sábado, 16 de febreiro de 2008

Profesionalidade

Chámase "ir de flor en flor" ao feito de ter moitas noivas (ou noivos), sin quedarse con unha en concreto. Socialmente non está nada ben visto (...), e tampouco responde a un patrón conductual para a tan buscada estabilidade emocional na que seica andamos á procura.
En consecuencia poderíamos concluir que o balance da felicidade quedaría descadrado se este método fose o empregado no libro Maior da nosa vida.
Pola contra, as abellas trocaron en profesión o que para algúns podería resultar unha arela. E non suscitan celos entre as flores libadas nin provocan dor cando van á seguinte na procura da sua esencia. Por se todo isto fose pouco, colateralmente, posibilitan a polinización. Pódese pedir máis profesionalidade?
Gústame o mel.

Foto: Febreiro florido. Xardín do C.E.I.P. de Antas de Ulla

36 comentarios:

asbeirasdoarnego dixo...

a verdade é que tes razón, temos un ha profesionalidade impresionante...jeje
bonitas fotos

dagolada dixo...

felicidades polo artigo, esta moi ben . as fotos son excelentes

Rifo I de Zeuquirne dixo...

¡Que cousas! o que para uns é o fin da súa vida para outros tería mal fin.
A min tamén me gusta o mel
saúdos.

Silvana dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Anónimo dixo...

La miel como resultado de na buena "profesionalidad" es un excelente alimento, si señor.
Perdon por no usar el gallego en este blog, pero lo escribo con poca corrección. Saludos.

MARISA dixo...

a mí me gusta ir picoteando de todos sitios :)

Kim Basinger dixo...

No esta ben visto en as mulleres a os homes que o fan se les chama Don Juan...

Desesperada dixo...

quedo co picoteo de flor das abellas, tamén me gosta o mel...

São dixo...

Agradou-me muito a subtileza do texto e as sua informações!
Unha aperta!

Druid dixo...

Estou con silvana...
ti o que queres e ser abella e ir cravando o aguixon por doquier... jajajajaja...
Unha aperta... ¡¡¡ottia non que cravas!!! jajajaja..

Pd. Boa foto de primavera adiantada.

APÁTRIDA dixo...

A primaveira parece que xa se encheu de abellas. Silvana Permanecerei sempre o redor do teu panal.

Chimeneaverde dixo...

Ahí cada cual que elija tanto profesión, como miel, jajea real, o lo que se tercie.
Apertha.

Pitima dixo...

En un país multicolooooorrrr..
nació una abeja bajo el sooool,
y fue famosa en el lugaaaar
por su alegría y su bondaaaaaaddd
jajaja.
A min tamén me gusta o mel, aclara as gorxas e así canto mellor.. jajaja.
O manual de bos costumes: xa quería eu encontrar o idiota co escrebeu.. que ahora hai por ahí quen dí que hai que firmar nalgures para aceptar esos tan bos costumes que temos... que non se nos encha o país de abellas tropicais picadoras.. jajajaja.
aaisssss.

Frabisa dixo...

Ancestralmente se nos ha venido diciendo que la monogamia es algo antinatural. Otra cosa es que socialmente sea menos gravoso no practicarla como tal. Las abejas no conocen de nuestras costumbres, así que tienen las suyas y parece que no les va tan mal como a nosotros los humanos, su miel, año tras años, sigue siendo riquísima.

P.D. Perdón por no escribir en gallego, carezco de la soltura necesaria y de falta de gramática.

Veca dixo...

Grazas por recordarme a asignatura máis odiosa que tiven que estudiar nunca :P
Eu, como son alérxica, preferiria que tiveran outro "método" que paseara menos de flor en flor.

Mar e Lúa dixo...

jajajajaj! A min tamén me gusta moito o mel. Temos moito que aprender das abellas ;)

busto.agolada dixo...

Libando, libando ... ata as flores do Aquam Latam.
Fermoso e sutil artigo, establecendo unha difícil comparación entre a vida das abellas e as nosas.
Saúdos.

Anónimo dixo...

Hai que ter moito coidadiño coas picaduras das abellas, que poden ocasionar reaccións considerablemente perigosas.
A xente de MELide entendemos moito desas cousas.
Observo moita sutileza neste blog.Noraboa o autor ou autora

Anónimo dixo...

Hai moitas abellas polo mundo, pero tamen che hai moito zángano de dios!!!!

Geluka dixo...

A min gústame moito o mel.
Gosto de él en pequenas doses, muito empalágame.
Demasiado doce me satura.
Non considero unha actividade "produtiva" a nutrición, máis ben penso que canto máis coñezamos a orixe e a cualidade do que nos nutre, mellor nos nutriremos..
Vin a foto de Portocarreiro, as estratexias, claro que a coñezo!, e que familiar se me fai o teu blog e mesmo ti.
Pregúntome quén eres? sinto curiosidade de coñecerte.
Un saúdo

Mariola dixo...

Quen nos dera sobretodo ás mulleres esa liberdade, sen prexuizos morais nin paxaradas desas.

A crianza e a reproducción da especie depende de ir probando cal será o oposto máis adecuado para a supervivencia e mellora da especie na nova xeración, non?

Pois... xa non digo máis.

Beijo!

vermella dixo...

Ser abella debe ser estupendo inda que si me diran a escoller eu prefiriría ser zángano,de flor en flor e cheo de mel.
Este texto é precioso,por místico e sútil.
bicos.

saraiba dixo...

E....Sendo flor teño que estar a esperar a que algunha abella me libe?¿ Uys uys, non che sei. Sería unha desas flores con fermosos petalos e olorosos estambres, onde se pusaran as abellas, e zas, para o buche , jajajajaja

Markesa Merteuil dixo...

Eso é o raro, que a profesionalidade deriva no manxar máis doce... A ver se aprenden os funcionarios. Non creo que sexa tan difícil ser profesional, e tampouco xuntar profesionalidade con mimo no trato... ou si? Quen sabe.

Chousa da Alcandra dixo...

asbeirasdoarnego: Un pracer para a Chousa, berce do Ulla, recibir á xente do Arnego.

Dagolada: Alédame do teu gusto polas miñas fotos. Ben sabes que son de ben pertiño de ti.

Rifo I de Zeuquirne: Decían dos xinecólogos/urólogos que eles traballaban onde outros se divertían...Qué cousas!!

Silvana: Habería que preguntarlle a Apátrida se cada vez que él pica...
E si, ainda que case quería mellor ser zángano...

Marisa: Podemos constituir una colmena. Tienes alguna terapia preventiva contra la barroa?

Kim Basinger: Benvida á Chousa. Algo de certo hai no que dis, pero pouco a pouco imos superando aqueles medos. Eu alédome de que así sexa.

Desesperada: O certo é que as abellas voan con moito xeito sobre as flores. Si, eu tamén son máis dunha flor concreta. Unha vez collido o sabor do seu polen...se me gusta; para qué mudar?

São:Son eu quen aprende da tua sutileza e sensibilidade. Grazas por vir.

Druida: Tanto se me notou? Vaia carallo, pois mira que tento disimular jajaja.
E non temas eh, podes abrazarme que a miña picadura non ten efecto cos homes...

Apátrida: Hai abellas e abellóns neste inverno tolo. E non lle digas estas cousas a Silvana en público, que se lle vai derreter a cera (do panal).

Chimeneaverde: En la diversidad está el gusto. Claro que la jalea real para todas los zánganos...no va a poder ser.

Pitima: Bicos para a abelliña Maya. Xa vexo que tes a voz moi clariña e limpa.
O escritor do manual das boas costumes tamén eu ando tras del. Seguro que era un/unha prea de moito coidado.

Frabisa: Benvida tamén á Chousa (ti e maila tua sonrisa). Non pidas disculpas, exprésate como queiras e volve cando consideres. Unha aperta.

Veca: Sinto o da tua alerxia; pero seguro que a miña flor do post, con abella incluida, non che fai esbirrar.

Mar e Lua: Vexo que che fixo rir. Outro día hei falar das formiguiñas para que soltes outra risada.

Busto.Agolada: Vaia coincidencia (unha vez máis). Parece que os dous andivemos o domingo detrás das abellas.

Geluka: Claro que son familiar!!! Non ves que son de Antas?. Un pracer terte pola Chousa tamén.

Mariola: Ben falado (escrito neste caso)!. A evolución baséase nesa elección; e de todos é ben sabido que para elexir compre ter elementos de xuizo. Claro que ás veces atopamos a nosa abelliña/flor e...xa non voamos máis.

Vermella: Ser zángano ten que ser toda unha vocación tamén eh. En todo caso conta comigo para a cuadrilla!!!

Saraiba: Ademáis de gustarme o mel, tamén son carnívoro; de xeito que despois de fundar a colmena de zánganos...podemos ir comer un churrasquiño!

Markesa: Deches no cravo!. Por ese eido ía o meu comentario.
Así e todo é ben certo que me gustan as múltiples interpretacións. Con elas enriquécese a Chousa.

Saúdos aos anónimos tamén (nunca imaxinara a relación de Melide co mel...mira ti)

Unha aperta moi melosa para todos (máis para elas eh).

Ana dixo...

Me encantou este último texto,é precioso e esas "segundas" que deixa entrever son de primeira!

Canto ao tema, opino como moitas, xa era hora que nos deixaron ir de flor en flor sen prejuícios,...ata atopar o mel que nos complemente!

Bicos

Paco Penas de Dorvisou dixo...

Aínda teño dúbidas da intención do blog, non sei se nos querías falar da felicidade completa do home ao ir deixando os seus espermatazoides polas silveiras ou da polinización das abellas :-)
Saúde e terra.

Evinchi dixo...

Bueno, as abellas que liban mel sónche zánganos....;))))


Muas.

A zanfonista dixo...

Si, ver as abellas de flor en flor, é ben divertido. Bicos

caracol dixo...

Hoy vengo nadamás a saludarte, que he leído y releído y no entendí mucho. Volveré un día que esté todo más tranquilo.

Marinha de Allegue dixo...

A imaxe fermosa e o mel mmmmmmmmmm enc�ntame. G�stame m�is e s�ntame mellor se � vello.

Unha aperta.
:)

Ángeles Mallo dixo...

¿E a quén lle amarga un doce?.
Pero eu quédome có salado, pode ser que xa quedei farta de tanta mel, así quedo cun queixiño que acompaña ben o mel.Bicos

Zeltia dixo...

Busto di que a comparación que estableces e dificil (ou iso entendín eu) e estou de acordo. Flores e abellas necesitan unhas das outras, non hai enganos, nin sentimentos. Nas vidas das persoas é outra cousa...

Agora que o texto quedouche moi ben-
(eu e por levar a contraria, home)

:P

Zeltia dixo...

ah, outra cousa, ti tamén tes un conto no de ferve a rede?
dime o título, anda,que o quixera ler

Chousa da Alcandra dixo...

Ana: Que sería dun galego sin retranca?. Graciñas por saber ler as miñas "segundas".

Paco Penas de Dorvisou: Como dicía aqueloutro: "las dos cosas, mi capitán". :-))

Evinchi: Tés razón, xa me descubriches os meus ases ;)

Zanfonista: Parabéns para ti por facer que siga medrando ese teu blog.

Caracol: Acabarás entendiendo esta lengua. No te desanimes, este post estaba un poco enrevesado.

Marinha de Allegue: A min gústame de tal xeito, que non deixo que chegue a vello!!!. (O de cortizo tamén a min me gusta do ano anterior).

Angeles Mallo: Sin renegar do mel, e xa que ti introduces outro sabor...eu vou traer tamén un dos meus favoritos: o picante!.

Zeltia: Cando me levan a contraria espabílanme o ánimo e aguzan os meus sentidos; de xeito que ti non te cortes!!!
O meu relato no Ferve a rede é un anaco do post "Amantes" do día 3 de febreiro (Sin a foto dos protagonistas perde moito, pero non podía evitar participar).

Apertas doces coma o mel

estibaliz... dixo...

Mel e Maya ata a morte! -dixo ela, recebando ben unha filloa