociedade. Dan noxo, cheiran e tamben dan mal ejemplo.

Já de volta por estes lares. Alegrame ver que sigues en forma.
Apertas

Carlosm

Carlosm dixo...

hahahahaha moi bo o de pedir que nos governen as putas.

Pitima dixo...

Non o vin.
Non o escoitei.
Son feliz.... na inopia.. jaja

Boeno, mirarei de enterarme do conto, que odio ser a única que non se entera da película...

Fálame do mar mariñeiro, que de pseudopolíticas intrigas e cintas xa ando servida.. jaja

Bico sen pico.

susana moo dixo...

Ai, Chousa, é que na vida non todo e muiñeiras e alalás.
El puntito vampiro del bicho, pone, y el puntito ama de la bicha nin che conto.

SoO* dixo...

Coido que na política poucos hai que non vivan da carne morta e ben peneiradinha que outros lhe van deixando... Non vaia a ser que se cansen de máis facendo algho por conta propia. (dicía alguén)
Saúdos altruistas.

noa dixo...

será cuestión de supervivencia, sen contar coa da especie, claro. non podo dicir que me apene.

Marisa dixo...

A imaxe que puxeches
vaille que nin pintada,
parecen aves de rapiña
descartizando uns a
outros.
Verdadeiramente dan noxo.

Gracias polos teus
amables comentarios.

Biquiños.

abueloscrisytoño dixo...

Preciosas estas últimas entradas como sempre. Tes un don especial para espresarte xa quixese eu. Agora relajate e pasa un momento para ver o raio verde.
Saúdos cordiais, A.Cris

Seymour dixo...

O paxaro elixido é elegante de máis para ser comparado con segundo que humano...
coido que a foto que mellor ilustraría o tema sería un primeiro plano dun bo anaco de prea no apoxeo do seu esplendor. E aínda así non sei, hai cousas que é case imposible ilustrar...

irene dixo...

La política es una enfermedad perniciosa, muy contagiosa y crónica, los que se meten en ella no quieren salir ni a tiros, y si es necesario machacan a sus propios congéneres, se creen que, como en el amor, vale todo, no me gusta esta clase, la política me refiero, se libran muy poquitos, ¿cómo es posible que se cambie tanto?
Muy buena la pancarta esa de la manifestación en América Latina.
Biquiños, Chousa.

mencía dixo...

Que ben acertaches coa foto para ilustrar o teu post.
E o caso é que eu inda non hai moito tiven ilusións coa política, pero creo que a miña inxenuidade durou pouco, e co fácil que tería sido, so tiña que desfacerme dos escrúpulos, En fin como para todo, hai que valer.
Biquiños.
Por ceto mañá é a presentación da novela de Rosa Enriquez "UNICRON" en Ourense, na libraría Torga.

Chousa da Alcandra dixo...

Aldabra: Un día que teñas tempo descríbesmos, vale? (os bicos aguerridos).

Mar e Lúa: No blogomillo botábase de menos o reflexo da Lúa no Mar...

Carlosm: Algo de certo hai na aseveración compañeiro. Logo algo poderemos facer!

Pitima: Non podo falarche do mar, aínda que me guste o salitre...(Xa te enteraches da noticia, á que si?)

Susana Moo: Xa sei, tamén hai pasacorredoiras e algún que outro paso-doble. (A bicha esa, con calcetíns non pon nada!)

SoO*: Ben mirado, fan unha función ecolóxica: a carroña hai que desfacerse dela...

Noa: A min tampouco me apena; pero sinto pena por nós; por ter o que temos diante.

Marisa: Nunca serán amables abondo os meus comentarios para a tua aportación xenial. Aplaudo a túa nova bitácora!

Abueloscrisytoño: E ti dis que non sabes comunicar agasallándonos con esas imaxes?. Con graciñas non se pagan; pero aquí non teño outra moeda...

Seymour: Hai razón na aseveración; pero teño por costume poñer imaxe acompañando.Pedinlle permiso ó paxaro antes.Pode valer?

Irene: A poltrona corrompe. Había que limitar o tempo de permanencia nela; non crees?

Mencía: Non te desilusiones sen empezar. Compre savia nova nesta horta.

(Canto sinto non poder ir tampouco a Ourense. En xoves...)

Filoxera dixo...

E qualquer parecença com o ser humano?
:-)

paidovento dixo...

A natureza animal ten estas cousas, o que é raro é que os depredadores se ataquen entre eles. Moita fame ten que haber!

Markesa Merteuil dixo...

Pois a mín fanme gracia. Xa que non governan, alomenos que o circo continúe.

vintxuca dixo...

Isto xa pasou antes, a cousa é que co que cobran polo posto que tenhen, como mínimo deberían ter coidado co que larican de portas "padentro"....
Boa comparanza a do bicho ca bicha!! Un beijinho!

BRABIDO dixo...

Teñen moitas caras agora que estan a cair as municipais,poñen a da sonrisa,e case te coñecen e todo.

Eu estaba en que che mandara un coment,ten que ser a edade ou o viño.

Saúdos

Cuspedepita dixo...

Ai, ai, ai ! A miña superstar Espe nunca entendeu ben aquelo de "en boca pechada non entran moscas".

Xa non me parece tan divina de la muerte !
Se fora alumna miña mandaríaa ao servicio lavar esa boquiña que dí cousas tan feas do seu compa Gallardón :-))

Chuchiños festeiros :-)

Chousa da Alcandra dixo...

Filoxera: Mellor non buscar semellanzas, que senón ímolas atopar...

Paidovento: Fame, pura e dura, de poder. Nin menos nin máis.

Markesa Merteuil: Pallasadas sí que fan, si. Riamos pois.

Vintxuca: Están tan apoltronados, que xa nin coidado teñen.

Brabido: En período electoral mudan de pel coma as serpes.

Cuspedepita: A dona Espe espero que nunca a convidedes a comer o butelo!

Kim Basinguer dixo...

Os buitres son mellores.

Chousa da Alcandra dixo...

Kim Basinguer: Seino. Pero non quería escarallar o meu blog cunha foto da bicha...

Rocío dixo...

Tal-cual!... uns carroñeiros.