luns, 2 de xuño de 2008

Agolada

As ducias de obxectivos fotográficos que captaron miles de imaxes en Agolada o pasado sábado non son nadiña comparadas coas gratísimas sensacións que vivimos nesa xornada lúdica, emocionante e moi enriquecedora.
Agolada ten un patrimonio de incalculable valor etnográfico configurado polo entorno dos Pendellos e unha paisaxe absolutamente emocionante arredor do Arnego; pero o día 31 tamén confirmamos que o patrimonio máis valioso sodes vos mesmos, os aqualatenses que soupestes poñer en valor coa erudición do saber, perfectamente aderezada coa paixón do amor polo voso pobo. Graciñas a todos e a todas.
Foi un pracer coñecer aos blogueiros e blogueiras que compartiron a experiencia (a mesa e o mantel e tamén os sudores no sobreiral).
E do mesmo xeito que tratamos, non sin dificultade, escoller unha imaxe do día; eu quero reseñar un intre máxico: escoitar a Xosé Vázquez Pintor recitando os seus propios versos no sobreiral do Arnego. Un absoluto privilexio.

Foto: "Auga captada"

26 comentarios:

chimeneaverde dixo...

me alegro de que lo disfrutáseis, saludos.

Mar e Lúa dixo...

Que envexa! A min xa me tería gustado poder ir! Seguro que o pasastes xenial e ristes un montón... A ver se nos contades algunha anécdota máis.

Apertas!

Ana dixo...

Que envexa me dáis todos,eu que non pude ir,e agora vexo os posts e me mordo por dentro.
A ver se a proxima podo ir.
Alegrome por todos vós.

Bicos

busto.agolada dixo...

Grazas, amigo Chousa, por estas palabras de loanza polo noso labor. Indubidablemente non escatimamos esforzos por facer as cousas da mellor maneira que sabemos. Non sempre acertamos, pero intentámolo. É difícil facer algo a gusto de todos sen embargo, nesta ocasión parece que todos coincidides en afirmar que foi un día especial, intenso e feliz. Con iso sentímonos absolutamente recompensados. Todo o que podemos dicir resúmese na palabra GRAZAS. Pola vosa presenza, ánimo, alegría, simpatía e a rica aportación da vosa palabra. Nós fomos igualmente felices e aínda o somos na lembranza.
Mil apertas.

Paquito de Penas dixo...

Ler estas cousas perxudica seriamente a minha saúde :-)
A distancia, en pleno século XXI aínda non deixa de ser un grande estorbo físico. Tamén é certo que ninguén me pode roubar a libertade soñar e voar por acima do río Arnego e os sobrerais ou mesmo escoitar o lene cantar do amigo Pintor.

Pitima dixo...

Noraboa a todos os premiados...
Bicos. Eu non puiden. Outra vez será.

Cuspedepita dixo...

Foi un pracer para min conversar unha vez máis contigo(anque sempre o tempo pasa moi axiña ) e facernos rabiar mutuamente, tamén coma sempre ;-)
Creo que anque estiveramos as 24 horas xuntos nunca nos faltaría de que falar nin habería entre nos incómodos silenzos.

Unha aperta moi agarimosa para ti e os teus.

bagoas insomnes dixo...

jeje!
si cuspedepita, me botei unhas boas risas, mentras te metías co Chousa no autobús!
Que ten , que terá este Chousa, que tennos as muñeres nun insomnio constante a espera dos seus post e verbas!
jejeje
A verdá e que crea espectación o bendito, e para min foi un honor coñecelo!


non, tes razón, non habería moito silenzo entre nos, ai, co faladoriños que somos todos!
jiji

por certo socios, xa ando a traballar ca web fillos de galicia dende a miña Aula de Dinamización en Castrelo de miño, e este encantando aos meus alumnos, xa vos irei contando!
E os que non viñechedes, dicirvos, que non podedes faltar a vindira xuntanza!

Vémonos!

Anónimo dixo...

pois si, realmente foi moi emotivo, o verso, o vervos, o escoitarvos

Quedaron moitas cousas que ver, e que escoitar.

E para eso seguirémosvos lendo.

juanjo

Anónimo dixo...

foi mágoa ho, non podermos falar un chisco máis. Coido que co teu senso do humor teriamos botado unhas gargalladas boas. humor inglés? Non ho, humor antés!


juanjo

paideleo dixo...

Foi un verdadeiro pracer coñecerte en persoa ( gañaches xuventude ) e sentir ese impulso involuntario teu cando miraches ao Leíño en persoa e dixeches que non o crías, de tan afeito que estás a miralo a través dunha pantalla.
Conserva ese humor e segue escribindo sempre.

d´Agolada dixo...

A verdade é que o pasamos moi ben, eu xa te coñecía de antes, pero coñecer ó resto dos blogueiros foi toda unha experiencia.
E as fotos miñas polas que me preguntabas, resulta que a entrada non estaba acabada, faltábanlle as fotos e a metade do texto, vai agora, xa verás que diferencia.
Por certo, se me fas o favor, mándame aquela foto que me sacaches ó final na que saía eu ou se tes algunha boa na que salga eu ou asbeirasdoarnego envíama, se queres pásoche eu tamén algunha. Unha aperta.
Velaquí tes o meu enderezo:
dautrera49@gmail.com

asbeirasdoarnego dixo...

Vexo que che gustou Chousa, aínda que ti xa o coñecías, polo menos a gran parte. Pero , polo que vexo repetirías. Tes razón nada, non hai foto que describa as sensacións. Un Saúdo Luis

Anónimo dixo...

Xa temos cousas en común, ser blogueiros e blogueiras, e compartir as sensacións e imaxes que nos deixou a xornada dese domingo 31 de maio, inesquecible, en Agolada. Apertas, saúdos, saúde e felicidade. Ata a próxima.

http://www.blogoteca.com/vicentemontoto/index.php

Vicente Montoto, autobiografía.

bagoas insomnes dixo...

UI, E EU PREJUNTOME, UN CAN DE AGOLADA, UN GATO DAS BEIRAS DO ARNEGO,
UF!

AQUÍ AI LIORTA SEJURO!
JEJEEJ

Zeltia dixo...

si, si, vos moito ay que riquiños sodes canto vos quero como me gustades´, e que simpático é o chousa, e bla bla bla
xa me gustaría ver o que deciades se esstuverades xuntos... poño... un mes! (e que eu era das que vía Gran Hermano, jejeje)
bueno ho, pois terei que ir para a próxima, a ver lojo que é o que lle da oChousa as donas... se será feitizo dabondo para as mulleres maduras (para caíres da pola, xa) coma min.

:-)

Un bico, e o único que me fai falar así e a envexa, que disque é moi mala. ;-)

Rifo I de Zeuquirne dixo...

¡Ai que envexa me dades tod@s!
Canto me houbera gustado coñecervos, espero poder facelo na próxima.
Chousa, tes razón, teño que dar a explicación prometida do meu nome, a ver se hoxe teño tempo, e que ando cos exames.
Apertas.

Rifo I de Zeuquirne dixo...

Xa está, xa colguei o post domeu nome.
Apertas.

Chousa da Alcandra dixo...

Ai ai ai, que me ides derramar...

irene dixo...

Por lo que veo lo pasásteis estupendamente en la Xuntanza de blogueiros de Agolada, debe ser un lugar precioso, ¡qué envidia!
Bicos.

Cuspedepita dixo...

Non imos dicir aquí o segredo de Chousa, que non queremos romper o feitizo, pero Bágoas Insomnes e eu xa andivemos argallando unha teoría o outro día no autobús ;-)
Calquera día escribimos un ensaio sobre o tema...

bagoas insomnes dixo...

Pois eu estiven a ensinar os vosos blos aos meus alumnos de 60 e 70 e tantos, e son xa un éxito, a ver cando se animan a deixarvos un comentario. Por certo os meus homiños din por aquí que isto dos bloges os carga o demo, que isto vai ser ao longo malo pa castrelo, que se vai a engachar todo o mundo e q a romper aljun matrimonio, jejeje!

Por certo, laura, unha mulleriña de 73 anos, xa nam0orou do chousa!
ai mi madriña!
este chousa, con tanta fror delicada e o seu ollar, volvenos tolas!
Cuspe, temos que peñernos xa a facer un estudio do fenómeno Chousa!

Suso Lista dixo...

Foi unha pena non poder ir, pero non teño, como Dios o don da ubicuidade. Hai que ir pensando xa na seguinte xuntanza.

CUCO DE PAMBRE dixo...

"Auga captada".Moitas veces penso que o meu afán por usar a cámara non deixa de ser un inútil intento de conservar ao meu lado a persoa querida, o lugar que che fascina, o instante marabilloso. Pero logo de dar ao pulsador xa é pasado. Pensando no pasado e proxectado no futuro, non vives o presente. Os que estivemos á beira da fonte o pasado sábado respiramos o cheiro da pedra mollada, palpamos a frescura da auga,... Hai moitas fotografías da Xuntanza, pero o mellor son os sentimentos que aparecen xenerosamente reflectidos nas bitácoras. Como dicía pola tarde isto non facía máis que comezar… Espero que dure.
Como ben di Busto o cuco pon os ovos nos niños doutras aves, pero grazas ao voso empeño pronto teremos unha nova especie "cuculus canorus con niño propio". A verdade é que teño que confesarche que quero ter blog propio para deixar o hábito negro de cuadxutor, e figurar nas listas como "purpurado" igual que ti.
E unha vez que vou ter cubil propio, como Pambre queda moi preto de Antas, irei ver a Chousa da Alcandra por se tes un bo carballo para facer un niño, ao que acudir aqueles días nos que un ten necesidade de estar con boa xente.
Unha aperta.

aopedofarelo dixo...

Nada mais que engadir.......esta todo dito, so que en Agolada, o gato e o can do Arnego, en lugar que botarse unha liorta, vanse a pasear, para sacar unhas fotos para os seus blogs.....
Bicos grandes virtuales para todos.

Kim Basinguer dixo...

Que envexa.Me houbera gustado coñecervos.
Buaaaaa!!!!!