domingo, 3 de febreiro de 2008

Amantes

Despois dunha treboada gústame observar as bágoas que caen das pólas, golpeando con inusitada bravura nas follas secas do chan. Os carballos nús, húmidos e aparentemente inertes, beben na sazón que percorre o carón das suas raices. Se escoitas, ata podes oilos tragar con avidez...
E no medio do prado dous amantes esconden reciprocamente os seus pudores nun abrazo vertical, profundo, lascivo e perenne. Se miras, ata podes ver o vaivén da sua paixón...
De maneira sensual entrelazan os seus dedos elevados cara as nubes preñadas de auga que seguirá regando o seu desexo. O enrabietado aire do nordés pon a melodía a este cadro, zoando entre as xestas, erguendo as follas, musitando notas e acordes que esbaran no pentagrama cóncavo da cúpula celeste.
Se sintes, ata podes percibir como gozan no seu estático movemento...

Foto: Carballos abrazados no Cruceiro

36 comentarios:

Unknown dixo...

É a forma máis linda de amar: con paixón, con sensualidade, con chuvia e con pólas enleadas.

Amar con pudor é ridículo.
Por iso a natureza se ama así como tí a ves.

Evinchi dixo...

A orxía da natureza e digna de ver.

Muas.

paideleo dixo...

Ei, eu mirei como cambiaban de postura, as mui desvergonzadas. Esta xuventude aproveita o entruido para facer das suas.

Paz Zeltia dixo...

O mirar é o que fai a realidade: eu vexo siameses prisioneiros tentando resistir compartindo a savia.
Claro que, servíndome do teu mirar, tamén podo ver o que de xeito tan poético describes...

Que chousa tan preciosa a da foto!, vaia paseos te darás, canto regalo!. Así sentes cousas tan especiais como as que describes no teu blog!

busto.agolada dixo...

Pois si que levas o ollo atento aos caprichos da natureza!
Observación e literatura completan a obra que lles dá sentido. Para que se non están aí? Eis a razón deste artigo: dúas árbores medran insolitamente xuntas e desatan a túa imaxinación. Asì é a Natureza.
Unha aperta.

Anónimo dixo...

ler o teu blog e mais agradable que ler a prensa diaria. e fagome cabalas de quen seras. algunha idea xa teño, pero ainda non teño toda a seguridade.
felicidades e continua escribindo e poñendo esas fotos marabillosas do noso pobo

vermella dixo...

Xa non teño sitio para gardar as túas fotos!,ese mirar da chousa dos desexos é única,un mirar delicioso que unido ó texto da para moito.........
bicos.

BK dixo...

Que bonito! Ata á natureza lle está permitido amar. O que pasa é que como se enfaden, a ver que vai ser deles.

Ana dixo...

Eh, se os fixais ben, parecen unhas pernas andando,verdad?

Mui boa a foto, adonde meteste tu, para encontrar todas estas fotos?

Biquiños

Anónimo dixo...

Cando o amor pasa a ser parte da paisaxe, do cotiá, e só é percibida por quen está atento, é entón cando se volta sublime, xa que non necesita de excesos para se manter viva. Chega doce e cun nimio movemento, cunha sonrisa, cunha mirada... todo é entendemento. Teño que ir verte, pra que me amoses tanta beleza.

pitima dixo...

Gustóume eso das notas e acordes que esbaran no pentagrama cóncavo da cúpula celeste.. e tamén me gustou eso do estático movemento... e o das nubes preñadas... e tamén que se escoitas, ata podes oilos tragar con avidez...
Gustóume a túa mirada sen pudor...
Se o final somos uns miróns, eso sí, ¡qué arte temos no mirar!!!

Suso Lista dixo...

Efectivamente a túa mirada e unha boa forma de ver.

Anónimo dixo...

Acabaré por registrarme y participar de esta forma tan genial. Me ha gustado mucho (aunque de gallego entienda poquiño). Os felicito por hacer una pagina tan interesante.

Anónimo dixo...

Acabaré por registrarme y participar de esta forma tan genial. Me ha gustado mucho (aunque de gallego entienda poquiño). Os felicito por hacer una pagina tan interesante.Montxo

torredebabel dixo...

non é so que estean ali, é sobre todo a lucidez de velos. Fermoso, intenso, post.

Elvira Carvalho dixo...

Prémio no Sexta-feira.
Um abraço

Mararía dixo...

¡Andas pola natureza en plan voyeur!

Unha foto moi fermosa, coma sempre. Un saúdo.

Anónimo dixo...

Que bonito es el amor (aún siendo dos castaños los que se aman)

Unknown dixo...

pois si que tes a mirada do xenio y as palabras xustas para adornar e deixar que cadaquen deixe a sua pegada....
a min o poema, suxireme a calma despois dunha choiva intensa, asi que imaginate si transmites
apertas e coida moito a chousa que a tes abarrotada de xente

Chousa da Alcandra dixo...

Mariola: Dicindo o que dis, con esa flor ó lado, todo toma un cariz infinitamente máis intenso ainda.

Evinchi: Sin duda. Pero tampouco imos descartar as orxías humanas eh...

Paideleo: Ti si que tes bo ollo: percatácheste de que son dous carballos mozalbetes. Teñen unha enerxía envexable. Onte pasei por alí e...seguen na mesma!!!

Zeltia: O máis bonito desta Chousa, os froitos máis sabrosos, son os comentarios coma o teu. Incluso as diferentes interpretacións enriquecen e agrandan os poucos ferrados desta "chousiña".

Busto.Agolada: A natureza é rica en ofertas i eu teño unha desborante imaxinación. Claro, a mistura da este resultado...

Elfa: Ser máis "atrainte" que a prensa diaria tampouco é unha tarefa moi complicada, tendo en conta o que nos ofrecen as noticias ultimamente. (Eu si que non teño nin idea de quen es ti).

Vermella: Se non tes sitio mándoche un disco de reserva!!!. Ti pide por ese teclado. (O da Chousa dos desexos tamén é un bonito nome alternativo para o blog. Tería que pedirlle permiso á Conxurada...)

Veca: Tes razón, no mundo destes dous amantes non existe o divorcio sin que elo supoña a morte /tala dun deles. Qué romántico!!!

Ana: Mergúllome na rica variedade da vexetación do interior de Galicia. Ti disfrutas do mar, eu teño estoutro mar. Afortunados que somos, á que si?

Markesa Merteuil: Seguindo a tua propia definición, estou seguro de que ti tamén a verás coa mesma facilidade que a vexo eu. Ven cando gostes, Antas está aberta á exploración de ollos atentos.

Pitima: Gústame que che gusten. Ás veces tamén me poño poético. Si que somos uns miróns, si. Unhas veces con máis arte que outras, pero mirando tamén se aprende!!!

Suso Lista: Boeno, tamen me podían tachar de lascivo e verderolo; pero se o fan agora no inverno ¡que me chamarán cando chegue a primavera!!

Torredebabel: Agradezo a tua loubanza para a miña lucidez (da que as veces xa logo dudo). Un pracer que deixes os teus fios estendidos pola Chousa.

Elvira Carvalho: Obrigado pelo reconheçemento. Agradeçido sempre pelas tuas visitas e pelo tempo que adicas a este recunchinho do Portugal do Norte.

Silvana: Xa llo recoñecía a Pitima. Efectivamente son un voyeur forestal!!! (Olliño, tamén podo reconvertirme).

Montes nevados: O amor é bonito sempre, sin apelido nin calificativo. Non precisa de máis nadiña.

Ex traño: Agardo que ti tampouco te sintas un extraño nela. Agradezo a tua interpretación e aprecio o teu comentario. Non deixes de vir cando gustes.

Sin facer moito ruido, para non molestar aos amantes, déixovos un saúdo

caracol dixo...

creo que entiendo más... me encanta como relacionas algo que se ve en la naturaleza con el hombre y la mujer... el ser humano, pues...
me gustan mucho las fotos y como desmenuzas lo que en ellas hay.

HADEX dixo...

É fermosísima a foto...e tamén o texto....bicos.

Anónimo dixo...

A mí también me parecieron dos siameses. Amantes o hermanos, se necesitan mutuamente.

Son Unha Xoaniña dixo...

Gústanme a foto destes amantes inseparabeis, e gústame máis ainda como descrebes o abrazo no que están fundidos, ata aquí chega o vivén da súa paixón...
Unha aperta.

Anónimo dixo...

A imaxen deixa a mente libremente soñar con que aquelo que non pode verse, é tan real como o que a palabra consigue facernos ver, mais ala do espello, ao outro lado da mente, no real é irreal do cotian.
Hoxe lein e puiden ver, o que realmente queres transmitir, é iso e de veras dificil.
Por certo, gustariame que lle botaras unha ollada ao blog, do meu fillo, é si tes ocasion e tempo lle dixeras como mellorar, a ligazons é.:http://www.dagolada.blogspot.com/
Date conta que é un novo estimulo neste curuncho da pantalla solitaria.

Mar e Lúa dixo...

Insisto no da sensualidade vexetal... Tamén podería ser o título deste post!!! Encántame! Sempre consegues superarte!

Un bicazo!

Marinha de Allegue dixo...

Fermosa estampa!!!.

Unha aperta.
:)

Anónimo dixo...

Cando quero voltar a un lugar de serenidade dentro de min, a miña mente fai unha viaxe ata Portocarreiro,
vivo namorada do río ulla,
gústame escoitar as súas caricias,
mollarme nas súas cores
gústame sentirme nena dende os seus ollos de vello....
Finalmente non puiden ir o findesemán, máis si fixen unha viaxe interior...sempre que fai un día bonito, como o de oxe, imaxino e dou un paseo por algunha chouza, por algunha corredoira, a beira do río, imaxino o fermoso que sería estar aí.
Saúdos, e noraboa,
gústame moito ó teu blog, me reconforta, me pon en contacto coa raíz,

Chousa da Alcandra dixo...

Non podo deixar sin agradecer a cada unha das persoas que comentou dende a miña última intervención.

Caracol: Es un verdadero placer y un privilegio que vengas a la Chousa, que te esfuerces en comprender mis mensajes escritos en galego y que, además, los aplaudas. Solo puedo quitarme el sombrero y expresar aquello de..."manda carallo!!!"

Hadex: Como podes observar, so me limito a fotografiar a natureza tal e como se nos ofrece. Na meirande parte dos casos son fotos tomadas á beiriña de camiños ou estradas. Quero dicir que non rebusco no medio da espesura. Graciñas tamén a ti por vir.

Chimeneaverde: Me gusta la diversidad de interpretaciones que haceis. Eso enriquece y amplia los horizontes. Un bico!

Rifo I de Zeuquirne: Alédame "verte" novamente deixando a tua pegada pola Chousa. E alédame moito que resulte do teu agrado o que escribo e amoso. Unha aperta dende a "Asuoch"!

Aopedofarelo: Sempre me resulta moi gratificante ler un comentario teu. Percibo moita profundidade e conexión contigo.
Visitei o blog do teu fillo, e seguireino facendo. Non sei se serei quén de axudarlle a melloralo, pero se podo ser un estímulo para él...conta comigo!

Mar e Lua: Os teus comentarios e os teus post sí que son para min estímulos. Visitar o teu recuncho na blogaliza é unha das miñas aficións máis gratas. Unha aperta tamén para ti.

Marinha de Allegue: Logras imprimir carácter nunha soa palabra. Expresas multitude de sensacións con unha soa frase. Aprendo moito de ti e agradezo os teus parabéns. Un bico!

Geluka: Abráiasme co teu comentario. Ninguén dos que por aquí escribimos podemos ocultar o noso desexo de ser lidos e que quen nos le sinta e perciba o que transmitimos. Ti lograches tamén transmitirme a min a tua sensibilidade. Graciñas por vir.
(Xa que lembraches Portocarreiro, suxíroche que botes unha ollada ao meu post do 28-10-07, baixo o título "Estratexias". Fíxate na foto e a ver se a recoñeces...)

--Novamente deixo saúdos a esgalla--

Anónimo dixo...

Felicidades por as entradas, son todas moi boas e grazas por visitar o meu blog.

Colores dixo...

Me gustaron las fotos, tan bien acompañadas por tus palabras. Que hermoso idioma! puedo decirte que además pude sentir música aquí con estas bellas frases!
Biquiños y gracias por tu visita a mi tierra!

A Conxurada dixo...

Acabo de usurpar un ordenador con conexión a internet, jeje.

É un texto fantástico, dos melloriños.

Beijinhos dunha muller desesperada ao non ter internet.

Anónimo dixo...

Tes que disculparme, pero gustoume tanto esta entrada sobre "Os amantes", que co teu permiso, a levo como nova entrada, no meu blog de poesia:
http://espoesiadesdeagolada.blogspot.com/

Espero que non te moleste.

Kim Basinguer dixo...

Gústame como descrebes o amor

Ginebra dixo...

¡Vaya, chousa! Otra enorme coincidencia... te juro que no había visto este post, pero por poco lo titulo "Amantes", créeme. La verdad es que no doy crédito:)))
Besos

Chousa da Alcandra dixo...

Non dar crédito é o que está facendo o sector financieiro agora, e mira como lle vai á sociedade...
Jajajaja.