venres, 20 de abril de 2012

Brinde

Nestes tempos de eufemismos baratos que nos falan de reformas, cando en realidade o que acometen son machetazos na liña de flotación do sistemas educativo, sanitario, laboral... Tempos de palabras lenes e baleiras pronunciadas por políticos de carteiras cheas e caras pétreas. Tempos nos que os cidadáns de a pé temos que cobrar menos, traballar máis, pagar mais impostos, recibir menos servizos sociais e -para coroar a monarquía do absurdo- coa calderilla que nos quede, debemos aplicala a reactivar a economía. 
E mentras chove polas nosas cabezas, eles seguen protexidos cos paraugas das exencións e parapetados cos impermeables dos privilexios...
Chegados a este punto, para envainar ánimos e acougar intencións; propoño un brinde co elixir da imaxe. Pero como eu vou estar ocupado traballando, pagando e reactivando...que brinden eles!

Foto: Licor para políticos nefastos.

18 comentarios:

mfc dixo...

Já o provei e digo-te que não é nada mau!
... e até o tenho cá em casa!!

Carlosm dixo...

Moi atinado pelo nome o "elixir" que lhes propos. Nao merecen outra cousa.Saudos.Carlosm

Harmonía dixo...

E non será unha bebida demasiado exótica para que brinden "eles"?
Acaso cres que merecen tal agasallo? Bueno, se só se quedan co nome do licor...

paideleo dixo...

Estamos fastidiados co este goberno.
Eu sabía que ían ser malos gobernantes pero non tanto. Pensei que ían adicarse a chupar e a non facer nada pero fan e todo malo.
Merecen ese licor pero menos destilado.

zeltia dixo...

ai, amigo que ben falas. ata o de chover está ben argallado. Pero eu á vista dese licor quedei sin palabras. Así que fun buscar a san google e entérome de que o afamado licor de Merda portugués,
"É extraído a partir de diversas merdas de confiança, sujeito portanto a criar depósito com a idade."

En fin, creo que é a bebida axeitada para que brinden eles!

(E á coruña podes chegar fácil: peregrinas a santiajo e despois dende alí todos che poden indicar o camiño) :-)

Dilaida dixo...

A verdade é que os podíamos mandar a "merda", pero non a esa. Segundo teño entendido é un licor demasiado fino para esa grea de xabaríns que chegou ao poder e están a esnaquizar todo o que pillan por diante. Están deixando ao "estado de benestar" como deixan unha grea de xabaríns unha leira de millo, despois dunha verbena.
Bicos

A nena do paraugas dixo...

Merecen o brinde co licor... Ou mellor coa botella, na cabeza. A ver se aprenden a manter o equilibrio ou caen dunha vez...

Blogboreta dixo...

Mexan por nos e dicimos que chove...

Tristura de país.

Un biquiño de licor de toxo.

Aldabra dixo...

estábate lendo e xusto estaba pensando no dito ese de: "han mexar por nos e imos decrir que chove".
biquiños.

mariajesusparadela dixo...

Pois eu dáballes o mesmo, pero en sólido.

Antón de Muros dixo...

A verdade que os políticos merecen beber moito dese licor...

Apertas.

Antó.

Kim Basinguer dixo...

Temos o que eliximos. É hora xa de que todos os que ten privilexios empecen a traballar, para iso temos que ehcarlos dos seus sillons, coste o que coste, antes de morrer.

Aniña (@vampyevil) dixo...

Pasame dos botellas!
besitos!

Trasno dixo...

Mui acertado o nome do elixir para eles e mui acertado tamen ese enlace da choiva.Brindo contigo

Anónimo dixo...

Es cierto que tenemos politicos muy malos pero debemos recordar que nosotros los hemos puesto en sus cargos.Asi que todos tenemos un poco de culpa.
El licor a pesar de todo tiene buena pinta

Chousa da Alcandra dixo...

Estou seguro que non merecen o elixir sinalado, seguro que non; pero -como di María Jesús- a miña intención era brindárllelo en forma máis sólida e servinme unicamente do nome do licor para materializar aquela intención.
Amén.

mariola dixo...

Pois acábome de enterar da existecia dese licor.
Pero coincido con mariajesusparadela, eu tamén lles daba en sólido. Probar a súa propia menciña, a ver se estoupan dunha vez por todas.
Un texto moi ben fiadiño.
bicos, inxenioso.

xenevra dixo...

Brindo polo futuro do licor café que ha ser a apócema máxica nos manteña victoriosos na loita contra estes romanos. Pois sabemos que todo vai ben mentres o ceo non caia sobre as nosas cabezas.