sábado, 9 de febreiro de 2008

Sinais

A tendencia humana por deixar constancia da sua impronta acabou en moitos casos por considerarse como arte. Gracias a esa teima podemos hoxe interpretar moitos detalles daquel pasado no que as nosas inquedanzas eran máis vitais que artísticas.
Pregúntome se algunhas manifestacións consideradas na actualidade como artísticas, e pretendidas así polos seus autores, non serán algún día menosprezadas, vituperadas e sinxelamente consideradas como unha pura trapallada.
Tamén pode ser que se nos conceda o título de trapalleiros por non protexer coa mesura, capacidade e mínima dotación de recursos que merecen algunhas pezas únicas, mentras protexemos baixo mil candados e sofisticados sistemas de seguridade outras pedras chamadas "preciosas".
Somos así.

Foto: Petroglifos no monte de San Fiz (Antas de Ulla)

35 comentarios:

Markesa Merteuil dixo...

Cando volte por Antas tes que me levar ó monte San Fiz, que, amais, creo que hai unha ruta de sendeirismo que leva cara él e despois outra propia para ver os petroglifos.

Bicos.

Rifo I de Zeuquirne dixo...

"Trapalleiros" é o título que mellor lle vai a esta civilización que construimos, na que resulta máis interesante gardar con cen candados as pedras "preciosas" ca esas outras pedras que nos falan da nosa identidade.
Apertas.

Veca dixo...

Somos así. Tés razón. Construimos onde nos da a gaña, se é debaixo dun asentamento romano non paramos.
Pintamos as fachdas de edificios ben importantes arquitéctonicamente falando....e é que non temos respecto nin consideración coa nosa historia.

paideleo dixo...

O concepto de arte é caprichoso como caprichosos somos os humanos.
Veremos que máis voltas dá o noso concepto de arte.

elvira carvalho dixo...

O homem vai mudando, e os conceitos antigos mudam com ele. Assim o que hoje querem eleger como arte, amanhã pode realmente não passar de trapalhadas.
Um abraço

irene dixo...

¡Qué ilusión me hace entender casi todo tu post!. Y yo sin enterarme que era políglota. Me gusta Galicia y conozco parte. Además el padre de mi hijo era gallego. Me enrollo, a lo que vamos, tienes toda la razón, es una pena no proteger el arte en cualquiera de sus facetas, son cosas irrepetibles y únicas, mientras que un anillo de diamantes o unos pendientes de rubíes siempre pueden repetirse.
No tengo ni idea de gallego pero esto sí. Un bico.

Anónimo dixo...

Un saúdo dende A Balouta.
Suqui.

MARISA dixo...

lo más probable es que en un futuro se rían de algunas cosillas que hoy tenemos como únicas y valiosas... fijo que objetos que tiramos a la basura se exhiben en museos del futuro... fijo

Marinha de Allegue dixo...

Arte en sinais que lembran e recollen información poderosa do pasado e que se deprende no presente.
Es un artista recollendo e manifestanco sinais.

Apertassssssss.
:)

Desesperada dixo...

a verdade é que moitos dos nosos petroglifos e demáis xoias os temos... en fin, digamos que os temos. non hai máis que visitar as ruinas celtas do monte do castro en Vigo para ver como tratamos o noso legado.

Cora dixo...

Un xeito evidente de afastar de nós o noso pasado, para esquecernos do que algún diá fomos. O arte hoxe en día da moito pra debatir, pero nun futuro indeterminado, será exemplo da sociedade na que hoxe vivimos, trapalleira e vanal. ¡¿¿¿¿¿¿Todo vale?!!!!!!!!!!
Gústenos ou non, somos producto do pasado, e non se pode entender ben o presente se o descoñecemos e non o respetamos, así nos vai.

busto.agolada dixo...

Abordas varios temas relacionados entre si, en pouco espazo. Que consideramos arte? Como ben dis, no medio da arte que cautiva hai outras expresións que se quedan en pretensión e algunha son tomaduras de pelo (desde a miña óptica non cualificada).
A protección do patrimonio é outro dos temas que tratas. E coincido contigo e cos que participan nos comentarios en que non se adoptan as medidas necesarias. Pero coincidiredes comigo en que desde hai uns anos, todos imos tomando conciencia do valor deste patrimonio e da necesidade de divulgalo e consideralo. As medidas de protección van vindo lentas, porque o patrimonio é moito e non se dá abarcado todo.
Cómpre que nazan entes locais que se encarguen de velar polo coidado dos petroglifos, das mámoas, dos castros, dos castelos, das pontes, dos muíños, dos hórreos, dos cruceiros, das igrexas, das aldeas... Todo é arte e patrimonio.

De Ramil, mellor douche noticia no blog.
Un saúdo.

Pau dixo...

A min sempre me chamaron a atención os petroglifos, e saber cal é a verdadeira cousa que esconden detras. Querran dicir algo ou serían os graffiteiros de fai miles de anos

O Raposo dixo...

Certamente, a da foto é unha das "pedras preciosas" que temos en Galicia. Tamén é certo que este tipo de patrimonio ata agora se cuidou pouco ou se ignorou totalmente, pero pouco a pouco creo que se vai tomando conciencia, aínda que nalgúns casos xa é tarde.
Apertas.

Paco Penas de Dorvisou dixo...

O problema é a xente que pecha os ollos para non velo. Esa caste ruín da que xa nos falaba Castelao, que non atenden a outras razóns que non sexan as do bandullo. Pero aínda hai máis, comen para vivir, nen tansiquera disfrutan da comida. Son seres mediocres e vulgares que sen tomar conciencia delo marcan o destiño cultural dun pais. Chámalle políticos ou como queiras, xa me entendes.

caracol dixo...

Quero ir a Galicia. A coñecer as pedras preciosas e á xente que se lles parece.

Pitima dixo...

Nesta sociedade actual, absurda, inmadura, enferma de materialismo... ¡qué lle imos pedir!
Quero pensar que o arte está a salvo, e que sempre estará ahí, esperando que alguén mire para saires do seu escondite...
O arte histórico.. ¡quén sabe qué pasará! ¡quén sabe se algún día "alguén" reparará en que existimos neste mundo!,¡quén sabe o que pasará co mundo mesmo! ¡quén sabe!

Mariola dixo...

Por desgracia, a m�n non me tocou catalogar petros nas mi�as aventuras como arque�loga, tocoume patear monte.

O que era m�is lindo de todo era a interconexi�n que a�nda temos cos ancestros: a sensaci�n da pedra morna e o petro deitarse nela e sentir como o corpo se ench�a dunha enerx�a fabulosa, a harmon�a interior, a fascinaci�n da beleza de todo arredor de un.

O mellor de todo era que � pregunta "onde far�a eu un petro/onde contruir�a unha m�moa se fose un se�or prehist�rico?" sempre respondiamos ben.
Sinalabamos a direcci�n co dedo, e al� estaban esperando a ser vistos de novo, sentidos de novo, para encher de enerx�a tel�rica todos os nosos poros a pel enteira.

Druid dixo...

¿Sabes?... xa sei que non ten nada que ver, pero falando da "memoria historica".. e dicir, a memoria da nosa historia, parece que esta sociedade non ten nin memoria do que aconteceu onte... cando mais para protexer algo que nos dice de onde vimos.
Prefiro a tua pedra, cos seus debuxos perfecto-imperfectos, e non un diamante.
¿Serei parvo?.
Unha aperta.

aopedofarelo dixo...

Dende logo a disparidade de opinions fala as clara de quen somos e donde estamos.
Aquelo das preguntas vitais, ¿Quen somos, de donde venimos a donde imos,,,,,?
¿Arte en pedra?, quizais.
¿Medo ao descoñecido, rituais, maxicos?, tal vez...
Quen sabe, eu prefiro quedarme ca "Linguaxe das pedras, a palabra non falada, que dende a note dos tempos dinos que houbo xente como nos, antes que nos, que ollaba, smeentaba, regaba a terra cos seus corpos, con a súa dor, sangue e lagrimas.....
Alguen, algun dia conseguirà descifrar estas palabras mudas, na escrita da pedra....se non as perdomas antes pola desidia, ignorancia, e burrazan dos de sempre.

HADEX dixo...

Que marabilla!! Emociónanme moito os petroglifos....non coñecía ese...hei de ir a velo...bikosss.

Suso Lista dixo...

Esta semana pasada, volvín a levar a unha periodista aos petroglifos que eu descubrin fai dez anos, e que a día de hoxe, debido a iñorancia e a desidia están xa casí destruidos. Dan ganas de chorar, ver as cousas como están, e comparto todo o que dis.

Zeltia dixo...

post divulgativo y reivindicativo. fas ben. as institucións sempre van por detrás dos intereses da xente e dos pobos.

Muller salvaxe dixo...

Hola, coñezo os petroglifos, vivín un par de anos no Castro de Amarante.Gústame ir a camiñar ao Farelo.
Chamoume a atención eso de que antes as nosas inquedanzas eran más vitais que artísticas.Eu creo que nunha sociedade narcisista e superficial, centrada na imaxen, a arte se convirte moitas veces nun xeito de buscar o recoñecemento e a valoración que buscamos fora de nos, porque non aprendimos a valorarnos e querernos.
Para min o arte é vitalismo,expresión, creatividade e liberdade de elección e decisión. Vivir é un arte.
A min encántame bailar, hai algo máis vitalista que bailar?
Saúdos, finalmente estiven en Antas este findesemán, e fixen o propósito de ir todos!!
Gelu.

Chimeneaverde dixo...

A los que estudian Arquitectura les obligan a dar Historia del Arte. Lástima que a los políticos o altos cargos que se encargan de aprobar la remodelación de las ciudades no les hagan lo mismo.
es cierto, somos así. Unha aperta.

Evinchi dixo...

E tanto que somos así, demasiado así.

Os mobeis que tiraron por vellos nosas avóas agora son antigüedades cotizadas, tiranse muros románs para facer estradas mais longas......están tolos estes romanos...e nos ainda mais.

Bicos.

asbeirasdoarnego dixo...

o teu blog está chulísimo, sobre todo sigue con iso das fotos que debe ser a túa vocación. Eu teño un blog sobre Agolada, so queres visitar a dirección é
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

vermella dixo...

As veces os mortais necesitamos vernos reflexados na arte para darnos así máis importancia,definir a arte é unha cousa ben difícil,o que para uns di algo para outros non é nada,de certo as veces penso que aquel antergo de todos nós que dibuxaba en Altamira sería reprendido por alguén que lle diría: non pintes na parede............
As manifestacións artísticas foron e serán sempre unha páxina que escriben na historia os inconformistas.
Xa tes o teu agasallo,bicos.

A Conxurada dixo...

Eu tamén che fago sinais a ti, porque colguei un texto un pouco longo pero do que me gustaría a túa opinión.

elfa dixo...

Eu xa fun ver eses petroglifos varias veces. e hai unha ruta na paxina do concello que te leva xustiño ata esa pena que ten moitos debuxos

Ángeles Mallo dixo...

Xa tiña gañas de volver a lerte e poder degustar as túas fotos; para eses trapalleiros,son máis importantes os seus petos e os seus egos que a súa historia. Bicos

estibaliz... dixo...

quero ver eses petroglifos. En Antas están?

Porque unha xeira que montei hai uns meses a outros petroglifos resultou un fiasco.

A ver cando me dou unha volta e o coñezo. Que nunca aterricei alí. En SAn Fiz [de Cotovelo?]

Chousa da Alcandra dixo...

Estibaliz: En San Fiz de Amarante, no concello lugués de Antas de Ulla. O pe de foto do post lévate á descripción do roteiro para chegar a eses da foto.
Con todo, se desexares contactar, no blog hai un enderezo de mail...

Saúdos para todos e todas

estibaliz... dixo...

Grazas, Chouso. O de Fiz de Cotovelo foi unha licenza non direi poética, senón poñamos intertextual e pedantesca que me tomei, polo Fiz de Cotovelo do Bosque Animado.

Tomo nota que é San Fiz de Amarante [amarante, que prometedor topónimo]para cando me poida pasar por aí.

Bicas, a lote de...

Anónimo dixo...

We participate in donned Canada goose along Jacket repayment for the perks of unreservedly some opportunity during the winter ripened, and I like them. At times, my age-old Canada goose lethargic raison d'etre effectively, but I find credible they are a lilliputian idea into the clear breeze of fashion. So I am snitch to secure another latest big-hearted of Canada goose along hat in imagine to myself. My grey the elementary is a jet-black Canada goose hat, and devoid of the join headgear. And this duration I am all globate to purchasing a bule Canada goose hat using the adhesive headgear, to look after an eye on my acumen approachable fully the winter season.And So I upstanding got a modish North america goose jumper within the North america goose network locality, beats villainous Friday saleand I was hoping to down attack away them. That i’m in truth materially after i reached it, it is so delightfully, uncommonly the colour. This azure jumper virtuous isn’t like other brand name stature’s azure tinge, it’s larger and chic. While I vex it my fuselage, I felt unspecific and undisturbed this North america goose kacket ‘s what I in underscore of episode want. And I Also propinquitous it representing my kerfuffle over, and he or she adores it as glowingly, so I eschew her sisterhood a very selfsame North america goose jumper as me. Again, she inquired here every prime -away when her North america goose is showed up. I suppose she obligated to in aristotelianism entelechy monicker to them.

http://justpostarticles.com/article.php?id=26148
http://www.buyandsellxt.com/ads/imitation-louis-vuitton-bags-make-gals-happiness-up/
http://freebooksfor.com/2012/11/26/lv-clutches-perfectly-complement-your-personal-style/
http://www.photographicsociety.ru/node/41115
http://jakartaproject.net/content/replica-prada-totes-make-fashion-record-within-your-reduced-funds
http://www.floristeriacarolina.com/clientes/boraborapt/contenidon/?q=node/52045
http://qna.najobsworld.com/2012/11/26/launch-of-prada-bamboo-sprouts-tote-collection/
http://www.bsnclassifieds.com/cartier-eyewear-dynamic-eyewear/8407
http://www.blogster.com/lynn5254/more-luxuriously-sewed-classy-lacoste-polo-shirts-for-ones-final-relaxation
http://primitiv.anho.org/?q=node/3244
http://askautobody.com/cartier-wedding-rings-include-the-testimony-of-soul-mate/
http://hakkaconnect.com/article.php?id=49804
http://krishnacommunity.com/kyle22/2012/11/26/awe-inspiring-cartier-ronde-fantaisiste-loose-time-waiting-for-exquisite-women/
http://www.basicad.com/ads/get-angelina-jolies-look-with-prada-1973-channel-handle-on-top-bag
http://mytutoronline.com/node/11068
http://www.patent-tutorial.net/website/node/5029
http://www.globalclassifiedsad.com/classy-and-trendy-louis-vuitton-damier-canvas-bergamo-bag-gm-n41169/8427
http://www.dukanqatar.com/ads/foresight-and-quality-of-bottega-veneta/
http://articles.twitterons.com/article.php?id=53366
http://www.onlineadvertisingof.com/cartier-shades-energetic-shades/
http://www.classifiedadlisting.com/hermes-ostrich-problematic-veins-buckskin-birkin-carrier-offers-a-shine-for-a-whole-seem/8455
http://www.easoads.com/the-quite-well-loved-gucci-totes/7338
http://lodjaus.partio.net/content/voice-your-own-lv-jewellery
http://chanarcade.com/bbpress/topic.php?id=227581
http://freeonlineclassified.org/louis-vuitton-lockit-horizontal-bag-my-favorite-large-bag/