domingo, 1 de marzo de 2009

Observar

Dende a atalaia da imaxinación podemos adiviñar visións que nunca existiron e que nos ofrecen unha perspectiva, tan subxectiva como real, do entorno que nos acolle.
Asolagados polas nosas propias bágoas, enfermos de asistolias en corazóns concebidos para latexar indemnes día a día, ano a ano, vida a vida, perdemos minutos e horas en...simplemente respirar.
Namentras, o río flue diante dos nosos ollos cegos. E isa gota ínfima non ha volver pasar nunca máis.
Compre buscar un bo punto para deterse e observar coa vista da intelixencia en sintonía con aquela imaxinación empoleirada.
Con calma, con serenidade. Decatándonos de que non importa tanto o que miramos. O realmente relevante é o que vemos.

-Eu son moito de Riberas del Duero. Tampouco é que lle faga noxos a un bo Rioja, que tiven unha educación moi tolerante-

Foto: Vista privilexiada do Ulla (Antas de Ulla)

38 comentarios:

Cris dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Cris dixo...

Qué bonita foto Chousa, qué relajante además a medio sol y frente a los árboles. Pararse a observar mas allá, y también a escuchar, que estoy segura de que esos árboles de enfrente del banco también tienen mucho que contar!
Yo ahora observaré mas aun, me han despedido del trabajo, así que pasaré mas lunes al sol! (o bajo la lluvia, o trás un cristal).
Tu eres un gran gran observador, que la rutina no te impida seguir mirando lo importante! Que además, si dejas de observar tu, perdemos todos ;)

Bfletes riojanos (ya te diré por qué)que te extrañan por las ventanas!

HADEX dixo...

Se non está moi perto do núcleo urbán paréceme un lugar ideal para deixar vagar a mente....As poucas veces que podo facelo, alá na nosa finca, fágoo e síntome moito mellor....

A esta rapaza, Cris, que non desespere e desanime....Seguro que cedo atopará outro traballo. Un bico para ela.

E, claro, outro para ti. Prometo grabar os cortos nun DVD para que os poidas ver con calma e agusto.

Pitima dixo...

Imaxinemos un mundo mellor, no que se comparta, no que todos teñamos traballo, dereitos, satisfaccións, equilibrio coa natureza, consciencia social e de outras clases tamén...
Imaxinemos que temos todo o tempo do mundo para mirar, mentres respiramos a fondo un aire limpo e fresco a carón do río (o Ulla, o Tea, O Miño, calquera me vale..)
E só con imaxinar xa seremos un pouco máis felices... ¿non sí?, sobre todo se nos paramos un momento a imaxinar como serían as cousas se nos faltase o máis importante. Eu podo respirar profundamente e sentir que estou viva, sana (boeno, un pequeno catarriño sen importancia..jejeje), nunca estiven tan ben...
Sempre positivos.
Un bico moi ben mirado.

Cris dixo...

Chousa, gracias!!!!

Hadex, ola!! No, no desespero, aunque es fastidiado, me lo tomo como una oportunidad, un nuevo camino para andarlo y justo me acababa de comprar zapatos nuevos ;). Bicos para ti tamen.
MUAK

Lúa dixo...

que fermoso!!!si e que Galicia é belisima!!!bicos.

Artabria dixo...

Ay Cris, Cris.....no te digo nada, porque estoy segura de que en menos de nada ya tienes una nueva aventura profesional que contarnos.......

Estou pensando eu que seguro que un bocata de pan e queixo de Antas sentada nese banquiño había sentar moi ben....ti que dis, Chousiña?

Anónimo dixo...

Joder Chousa cando te pos así tan trascendente pareces un politico. E tamen me gusta verche ese lado, so que me fas pensar moito. Esto que dis fai que me poña un pouco triste e non me preguntes o motivo.
Preguntome moitas veces de donde sacas ti esas fotos tan adecuadas para os textos que escribes. Xa o dixeron outros tamen pero e que e certo.


C

vintxuca dixo...

Hola a todos, Chousa a foto é unha preciosidade.Certo é que dan ganas de sentarse a relaxarse un pouco.
Cris eu estou na mesma situación, fai tres semanas que quedei sen emprego...pero non hai mal que por ben non veña...empecei a estudiar unhas opos que nunca faría se tivera que seguir 10 horas diarias na oficina. Ánimo!!!!Todo pasa.

Doutora Seymour dixo...

O meu punto sempre está ao carón do mar, aínda que sexa nunha terra interior, chá, rodeada de montes e outeiros, sempre busco as ondas.
E sempre as atopo.

Anónimo dixo...

Un bonito lugar pra que vaia descansar Touriño ahora que o xubilaron no seu cargo presidencial e que mire cara o rio e cara os montes. Polo que se ve na foto penso que cabe tamen con el o Quintana.

Barreira dixo...

Sabes que as tartarugas viven moitos mais anos que nos porque nos gastamos unha morea de enerxia en manter a nosa temperura corporal en 36 grados. Elas non gastan enerxias niso.
En fin cousas da natureza. E cousa do azar é o que che da a posibilidade de degustar a carne ao caldeiro. Fuches o gañador do meu meme.
Asi que contactamos para quedar e comer ben.
Saudos.

Chousa da Alcandra dixo...

Oleeee.
Ademáis do agasallo, froito da xenerosidade de Alexandra, co seu Vinho Verde da Quinta da Lage; xa tiven tamén o meu número premiado.
Xa contactarei con vostede, Sr. Barreira, para fixar data dese evento.

Unha aperta!

Artabria dixo...

Parabens polo sorteo, parece que tanto queixarse ten a súa recompensa, jajaja

Chousa da Alcandra dixo...

Amiga!!!, aquí o que non chora non mama.
Así que vou seguir chorando, que ainda queda algún que outro sorteiño por facer...jajaja

Mar e Lúa dixo...

Si señor, ti si que sabes aproveita-lo momento, Chousa!

Non me viña mal un pouco de optimismo hoxe, graciñas!!

paideleo dixo...

Ao final vas gañando algo polos blogos adiante.
Un saúdo.

Paquito de Penas dixo...

Non entendo nada. STOP
mañán repasoo outra vez STOP
E que volvin a beber outra vez viño do país... HIP
:-)

~pi dixo...

belo banco onde

se alnga a vista

sobre

parar, serenar, pas-sar,

( passamos a vida tão distraídos, de facto.

antas de ulla, fica o

reg-isto!! :)



beijo




~

vakastolas dixo...

Iso de perder o tempo en respirar eche un conto, abofé perdemos máis en afogar en vasos de auga.

Ese banco ao sol é unha delicia.

Suso Lista dixo...

Mirar ,observar, ver...

Pquito de Penas dixo...

O entendemento sempre limita o horizonte da nosa ollada. Pero bueno, a min sempre me gustou ir un pouco máis alá dese límite, perderme un pouco, deixarme atrapar polas sensacións que superan en moitos casos ao entendemento. De aí que onte afogara as penas en viño, jaja
Ai, chousa chousa ¿e para cando unha noite de viños e rosas?
Que casualidade, cando fun escribir a palabra antispan, atopeime con "rosess"
¡cousas do meu destiño!

A Conxurada dixo...

Un texto dos que fan pensar, e unha fotografía fantástica.

beijinhos imaxinativos e melancólicos.

Carlos Sousa dixo...

Mirar e ver, menudo dilema.

Outra cousa Chousa, teño unha dúbida, como é o do transporte ese de MRV que vos escoiten o sábado falalo na radio? E que quería mandarlle o premio a Artabria e xa me enterei que ti llo mandas por esa empresa.

vermella dixo...

Este ladiño teu tan intimista e poético da para pensar,as veces pasan por diante de nós cousas que non miramos,so as vemos porque os ollos ven pero mirar so mira o espíritu...
bicos pensativos.

susana erotomananita dixo...

E na intimidade...
Que me dis deses ratiños pousados no colo dun amor eterno ou pasaxeiro...

Estupenda foto e texto.

Chousa da Alcandra dixo...

Xa vedes que un tamén ten o seu lado "serio" e introspectivo. Pero non fagades moito caso que, en realidade, todo se debeu a unha cea excesivamente regada por un Rioja (carísimo; pero como non o pagaba eu...).

Carlos Sousa: Tés razón que no programa de Radio Cornellà falouse de trato preferencial na tarifa de MRW; acabo de enviarlle un correo a Xulio (Semprengalicia) para preguntarlle que hai do asunto. O certo é que eu mandeille o paquete a Artabria sin decatarme dese "detalliño"...

irene dixo...

Vivimos demasiado deprisa, y nos perdemos tantas cosas...
Unha aperta, terminaré aprendiendo gallego.

anto dixo...

Nese banco a pasmar colleunos a moitos o temporal do día 1. E...papamos unhas hostias de moito caralliño. A ver se a "gaivota" volve ao mar.

noa dixo...

mira onde se inspira...
e unha pregunta, bailou ou non bailou comigo, enmascarado?

busto.agolada dixo...

Gústame especialmente o inicio deste texto, pois non hai mellor atalaia que a da imaxinación. Desde ela a perspectiva do mundo é tan variada e ampla como un pretenda.
Apertas e bo proveito, dígoo polo do viño.

Raposo dixo...

Está feito vostede todo un filósofo, ó mellor o Ribera del Duero tamén ten algo que ver neso.
Oes, e que é eso de mandar os paquetes por MRV, mandainos por Correos mecagonatós!

LM dixo...

ui...pois nom tou mui de acordo com que perdamos tempo em respirar... eu prefiro gastar o meu tempo nisso ;-D
beijos

Zeltia dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
mencía dixo...

Téñoche eu un sitiño tamén moi xeitoso para descansar e mirar bebendo un mencía, tamén se permiten os riojas e xa non digo os riveras del duero, pareceme que estabas moi inspirado se cadra andabas a catar os viños ou?
Bicos.

anto dixo...

Esa boa adaptación a viños varios, de calidade, froito... heheh... da educación tolerante, quedouche moi ben. Fíxome rir un pouco.

Zeltia dixo...

Os do blogspot son uns chivatos! se unha suprime un comentario, pois non existe! raio de chisme que ten un apartado for your eyes only -infiro eu moi deductiva, polo coment no meu post do carpe diem-

Chousa da Alcandra dixo...

Jajaja, da gusto ter comentaristas (ainda que supriman) con esa capacidade deductiva que so teñen as grandes mentes pensantes, Zeltia.
A iso de for your eyes only nunca lle fagas moito caso. A min téñenmo dito e despois atoparme con outros ollos que seica tamén lles foi amosado ;-)
----

Graciñas a todas e a todos por botarlle un ollo a este banco tan magnífico, que está ubicado nun lugar do Concello de Antas de Ulla, que un día sacarei con máis profusión de comentarios. Non o fago ainda debido a que está en obras e polo tanto non está preparado para recibir visitas.

En todo caso, absolutamente encantador o sitio, como para deixar voar a imaxinación e...incluso máis cousas!