martes, 1 de maio de 2012

Choio

Cando o ferreiro da forma a un labor de forxa; calcula, mide, quenta e moldea. O froito do seu traballo ten un prezo ao que hai que engadir os custes de produción e mailos de materia prima. Sumados impostos (aquí todo cristo sabe mamar) o ferregancho atopa dono que o adicará á tarefa para a que foi concebido.
E ata que o ferro fenda a súa historia económica remata.
Remata se o ferreiro non se nos mete na SGAE; que nese caso, cada vez que alguén nos arrole a aldraba virán detrás os sgaeiros a tocarnos as bisagras e arrolarnos a carteira. É como se o ferreiro tivera produción única pero cobros en cadea (seguir mamando aeternum). Isto sí que é un choio e non angazar na folla!

Foto: Armela inocente.

19 comentarios:

Carlosm dixo...

Desta ocasiom nom vou a concordar contigo no cento por cento Chousa; o da sgae nom e um choio E UM CHOIAZO.E tudo com as bendiçoms da legalidade.Aisi calquer nom angaza bilhetes sentado numa cadeira.Saudos.Carlosm

Blogboreta dixo...

Lendo o remate, igual érache millor unha "afoto" dunha reixa que dunha aldabra ¿non? ;)

Bicos anémicos.

Paz Zeltia dixo...

o exemplo que puxeches deixa á vista o ridículo da situación... e de paso permítenos ver un chamador ben orixinal chantado nunha porta que xa debe ter a súa historia (e as súas historias)

Antón de Muros dixo...

Unha aperta no noso día, Chousa :-)

Mágoa que moitos non fagan o que teñen que facer dende os lugares que ocupan :-(

Antón.

Dilaida dixo...

Unha reixiña desas ben traballadas que se ven ás veces nas fiestras para resguardar e resguardarse no interior tamén viría á conto, aínda que a da foto tamén che é ben fermosa.
Bicos

Raposo dixo...

Pois parece que as eleccións a SGAE ganounas Antón Reixa. Todos sabedes que é dos Resentidos, así que a cousa aínda pode ir a peor, mi madriña!!

mfc dixo...

Eles não nos largam...

Marisa dixo...

Acabarase a porta
pero o ferragancho
fará honores o ferreiro.

Un bico no día do traballo.

paideleo dixo...

Vamos ter que pagar por levar orellas postas !.

Merce dixo...

aaaaiiiii!!!

SGAE CANIBAAAAAAAAAAAAL HAICHE MOITO YE-YEEEEEEEEEEEEE...

bicosssssssssss

Trasno dixo...

Un nejosio mui produtivo pra quen cobra e un atraco para quen ten que pagar.

matrioska_verde dixo...

os sgaeiros sonche ben listos... é como no parchís, matas unha e contas vinte.. o caso é gañar.

biquiños,

susana moo dixo...

Si non recordo mal os resentidos cantaban aquilo de "Chupa aquí, mama na casa" espero que tivera -penso que sí- unha intencionalidade crítica, senón, imos aviados.
Sempre nos queda cantar coa nosa gorxa.

Chousa da Alcandra dixo...

Cada acción miña na canteira solo se paga unha vez. E que non me veña agora Reixa dicindo que eu non son un intelectual da pedra. Ou tamén hai que ter as fazulas máis duras que o pedernal para acadar tal cumio?

xenevra dixo...

A diferenza estache no ego (ou se cadra egoísmo). Os ferreiros cobran o traballo feito en moedas unha vez; logo o cobro vaise facendo na satisfacción que produce ver o ferragancho (ou aldabra) chantado ad eternum.
Os esgaeiros pensan que o valor só pode ser medido en moedas.

Son unha xoaniña dixo...

A sgae eche o negocio do sé uno, hainos ben cobizosos, claro que non sei porque se me fai raro,
Bicos.

A.C. dixo...

Mui ben explicadiño. Parece o sermón dun cura se non fora polas picardias que lle pos.
Menudo portalón. Ten pinta de ser de lugar regio.
Bicos

mariola dixo...

A tocarnos as bisagras veñen sempre, unha triste situación da que nos será moi difícil saír.
Eu quédome con chamador para petar ás portas da sensatez.
bicos sonoros.

Chousa da Alcandra dixo...

Fico coa esperanza de que sempre teñamos portas ás que chamar (e que obteñamos axeitada resposta), ao mesmo tempo que desexo co mesmo fervor novos escándalos nese colectivo de chupóns para engadir á lista de razóns que os leven á ilegalidade.