mércores, 11 de abril de 2012

Ulla

Por máis que o Ministerio de Fomento diga, presuposte ou predique; Machado tiña razón: os camiños fanse ao andar. Noutro caso solo son cicatrices de alquitrán sobre a sensible codia terráquea.
Nesa mesma verdade do mestre tamén cabe o feito de que en Antas todos os camiños, carreiros e atallos -semánticos e xeográficos- desembocan, por forza, no Ulla. De xeito e maneira que case podemos afirmar que en Antas non poderás entrar sin o Ulla ter que cruzar (ou pronunciar).

Foto: Tanto ten.

23 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Era unha asignatura pendente que o río que ten en Antas o seu berce, que da nome a este concello e incluso a toda a comarca (A Ulloa), tivera un posteo exclusivo.
Abrázanos, réganos, debúxanos e matiza a nosa paisaxe de xeito determinante. Nace mansiño nas fontes de Olveda, discorre intenso e vitalista polas fragas do Corgo, medra brioso polo val da Pontemercé e amósase cantarín e brincadeiro na despedida por Frádegas cara as torrentes de Mácara...
Para nós é simplemente "O Río" neste país dos mil ríos.
Aquí todos os camiños conducen a él. Para mostra o botonciño da imaxe.

Blogboreta dixo...

O Ulla é marabilloso.

Non hai máis que engadir.

Bicos cheos de tixeretas.

zeltia dixo...

faise máis verdade ca nunca aquilo de que todos os camiños conducen... ao río ulla.
e bastantes km. máis alá de Antas, dirección ao mar, teño que atravesalo eu por POnte Ulla, cara o sitio onde nacín; vai cheíño, silente, maduro.

Carlosm dixo...

Véchese co peito completo no carinho pola tua terra.No que dizes e tamben e como o dizes.Nom descubro nada novo bem sei mas gostei e disfrutei.A image moi acaida sim.Saudos.Carlosm

Raposo dixo...

Esto lémbrame un posteo que puxen eu no 2008:
http://poemasdacova.blogspot.com.es/2008/09/proba-definitiva.html
Viña a falar do mesmo: a demostración de que, tanto en Antas como en Sober, terra é redonda.

Marisa dixo...

O foráneo que vexa ese letreiro
rascará nos miolos para entendelo,
a Ulloa é unha terra privilexiada,
descansa abrazada polas fértiles
augas do Ulla.

Bicos dende as terras do Lérez.

Dilaida dixo...

Anxo Angueira en Terra de Iria di "Desde as antas do corazón de Galicia ata as Torres de
Oeste onde se arrecende o salseiro do mar da Arousa,
desde a Ulloa dos castelos e das donas pintadas no ousodo
Vilar ata as escovellas sen fondo das nosas brañas,
por fervenzas, pazos e mosteiros abaixo, velaquí o Ulla,
o más grande mar dos nosos cativos regatos".
Sen dúbida é o río que máis serviu de inspiración aos poetas , entre eles a mesma Rosalía.
Hai quen di que o noso Miño é o pai de Galicia e o voso Ulla é o padriño.
Bicos

Aldabra dixo...

unha bonita homenaxe...

o que me provoca esta entrada é o razoamento de que para chegar a un lugar non hai un só camiño, hai moitos camiños e todos son bós e válidos...

tamén é verdade que moitos destes camiños tócanse nun punto o en varios.

¡¡ Un aturuxo polo Ulla!!

biquiños,

Ginebra dixo...

Bueno, y el vistante que llegue por primera vez, ¿qué dirección de las dos debe tomar???
Bicos con algo de lío

susana moo dixo...

jaja, a min paréceme moi galego, deses que non se saben se suben se baixan se van á dereita ou a esquerda.
Moi enxebres os ulláns.

E, sin que sirva para cortar o bo rolliño: de contaminación, como anda?

rula dixo...

E que o mundo é Redondo Chousiña!!!

Antón de Muros dixo...

Unha boa historia necesita ter un río emblemático como paisaxe ;-)

Apertas.

Antón.

mfc dixo...

Esse é um rio mítico que nos permite sempre imensas aventuras!

paideleo dixo...

Gustoume o das cicatrices de alquitrán. Daquela os ríos serían venas de vida e o Ulla é un magnífico río que merece este posteo e ata un blogo enteiro.

A nena do paraugas dixo...

E que sería dunha aldea, dunha vila ou dunha cidade galega sen a súa corrente de auga? Aínda que para chegar a ela haxa que decidir cal dos dous camiños se colle... Ao río sempre se chega.

mariola dixo...

Presumir do río, da nosa terra, dos nosos recursos... da forza da auga doce, mansa, brincadeira, salvaxe, que rega os nosos campos e tamén o noso corazón.
un bico.

mariajesusparadela dixo...

Xa sabía eu que alguén se ía enterar de que o mundo era redondo...pero non sei si se chegará en oitenta días.

xenevra dixo...

Por calquera carreiro, por calquera vía; porque o importante é o camiño, gozalo en cada momento dende todos os sentidos, e irmos medrando nel para así sabermos, ao chegar ao Ulla, que pagou a pena telo feito!!

Merce dixo...

Vaia!!! si que chegou a primavera a tua casiña, e con forza :) un cambio de imaxe totalmente primaveral :)

Estou segura de que ise rio ha de ter algunha fervenciña ou algun recuncho digno de fotografiar (e se desta o Barreira no se manifesta, que se chinche -por non dicir outra cousa jejejeje)

Bicos a moreasssssssssss

Chousa da Alcandra dixo...

Todos os camiños conducen cara o Ulla en Antas.
Ademáis, tampouco teñades medo a perdervos aqui. É un bo sitio para elo!

Kim Basinguer dixo...

Parece que o noso goberno só coñece un camiño: A distancia cada vez maior de ricos e pobres...

David Mayer dixo...

Hace solo unos dias fotografié ese mismo cartel... dando un paseo mientras me alojaba en "a casa das Bestas" o algo asi... no se como llegue a este blog, pero el mundo es un pañuelo. Saudos.

Chousa da Alcandra dixo...

En ocasións, un pano bonito; non si David?. A Parada das Bestas é unha magnífica elección para deterse tamén os humanos.