jueves, 17 de mayo de 2012

Vixía

Vía das mensaxes, canle de pensamentos, pentagrama fonético de dulzuras intercaladas, reflexo do sentir, soporte da tenrura pronunciada, atril de aloumiños imaxinados. A ti apelo cando imaxino, en ti acougo cando me alporizo, de ti me sirvo para chorar, ler, dicir, calar... Lingua que brincas na lingua, mentras me salpicas de frescura, abrígame na amorosiña pronuncia de salaios que se albiscan na túa semántica e permite que argallemos como ser á vez viaxantes e vixiantes da túa propia existencia. (Día das Letras Galegas, 2012).

Foto: Reflexo. A Picouta (Antas de Ulla)

27 comentarios:

Harmonía dijo...

Fermoso.
Sigamos viaxando co galego, sempre.
Que siga soando.
:-)

o canto da lúa dijo...

Fermosas as letras que deixas no Día das Letras galegas...como tamén o é a fotografía.
Un saúdo.

Blogboreta dijo...

¡¡¡ Precioso !!!!

:) :* :* :*

mariola dijo...

Fermosísimo!
Estes días estiven a recitar no meu pobo e nalgún máis poemas de Paz Andrade e algún meu tamén.
Será que teño a musiquiña de recitar a flor de pel que cando o lin pareime e comecei a recitalo( en realidade é que invita a facelo, polo menos a min). Non desmerece en nada. Hay lirismo, sentimento, serenidade...

Encántame cando sacas para fóra todas esas emocións.
bicos de corazón.

susana moo dijo...

Coma Xesucristo, unha pensa que pode camiñar sobre esas augas da Picouta de Antas de Ulla.
Beautiful picture!

Dilaida dijo...

Vaia oda tan fermosa, digna de ser cantada ao son dunha gaita. Que mágoa que moitos fillos desta terra non sintan o mesmo.
Longa vida a lingua galega!!!
Bicos

Trasno dijo...

Cando sacas a artilleria poética .con palabras e con foto. fasme poñer pel de galiña

mariajesusparadela dijo...

Viaxámola e vixiámola. Ambalasduas cousas amorosamente.

So G. Besada dijo...

Que armonioso e musical. Gostei infinitamente. Unha aperta sincopada.

Pitima Alvarez dijo...

Eso pensei eu onte.. o que dí So G., que é armonioso e musical...

Claro que eu oio música por todas partes...
Vouche roubar este texto, que o saibas... Non sei qué vou facer con él, pero algo, seguro!

BICOS ROUBADOS!

Anónimo dijo...

Conxuncion de paisases e verbas. Unha lingua mais fermosa onde has axa.

Sintoa e queroa..........pero contala
ainda que sexa co son de unha gaita, non se me da a min, escribir tanta riqueza.

Moitas apertas.

Antón de Muros dijo...

Todo é pouco cando falamos do noso tesouro.

Unha aperta para todos os que fan que estea viva sexa onde sexa ;-)

Antón.

zeltia dijo...

Este texto teu parece unha oración,
unha ladaíña de lindas palabras cheas de significados fermosos.

Moi emotivo, Chousa, aí sí que te deixaches levar polo sentimento sin precisar meter unha chanza para non conmover...

[gústanme os teus textos retranqueiros, pero non te prives deste nin nos prives a nós]

Carlosm dijo...

Moves e conmoves quando te pos como te pos.As tuas letras para a lingua galega tenhen muita potencia agarimosa e doce.Hai dous posteos teus que agardo com devocion:o do 17maio e mailo do dia dos Inocentes.Saudos.Carlosm

paideleo dijo...

Aquí deixas un fermoso texto digno de ti e do teu dominio da palabra.
Seguiremos vixiando !.

Ginebra dijo...

La lengua como herramienta propia del hombre para comunicarse con el otro. La lengua como una segunda piel, la de un pueblo que conserva su identidad a través de la palabra escrita u oral.
Bonita foto y bonito homenaje a la lengua galega, siempre tan dulce y armónica.
Bicos

Aldabra dijo...

és un poeta, Chousa, e este texto, amén de outros que xa publicaches así o demostra, aínda que deixes aquí este poema como si fora unha narración... a mín non me enganas.

fermosa honra das nosas letras.

biquiños,

Vía das mensaxes,
canle de pensamentos,
pentagrama fonético de dulzuras intercaladas,
reflexo do sentir,
soporte da tenrura pronunciada, atril de aloumiños imaxinados.

A ti apelo cando imaxino,
en ti acougo cando me alporizo,
de ti me sirvo para chorar,
ler,
dicir,
calar...

Lingua que brincas na lingua mentras me salpicas de frescura, abrígame na amorosiña pronuncia de salaios
que se albiscan na túa semántica
e permite que argallemos
como ser á vez viaxantes e vixiantes
da túa propia existencia.

¡¡bravo!!

biquiños, nunca están de mais.

Marisa dijo...

Unha fermosura,
nas palabras e na imaxe.

Un bico

Chousa da Alcandra dijo...

Aquel que ve a poesía, é pq é poeta. Se vos a vedes...poetas sodes!
:-)

Chousa da Alcandra dijo...

Pitima: xa darás sinais co resultado :-)

Anónimo dijo...

No puedo quedarme sin felicitar al autor de esta maravilla por su capacidad para transmitir tantas sensaciones.El amor y el sentimiendo por su lengua queda perfectamente "Reflejado" en esta magnífica declaración.Le envidio y a la vez me siento parte ya que mi abuela era gallega de Cervantes-Lugo.Gracias por compartirlo y por hacerlo asi de bien.La lengua gallega jamás morirá mientras personas como usted mantengan ese idilio con ella.Gracias otra vez y perdón por no expresarme en gallego.

Pitima Alvarez dijo...

E claro!

A.C. dijo...

Como te pos cando te pos Chousa. Fermoso a mais non poder

Xulio Cougil Vázquez dijo...

Fai tempo que non disfrutaba tanto da "nosa fala" coma cando lin o teu texto. Teño que compartilo con tódolos meus seguidores e oíntes...
(aínda que non che pedín permiso...)
¡Graciñas por emprestarmo!

Merce dijo...

Mi madriña!!! ler estas cousas alporizame todalas miñas neuronas, e bulen toliñas de emoción dun recuncho cara outro!!!

Fantástico, mooooooooooola que te verticalizas!!! ;)

Biquiños a moreasssss

Jorge CimadeVila dijo...

sempre que entro ao seu blog entranme unhas ganas terribles de visitar antas, calquer día asaltolle o lugar e non fica nada :D

BD... dijo...

Bos días amicus:
Veño, vin e virei...
Noraboa, parabens
Pra qué dicir mais se xa as outras comentas dicin tudo?
Xeitoso e fermoso; unha verdade inumerabel
Breves saúdos
Deica logo amicus... d:D´