xoves, 28 de decembro de 2017

Inocentes

Soamente sete notas son suficientes para nos demostrar que a melodía, ademais de agradable, pode ser infinita.
Con esta sinxeleza teórica resulta complicado entender como a sociedade nosa, repleta de intérpretes de oído, o que máis tende é a facer un reiterado e desagradable ruído. 
Deste bucle de cacofonías non hai quen se declare culpable, pois aínda que ninguén saiba música, de perpetrar atentandos auditivos todos nos sentimos puramente inocentes.
Desfrutemos do día, xa que logo.

Foto: Cadro musical. Inocencia pura.