martes, 24 de marzo de 2009

Vivenda

Sen polémicas sobre as situacións dos mercados inmobiliarios, sen dificultades na negociación hipotecaria e a curva do euríbor e sen riscos especulativos sobre o chan; o mundo ornitolóxico está adicándose á construcción dos seus niños nestes días.
Carentes de luxos e sibaritismos innecesarios, pero dotados da seguridade precisa para a consecución da fin para a que son creadas, estas casiñas unicamente precisan dos seus piquiños de enxeñeiros para conquerir a cédula de habitabilidade que lles confire a testemuña de que -ano tras ano- van sacando adiante os seus poliños. Sen tasacións nin interés variábel, sen comisións de apertura nin de cancelación anticipada. E non precisan inscripción rexistral nin teñen gastos de notaría...

Foto: Casa das pegas, sin hipoteca, en Antas de Ulla

27 comentarios:

susana erotomananita dixo...

Ai Chousa, non quero nin pensar como deben de estar as Antas nesta época tan sensual.
Os paxariños facendo o amor sen condón, sen xoguetes sexuais, nen lubricantes nen lencería...

Chousa da Alcandra dixo...

Pois xa ves que a pega (que sin duda é a que está enriba) ten pinta de estar provocando ao pego (máis agochado entre as pólas)amosándolle as intimidades...
Uns cachondos os paxariños de Antas!

Roxiña dixo...

que sabios son os paxaros. que envexa. bico :)

Carlos Sousa dixo...

Que envexa; sen especulacións, sen tasacións, sen intereses, sen luxos, sen "sibaritismos"... iso sí que é voar libre.

A ver quen lle embarga a casa.

Barreira dixo...

E teñen unhas vistas dende o salón-comedor que quita o sentido.
Saudos.

Markesa Merteuil dixo...

E respectan o Código Técnico da Edificación? Buscan a integración co contorno? Están pensadas para o aforro enerxético? Que tipo de materiais utilizan? Aforran custos nisto? Cumpren coas normas do hábitat galego? Contan os encargados da construción coa tarxeta pertinente?

Zeltia dixo...

eu estou desexando que chegue a parella de estorninos que cría nas árbores á beira da ventana do meu traballo... pasan a mañá carrexa que carrexa.
unha reflexión ben ó caso, coma sempre, neste caso co niño e a vivenda... pero que teñan tino as pegas co cuco!!!

;-)

Antón de Muros dixo...

Hai que aprender deles.
Constrúen moi ben os seus niños para que os poliños non teñan insomnio ;-)

Unha aperta.

Antón.

Cris dixo...

Oye, ¿cómo llamas allí a estos pájaros? Aquí se las llama de varias maneras. Son de los que mas tengo aquí, enormes, algo chillones y siempre hambrientos y posesivos, estoy en lucha diaria con ellos porque les quitan las comida que les bajo a los gatos y persiguen a los pequeños y a las ardillas también. Aunque me parecen preciosos, tenemos un pequeño conflicto estos y yo!

en fin... que sí... que tenemos mucho que aprender y mucho que no consentir y mucho que cambiar, lo primero nosotros mismos. Yo soy un poco pajarillo, no tengo hipoteca y me siento, tan tan libre por ello...

Bfletes caseros y fresquitos!

Bicletes

Lúa dixo...

canton temos que aprender da natureza...bicos.

Aldabra dixo...

¡canta razón!
biquiños,

Carlosm dixo...

O dia de manhan eu quero ser un pajaro para aninhar nun carvalho de Antas e voar sen as ataduras das hipotecas (variabeis ou fijas).

Tas feito un ornitologo de moito carlho chousa

Carlosm

elvira carvalho dixo...

Passei só para deixar um abraço, já que o tempo e disposição não me permitem mais.

Sole dixo...

Mientras te leía pensaba, que los humanos somos los únicos seres que nos construimos "nido" sin tener pichones y por si acaso dos o tres o mas.
Llevo unos días por las carreteras de éste país y me he quedado mas de una vez, mirando éstas verdaeras obras de arquitectura.
Regalos de la naturaleza

HADEX dixo...

Mira eh? E que vistas teñen as pegas....ideais para planificar cal será a súa próxima pillaxe...(que conste que eu adoro as pegas, a pesar da manía que lles teñen por ahí...)

Bicossss!!!

Mer dixo...

quén tivera un piquiño enxeñeiro!!

Marinha de Allegue dixo...

Hoxe vin un ninho fermoso e espacioso, mágoa que non levaba a cámara á man. na seguinte finde irei á procura da imaxe...
Quédanos muito por aprender dos animais.

Unha aperta.
:)

anto dixo...

No tocante a niños eu quédome co do carrizo. Este paxariño de rabo indiscretamente rebirichado xa hai tempo que ten superadas as normas do habitat; no tocante ao acubillo, o traballo ben feito, a boa estética, discreción dentro do medio e benestar están plenamente neses grandes- pequenos arquitectos que son os carrizos.

Artabria dixo...

O da vivenda é un tema moi sensible para mi últimamente, asi que mellor, non digo nada.

vakastolas dixo...

Okupas, iso é o que son!

avelaíña dixo...

Fixécheme rir :) Convén un toque de humor nestes tempos. Apertas!

Pitima dixo...

Nós puxemos unha casetiña prefabricada pendurada da pereira a carón do pozo... pero non lles gusta!! jajajaja.
Ó mellor non está o bastante ben equipada.. jeje
Todos van a aniñar (dise así?) ós arbustos que temos detrás da casa...
O outro día quedeime abraiada cunha reportaxe de vida salvaxe no que saían uns paxaros pequeniños que tecían uns niños moi elaborados.. O macho que facía o mellor niño era o que elexía a femia... aisss. Tiñas que ver como exhibían as casiñas coma se fosen os pisos piloto.. jajajaja
A verificación é FANTE. jaja.. E pregúntome eu, ¿mellor que te fagan que compralo xa feito?
Hai que buscar parella con casa e listo.
Bico con vistas o pozo..

LM dixo...

por aquí já chegaram os minhatos e ainda nom lhes fizeram a parcelaria...
beijos

Senda dixo...

ai Chousa, a ver se o consigues na mesma páxina de flocos:
http://flocos.tv/curta/a-flor-mais-grande-do-mundo/

e aquí hai moitas outras curtas que pagan a pena, en concreto eu a coñecín por esta outra:
http://flocos.tv/curta/a-guerra-dos-avos/

Bicos e paciencia con esa conexión

noa dixo...

o que máis lle envexo é a luz. e o pico enxeñeiro, arquitecto, carpinteiro...

chimeneaverde dixo...

Siempre nos queará vivir debajo de un puente, el agua nos saldrá gratis. :)

Paquito de Penas dixo...

Xa vexo que tes unha rosiña polo blog :-)
Meu, os paxaros tamén sofren os desordes climáticos e alimentícios do mundo mundial. Menos mal que os rapaces agora non se adican a desfacerlle os niños, xogan a nintendo :-)
Apertas e deica.