venres, 18 de xaneiro de 2013

Pasarela

Sobre un camiño transparente, suspendidos no firme das inestabilidades;  díxolle a vertixe ao equilibrio: 
- Á que non me tiras?
E asomándose a un peitoril de fíos amagaron empurróns coas pupilas dilatadas. 
Despois saltaron xuntos ao abismo das recíprocas miradas, mentras lle berraban ao vento:
- Á que non nos paras?

Foto: Pasarela do Xirimbao

17 comentarios:

Anónimo dixo...

Habilidoso e mui fermoso. Envexo a Equilibrio e Vertixe.
Saude.
L de R

Carlosm dixo...

Para nada e uma facil mision a do vento.O unico que podra façer e ficar testemunha.
Conhezo esa pasarela,mais juraria que o *chan trasparente* era de malhazo de arames. Ja diras.Saudos.Carlosm

susana moo dixo...

qué vértigo meu?
pasáchela?
co vento que vai hoxe, iso é deporte de alto risco.
Bicos

Dalicia dixo...

Calquera se pasea con tacóns pola pasarela isa... Vaise o poético a tomar polo cú ;)

Muas!!!

Ginebra dixo...

¡Qué bonita "fábula" a partir de una imagen!.
Pues con la ciclogénesis explosiva que nos visita yo no pasaría por ese puente y tampoco tentaría al viento:)
Besos

Pitima Alvarez dixo...

Qué bó!!!
Encantoume Chousa.
Bicos sen medo!

mariola dixo...

Gústame este conto tan visual e orixinal e xenial...
Neste caso a vertixe é atrevida, se fose eu non me atrevería a dicirlle ao equilibrio que me tirase, só de ver a foto dame unha vertixe que non vexas...ata me mareo e todo.
Quita, quita.
un biquiño mareado chousa.

Alís dixo...

Releín o texto cinco veces. E cada unha delas rematei pensando: fermoso.

Bicosss

peke dixo...

Si: fermoso.

Harmonía dixo...

Fermoso e atrevido!
Metáforas e "asuntos" de actualidade no fondo?
Hai que ter moito interese por descubrir a outra beira do río, para atreverse a cruzar esa pasarela...

Quen fose vento!! :-))

zeltia dixo...

Chousa, mola esta faceta túa de poeta. Un texto moi fermoso.
De verdade, dinse tantas cousas sen pensar nestes comentarios de blogs... pero volvino a ler e reler, tapo a foto e imaxínome lendo iso nun libro que caese nas miñas mans casualmente... e inda me gusta máis.

Noa dixo...

Eu case só me podía concentrar na ponte e en qué situación sería capaz eu de cruzala...

A do outro lado da xanela dixo...

Xa non hai camiños. Quedaron todos anegados. Será cousa das modernas cicloxénesis... será cousa do estado de ánimo.

Bico cicloxenético

Aldabra dixo...

eu mais que poema diría que é unha fábula, como a da cigarra é a formiga...

gústame o que dí e son capaz de imaxinar os dous personaxes... a piques de caer.

o ponte me recorda os que hai no río eume, cerquiña do mosteiro de caaveiro.

biquiños,

Jorge CimadeVila dixo...

E o vento repetía "vou morrer e non ven o meu doce ben" ;)

Chousa da Alcandra dixo...

Asegúrovos que a Pasarela pásase ben. Abanéase algo, si; pero todo máis que se sente son cóxegas cando vas polo medio e medio. Deberíades probar.

A.C. dixo...

Que pasada. Gustoume moito esto chousa.