luns, 23 de abril de 2012

Políglotas

Moito se afanaba don Victoriano en facernos ver as vantaxes de coñecer idiomas. Por iso nos facía rezar en francés ao comezo de cada clase (de xurar en arameo xa nos encargabamos nós cando poñía as notas). 
Axiña soubemos que o inglés tiña máis futuro; xusto cando nos decatamos que o chinés viña pisando forte...
Con este galimatías, menos mal que nos queda a sabiduría popular para permitirnos ser políglotas. Incluso eludindo o pago de sobretaxa universitaria.

Foto: Fonética aplicada. Lección 1

19 comentarios:

mfc dixo...

E lá estão eles aí em cada esquina...

Antón de Muros dixo...

Fixechesme rir, Chousa.
"Fonética aplicada" jajaja

Apertas.

Antón.

paideleo dixo...

Muito dá que falar a poliglosia.
E menudos líos que me monta o Leo cos distintos idiomas que nos arrodean.
A fonética por aquí sería máis ben curasán ( como corazón en portugués ).

Marisa dixo...

Esta fonética
que ben se entende.

Moitos bicos

o canto da lúa dixo...

Ola Chousa!
A verdade e que me rin un chisquiño aínda que a cousa non sexa par iso.
Unha aperta!!

mariajesusparadela dixo...

Que lle vou dicir eu, que escribo "páxina güé".

Ginebra dixo...

Pues es muy gracioso, Chousa, y teniendo en cuenta esa sobrecarga en las tasas universitarias, creo que volveremos (¡qué remedio!) a la sabiduría popular que nunca falla y es accesible a cualquiera.
Lo de la universidad tiene tela!!!! elevadas tasas, falta de becas, masters carísimos con un resultado concreto: desempleo y fuga de cerebros...¡menudo panorama!

Dilaida dixo...

Non hai porque andar con rodeos a cada cousa hai que chamala polo seu nome.
Bicos

Aldabra dixo...

o idioma universal é "o entendemento entre as persoas"... tendo vontade non hai idioma que se resista.

e sempre nos quedan por ribas, as mans.

biquiños,

Carlosm dixo...

Já abondan as complicaçoms, asim que a gente busca e encontra soluçoms atalhadas e efectivas para tales rodeos.Saudos.Carlosm

A nena do paraugas dixo...

Menos mal, si, que nos queda algo!

Saudiños.

mariola dixo...

Pois a min a sabiduría popular gústame moito e entender entendémonos de marabilla, non?
O que non entendo son as sobretaxas universitarias e outras tantas medidas que tiran con todos os nosos dereitos. A ver quen sigue estudando!
un bico.

zeltia dixo...

Non me perderei ningunha das túas clases! inda que non viaxe, nunca está de máis
(sabes que o meu fillo está estudando xaponés?)

susana moo dixo...

Eu son partidaria de todo tipo de adopcións e adaptacións lingüísticas; O caso é entenderse, como sexa. E a ensaxe queda clarísima.
A lingua viva!

Raposo dixo...

A min fálame "galego de lareira": enxebre, puro sincero.

Trasno dixo...

E que como estamos en crisis tamen se fai necesario aforrarse complicacións. Eu doullo por aprobado a quen o escribeu e a ti un notable por atopalo.

Trasno dixo...

...quedei pensando que merece mais que un aprobado. Se o CROASÁN esta bo merece un notable tamen: ten un prezo mais que aceptable.

Pitima Alvarez dixo...

É importante o dos idiomas, aquí en Galicia son moitos que non saben en qué carallo falan...
Dígocho eu, que o Sergas está a facer un estudio pormenorizado e hai unha porcentaxe ben ampla que xa queda na primeira pregunta do maquinillo que habilitou para coller cita para o centro de salud:
¿en gallego o castellano?
....
perdón, no lo entiendo, repita por favor...
...
repita por favor
para el practicante!!
no le entiendo, repita por favor...
cajonatós e no demo que te piiiiii
piiii
piiii

Pos eso.


Bicos, beixos, esas cousas que se dan na cara (¿ou?)cos beizos para mostrar agarimo...

Pitima Alvarez dixo...

O maquinillo é dunha empresa privada... E ¡claaarooo!

Xa estarán contentos os votantes do PP, que agora xa poden coller cita as tantas da madrugada, ou un domingo... ¡no día festivo do traballo!

Faltaría más...