Claro que o corpo pedía ficar sentados no tallo arredor da lareira, ceibando peidos e retendo líquidos. Claro que resultaba máis doado deixarse levar pola laxa e reiterada contemplación das muxicas metamorfoseando a charamelas.
Pero houbo que mover o cu e facer andar as neuronas para trancar a porta. Todo cun mínimo de eficacia, máximo deseño e co menor custe posible.
Na corte da Gallarda naceu o I+D+i. E diso vai unha tempada xa. Seguimos no tallo peideando?
Foto: Tarabelo versión 2.0
8 comentarios:
Moi chousiano este posteo.Gosto del coa sua finisima retranca sempre agochada.Saudos.Carlosm
Vaia, estás gherrilleiro.
és un mago
ti és capaz de mezclar as churras coas merinas e conseguir que se leven ben.
biquiños,
Una de poesia e outra de retranca. Esta vostede en todo
Hasta hoxe non distinguia charamelas de muxicas.Reconozo que fun mirar no diccionario pero gracias a ti. Bicos
Que ben sabes sumar, meu!
Bicos.
Non sei como puiden esquecer dicir que esa cerradura I+D está na corte da Gallarda en Alvidrón de Outeiro. Imperdoable. Perdoádesme?
Nom o tinhas indicado,mais já o pensabamos.Antas anda sempre nas images de Chousa
Publicar un comentario