venres, 25 de xaneiro de 2008

Miradas

Cantas cousas podemos expresar con unha sola mirada! . Todo un mundo comunicativo é susceptible de xurdir coa complicada sinxeleza dun xeito de mirar.
Se a elo engadimos unha escenografía e maila contextualización axeitadas, seríamos capaces de obter todo un tratado de emocións, sutilezas, desexos, inquedanzas...
É ben certo que resulta doado, incluso innato, ver (expresar); máis non sempre temos as mesmas habilidades cando se trata de mirar (interpretar).

Foto: "Gallarda" e carballo (Gallardía e fortaleza)

30 comentarios:

Evinchi dixo...

Cada ollar éche un mundo, meu.

Bicos.

Silvana dixo...

Qué guapiña saiu!!! Mirar, mirar, cada un ten o seu, aínda que eu o que mellor comprendo é o meu mirar, o dos demáis fáiseme as veces difícil.

Un saúdo (e graciñas pola tua ledicia)

busto.agolada dixo...

Tes razón en marcar a enorme diferenza entre ver e mirar. Hai un proverbio que di que "o ollo non e ollo porque ti o vexas, o ollo é ollo é ollo porque te ve". Nesa sutileza radica a distinción.
Saudos aqualatenses.

Ana dixo...

Pues creo que me pasa o revés que Silvana, se me hace mais difícil que entendan o meu mirar, que eu entender o dos demais.
Tengo un sexto sentido para entender las miradas ajenas...

Un bico

Tens que perdoar o meu galego, sou unha portuguesiña, empadroada en Vigo.Me encanta o galego, pero eu mesclo todo, galego,castellano y o portugues apenas o sei falar,jeje

Biquiños

Druid dixo...

A xente que sabe imprimir na sua mirada o que quere dicir, ou e moi popular, ou todo o contrario.
A min costame as veces o interpretar as miradas xa que hai xente que sabe disimular moi ben o que se lle pasa por dentro

Pitima dixo...

¿E tí pedícheslle permiso a vaca para sacala por estos lares??? porque parece que mira como amolada... Será porque a mín de pequena corríanme.. turrábanme, que parecían vacas de carreiras aquelas becerras da señora Eladia, a nosa veciña, ¡e cómo corría eu coa miña carteira do colexio ás costas!! jajaja.. e que ben sabían transmitir coa mirada que precedía a carreira aquelo: "como te colla vas ver..." jajajajaja.
Teñen uns fermosos ollos as vacas. Será por esas longas pestanas que lle fan máis doce o mirar..
Bicos que xa me alarguei de más...
muuuuuuuuuuu... marcho non vaia ser que bote a correr a rubia esa..

São dixo...

As palavras podem mentir, mas os olhos ?
Bom fim de semana.

HADEX dixo...

Ola! Encantada de atoparte nas blogosfera. Somos da mesma provincia mira tú.....Moi fermoso o teu blog por certo, quedas engadido nos meus enlaces. Bikos

Markesa Merteuil dixo...

Mira que guapa que está a rubiña... A última vez que se me quedou mirando unha rubia galega así tivo que acompañarme o dono da finca ata a saída, que a moi cabrita seguíame... Menos mal que non tiña cornos (digo a tenreira)...

paideleo dixo...

A mirada das vacas é unha das máis fundas e intensas do mundo animal.

Chousa da Alcandra dixo...

Evinchi: Di que si, miña. Incluso os hai que "matan"...Outros poden quitar a respiración e algúns incluso o hipo!!!

Silvana: Saiu guapa, si; e non te fixas que mirada desafiante?. (Claro que é máis doado entender o noso mirar que interpretar o dos demais; pero neso radica o segredo!!!

Busto.Agolada: Citas ao mestre Machado. Sabio onde os haxa. Eu penso que a Gallarda está mirándome con ollos de sorpresa (qué raio fará este tio coa cámara cara min?, preguntarase).

Ana: Benvida á Chousa. Terei tino cando de mire logo, non vaia ser que me "caches". Se quixeras expresarte en portugués será todo un pracer leerte tamén así.

Druid: Claro que é complicado. Tamén se poidésemos adivinar todas as miradas...cajonatós, quen nos tusiría?

Pitima: Pedinlle permiso, si; e creo que mo deu. De feito estaba rascándose no carballo cando eu cheguei e detivo o momento de pracer para "posar" desa guisa tan excelsa.E cando veñas á Chousa alóngate canto queiras. Sempre son benvidas as tuas palbras. Muuuuuuuuuu(aaaaaaa)

São: Os ollos son fiestras dos pensamentos, xanelas dos sentimientos e tragaluces dos desexos. Non minten; máis non sempre son doados de leer... Un beijo

Hadex: Para que logo digan que Lugo non existe. Graciñas polas tuas palabras e pola tua visita, así como polo enlace. Un bico dende Antas

Markesa Merteuil: Puf, a última vez que me mirou así unha rubia...fíxome o mesmo efecto que cando me mirou así unha morena! (Me justan todas -as miradas-).

Paideleo: Din que a envestida das vacas é máis perigosa que a dos touros, xa que éstas non pechan os ollos cando o fan. O certo é que as rubias galegas son pouco dadas a envestir (menos mal!)

Saúdos de fin de semana para todos.

Desesperada dixo...

jajajaja vin miradas menos intelixentes nalgúns sapiens, chousa, jajajaja

Mariola dixo...

Para Homero, Athenea era a deusa de ollos de vaca, de ollos de curuxa.

Os ollos das vacas son fermosos.
Lémbroos con claridade cando aproveitaba as tardes na casa dos meus avós para escapar e refuxiarme onde elas no establo, e falarlles das miñas cousas e cantarlles.

Unha muller ou un home cuns ollos de mirada tan limpa, tan glauca, na que se reflexa quen mira non poden ser simplemente unha licencia poética.

Veca dixo...

Hai actores ben malos por ahi adiante, pero esa vaquiña vai gañar o oscar a millor actrirz principal.

MARISA dixo...

"Podemos tener todos los medios de comunicación del mundo, pero nada, absolutamente nada, sustituye la mirada del ser humano" (Paulo Coelho)

A Conxurada dixo...

Os que me coñecen din que coa mirada o digo todo, sobre todo que se me nota neles a ironía e cando estou cabreada, e a miña parella di que despois de retozar íntimamente, me brillan.

Pero seguirei a practicar con eles.

Ti non o ves, pero estouche a mandar un bico coa mirada.

O Raposo dixo...

Por algo din que os ollos son o espello da alma, mesmo os da vaca.

Geluka dixo...

Vou a Quintela cando vou visitar a Xurxo. Gústame saudar as paisas, mercar un queixiño, que pode que sexa do leite da Gallarda.., dar un paseo polas chousas de Mancegar, facerlle unha visita ó Ulla en Portocarreiro..
Gústame ir á Ulloa, vivín alí unhos anos que foron máxicos, e aínda que agora ando por Compostela, vou por ai cando podo, é un bálsamo e unha necesidade. Agora estou buscando unha casiña para mercar por alí.
Por eso gústame moito o teu blog, me toca na fibra.Parabens, e gracias por compartir a beleza.

elfa dixo...

Meu tio ten unha vaca que se chama Gallarda. Cando vaia a sua casa fixareime a ver se e esa que sacaches na foto.

Ler o teu blog e todo un pracer.Ogalla escribises algo mais.

milonga dixo...

que recordos... en canto vin a foto recordei unha noite de domingo, eu regresaba da aldea con miña nai, logo de ver nacer o primeiro ternero da miña vida, e de casualidade, no cine estaba "vacas" a primeira de medem, que impresión me supuxo algunha de esas tomas onde so mandaban os ollos da vaca... non ten moito que ver co que escribiches pero foi o que recordei en canto vin a foto

Chousa da Alcandra dixo...

Desesperada: Seguro que si. A Gallarda mírame con moito desdén dende a sua atalaia e rebosa intelixencia emocional no seu mirar.

Mariola: As licencias poéticas seguramente están en cada mirada que leva unha chispa de intencionalidade. Ainda que sexa unha vaca (ou un becerro) quen mira.

Veca: Se Penélope Cruz se mostrase tan segura nos escenarios hooliwoodianos como a Gallarda no prado ullense... a ver quen lle negaba o oscar!!!

Marisa: Nin se me ocurrirá a min contradecir a un dos mestres do Camiño de Santiago. (Muy apropiada la cita).

Conxurada: Seguro que che brillan. Nin por un momento o dudo; en todo caso fas moi ben seguir practicando (co retozar e tamén coa mirada!). Un bico!!!

Raposo: Penso que iso era a cara; pero tendo en conta que os ollos presiden a cara...seguro que tes razón.

geluka: Sempre me resulta moi placenteiro que alguén que coñece Antas faga a sua aparición. Graciñas por facelo e por amosar o teu cariño por esta terra. Benvida á Chousa.

Elfa: Seguro que se me prodigase máis acabaría por saturarte. Os tragos máis sabedeiros, case sempre, son sorbiños pequechos. Graciñas polas tuas palabras.

Milonga: Suscitar lembranzas resulta moi fermoso. Alédame que o meu comentario-foto permitise esa ledicia. Un pracer.

Os meus saúdos dende a Chousa.

Mar e Lúa dixo...

Que vaca máis bonitiña! Tenme cara de coña! Levabas razón, seguro que ela está moito mellor que o meu leopardo...

A túa vaca ten uns olliños moi tenros... Ou iso penso eu... Non sei se se me dará moi ben interpretar o ollar dos demáis...

Unha aperta!

elvira carvalho dixo...

Não é por acaso que se diz, que os olhos são o espelho da alma.
Um abraço

Nuevo Icaro dixo...

As veces, as miradas minten, crees ver algo e despois é o contrario.

Chimeneaverde dixo...

Parece que está diciendo: nome molestes, no te acerques más. Toda una señora esta vaca.saludos.

São dixo...

Vim só ver como andavam as coisas!
Unha aperta.

vermella dixo...

Sempre prefiro mirar que ver,os ollos din moitas veces máis do que o seu dono quixera..............
A vaca da túa foto recórdame á Leonor,unha vaquiña leiteira que tiña a miña tia e daba un leite gordo e sabedoiro.
bicos.

bagoas insomnes dixo...

díos!
arredemo!

que sencillo e que certo e que rotundamente fermoso!

Zeltia dixo...

As vacas teñen uns ollos ben bonitos, (agás no verán se hai moscas)non sei porque din que teñen mirada parva!

A fotografía é ben bonita, parece de publicidade de algo que á vaca non lle gustaría

Chousa da Alcandra dixo...

Mar e Lua: A Gallarda pon cara de coña por verme a min subido no valo facendo equilibrios. Tamén me mira con certo desafío.

Elvira Carvalho: Xa houbo quen o comentou; eu penso que era a faciana en xeneral. Pero é ben certo que a mirada preside a expresión dun xeito claro.

Nuevo Icaro: Sin duda. En ocasións trabucámonos; pero se non fose así...cómo íamos aprender?. Benvido á Chousa.

Chimenea Verde: Non se pode captar na foto; pero xustamente despois da foto emitiu un longo muxido, que de seguro viña a corroborar as tuas palabras.

São: Aquí seguimos, interpretando miradas da vaca de nome Gallarda.

Vermella: Seica te sintes vulnerable cando te miran?. Certamente acontece en ocasións. Á veces falamos de máis cos olliños...

Bagoas Insomnes: Alédame ben que che gustase. A Gallarda síntese moi leda cando a chufades tanto.

Zeltia: Á vaca non lle gustaba eu. Fun interrumpirlle a sua sesión de masaxe-rascado no tronco do carballo e púxome esa cara de poucos amigos.

Apertas reiteradas.