E cando a luz abre en canal a realidade nada minimiza as intensidades nin acouga salaios. Todo o contrario. As arritmias toman cariz de normalidade e o corazón multiplícase en sístoles de xenerosidade para dar resposta a tanta demanda.
As pálpebras bagoan e non aturan; pero aturan e bagoan.
Namentras , na retina, un millón de mensaxes van e veñen en puro desenfreno demostrativo da batalla que dentro dos miolos se está librando.
Foto: Abril tamén.
19 comentarios:
Chegou a cor.
Canta emoción ;-)
Apertas.
Antón.
e o capullo reventou con toda a súa intensidade e converteuse nunha fermosa rosa bermella.
peor non sucede igual con todos os capullos, algúns no logran saír e quédanse convertidos en capullos para sempre.
pasa ata nas mellores familias, dígocho eu.
algúns ata chegan a ser políticos ¿cómo te quedas?
biquiños,
En cores, Chousa. asím me gosta a min atopar a chousa, libando en tecnicolor.
Eu estiven a buscar no Internet unha poesía que recordo pero se me resite dun caracol libador. É a poesía, recórdoo ben, de Alina Reyes, mais sinto moito pesar de non tela atopado. Mais aquí deixo a idea e mais a intención.
Que ben debía traballar a que estaba a libar hai unhas xornadas!. Mira que coloradiña a deixou.
Bicos
Tamben são da opinión que en cores moito melhor.Quen quer librar de libar?.Saudos.Carlosm
"E cando a luz abre en canal a realidade..." xorden as batallas que colorean o corazón poñendo rubio ata o máis fondo dos suspiros.
Gostei da rosa literaria que medra en oposición a Elliot ou a Sabina ;))
Gosto da cor... sobretudo neste dia!
Aproveita bem também estes dias que o calendário nos permite para um descanso merecido.
Por un momento pensei que cambiaras o posteo de " Libando ".
Abril é así: con sol e con chuvia, en BN ou a cores. Hai que ilo levando.
Abril chega cargado de emocións
e colorido,ninguén queda insensible
cando brota da terra tanta beleza.
Un bico
Xogas coas palabras igual que un neno con un xoguete.
A foto en color queda moi bonita pero a anterior tamen e moi chula.
Bicos
_♥♥_♥♥
_♥♥___♥♥
_♥♥___♥♥_________♥♥♥♥
_♥♥___♥♥_______♥♥___♥♥♥♥
_♥♥__♥♥_______♥___♥♥___♥♥
__♥♥__♥______♥__♥♥__♥♥♥__♥♥
___♥♥__♥____♥__♥♥_____♥♥__♥_____
____♥♥_♥♥__♥♥_♥♥________♥♥
____♥♥___♥♥__♥♥
___♥___________♥
__♥_____________♥
_♥____♥_____♥____♥
_♥____/___@_____♥
_♥______/♥__/___♥
___♥_____W_____♥
_____♥♥_____♥♥
_______♥♥♥♥♥
Passei para desejar uma Santa e feliz Páscoa. Que o espirito da Páscoa perdure em toda a humanidade, para que se construa um mundo mais justo.
Abraço
Excelente conbinacion de imagenes y palabras. Habra trilogia?
A de A
Non fico desacougada, non. Xogar coas cores e os estados de ánimo. Xogar coa dozura do branco para permanecer en calma; xogar con este roxo carmesí para acelerar as ansias e o noso corazón...
Estar alerta a tanta cor e a tantas emocións, librando as batallas que temos nos miolos, com ben dis.
Nin unha flor nin outra desmerecen.
bicos de todas as cores.
Boa lección. Unha letra sola, a coloración ou non, canta cousa cambia.Pero nos dous textos hai muita artillería.
Aviso para todas as colmeas: anuncian fortes treboadas para os vindeiros días. E fai falla que chova, si; pero no chan. Así que todo aquel (abella ou abellón) que non teña paraugas debería absterse de sacar a bicicleta estes días. So pena de resfriado asegurado.
Aviso dado. De nada.
ves? o que che dicia!
Elvira: Ti sí que estás ben artística con ese coelliño debuxado e tamén moi atinada nos desexos. Obrigado sempre pola túa visita.
Mariola: Tés razón; ningunha flor desmereza nunca. Por iso me sinto eu tan atraído por elas. Terei algo de abella ou abellón? Qui lo sá!!
A de A: De momento é unha "biloxía" que xa é moito pedir para un ácrata da escrita coma min.
Zeltia: Xa era hora de barrer algo, non che parece?. Procurarei resistir á primavera logo. Imos ver se o obxectivo se logra.
Trasno: Por moi poquiña cousa todo pode mudar moito, si. Por iso hai que fiar sempre moi finiño para lograr encaixar a vida con xeito :-)
Marisa: E ti, que tés ese don especial para velo...pois con moita máis forza aínda. Agora que o ceo siga regando a primavera para que continúe con forza cromática.
Paideleo: Ti ben sabes que me gusta xogar coas letras, así que permitinme esa pequeniña licenza. Imos ver se abril agroma con intensidade nos campos tamén.
mfc: Ao peíño da letra che vou facer caso. Aproveitar os días de lecer para recargar pilas e baterías é moi necesario!
Xenevra: Carallo!! ti sí que te puxeches literaria e con bo xeito!!. Pois que sigan rubeando os suspiros mentras a luz abre en canal as realidades...
A.C.: Hai que xogar. A vida é un xogo, aínda que Calderón dixera que era un soño. Xoguemos e soñemos, que o recreo e mailo despertar pode chegar sin aviso previo!!
Carlosm: Pilláchelo eh?. Eu penso que todo quisque ten ganas de libar. As abellas por necesidade e o resto da bichería por puro disfrute. Que siga a explosión de cores!
Dilaida: Era unha artista!!!. Pero mira ti que ben lle respostou a flor, vestíndose coas súas mellores galas e recendos. Caso claro de mutualismo.
Susana Moo: Xa sabía eu que che ía gostar a cor!!. E busquei ese poemos ao que aludes, pero tampouco tiven éxito. Seguirei buscando amodiño, coma un caracol...
Aldabra: Ten que haber de todas as clases (de capullos), para poder valoar axeitadamente aqueles que son bos. Xa falara eu deste tema algunha vez, non si?
Antón de Muros: E chegou, si. Tiña que chegar. Víase vir...á que si?
;-)
Publicar un comentario