venres, 29 de febreiro de 2008

Maternal

Nada supera en ledicia e agarimo ao acollemento maternal. Ese xeito de brindar un protectorado de absoluta ternura e de constitucional entrega, non atopa posible comparanza no Universo.
Incontestable exemplo de amor sin condición. Incondicional mostra de ternura sin contestación.
Mamar mimos é unha das accións máis nutritivas para a mente en crecemento [e incluso xa ben medradiña tamén]. Ese alimento intanxible pero palpable e sabedeiro, é o xoromelo da sensibilidade plantada no noso ser dende o peito maternal.

(Dise que unha nai coida oito fillos e que, ás veces, oito fillos non son quén de coidar dunha nai. Incongruencias da natureza humán!)

Foto: Añiños mamando mimos en Santa Cristina de Areas (Antas de Ulla)

41 comentarios:

Ana dixo...

Nai só hai unha!
A imaxe dunha nai dando de mamar aos seus fillos, é a maior demonstración de amor,de afecto e de proteción que pode haber.
A foto é enternecedora.

Bicos

Anónimo dixo...

Me gustan mucho las fotos, pero no entiendo nada!!
MUAMUA

Desesperada dixo...

ohhhh qué pasada! encántame a foto!

Markesa Merteuil dixo...

Habla, Satirablanca, del amor incondicional de una madre a sus hijos, que maman mimos. Y habla también de que una madre es capaz de criar a ocho hijos y que ocho hijos no son capaces, en ocasiones, de atender a una madre cuando es ésta la que los necesita.

Esta última reflexión, Chousa, é lamentablemente tan tan certa... De novo as presas baixo ás que nos escudamos para non facer o que realmente temos que facer. Non sei en que nos estamos a converter. Nin tampouco porque estamos convencidos de que a sociedade avanza.

Elvira Carvalho dixo...

Os mamíferos são todos iguais sejam ou não humanos. E a amamentação é das coisas mais lindas da maternidade.
Um abraço

Bom dia amigo. Acabaram de me deixar um aviso de que estão a enviar vírus para os blogs. Diz que é um comentário que tem escrito Here, Não tente ver quem é delete imediatamente se lhe aparecer.
Não sei se é verdade, mas mais vale pevenir...
Um abraço

Anónimo dixo...

Non vou a decir nada novo.....
So unha reflexion sobre a maternidade:
¿Recordas que Neron- o empreador romano, que pro certo debia estàr como unha cabra- mando abrir en canal a sua nai, para botar unha ollada ao utero materno donde se formou...?
A maternidad/paternidade e quizais o mais importante da nosa historia como homes, deixar nosas pegadas ali nos genes dos fillos.....pero:
Tamen recordo agora unha broma que resume as cousas, simplificandoas:
_Os rapaces de pequenos estàn para comerselos, e de mallores nso lamentamos por no terlo feito cando poidemos.....

Cuspedepita dixo...

Esta demostrado que ese primeiro contacto entre a nai e o fillo é de vital importancia para o desenvolvemento deste, tanto físico como emocional.
Dar de mamar é un primeiro acto de amor sublime da nai que se da a sí misma ao fillo para permitirlle vivir. Unha primeira entrega á que sucederán logo outras moitas ao longo da vida.
Que algúns fillos despois non saiban devolver este amor é algo que pasa, por desgracia, pero tamén hai fillos marabillosos que saben recompensar tantos desvelos e se desviven polas súas nais e as coidan con infinita tenrura, infinito agarimo e infinita paciencia durante anos.
Por certo , ¿sabes aquelo de...
"Miña nai , miña naiciña/ coma miña nai ningunha/ que me quentou a cariña/ coa caloriña da súa" ?

paideleo dixo...

O universo non é nada comparado co amor dunha nai.
Nunca agradeceremos o que fan por nós.

busto.agolada dixo...

Ofrécesnos un excelente binomio de imaxe e texto, de tenrura e sensibilidade.
Os afectos maternos márcannos e defínennos para o resto da vida.
É curioso que onte pola mañá eu fotografase tamén unha ovella con dous años. Aínda non descarguei as fotos da cámara, pero xa naquel momento vin que non ía ser boa a foto pois os modelos non paraban quietos, nin eu estaba na mellor posición.
Unha aperta.

HADEX dixo...

Que fermosa fotografía....!! Parece que sempre estás no momento preciso....Moitas felicidades.

Unknown dixo...

DIn por ahí que todas as femias teñen instinto maternal, por eso coidan tanto de 8 como de 1..

Ángeles Mallo dixo...

Encantoume a foto, pero quédome coas últimas frases, é unha pena,pero hoxe en día, está a ser unha realidade que os fillos non queiran coidar dunha nai, despois de entregarnos todo e sempre, sen pedir nada a cambio.
Como dixo alguén: xamais na vida atoparedes tenrrura mellor,máis profunda, máis desinteresada nin verdadeira que a da vosa nai.Bicos.

Unknown dixo...

Eu tiven a sorte de ser comadrona do parto dunha ovella hai uns meses.

Que experiencia!

E que sinxeleza tan linda.

marisa dixo...

yo podría alimentarme de besitos, abracitos y achuchones... ains q wapas las borreguitas

Marinha de Allegue dixo...

Que fermosura!!!. Encantoume � dos meus preferidos do teu blog.

Unha aperta e un beijo.
:)

vermella dixo...

Unha das experiencias máis enriquecedoras da miña vida é a maternidade,o momento do parto é unha experiencia única na que eles máis eu comenzamos a camiñar xuntos,o instante no que o teu neno é pousado no teu corpo e pasas a séntilo de dentro a fora,ese diálogo dunha pel sobre outro a min fíxome chorar de ledicia..........
ay é que son unha mamá ghaliña!
Eu son das que penso que todo o amor que dás ós teus será devolto..........
bicos.

Anónimo dixo...

Muy bonita esa frase de MAMAR MIMOS y muy bonita la foto.
Felicitaciones

Anónimo dixo...

Iste blog e do melhorinho que levo visto polo blogomillo. Vese sensibilidade e bom façer, asim como amor pola sua vilagem (Antas de Ulla).
Felicitaçoms para o seu autor.

Fiz Martinho

Raposo dixo...

Non creo que haxa un amor superior a que una nai ten polos seus fillos. Unha vez a miña nai díxome: "Eu daría a miña vida por ti". Sei que é certo.

Anónimo dixo...

Esto... fai unha semana que me fixeron un implante de óso. Cando lle preguntei ao dentista de quen era o óso, contestoume que era de ovella. Agora despois de ler o teu post quedei moi contento porque teño a esperanza de que cada día sexa un pouco máis ovella :-)
Saúde e terra.

BK dixo...

Verónica son eu, por se non te diras conta, jajaj.

asbeirasdoarnego dixo...

tes razón coma unha nai non hai ningunga. todo ser humán precisa dunha nai porque sen elas... xa se sabe, sobre todo se es home coma min, son bastante pesadas pero sempre polo noso ben

pitima dixo...

A algunhas nais (humanas), sáelles o leite do peito cando oen chorar un meniño, aínda que non sexa o seu... Iso impresionoume moito cando o souben, interesada neste mundo de nais e fillos no que estou mimosamente mergullada dende fai dos anos e case medio. O meu neno chuchou da teta hasta casi os dous anos.. e facíanos moi felices os dous, salvo cando lle daba por xogar cos dentes sin darse de conta.. jejeje.. Foi o principio do fin...
Bico de leite.

Evinchi dixo...

Tou desexando sentilo.

Ten que ser incríbel.

Un bicote.

Anónimo dixo...

Sospeito que a nai, aínda despois de fuxir da vida, continúa a desfacerse en aloumiños para as suas criaturas.

Lapis-vermello dixo...

Que foto máis tenra. Bicos

d´Agolada dixo...

Non hai nada mellor ca unha nai. Bonita foto. Saudos

A Conxurada dixo...

Non vou dicir nada do texto, pois xa quedou suficientemente claro nos demais comentarios, pero si da foto, hai ben pouco trouxéronme de Barcelona como agasallo unha carteira verdíiisima, cunha ovella nai xunto coa súa filliña...

Un bicazo.

Suso Lista dixo...

Parece que as cousas siguen o seu rumbo.

Paz Zeltia dixo...

Qué tiernita la foto y como me emociona el texto... es que soy muy sensiblera yo con ese tema: devezo por as apertas do meu fillo e boto moito de menos os mimiños da miña nai que xa non está conmigo hai anos :( i era moi doce, moi doce... acariñábame os pés cando ía frío cas súas mans sempre quentiñas porque era moi activa.
ay, perdona el rollo nostálgico que me salió, hombre. Yo sólo quería decirte que me gustó mucho este post.

Elvira Carvalho dixo...

Olá...
Foi aqui que encomendaram?

|““““““““““““““““““““““““||_
|...............*AMOR*...........|||“|““__
|________________ _ |||_|___|)
!(@)“(@)““““**!(@)(@)***!(@)““

|““““““““““““““““““““““““||_
|............*CARINHO*.........|||“|““_
|________________ _ |||_|___|)
!(@)“(@)““““**!(@)(@)***!(@)““

|““““““““““““““““““““““““||_
|............*ALEGRIA*.........|||“|““__
|________________ _ |||_|___|)
!(@)“(@)““““**!(@)(@)***!(@)““

|““““““““““““““““““““““““||_
|............*AMIZADE*.........|||“|““_
|________________ _ |||_|___|)
!(@)“(@)““““**!(@)(@)***!(@)““

|““““““““““““““““““““““““||_
|........*FELICIDADE*.......|||“|““__
|________________ _ |||_|___|)
!(@)“(@)““““**!(@)(@)***!(@)

Entrega feita!
Participa na campanha FAZ UM AMIGO FELIZ!!!
Manda esta encomenda p/ todos os teus amigos.
Espero estar incluído nessa lista........
Vou fazer outra entrega ...fuiiiiiiiiiiii

Son Unha Xoaniña dixo...

Calquera diría ao ler este texto e máis os seus comentarios que estamos no día da nai.
Non me estrana xa ue o texto levanta paixóns de fillo. Pero temos que reflexioar sobre a frase final, porque encerra unha gran verdade.
Unha aperta.

Lapis-vermello dixo...

A verdade e que se teño oportunidade de ir velos, vou encantada da vida. Bicos

torredebabel dixo...

quen nos dera que a maternidade fose só isto, que ese vinculo tan forte e tan complexo só estivese cheo de sentimentos bos e nobres!! Vivimos nun mundo onde da medo pánico ollar as contradiccións, as dúbidas, as paradoxas da maternidade. E nais hainas boas e marabillosas, e tamen malas e crueis. E, mesmo sen que ollemos cara a iso, a meirande parte delas (de nós, que tamen son nai) temos algo de bo e algo de malo...

milonga dixo...

miña nai é o sumun da dozura, da entrega, do sacrificio... certo é que o amor materno é grande e cunha forza desmesurada, pero como ela ben explica, hai unha cantidade nada despreciable de nais desnaturalizadas...

non todas as mulleres estan preparadas para ser nais, de feito eu ata fai ben pouco nunca sentin eso do instinto maternal... non sei se eso significara que non serie boa nai, pero por non ter o exemplo en casa non será

Mar e Lúa dixo...

Aiiiiiiiiiii, que fotiño máis bonitaaa!!! É un xesto precioso o de amamantar: dar protección, defensas, alimento, calor, agarimo, todo o bo que levas dentro...

Paradóxico o dos oito fillos e a nai, iso demostra que a maioría veces os animais son máis intelixentes e agradecidos ca nós.

CriS dixo...

Hola
entre lo que le dijiste a Veca sobre mi tlef por lo del hipo, y que ella me ha dicho que mi último post le recordó a los tuyos, pues no he podido resistirme a venir. Había entrado pero sólo asomé la nariz, ahora vengo dispuesta a leer... y leer...
SALUDOS
geniales las fotos que complementan las palabras...

irene dixo...

Los hijos son lo más importante para una madre, les dan muchas alegrías, pero también es un sufrimiento constante, sólo quisieras lo mejor para ellos y sufres por sus cosas más que por las tuyas, toda tu vida. Aunque a veces ellos, no lo vean así.
Me da la impresión de que hoy estoy muy pesimista, mejor me voy.
Un beso.
Para colmo la puñetera verificación otra vez, igual sale repetido este canto al "optimismo".

caracol dixo...

yo extraño mucho a mi mamá y sus mimos.
también aprendí de ella cuando cuidó a su mamá (que crió a 7 hijos)enferma.

Mi mamá es lo máximo.

Druid dixo...

Pensa que unha nai ve correr a un neno, pouco despois de que ese neno pasara nove meses no seu interior... xa o coñece dende antes de nacer, xa sabe si vai ser inqueto, se vai dormir pouco ou moito... xa case sabe como vai ser a sua personalidade.
E o que nos perdemos os homes, o nexo de unión dunha nai co seu fillo, xamais o teremos.
Apertas de supervivinte.

Chousa da Alcandra dixo...

Pois tíñavos unha resposta para cada un de vos, pero cando quixen publicar estragouse a comunicación con Bloger.
Xa me desfixen do cabreo que elo me causou; pero agora vou ter que ser xenérico no agradecemento polos vosos comentarios. Dar a benvida aos novos visitantes e darvos un biquiño ás chicas e un caluroso saúdo aos chicos.
Que todas deades mimiños aos vosos reisiños, incluso coa mirada, que cos olliños seguro que non vos morden ;)

E xa que hoxe é o día adicado á muller traballadora, de xeito que para elas -ademáis do bico de antes- mándovos OUTRO MÁIS!.