domingo, 4 de maio de 2008

Propiedade

Por máis que nos ensalcemos como defensores do ben tribal e da nosa colectividade, queda clariño que "somos o que facemos" (o que comemos axúdanos a seguir sendo).
Ainda que se postulen defensas a ultranza do ben común, o postulante acaba por poñerlle alambradas ó monte, valos á leira e setos á aira.
Con estes vimbios construimos o cesto da nosa exigua propiedade fincable, sin alporizar tan siquera o máis mínimo sentido do ridículo.

Foto: O carballo: un membro máis da unidade familiar.

32 comentarios:

elvira carvalho dixo...

Ridículo mesmo.
Bom Domingo.
Um abraço

Marinha de Allegue dixo...

Unha atrocidade!!. Preto da minha casa había un caso semellante que finalmente despois de acorralala árbore despedazárona sen piedade...

Unha aperta.
:)

Mariola dixo...

Non creo que nos ensalcemos xa como "defensores do ben tribal", Chousiña. O devir propio da colectividade é o individuo illado ata ó máis inquedante extremo, agás daquelas actividades das que ou para as que precisemos inevitablemente aos demais.

E digo "inevitablemente" porque creo que de poder sermos autosuficientes para alimentarnos e para reproducirnos, non teriamos contato con outros.

Non sei se creo ou intúo, máis ben, que o individualismo, o propio interés por enriba do da tribo será o que nos aniquile, porque sen o colectivo, somos vulnerables en grao superlativo, crendo o contrario.

O "ben común" é unha mentira derivado do Estado do Benestar, da Democracia.

O "ben común" é a represión imposta dende fóra do noso instinto de supervivencia, da nosa liberdade como individuo para ser egoístas (que está feo, copón!).

Poñer valados ao monte, construir casetos atrapando árbores, ordenar os caixóns, gardar cousas en caixas, etiquetar as nosas emocións... Son formas ilusorias de dar orde ao noso caos interior.

Queremos POSUÍR para poder darnos esperanza de continuidade, de inmortalidade, de PODER.

Coitados de nós.

Beijos libres.

Anónimo dixo...

E se hai que facerlle un cortello ó carballo fáiselle
Somos a hostia

Anónimo dixo...

Gacias por contarnos + sobre o gatiño SILVA!!! Que bonita historia. Espero que pronto o teñas na casa. Salvacheslle a vida.

Do arbol encerrado non sei que decir. Pareceme increible que a xente faga esas coisas. Tanto apego a la propiedade material no es bueno.
Un bico

Ana

O Raposo dixo...

Mira que lle facemos perrerías as árbores, pero acotalas o milímetro con uralita eso xa é mala hostia e de moi mal gusto.
Apertas.

Pitima dixo...

É ridículo sí. Pero alomenos non sacaron de motoserra e cortaron o becho... jajaja. Ten algo de respeto ó medio ambiente, e claro que sí, seguro que o carballo é millor compañeiro que algúns humanos.. jejeje.
Gracias por contar a historia de Silva.., quedárame preocupada de non ver a nai cerca. ¿Cómo vai?. ¿Tan pequeniña poidestes sacala diante?
Espero que publiques alguna fotiño máis cando sexa un lindo gatiño...
Bicos para tí... (agora son da túa propiedade, administra amodiño...)

Pitima dixo...

Xa vin con calma que sí, que Silva ten nai adoptiva... ¡qué sorte!

Adiviño que será femia... ¿qué será será?
Máis bicos.

Veca dixo...

A veces penso se só encontramos en Galicia instantáneas como estas ou se é algo xeneralizado.....

Cris dixo...

Pero qué barbaridad!!! no se que decir... es que todo se me queda algo corto...ridículo, absurdo... no lo comprendo, hay cosas que de verdad que no entiendo...
Veca, no se si es generalizado... abriré mas los ojos aun por si veo algo así...

d´Agolada dixo...

Moi boa a foto, tes razón, o ser humano trata por todos os medios de protexer a súa propiedade con todo tipo de muros, menos mal que a natureza non se doblega tan facilmente. Perdoa por non terche enviado a foto, pero é que non sei que fixen con ela, debe de estar perdida no medio doutras fotos ou non sei que pasaría con ela, en canto a atope xa che aviso. unha aperta.

Carlosm dixo...

Cousas como a que comentas nesta foto demostran que resulta mais ajeitado investir en educacion que en subvencions para palleiras.
Antigamente con menso recursos eran capaces de ter un sentido da estética e hoxe ben se ve. Asi nos loce o pelo

Carlos

Ad astra per aspera dixo...

meu deus, non sei que dicir, de verdade

Manel Vázquez dixo...

ogallá a árbore teña tempo suficiente para marcar o seu sitio.

Anónimo dixo...

solo cabe un comentario: manda carallo

vermella dixo...

sorte que é máis doado ver un carballo metido na súa fraga que ver unha chabola arredor dun carballo.
bicos.

A lareira de Santiso dixo...

e o cesto do que falas, chousa, deixa pasar a auga e máis as ideas... á vista está
apertas

busto.agolada dixo...

Algo ten que haber na forma de sermos os galegos para que estes disparates se repitan por toda a nosa xeografía.
Unha aperta.

Jesuz Lin dixo...

Jezulin lo resumiría en dos palabras: IM-PREZIONANTE 8-)

Pau dixo...

Quen pode negar que cada un de nos quere un anaquiño de esta terra

HADEX dixo...

Pero a forza da natureza sempre será maior....

irene dixo...

Divertida foto. Aquí el problema es saber si al dueño del árbol le pertenece la casa, o al dueño de la casa le pertenece el árbol.
¡Pobriño árbol! no le dejan crecer en paz.
Bicos.

Paquito de Penas dixo...

Galicia, sitio distinto. O sentido da propiedade de moita xente é vergoñento. Se foran conscientes do tesouro que teñen debaixo dos pés serían moito máis ditosos.
Saúde e terra que te criou.

Anónimo dixo...

Un concepto ben errado do que e a Natureza.
Boas fotos

paideleo dixo...

O paisano que fixo isto non as pensa. O día de mañán vén un aire e tira co carballo enriba do gharigholo e alá queda el sen nada.

Creo que te vou coñecer doadamente na xuntanza.

zeltia dixo...

¿podo usar a tua fotografía do carballo encarcelado para a colección de "idiosincrasia urbanística galega"? (sería para colgala nun foro e diria que ven do teu blog, claro)

Chousa da Alcandra dixo...

Si, Zeltia. O carballo encarcelado é teu. Xa me contarás.

Zeltia dixo...

Xa che puxen un email :)

sara jess dixo...

o que tal das de si... quero dicir, de ti

asbeirasdoarnego dixo...

Por moito que tal contra a natureza non se pode loitar, nadie ten máis forza ca ela. Por certo, saúdos de David Tuba. Un Saúdo.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

aopedofarelo dixo...

O noso Pais, tanto con maisculas, como en minusculas, está cheo de casos, mais ou menos aberrantes. Feismos, construccions aberrantes, casos manifiestos de corrupcion urbanistica etc, que todos nos coñecemos e non merece mais coemntarios, xa é sabido de mais.
Pero o que hoxe, ao caron da tua entrada, veño en rememorar, é o traballo calado,as penurias, os sudores derramados, polo noso pobo, os nosos pais, os nosos ancestros,xente humilde das aldeas e vilas, na construccion de tantos e tantos muros,cercas e valados,que pedra a pedra circundan a nosa xeografia, os montes, prados, vals e os mais increibles lugares desta fermosa terra. Todo elo por mor do sentimiento de lexitima propiedade:
Poñer portas o campo, encorsetar o aire libre .....
E unha das miñas constantes e fixacions, cando saio ca camara na bici, -fotografio: muros, portas-cancelas, cierres absurdos, traballados e trabaxosos. Increibles moitas veces.

occam dixo...

Interesante metáfora sobre o sentimento da propriedade.

Onde eu traballo, a propriedade de todo o que alí se atopa é da Universidade. Máis todo o mundo fala de SEU despacho, do SEU laboratorio, do SEU terbello para facer non sei qué análise.

Máis non só se fala, senon que se actúa. Se ten levado aos xulgados profesores que non deixaban libres os SEUS despachos ou compartir os SEUS terbellos a petición da Reitoría, precisamente porque dicían que eran SEUS