mércores, 30 de xaneiro de 2008

Temporalidade

De xeito constante e coa precisión máis reiterada, a vida vai pasando. Un día segue a outro coa parsimoniosa rapidez dun lóstrego ralentizado.
A relatividade na duración do tempo circunscríbese en múltiples factores que teñen que ver con infinidade de puntos de vista e de acotación dese propio espazo temporal.
Así, cando somos nenos un simple curso escolar semella unha eternidade; e, pola contra, na medida en que imos cumplindo anos, percibimos como pasan pola parede da nosa vida os sucesivos calendarios con pasmosa rapidez, do mesmo xeito que as horas de pracer fuxen temerariamente raudas, contra os minutos de dor que semellan non ter fin. Acortar éstes e alongar aquelas é unha habilidade que deberíamos entrenar con máis constancia.

Foto: Perspectiva da posta de sol de xaneiro dende unha verza de Antas

20 comentarios:

Nuevo Icaro dixo...

Cando temos eses momentos de ocio, non sabemos aprecialos, soamente cando chega a dor, os vemos,dresgraciadamente tarde.
Un texto que che fai reflexionar. Si señor.

Ana dixo...

Sí que es verdad que con los años el tiempo pasa muy rápido, demasiado rápido.
Deberíamos dar mais valor a los bons momentos, solo sabemos valorar los malos, que con toda razón dices que son interminables.
El día que sepamos valorar lo bueno,quizás lo malo dure menos!

Biquiños

Markesa Merteuil dixo...

Ás veces ata a dor pasa rápido. ¿Será que vou madurando? ¿Ou tal vez que cada día me vexo máis incapacitada para as grandes paixóns e as grandes traxedias? Todo, a fin de contas, pasa.

Pitima dixo...

Administrar o tempo é a tarefa máis complicada.. para mín unha asignatura pendiente, e a verdade, a estas alturas, non sei se poderei facelo, creo que me quedará para setembro por sempre xamais... Ás veces eso cáusame problemas... O importante é sacar o tempo precioso para as cousas que che fan feliz, xa sexa debuxando espirais, corazóns, sacando fotos ou pasando o tempo cos que queres ou escribindo cousas profundas para que perduren no tempo e nos universos das ideas dos que te leen...

Mariola dixo...

E canto peor é cando o tempo pasa sen facer nada.

Alomenos, se somos quen de enchelo, pois vaia...

Non apreciamos os momentos de felicidade porque cremos que durarán sempre. É unha condición do ser humano: pensámonos eternos.
Xa farei isto mañá, xa lle direi que @ amo,... mañá, mañá...

Cando enfermamos, quédanos o absurdo pero eficaz recordo das alegrías. É o bálsamo perfecto para as nosas almas incompletas e o noso corpo doente.

Anónimo dixo...

Vaia nivelazo que hai por aki. Eu non sei se darei a talla, pero vou mirar.

Veca dixo...

Tes razon, cando estabamos na EXB parecía que estabamos sempre no mesmo curo e agora o tempo pasa demasiado rápido.

Suso Lista dixo...

Certo no dos minutos de dor, e no de acortalos, na medida do posible. Ben. O da verza, unha vez mais parece que temos telesimpatía...

busto.agolada dixo...

A fugacidade da vida, a relatividade do tempo foron e son unha constante na vida da humanidade. Dous autores trataron estes temas con mestría: Jorge Manrique, no campo literario; Bergson, no plano filoófico.
Un director dun colexio no que estiven interno ensinoumo amin dun xeito máis vulgar que eu tardei en comprender,pois parecíame un sinsentido. Dicía na inauguración do curso: "Chavales, apretade ben que se está acabando o curso". Eu cría que tiña que ser ao revés "empezando" e non "acabando". Hai anos que sei que os cursos duran un suspiro de bolboreta.
O carpe diem é un tópico literario. Por todo iso cómpre como dis ben desenrolar a habilidade para acurtar as desgrazas e estirar as horas de pracer.
Saúdos.

paideleo dixo...

Din que cando un aprende e é novidade o tempo alóngase e que cando é rotina o tempo encolle.
Así viaxes que se fan dunha semana quedan gravadas día por día na mente e temporadas longas facendo o mesmo poden resumirse nun día.

A foto é marabillosa. Hai que ver o que pode dar unha horta e unha boa sensibilidade.

Silvana dixo...

Eu estou traballando nunha máquina para deter o tempo da felicidade, porque sen dúbida é o tempo que pasa máis rápido cando debería ser o que durara máis. Cando teña a fórumula pásovola.

muller salvaxe, en perigo de extinción dixo...

Hola, estou lendo un conto moi fermoso,ahí vai un anaquiño:
"O home sentiu que lle entraba sono, deslizouse baixo as peles de durmir e enseguida empezou a soñar. As veces, cando os seres humáns durmen, escápaselles unha lágrima dos ollos. Non sabemos qué clase de sono provoca, máis sabemos que ten que ser un sono triste ou nostálxico. E eso foi o que lle ocurriu ao home.
A muller esqueleto viu o brillo da lágrima baixo o resplandor do lume, de pronto, entroulle moita sede. Acercouse a rastras oa home durmido entre o cruxir de osos e acercou a boca á lágrima. A solitaria lágrima foi coma un río e ela bebeu, bebeu e bebeu ata que conqueriu saciar a súa sede de moitos anos."
para amar, temos que durmir coa morte,
precisamos atravesar os medos e as feridas para alongar as horas de pracer e alegría,
Saúdos,
gustoume moito a foto da verza,
espero visitar a ulloa este fin de semán.
Geluka.

elfa dixo...

Xamais pensara eu que dunha SIMPLE verza saise unha historia tan grande e variopinta. Felicitacions por facelo posible

Mar e Lúa dixo...

Deches no cravo! Cando era pequena un curso escolar parecía unha eternidade, e agora noto coma se os meses se me escapasen entre os dedos sen que poda facer nada para detelo...

Eu tamén me apunto a esa fórmula para deter o tempo que propuña Silvana.

Evinchi dixo...

Si, cada vez vanse máis rápido. E seica din os avós, a súa idade zoan que da gusto. é unha magoa que non sexa ó revés, porque cantos mais anos, máis serenidade e gusto pra paladear o tempo. é unha contradicción.

A mín o tempo é unha constante que me afoga un pouco.

biquiños.

Desesperada dixo...

é certo, sempre me chama a atención como parece correr agora o tempo, a toda velocidade, cando hai pouquiño seica parecía eterno...

MARISA dixo...

me gusta perder el tiempo... la verdad, es para mí aprovecharlo, mientras lo pierdo lo aprecio :)Importante diferenciar el tiempo de reloj del tiempo de espera, del tiempo de ocio, de los bueos tiempos... siempre habrá tiempos mejores, cómo pasa el tiempo...

Sin el tiempo, esa invención de Satanás, el mundo perdería la angustia de la espera y el consuelo de la esperanza.
Antonio Machado

Chousa da Alcandra dixo...

Nuevo Ícaro: Efectivamente, cando tes un simple catarro percátaste do ben que se está cando non se padece esa moqueira.

Ana: Ou tamén hai outra solución: minimizar e cuestionar o malo como tal; en definitiva...ser un chisquiño máis pasotas se cadra.

Markesa Merteuil: O mero feito de cuestionar a tua capacidade para as grandes paixóns, faime pensar que -ademáis de madurez mental- tamén tes máis espazo para esas paixóns. Á que si?

Pitima: A que se deberá que eu véxote aprobando -con nota- en xuño?. A vida diaria ponnos unha morea de deberes,pero non todos son correxidos polo profe despois...

Mariola: Efectivamente pensamos na eternidade dos bos momentos. Aiiiiiiiiiiii, pero que ben presta consideralos así!!!

Veca: Incluso o Nadal tardaba moito, e despois o Entroido, e a Semama Santa...uff vivíamos entre vacación e vacación. Parecíamos todos funcionarios daquela!!!

Sus Lista: A verza e o sol foron quenes fixeron que se establecese a Embaixada do Roncudo en Antas (Suso e máis eu, sin sabelo escribiramos algo simultaneamente que falaba de ámbalas duas cousas, por iso o da telesimpatía). Saúdos!

Busto Agolada: Tamén eu lembro aos profesores que de contado se queixaban, incluso iniciando o curso, de non dar rematado a materia. A min parecíame que chocheaban.

Paideleo: Resumíchelo moi gráfico e moi ben. Viaxes de corta duración resúmense ao minuto e viaxes longas, ainda que somente sexa pola necesidade de síntese, resúmense en minutos...Graciñas polo piropo á verza.

Silvana: Que mellor escenario para amosar a tua máquina (do tempo) nunha apacible Chousa!!. Será todo un pracer. Avisa para recoller un chisquiño a folla...

Geluka: Supoño que o anónimo que falou antes referíase ao nivel deste blog, que se debe aos comentarios que nel vides aportando vos.
Saúdos. Espero que o pasaras ben estes días en Antas.

Elfa: Dunha verza ou dun repolo poden sacarse moitas tazas de caldo, á que si?.

Mar e Lua: Van ser os anos, como xa apuntou Busto, que recollía Jorge Manrique nas suas coplas. Así e todo eu teño a sensación de que tamén se van saboreando moito máis as cousiñas...non che parece?

Evinchi: Tranquila, temos a Silvana preparando a poción máxica que vai deter eso que te afoga. Ademáis vaina presentar na Chousa. Estate atentiña pois.

Desesperada: Ata os periódicos semellaban ter moitas follas. Hoxe daste conta que follas ainda teñen, pero contido...(Din que os periódicos so traen 3 verdades: Data, prezo e mailas esquelas!!)

Marisa: E trouxeches a Machado a colación.
Bonita forma de expresar y aplicar la bondad y lo pernicioso del paso del tiempo. Gracias por venir!

Saúdos dende os castiñeiros nús da Chousa.

Anónimo dixo...

que pasada. gustoume o teu blog
saludos desde palas de rei

caracol dixo...

Yo quiero comer esa col todaaaaaa

Saludos
caracol