martes, 27 de maio de 2008

Garbo

Resulta imposible imaxinar un país sin funcionarios.
Nada funcionaría. Os nenos non aprenderían a ler, non teríamos sanitarios atentos á nosa saúde, non se administraría xustiza, non se recadarían impostos, non habería orde público, ninguén vixiaría aos presos, non se xestionarían as pensións...
A sociedade en xeneral apuntálase na existencia dos funcionarios. Debo engadir que o meu propio círculo de amistades e familiar quedaría drasticamente mermado se decretasen a extinción da "raza" funcionarial.
O carallo é que algúns destes consideran que, despois da durísima oposición que pasaron fai tres quinquenios e das inhumanas probas que supuxeron as promocións internas superadas, xa cumpliron o seu cometido laboral. Estes son os que, cando te achegas ao seu centro de traballo, mírante con garbo e altanería. Tamén son os culpables de que a todos se lles colgue o sambenito de perguiceiros, ineficaces e totalmente prescindibles.

Foto: Marela. A vaca funcionaria do Anxeliño

28 comentarios:

Ana dixo...

Jeje...pois eu non vou a comentar moito,sempre tocanme "esos",e non vexas as voltas que me faien dar...
Pra non falar da simpatia de moitos deles...

Un bico

Rifo I de Zeuquirne dixo...

Pois eu douche a razón, xa sabemos que en todos os sitios hai xente, e xente...
Pero penso que a maioría son xente entregada ó seu traballo, seino ben porque convivo con un que se adica a ensinanza e dou fe do motísimo que traballa.
Apertas.

quenindiola dixo...

Gustaríame dicir que os mestres e profesores son quizais o gremio que máis respecto, salvo noxentas excepcións, claro. Por funcionarios apoltronados teño outra idea, non precisamente o médico entregado ou o profesor involucrado. Por suposto que hai de todo, pero amólame que esta xente conserve o seu "título" de funcionario para sempre a pesar de que non mova o cu cando un contribuinte o necesita.

Carlosm dixo...

Hai moito deso, si. Como tamen hai enredadeiras que suben polos carballos e acaban por secalos. E non ten doada solucion xa que na maior parte dos casos teñen aos politicos (que normalmente tamen son funcionarios en excedencia) collidos polos c...
Carlosm

Anónimo dixo...

Algunos funcionarios tamen cumplimos co noso traballo.Vagos hainos en todos lados e en todos os gremios

Mariola dixo...

Uh! Comezan a mandarche anónimos Chousa.

A ver con que gremios te metes, colega.

A Conxurada dixo...

Xustamente onte falaba cunha opositora, que dicía que unha vez sacada a oposición tiña pensado non facer nada o resto da súa vida....eu, persoalmente non entendo á xente así.

beijinhos doces e lindos.

Veca dixo...

Bueno, eu como sabes, traballo na pública, pero aínda non son funcionaria. Cabreame bastante que haxa xente que se comporte así (os funcionarios son privilexiados porque teñen un traballo para toda a vida, pero hai cousas que non se lles debería pasar. Que é iso de chegar a traballar media hora despois do previsto, ou saír ao café 1 hora, ou rañarse a barriga toda a mañá? Habería que expedientar a máis funcionarios, man dura, que teñen unha serie de privilexios que teñen que coidar).

vermella dixo...

Acabo de lembrar un chiste,hai vai:

Un sicólogo está a facer unha entrevista de traballo e comenza pedindolle o primeiro candidato que conte dez:
dez.nove,ioto,sete..........
pero como conta ao revés? pregúntalle,
e que o meu anterior traballo era na Nasa.
o seguinte candidato, conta:un,tres,cinco,sete.....
o sicólogo volve a preguntar que maneira e esa de contar,
o home di que antes era carteiro.
Xa deseperado cando entra o último pregúntalle: a que se adicaba antes?
eu era funcionario.
entón seguro que sabe contar ata dez.
claro:un,dous,tres,catro,cinco,seis,sete,sota,cabalo e rei.

bicos para todos os funcionarios de boa vontade.

HADEX dixo...

Contoume un amigo hai pouco que no reino Unido o funcionariado depende do seu traballo, e da súa actitude (ademais de aptitude) para conservar o seu posto. E dice que aló todos os funcionarios son amabilísimos e moi laboriosos xa que se arriscan a perder o seu posto.
Vagos hainos en todas partes. Só que a uns bótannos e a outros non.
Bicos Chousa

Cuspedepita dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Maitechu dixo...

Aiiiii tema espinoso donde los haya!!!. Sin duda que hay de to, como en la viña del Señor; pero es bien cierto que una buena parte de ellos se creen los dueños del mundo y solo se preocupan de sus derechos laborales y poco piensan en las obligaciones para con los ciudadanos.
Has metido el dedito en la llaga Chousa. Espero que no tengas que ir a curártelo estos dias al Sergas ;-)

Pitima dixo...

É curioso a cantidade de funcionarios ou traballadores públicos (jejejeje), que escreben en internet, e teñen blogs, e se queixan, e comentan noutros blogs... aissssss.
E que che vou contar eu que tí non sepas...
Tinoninoní... tinoninoní... tinoninoní..
Téñote que deixar que me soa o teléfono... jajajaja.
Bicos públicos.

chimeneaverde dixo...

saludos de una futura (eso espero) funcionaria adicta al trabajo, porque toda regla tiene su excepción.

asbeirasdoarnego dixo...

Si home si seguramente ata os funcionarios estes antipáticos que che marean, os votariamos de menos. Bueno un Saúdo, ata o sábado

paideleo dixo...

Que gran verdade dixeches !.

Paquito de Penas dixo...

Non deixa de ser curioso que o único funcionario que comentou algo, fixoo como anónimo, escudandose no seu honor e posteando as 10:41. Vamos na hora do bocadillo, jeje

Alejandro dixo...

Alguns funcionarios non funcionan

Saludos

Pau dixo...

Pois eu son de que fan unha labor coma outra, pero para evitar todo este tipo de xente ineficaz e preguiceira que tanto pulula pola administración, creo que se debería de aplicar certas medidas como as que todos os que traballamos no sector privado temos que cumplir. Traballo e obxectivos.

d´Agolada dixo...

Eu non che sei se o país funcionaría mellor sen funcionarios jeje bonita foto, vémonos máñá na xuntanza.

elvira carvalho dixo...

Pois eu penso que na função pública, como em todas as outras profissões há bons e maus trabalhadores. Há competentes e incompetentes.
Um abraço e bom fim de semana

Zeltia dixo...

Pois logo non falarei eu da xente altanera que chega a calquera sitio na administración e xa vai decindolle por diante coa sua actitude: "o teu sueldo pájocho eu!" Pode que se estivesedes algun de vos bastantes anos co sorriso posto aguantando impertinencias, explicandolle a alguén que porque él o queira non pode ser así -das normas administrativas non teñen culpa os funcionarios- opinarades diferente. Polo menos respectar o principio da inocencia ata que se demostre o contrario! que un se di que e funcionario casi ten que pidir perdón!.
Menos mal que vai por as veces que te sentes ben cando cunha implicación personal consigues "arreglarlle" o asunto a xente que xa ben de dar mil voltas, ou cando hai xente que che di: inda bo é que hai xente que che alegra a mañan decindoche algo bonito, cando non é unha caixiña de bombóns que xa sobran as palabras.
Moitas veces confundese o mal funcionamiento dun departamento de determinada administración secadra pola mala organización "que ven de arriba" coa abulia que chega a dominar no funcionariado cando tropeza unha e outra vez con normas absurdas que se prolongan dende hai moitisimos anos, e fronte as que tes a mans atadas...
A ver se coa nova lei do ano pasado que afecta a función pública se pode subsanar alguns defectos... pero nas organización verticais pouco se pode facer, as normas son cuadriculadas e non distinguen grises: ou és nejro ou es blanco e senon que carallo´es... pois non sei, preguntalle ó xefe, que di aplicalle a norma. que para eso están.
bueh, e igual, como di o refrán "cria fama y echate a dormir", ou mellor ainda coma o chiste ese do que muxía a vaca
Nin quero ler o que puxen, porque estou ca bilirrubina subida.
eh, pasa ruuuuuubia tch tch tch!!!!!

Cuspedepita dixo...

Só quero aclarar que o comentario borrado aí enriba era meu e que o borrei eu e non Chousa de Alcandra.

Victor da Barrela (alias Barreira) dixo...

Non vos tedes fixado que o que fai "funcionar" todos eses importantisimos eslabons que nos comenta Chousa e, precisamente, "El Funcionario" (expresión de contido similar á admitida "El Rey").
É dicir, aquel que leva adiante todo o traballo necesario para que todo funcione minimamente ben, de sol a sol e en gran medida desinteresadamente, mentres outros "tropecentos" continúan dandolle tareas e cometidos para facer coa sua dilixencia xa característica entre todos os seus "compañeiros". Trátase, como non, de aprender do traballo ben feito.
¿Non vos parece que é un bon profesor "El Funcionario", ó ter que formar a unha clase tan retorcida?

busto.agolada dixo...

Chousa sabe que eu son funcionario e aquí o deixo expresado. E ao meu amigo Paquito de Penas tamén lle advirto que estou escribindo en horario laboral (moi especial o horario que me tocou os luns deste ano). Creo que non teño nada que xustificar senón refrendar as palabras de Chousa, que desde a miña óptica afectan a unha parte importante pero non maioritaria do funcionariado.
No eido da educación, do que podo falar porque o coñezo ben, con vintenove anos de profesión, teño que dicir que predominan os que saben cumplir coa misión tan importante que a sociedade lles enconmendou. E por suposto que coñecín compañeiros que incompetentes, ineptos, desaprensivos, vagos, desagradecidos... Non lles vou poñer nomes.
De min poderedes saber polos veciños de Novela(Santiso), polos de Carnoedo (Sada), polos de Oleiros (A Coruña), polos de Dumbría (A Coruña), polos de Dozón e polos de Lalín (Pontevedra). Autodefenderse neste caso considero que é inútil.
Tamén vos hei dicir que non hai profesión máis arriscada que a do ensino: todos os alumnos son ollos espectantes, escrutadores, diseccionadores e que ollan con lupa macroscópica e microscópica os nosos movementos, palabras, indumentaria, xestos... Estamos expostos ante o público coa ollada máis crítica de todo o país.
Dicía Cralos Casares que encontrara despois dunha conferencia súa cunha ex-alumna que tivera en Viana do Bolo, bastantes anos despois de ser profesor no instituto daquela localidade. Ao rematar a conferencia a alumna déuselle a coñecer e estiveron falando un bo anaco. Ela comentoulle a graza que lles facía a varias compañeiras uns zapatos moi orixinais que o profesor e escritor gastaba naquela época. Polo que Carlos Casares concluía nun daqueles fermosos artigos que publicaba en A Marxe (La Voz de Galicia) que os porfesores estamos permanentemente expostos e non hai funcionarios mellor vixiados.
Gustoume o conto de Vermella.
Apertas, Chousa. Tardei, pero agora alongueime, non sei se para ben ou para mal.
Aínda estou subido na nube da Xuntanza.

A zanfonista dixo...

Que razón tes. A verdade e que me gustou moito coñecerte en persoa. Bicos.

Chousa da Alcandra dixo...

Bicos para todas as funcionarias (incluida a que me suscitou escribir este post, e que seguro que xamáis leerá) e calurosos apretóns de mans para os funcionarios. Unhas e outros, sempre con bo corazón e mellores intencións. Eso, si (carallo!); despois do meu bico...poñédevos a traballar!!!!!

Zeltia dixo...

acabo de leer ahora con detenimiento los comentarios de los demás, y me reí mucho con el chiste de Vermella.
É boísimo.

:-)